27/1/10

PONTEVEDRA/VIGO.(MORRAZO-TRIBUNA).-O vindeiro sábado dia 30, a organización comarcal do BNG Condado-Paradanta e Louriña, celebra unha xornada política comarcal na localidade do Porriño. As actividades vanse desenvolver durante a tarde do sábado e consistirán na celebración ás 18hs dunha sesión interna de traballo na que participará o Secretario de Acción Municipal da Executiva Nacional Manuel Antelo, co obxecto de formalizar a constitución da Comisión de Política Municipal Comarcal seguida dun “Encontro Municipal Comarcal” sesión aberta aos medios de comunicación , na que participarán a totalidade dos grupos muncipais nacionalistas das comarcas do Condado- Paradanta e Louriña, acto que contará coa intervencións políticas do Responsable Portavoz Comarcal (Fco Chivite), do Alcalde do Porriño (Raúl Francés) e do Portavoz Nacional (Guillerme Vazquez).