27/1/10

Al Bloque le inquietan las contrataciones de personal para el Plan Xacobeo

PONTEVEDRA/VIGO.(MORRAZO-TRIBUNA).- A deputada do BNG, Carme Adán vén de presentar unha iniciativa parlamentar na que  demanda información da Consellaría de Cultura e Turismo sobre o proceso de selección das  9 prazas convocadas polo S.A de Xestión do Plan Xacobeo.
 A deputada do BNG pregunta polo traballo especifico que van realizar as persoas contratadas,os criterios para esa contratación, e como é posible que a comezos do 2010, aínda se estea seleccionando persoal para o desenvolvemento de funcións de responsabilidade no Xacobeo  como é no caso de “Responsábel de relacións públicas e prensa”.
 Adán cualifica de “improvisación” a programación e promoción deste evento e considera que este tipo de contratación non   se axustan a austeridade defendida polo Presidente da Xunta e outros responsábeis do Goberno galego.
 As devanditas prazas están definidas como: asistente do departamento de marketing, auxiliar administrativo, axudante do camiño, informático, ordenanza, responsábel de prensa local, responsábel de promoción on line,  responsábel de publicidade e responsábel de relacións públicas e prensa.