31/12/10

Cartas al Director : el que sobra realmente es el aeropuerto de LAVACOLLA

Estimado Sr. Director :
Xa estou farto do tinglado centralista de Santiago. Agora sao unha asociación de hosteleros da vila do Apóstolo a contarnos milongas e pedir que pechen os aeroportos de A Coruña e Vigo... Sempre a mesma parvoice, sempre a mesma tontería... A aldea, con aeroporto; e as cidades, escravas do centralismo... Levan toda a vida, vivendo a conta nosa, e ainda queren mais... E a Xunta, que non de tódolos galegos, senón Xunta Centralista Compostelana, a seguir engordando a vaca...
Vergoña centralista da Xunta compostelá! Que ninguén o interprete como provocación, porque non o é, pero o aeroporto que sobra en Galicia é o de Santiago. De norte a sur, os do noroeste peninsular deben ser A Coruña, Vigo e Porto, tres cidades moito maiores que Compostela (co que iso conleva e xenera) e que se asoman ao Atlántico cada 150 quilómetros, máis ou menos. O descarado apoio xunteiro a Lavacolla é unha nova aldraxe para as dúas cidades e comarcas que de verdade tiran deste país. Ou sexa, coincido coa localista Asociación de Hostelería Compostela: carece de sentido que haxa "tres aeropuertos en la Comunidad".- RAFAEL CID ABREU