21/12/10

 Redacción de MORRAZO TRIBUNA - [Pontevedra] [Vigo] [O Morrazo]
O goberno de Portugal publicou o decreto que establece varias das medidas que facilitarán aos condutores españois o pago das peaxes nas autovías do norte do país veciño, tal e como se comprometeu o secretario de Estado Adxunto das Obras Públicas e das Comunicacións de Portugal, na reunión que mantivo o pasado 11 de novembro en Viana do Castelo co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.
O decreto, publicado onte, e que hoxe entra en vigor, afirma literalmente que se ofrecen as mesmas solucións de dispositivos electrónicos para o pagamento das peaxes aos condutores dos vehículos con matrícula estranxeira e portuguesa que transiten por infraestruturas que dispoñan de sistema de cobro electrónico de peaxes, o que constitúe unha das principais reivindicacións da Xunta para que non se vexa mermada a mobilidade entre Galicia e Portugal.
Así, o documento regula a opción prepago en Portugal (a espera de que a inicios do próximo ano estea dispoñible tamén en España), ben a través da compra do dispositivo ou do seu alugueiro nas áreas de servizo das autovías de peaxe, establecendo un prepagamento mínimo de 10 euros para os vehículos lixeiros e de 20 euros para os pesados, e eliminando polo tanto a obriga de efectuar unha recarga mínima de 50 euros que establecía o anterior decreto. Ademais, no caso de optar polo alugueiro, deberase aboar unha fianza igual ao prezo do dispositivo, que se reintegrará unha vez devolto o aparello e abonado o prezo do aluguer.
O decreto tamén contempla outras opcións distintas ao prepago, como a posibilidade de pagar por adiantado no caso de traxectos pre-definidos, ben a través de internet ou de modalidades de pagamento electrónico.
Vía Verde
A finais do pasado mes de novembro fíxose efectiva outra das medidas acordadas na reunión de Viana do Castelo, que consiste na posibilidade de adquirir o dispositivo Vía Verde (similar ao OBE español) nas oficinas de Caixa Geral de Depósitos ou ben no Banco Simeón en Galicia.
---
NOTA DE LA REDACCION .- La Xunta se jacta de que han entrado estas medidas en vigor gracias a sus gestiones. Muy bien : pueden ponerse ya aquella medalla que antes traía el chorizo Revilla : nihil obstat. Ahora bien, lo que sería verdaderamente práctico : un dispositivo que lo mismo sirva para pagar -con cargo al banco- en las autopistas gallegas y portuguesas, eso, amigo mío... SIGUE SIN CONSEGUIRSE y no tiene trazas de que se vaya a lograr. Cuando la Xunta consiga la homologación del dispositivo de pasar por peajes con cargo a la cuenta bancaria, entonces sí, entonces que presuma todo lo que quiera. Mientras tanto, les llega y sobra con la medalla del chorizo Revilla. Para este viaje no hacían falta estas alforjas...