15/12/10

 Redacción de MORRAZO TRIBUNA - [Pontevedra] [Vigo] [O Morrazo]
A variación interanual do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) en Galicia situouse no 2,4% no pasado mes de novembro. Con este rexistro o nivel de prezos respecto a hai un ano situouse unha décima por riba da media do conxunto de España (2,3%). Así o reflicten os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE), que recollen que o IPC se incrementou o pasado mes un 0,6%, unha décima máis que no Estado (0,5%)
Na evolución por capítulos, os grupos que tiveron un comportamento menos inflacionista en novembro en relación a outubro foron ‘Ocio e Cultura’ (-0,6%), ‘Hoteis, cafés e restaurantes’ (-0,3%), e ‘Enxoval’ que xunto con ‘Medicina’ descendeu un -0,1%. Por outra banda, o apartado cunha maior suba dos prezos foi o de ‘Vestido e Calzado’ (4,2%).
Na evolución interanual, os grupos que rexistraron unha maior caída do IPC foron o de ‘Ocio e cultura’ (-0,9%), ‘Comunicacións’ (-0,8%) e ‘Medicina’ (-0,2%). Pola contra, os que presentan máis incremento son ‘Bebidas alcohólicas e tabaco’ (7,8%), ‘Vivenda’ (6,7%) e ‘Transporte’ (6,5%).
Índices provinciais
En relación cos índices provinciais, a provincia galega na que menos se incrementaron os prezos en novembro foi a de Lugo cun 0,4%. En relación ao IPC interanual, a provincia que presenta unha suba do IPC menos acusada é tamén a de Lugo (2,3%).

IPC Intermensual - IPC Acumulado 2010-   IPC Interanual
GALICIA 0,6 - 2,4 - 2,4
ESPAÑA 0,5 - 2,4 - 2,3