27/1/10

CANGAS .(MORRAZO-TRIBUNA).- A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMO, denuncia os reiterados actos de vandalismo que se están a producir na Avenida de Marín e o seu contorno durante o fin de semana.
Tanto os edificios como as empresas instalados na denominada zona da “movida” canguesa, están a sufrir danos materiais que afectan directamente á vida dos negocios. Escaparates rotos, pintadas e desperfectos nos portais son algúns exemplos.
Dende a Federación reclámase que sexa intensificada a vixilancia e presencia policial no fin de semana na zona afectada, para velar polo civismo e o bo funcionamento das empresas colindantes, dado que os hostaleiros que efectúan o seu traballo nestas rúas non son responsables dos desperfectos que poidan efectuar os seus clientes – ou non clientes- de portas afora do seu local.