Divulgación : punto limpio de Cangas, Bueu y Moaña

 Dende o día 05 de outubro do 2010 permanecen abertas ó público as instalacións do punto limpo situado no alto da Portela do que poderán facer uso tódol@s veciñ@s de Bueu, Cangas e Moaña que presenten o xustificante de ter abonado o recibo do lixo da Mancomunidade de Concellos do Morrazo
= Horario de funcionamento : MARTES E SABADOS DE 9 A 13 HORAS E XOVES DE 15 A 19 HORAS.
= RESIDUOS QUE SE PODEN DEPOSITAR:
- papel e cartón.
- vidro
- plásticos de diferentes tipos
- metais
- textil
- calquera residuo que, polo seu tamaño non puida depositarse nos contedores da rúa.
- material inerte procedente de pequenas obras domésticas.
- esprais, restos de pinturas, disolventes.
- tubos fluorescentes.
- pilas.
- baterías.
- aceites usados.
- medicamentos.
- radiografías.
- restos vexetais de podas e mantemento de xardíns.