29/12/10

O Coro Clásico de Vigo despide o ano 2010 co tradicional Concerto de Nadal na Concatedral

 Redacción de MORRAZO TRIBUNA -[Vigo]
O Coro Clásico de Vigo despide o ano 2010 co tradicional Concerto de Nadal
na Concatedral de Vigo. Este xoves día 30 de decembro, ás 20.30 horas, o Coro Clásico de Vigo invita a toda a poboación viguesa a asistir ao seu tradicional Concerto de Nadal para despedir este ano 2010.
O recital constará de tres partes na que se ofrecerá unha ampla representación do repertorio que este grupo preparou para esta ocasión.
Serán 15 cancións interpretadas en 6 idiomas diferentes (galego, castelán, éuscaro, francés, inglés e latín).
Primeira parte
Vilancicos do Renacemento e o Barroco.
Cinco fermosas pezas de polifonía clásica, nas que destacan, pola súa dificultade, os xogos de fugas e secuencias contrapuntísticas das distintas voces que compoñen a agrupación.
No la debemos dormir (Anónimo - Cancioneiro de Upsala)
Hagan click en la foto para ver en grande
Dadme albricias (Anónimo - Cancioneiro de Upsala)
Ay mi Dios (P. de Cristo)
Puer nobis natus est (T. Susato – Händel)
La nuit (Ph. Rameau)
Segunda parte
Composicións galegas.
Cinco cancións xenuinamente galegas con pezas de Rogelio Groba, Paz Valverde e tres composicións do propio director do Coro Clásico, D. Joaquín Carvajal, unha delas (Que tes María?) galardoada co segundo premio de composición do Festival de Vilancicos de Novacaixagalicia deste ano.
6- Esta noite naceu (J. Carvajal)
7- O neno dormía (Paz Valverde)
8- Á beira da ría (J. Carvajal)
9- Mariñeiro (R. Groba)
10- Que tes María? (J. Carvajal)
Terceira parte
Cancións do mundo.
As cinco últimas pezas fan un percorrido por composicións do Nadal de diversos lugares e estilos, dende temas populares ata un espiritual negro, pasando por composicións de autores como Guridi e José Ignacio Prieto.
11- Adeste, fideles (harm. Reading)
12- Noche buena (J.I. Prieto)
13- Navidad (Popular)
14- Ator mutil (F. Guridi)
15- Mary had a Baby (B. Shaw)