29/12/10

 Redacción de MORRAZO TRIBUNA - [Pontevedra] [Vigo] [O Morrazo]
Representantes políticos e deportivos esíxenlle á Xunta de Galicia que apoie ás seleccións deportivas nacionais galegas : os concelleiros de Deportes de Vigo, A Coruña, Ourense e Pontevedra, así como os tenentes de alcalde de Ourense e Vigo, apoiaron en Santiago de Compostela o acto da Plataforma polas Seleccións Deportivas Nacionais Galegas.
Ao acto acudiron representantes das federacións galegas de fútbol, taekwondo ou triatlón, entre outros, quenes suscribiron un manifesto no que se lle demanda ao Goberno da Xunta de Galiza que apoie as seleccións deportivas nacionais galegas.
O portavoz de Deportes do BNG no Parlamento Galego subliñou que estas seleccións "son un fenómeno de cohesión social, de promoción da identidade galega e que, ao final, redundan positivamente no benestar colectivo".
Neste sentido, subliñou que Galiza "precisa especialmente de seleccións nacionais para potendiar a cohesión e a nosa identidade colectiva, tanto tempo reprimida".
Por último, subliñou que "non se trata dunha cuestión monetaria, porque o apoio institucional non ten que ser gravoso para o erario público e si repercute nun fenómeno de cohesión social moi importante".