28/1/10

Lete ve en gran momento al Ciclismo gallego mientras recibe a los últimos galardonados en pruebas estatales

PONTEVEDRA/VIGO.(MORRAZO-TRIBUNA).- José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, eloxiou o gran momento que vive o ciclismo galego en todas as súas categorías e modalidades, que o converten nunha referencia a nivel nacional. Esta afirmación realizouna no transcurso da recepción aos ciclistas da nosa comunidade que foron medallistas nos diferentes campionatos de España.


O secretario xeral destacou o excelente traballo que está realizando a Federación Galega que reforza o labor dos diferentes clubs e equipos. “O ciclismo é un deporte cunha gran tradición na nosa comunidade que sempre foi un referente, pero agora aínda máis. Os éxitos son continuos, pero non por ningunha casualidade senón polo esforzo de todos”.

José Ramón Lete presidiu a recepción na que participou Aser Estévez que é o actual campión de España de contrarreloxo sub 23 e Rocío Loureda que no Nacional júnior da mesma modalidade  foi segunda e no de fondo, terceira.

Os representantes do exitoso momento do mountain bike galego foron Pablo Rodríguez, que é o campión de España de rallie en categoría cadete e Antonio Ferreiro que na proba de descenso é a principal promesa nacional ao ter o título sub 23 e ser terceiro en élite.

Na recepción quedou patente que Galicia é unha referencia no ciclocrós, xa que no último Campionato de España logrou o segundo posto na proba de substitucións cun equipo composto por Anxo Diz, Pablo Rodríguez, Óscar Boente, Óscar Vázquez, David Antepazo e Lucía Vázquez. Ademais, María José López proclamouse subcampioa de España sub 23 e Paulo González logrou ese mesmo mérito na categoría júnior. O veterano Manuel González Ojea foi terceiro en Máster 50.

José Ramón Lete Lasa recordou o orgullo que significa contar cun equipo profesional como o Xacobeo que na última Volta a España gañou a clasificación colectiva e tamén co mellor equipo afeccionado de España como é o Grupo Deportivo Supermercados Froiz.

José Ramón Lete animou ao presidente da Federación Galega de Ciclismo, Sabino Cortizo, a seguir traballando para que a nosa comunidade continúe sendo un referente e tamén felicito aos seleccionadores galegos polo seu excelente labor.