27/1/10

Inversiones de Deputación en Mos, Mondariz, As Neves y Campo Lameiro

PONTEVEDRA/VIGO.(MORRAZO-TRIBUNA).- A Deputación de Pontevedra, reunida hoxe en Xunta de Goberno, aprobou a concesión de dúas subvencións ó concello de Mos para a realización das obras de “Saneamento en Amieirolongo N-550” e “Mellora de intersección na estrada da vía en Tameiga”, correspondentes ó Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011.
O abono da subvención para a primeira actuación, valorada en 96.406 euros, realizarase en 2010. A segunda, pola súa banda, sufragase nos seguintes termos: unha soa anualidade de 94.787 euros, tamén este ano.

Estas subvencións aprobadas esta mañá súmanse as concedidas noutros concellos, que só no día de hoxe acadaron o millón de euros, se ben Louzán recordou que “as actuacións que non chegan os 50.000 euros apróbanse directamente, non pasan por Xunta de Goberno, adxudícanse segundo os convenios correspondentes cos concellos”.
Louzán recordou tamén que este Plan de Investimentos da Deputación axudará ós concellos, cun total de 70 millóns de euros destinados a acometer máis de 520 obras en toda a provincia e que posibilitará máis de 3.000 postos de traballo.
EN MONDARIZ
A Deputación de Pontevedra, reunida hoxe en Xunta de Goberno, aprobou a concesión de dúas subvencións ó concello de Mondariz para a realización das obras instalación de dúas EDAR, nos lugares de Poñe e A Poeira, correspondentes ó Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011.
O abono da subvención para a primeira actuación, valorada en 181.462 euros, realizarase en dúas anualidades, por importe de 153.465 euros e 27.996 euros. A segunda, pola súa banda, valorada en 197.170 euros, sufragase nos seguintes termos: unha anualidade de 180.000 euros e 17.170 euros, tamén este ano.
A instalación destas EDAR e os seus correspondentes colectores suporá a instalación de 225 metros de colectores de saneamento de augas fecais en Poñe e a construción dunha EDAR compacta en A Poeira, baseada nun proceso biolóxico, aerobio, de aireación prolongada e recirculación de lodos activos, seguido dun proceso terciario de desinfección por ozonización, que constitúe unha técnica idónea para o tratamento dos caudais e dotacións que se requiren.
Estas subvencións aprobadas esta mañá súmanse as concedidas noutros concellos, que só no día de hoxe acadaron o millón de euros, se ben Louzán recordou que “as actuacións que non chegan os 50.000 euros apróbanse directamente, non pasan por Xunta de Goberno, adxudícanse segundo os convenios correspondentes cos concellos”.
Louzán recordou tamén que este Plan de Investimentos da Deputación axudará ós concellos, cun total de 70 millóns de euros destinados a acometer máis de 520 obras en toda a provincia e que posibilitará máis de 3.000 postos de traballo.
EN AS NEVES
A Deputación de Pontevedra, reunida hoxe en Xunta de Goberno, aprobou a concesión de dúas subvencións ó concello de As Neves para a realización das obras de pavimentación de camiños Gándaras-Outeiro, Rubiós, Igrexa de San Pedro e Barxa-Rubiós, correspondentes ó Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011.
O abono da subvención para esta actuación, valorada en 120.139 euros, realizarase en tres anualidades: a primeira, de 53.573 euros, a segunda de 10.000 e a última, en 2011, de 56.566 euros.
As obras consistirán no varrido do firme actual, o correspondente rego de adherencia e capa de aglomerado asfáltico en quente tipo D-12 de 5 cms. de espesor final, así coma as pequenas obras de fábrica e drenaxes necesarios para a conservación dos camiños.
EN CAMPO LAMEIRO
A Deputación de Pontevedra, reunida hoxe en Xunta de Goberno, aprobou a concesión dunha subvención ó concello de Campo Lameiro para a realización das obras de reparación e reforma da piscina municipal, correspondentes ó Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011.
O abono da subvención para esta actuación, valorada en 86.978 euros, realizarase nunha única anualidade, que terá lugar este ano.