27/1/10

A GUARDA : BNG reclama adecentado urgente del pavimento de las calles céntricas

A GUARDA .(MORRAZO-TRIBUNA).-O portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba , ven de reclamar ao concello da Guarda o pintado do asfalto de varias rúas do centro urbano do concello.
Dende o BNG lembran que hai máis dun mes que se repuxo o firme das rúas Circunvalación, Manuel Álvarez, Rosalía de Castro e Paseo de Portugal na Guarda sen que se pintaran, cos conseguintes problemas que isto pode xerar tanto para os automóbiles como para os peóns.
O BNG considera un perigo non ter delimitados os carrís na estrada así como as zonas de aparcamento. Pero é, sen dúbida, a falta de pintado nos pasos de peóns o que está a ocasionar máis problemas na seguridade viaria de todos os guardeses e guardesas.
Dende a formación nacionalista resulta inconcibíbel que un simple asfaltado de rúas non sexan rematadas co seu pintado, non se pode comprender esta deixadez por parte do grupo de goberno que debe velar polas obras que se realizan no seu concello e sobre todo aquelas que teñan que ver coa seguridade dos seus habitantes.