1/12/10

Xunta triplica ayudas para comprar un coche

 Redacción de MORRAZO TRIBUNA - [Pontevedra] [Vigo] [O Morrazo]
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reiterou esta mañá o compromiso co sector da automoción e avanzou que a Xunta triplicará as axudas a particulares para mercar vehículos no mes de decembro. “Faremos un esforzo adicional e imos intentar recuperar a matriculación dos vehículos en Galicia cun novo plan que a Consellería de Economía e Industria presentará nas próximas horas e que consistirá en facilitar aos particulares a compra de vehículo novo cunha axuda que pode chegar ata 2.000 euros”, salientou.
Segundo explicou o responsable do Executivo galego, o obxectivo deste plan será paliar os efectos do incremento do IVE e da diminución das axudas con fondos estatais: “Imos tentar que en Galicia, axudando a este sector, poidamos manter o emprego nos talleres, nos concesionarios e nas empresas auxiliares”.
Logo de subliñar que a automoción é un sector clave dentro das políticas industriais do Goberno galego, Feijóo lembrou a aposta da Xunta, desde o primeiro momento, por esta industria. “Desde o principio apostamos pola automoción e desde o principio puxemos a disposición de todo o clúster do automóbil, da factoría PSA Citroën e das empresas auxiliares, unha liña de 120 millóns de euros para consolidar os 40.000 empregos deste sector. Puxemos o dobre de axudas que o Goberno central para facilitar a adquisición de coches”, concluíu.