20/12/10

 Redacción de MORRAZO TRIBUNA - [Pontevedra] [Vigo] [O Morrazo]
O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, rexistrou unha pergunta parlamentar na Cámara Baixa para saber se o Goberno ten intención de pactar con Audasa unha suba das peaxes da AP-9.
Non subir as peaxes
“Descarta o Ministerio pactar con Audasa un incremento das peaxes da AP-9? Non cre que unha medida así non tería razón de ser en momentos de grave crise económica?”, son algunhas das cuestións que Jorquera formula ao Goberno. O deputado nacionalista deixa claro que “dado o contexto de grave crise económica, o BNG non comparte que se pretenda pactar con Audasa un aumento das peaxes, algo que a cidadanía non entendería baixo ningún concepto”.
Que fórmulas baralla Fomento para financiar a ampliación da AP-9?
No que atinxe á ampliación da AP-9, tanto en Santiago como na Ponte de Rande, o deputado do BNG lembra que, según a Lei de Concesións, a concesión desta autoestrada “caduca no 2048, e non se pode prorrogar máis. A lei estabelece o tope da concesión en 65 anos”. De aí que lle diga ao Ministerio que terá que deixar a opción de custear a ampliación da AP-9 a costa de prorrogar a concesión, como manifestara ao Ministro no pasado mes de outubro.
“Que fórmulas baralla o Ministerio de Fomento para poder financiar a ampliación da AP-9 na Galiza nos seus distintos tramos?”. Incluso pergunta a Fomento se “está nos seus planos a posibilidade de modificar a Lei de Concesións para poder ampliar o tope estabelecido de anos de concesión”.

El PPdeG, por su parte, criticó ayer que el Gobierno central costee el rescate de las autopistas a través de los altos peajes que cobra en Galicia. El PP advirtió además de que el incremento en el tramo entre A Coruña y Vigo será de 20 céntimos, por lo que volvió a reclamar el traspaso de competencias a la Xunta sobre la AP-9 y la AP-53, ambas de titularidad estatal.
Así lo indicó en un comunicado el portavoz de Infraestructuras del partido, Alejandro Gómez, que no solo lamentó que el Ejecutivo central excluyese a las autopistas gallegas de las rebajas en los peajes previstas para el año próximo, sino que tilda de «inadmisible» que el Gobierno central utilice esa política «de forma electoralista», beneficiando a comunidades socialistas.