16/12/10

Otra vez FECIMO impulsando interesante iniciativa editorial : edita "O Bichero II", del sorprendente Luis Davila

 Redacción de MORRAZO TRIBUNA - [O Morrazo] - Foto de Ana Alvarez.
Foi presentado na sede de FECIMO o novo libro de Luis Davila, “O Bichero II”, editado por FECIMO e que continúa o primeiro número editado o ano pasado por estas mesmas datas.
Neste volume o autor recolle 250 viñetas deste ano 2010, que ocupan un total de 132 páxinas, completadas co limiar de Eduardo Rolland.
En total realizouse unha tirada de 1500 exemplares. Tódolos asociados á federación terán á súa disposición un exemplar gratuito como agasallo de Nadal e os demáis serán distribuidos polas librerías do Morrazo para proceder á súa venta cun prezo de 12€.
Celebraranse sendos actos de firmas en Bueu e Moaña, pero as datas aínda están por confirmar, dependendo da disponibilidade do autor e da sala onde se realice.
Esta escolma do autor recolle viñetas de diferente temática entre as que atopamos:
- Deportes, tanto os xerais como outros de carácter autóctono (ex.: a billarda)
- O Mar, unha temática moi popular nas súas publicacións.
- A Política, dividida en sub-temas como os aeroportos, a lengua, os incendios, a fusión das caixas, o xacobeo e a relixión, etc.
- Xente de aquí, que retrata a vida popular, os furanchos, as vellas falando na veiga…diversas situacións nas que son estes personaxes os que fan a crítica social.
- E un caixón desastre onde teñen cabida outras temáticas como a televisión e o cine, as relacións de parexa, o verán, etc.
Segundo palabras de Xosé Bangueses, presidente de FECIMO, “é o noso deber poñer en valor a Comarca e colaborar cos autores e a cultura locales”. Este segundo tomo de “O Bichero” conserva o deseño do ano anterior, dándolle un aspecto coleccionable e agardando volver publicalo en vindeiros anos.
Entre outras publicacións, FECIMO ven de editar o libro “De Petís á Carrasqueira” de Fernando Otero e está traballando nunha completa guía da Comarca do Morrazo para promover o turismo amosando o patrimonio histórico, artístico e por suposto natural.