20/12/10

Antes del 9 de diciembre ya hacía un frío que se les pelaba... y, esto que se ve en la foto,
solamente funciona desde el citado día. Un tenderete  montado en el pabellón de deportes
de O Berbés porque  el Gobierno Municipal de Vigo y la Xunta  llevan años tirándose los
trastos a la cabeza por un quítame allá un albergue en condiciones. Como ya hemos denunciado
en MORRAZO TRIBUNA es una verguenza, agigantada con el paso del tiempo y los
muertos -que los hubo según denunció más de una vez el colectivo O IMAN- congelados
a la intemperie. Ahora, al menos,  aunque tarde y bastante mal, tienen lo que en la foto se ve...
Y también se observa que no se habría arruinado la concejalía que presume de dar este servicio
a indigentes y sin techo, si debajo de esas colchonetas -colocadas sobre el siempre frío terrazo-baldosa
del suelo- se situasen  unas simples láminas de algún elemento aislante. Costaría tres duros...
(Foto divulgada por el servicio de Prensa del BNG en el Concello de Vigo)  



María Méndez salienta que o dispositivo de frío do pavillón do Berbés acolleu 200 pernoctacións dende a súa apertura

Vigo, 20 de decembro de 2010.- A concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitou este luns o dispositivo de frío instalado no pavillón do Berbés e deu conta dos datos de utilización dende a súa apertura o pasado 9 de decembre e as innovacións realizadas este ano. Salientou que en total se rexistraron 200 pernoctacións, sendo este fin de semana o de maior afluenza, con 28 persoas cada día.

María Méndez destacou que son varias as innovacións introducidas, entre as que explicou a colocación dunha mampara para aillar o espazo habilitado no dispositivo do resto do pavillón. Tamén fixo referencia á colocación de radiadores nas dependencias utilizadas, a separación dos espazos destinados ás mulleres e aos homes, así como a ampliación de persoal. Neste sentido indicou que a traballadora social, ademais de atender aos usuarios e usuarias, facilítalles información e orientaos a outros servizos municipais. “Algúns non coñecen as prestacións que existen e cumpren as características de esixencia de outras instalacións da cidade”, comentou.

Ademais da traballadora social o servizo tamén conta cunha auxiliar e un vixiante de seguridade, presente as doce horas que está aberto o dispositivo. Lembrou que estará en servizo ata o 15 de marzo, “como no resto dos dispositivos do estado español”, apuntou a concelleira, en horario de 21 a 9 horas, agás se nesa data se produza unha ola de frío que entón ampliarase.

Respecto ao número de persoas que utilizan este dispositivo, a concelleira de Benestar Social sinalou que houbo un incremento paulatino dende as 4 persoas que se achegaron o primeiro día ata as 28 do pasado venres, sábado e domingo. María Méndez indicou que aínda que este é o número de prazas para o que se habilitou o dispositivo é de 30, en caso de necesidade poderíanse ampliar. Considerou ademais que é un número de prazas axeitado, xa que o ano pasado o máximo de persoas acollidas nunha mesma noite foi nalgúns días de 35.

María Méndez explicou que o perfil das persoas que se achegan cada noite é variado, pero prevalecen os homes españois. Precisamente, tanto este último venres, sábado e domingo, cada noite rexistráronse 23 homes (dos que 13 eran españois e 10 estranxeiros) fronte a 5 mulleres (das que 2 eran españolas e 3 estranxeiras). Entre outros servizos, a concelleira de Benestar Social indicou que ás persoas que se achegan fáiselles entrega un kit de aseo, así como servizo de calor café.

A concelleira salientou que este dispositivo de emerxencia contra o frío é un “compromiso da Concellería de Benestar Social” e que ata a chegada do BNG á Tenencia de Alcaldía, hai tres anos, nunca houbera en Vigo un dispositivo para o frío. Porén, manifestou a necesidade de que a cidade conte cun albergue municipal.