15/12/10

 Redacción de MORRAZO TRIBUNA - [O Morrazo]
Actividades en Meiro (Bueu) nestas datas navideñas.
BELÉN ARTESANAL
Como cada ano por estas datas, a Directiva da Asociación Cultural Meiro montou un belén enxebre ao aire libre para desexarlle a todos unhas Felices Festas. Este Belén artesanal está elaborado coa palla do millo corvo e está ubicado no Alto de Meiro (Concello de Bueu), para que todo o que queira poida visitalo.
OBRADOIROS DE NADAL PARA NENOS
Ademáis, os vindeiros días 28 e 30 de decembro está programada a realización dos Obradoiros de Nadal para nenos.
Os obradoiros son:
- Manualidades (abalorios, reciclaxe)
- Cociña (repostería)
O horario no que se celebrará será de 17:00 a 19:00 na Casa da Aldea de Meiro (Bueu).
É necesario inscripción previa.