26/1/10

Vigo : el nacionalista Olveira se alía con Defensa da Ría contra la política constructora de la Junta del Puerto

PONTEVEDRA/VIGO.(MORRAZO-TRIBUNA).- .- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, mantivo este martes unha xuntanza cos responsables da Plataforma pola Defensa da Ría na que, segundo indicou, lles transmitíu o apoio do BNG respecto ao viaxe a Bruxelas que realizarán nos vindeiros días para intervir ante a Comisión de Peticións da Unión Europea. O nacionalista indicou que a través desta reunión quixo coñecer de primeira man os últimos datos dos que dispón a plataforma sobre a sanción da Unión Europea, que sigue pendente do proxecto da nova depuradora, e tamén a súa opinión sobre as últimas decisións xudicias que afectan ao Porto.


“Os representantes da plataforma transmitíronme a súa preocupación sobre un tema tan importante como é o saneamento e a preservación da ría, que segue no tellado das administracións”, explicou Santi Domínguez. Neste sentido, o tenente de alcalde trasladoulles o acordo do BNG ao respecto, en tanto que tamén se considera “preocupante” que nun tema tan importante como a construción da nova depuradora se siguen “tirando os trastos á cabeza entre administracións”. O nacionalista defende que é preciso dar unha solución definitiva que permita poñer en marcha a construción da nova depuradora.

Santi Domínguez explicou que na xuntanza tamén se falou da situación que está a atravesar o Porto de Vigo, coa decisión xudicial de paralizar a ampliación de Areal e a imputación do fiscal á presidenta da Autoridade Portuaria. “Coincidimos en que o que está facendo Corina Porro é unha auténtica irresponsabilidade e que se hai perdas pola paralización do Porto é responsabilidade da persoa que puxo en marcha estas actuacións”, salientou. Ao respecto lembrou que o BNG ten reclamado dende hai anos que é preciso “poñer enriba da mesa” o Plan de Usos e xa advertira de que se debía paralizar calquera actuación ata que o Porto non contara con ese documento.