16/12/10

Este sábado, día 18, ás 18 horas, MANIFESTACIÓN convocada por CCOO e UGT contra as medidas antisociais do goberno. Saídas dende o cruce Urzaiz-Vía Norte (Vigo).
¡¡TODOS/AS Á MANIFESTACIÓN !!
Esquerda Unida está repartindo pola comarca miles de octavillas en apoio das mobilizacións contra a Reforma Laboral e demáis medidas antiobreras.
Aproveitando o efecto shock da crise, da recesión e depresión económica, os líderes do capitalismo impulsan unha forte campaña publicitaria promovendo medidas destinadas a deixar sen sen protección social á clase obreira (asalariados, autónomos, pensionistas, pequenos empresarios).
O goberno do PSOE (nin socialista nin obreiro) co alento do PP e coa apoio dos nacionalistas vascos e cataláns promove uns Orzamentos do Estado para 2011 destinados a impedir que a economía española levante cabeza, a impedir postos de traballo dignos.
Privatizan loterías e aeroportos (cos privilexios dos controladores como pretexto). Logo privatizarán as pensíóns e acabarán coa Seguridade Social.
http://izquierda-unida.es/node/8126
¡¡TODOS/AS Á MANIFESTACIÓN !!
Secretaría de Comunicación
AGRUPACIÓN COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA EN VIGO