30/3/12

Viernes de Dolores, echan a andar los desfiles procesionales en Cangas

> Redacción 
de MORRAZO TRIBUNA - [Cangas] >
Viernes de Dolores, día festivo en Cangas, aunque esta vez, tras la huelga general del 29-M, el comercio acordó abrir sus puertas para compensar el desfase habido con lo de este jueves de paro general.
Pero es fiesta en Cangas. Gran pórtico de su Semana Santa, con especial protagonismo para la Hermandad de la Santísima Virgen de los Dolores y la Soledad. Día de misa solemne, por la tarde; y procesión a continuación. Como cada año, como cada viernes anterior a la Semana Santa. Cangas se viste de gala... Es viernes, Viernes de Dolores.

28/3/12

OBITUARIO : en la muerte de Angel Iglesias Acuña, un gran ejemplo de verdadero compromiso con Cangas

> Se nos ha ido, casi sin avisar, Angel Iglesias Acuña, el empresario de éxito, el cangués de pro, el líder de la Asociación del Cristo del Consuelo... el amigo, al fin y al cabo. Y ni que decir tiene que su adiós nos deja una sensación de orfandad, un hueco importante, tremendamente importante que va a ser difícil de cubrir.
Angel llevaba tiempo peleando con enfermedades que le traían a mal traer. Y cuando digo tiempo, es tiempo... no cuatro días. Y durante ese tiempo, tuve ocasión de pasar con el -a través de diversas ocasiones-  bastantes horas. Las suficientes, para uno quedarse admirado de la entereza con que este hombre encaraba la enfermedad, las desgracias que se le habían venido encima.
¡Qué naturalidad, qué fortaleza, qué ejemplo hacia los demás...!. ¡Qué admirable resignación la suya!.
Hablaba Angel de sus citas con los médicos, con los hospitales, con la quimioterapia, con una naturalidad y, al tiempo, una entereza que, en quien estaba enfrente, se transformaban en sobrecogedoras.

24/3/12

Cuando las pequeñas cosas acaban por ser realmente importantes : todo Cangas podrá ver la tele en condiciones

Alcalde de Cangas, José E. Sotelo; Secretario Xeral de Comunicación, Alfonso Cabaleiro; firmando.
> Redacción de MORRAZO TRIBUNA - [Cangas] >
A Xunta de Galicia colabora co Concello de Cangas na mellora da recepción do sinal de televisión dixital terrestre na localidade, tal e como se recolle no convenio asinado esta fin de semana polo secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, e o alcalde do municipio, Enrique Sotelo. Neste acordo inclúese a instalación do centro emisor de Pinténs, que dá cobertura a Aldán e O Hío, e tamén a mellora dos equipos e da cobertura do centro emisor de A Magdalena, cun investimento total de 70.000 euros.

Mar (Xunta) comienza a pagar lo pactado con las Cofradías de Pescadores

> Redacción de MORRAZO TRIBUNA - [Cangas] >
A Consellería do Medio Rural e do Mar xa iniciou os pagamentos correspondentes aos 91 convenios asinados coas confrarías, 50 para a realización de actividades de conservación, protección e sustentabilidade da explotación dos recursos mariños mediante operacións de salvagarda e 41 para a xestión de zonas de produción. Así, a día de onte xa aboou unha parte importante do diñeiro correspondente a estas aportacións, o 72% no referente aos acordos de conservación e o 64% da relativa aos de xestión.

23/3/12

Xunta sigue preocupada por el grave problema de los atrapados en el corralito de las preferentes

> Redacción de MORRAZO TRIBUNA - [Cangas] >
O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, mantivo hoxe unha reunión cos representantes do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, das plataformas e asociacións de afectados e ADICAE, para informarlles das posibles vías de solucións aos afectados pola emisión das participacións preferentes, polas entidades financeiras.
Neste encontro, presidido por Javier Guerra, tamén participaron responsables do Instituto Galego de Consumo (IGC) e das plataformas e as asociacións de afectados de Vigo, Tui, O Rosal, Val Miñor, Illa de Arousa, Baixo Miño e O Morrazo. Na reunión, Guerra sinalou que “a nosa principal preocupación son os afectados e estamos buscando a mellor solución ao problema” e anunciou que a Consellería está a reforzar a atención aos consumidores neste eido coa apertura de novas oficinas para prestar un servizo especializado neste produto financeiro e recoller as reclamacións. Estes puntos de atención directa reforzarán o labor de apoio e asesoramento que se realizou dende o primeiro momento na rede de oficinas do IGC, en coordinación tamén coas oficinas municipais e as asociacións de consumidores.
O conselleiro confirmou, unha vez máis, o firme compromiso do Goberno da Xunta cos consumidores afectados, que foron informados de primeira man das actuacións realizadas, ao máis alto nivel, coa entidade Nova Galicia Banco e coa Fiscalía. O titular de Economía e Industria explicou que a vía da arbitraxe para a resolución extraxudicial destes conflitos, ten sido plantexada pola Xunta como a mellor opción e a máis áxil, xa que se trata dunha vía rápida, gratuíta e de obrigado cumprimento, co mesmo valor que unha sentenza; unha proposta que actualmente está pendente da aprobación de Bruxelas.
A reunión celebrada hoxe forma parte do desenvolvemento do plan de acción que a Consellería de Economía e Industria trasladou a semana pasada ao Consello da Xunta de Galicia, no que se inclúen as medidas que o Goberno galego xa ten levado a cabo e máis as que porá en marcha para continuar a defender aos consumidores afectados pola comercialización das participacións preferentes en Galicia polas entidades financeiras.

LEA desde aquí, también, el número 11
de MORRAZO TRIBUNA, edición impresa

Arranca o Festival Primavera do Cine en Vigo

> Redacción de MORRAZO TRIBUNA - [Cangas] >
Presentáronse as bases dun festival que promete aportar un aire novo ao cine galego. A cineasta Ana Laura Pereira, Coordinadora Xeral do Festival e membro de Reencanto Producións xunto co vogal da Asociación Cultural Musiquina 33mg, Juan Ortega, presentaron na galería Sargadelos de Vigo o que serán as liñas mestras da primeira edición do festival “Primavera do Cine en Vigo” que se celebrará na cidade olívica do 30 de maio ao 2 de xuño deste ano.
“O Festival nace coa vontade de servir punto de encontro dos cineastas e creadores audiovisuais galegos, así coma de catalizador da actividade cinematográfica en Galicia, e concretamente na nosa cidade. A idea naceu da necesidade cubrir un espazo baleiro en Vigo, a cidade máis populosa de Galicia, e que non contaba ata a aparición desta iniciativa, cun gran festival para os afeccionados ao cine e o audiovisual” explicou Juan Ortega, membro da asociación organizadora.
Ana Laura Pereira, Coordinadora Xeral do Festival, desglosou as bases de participación no festival, aberto a todos aqueles creadores audiovisuais e produtoras galegas, que poderán participar en tres categorías: videoclip, curtametraxe e longametraxe. Coa vontade de equiparar o valor das creacións documentais ás do xénero de ficción, estas competirán conxuntamente en cada unha das tres categorías.
No Festival poderán participar tódalas produccións feitas por galegos ou en galicia sen límite temporal. O prazo de inscripción na primeira edición do Festival Primavera do Cine en Vigo remata o 25 de abril. Máis información en: www.festivalprimaveradocine.com
Ana Laura Pereira explicou tamén que esta iniciativa cinematográfica pretende dar esperanza e ilusión en tempos de crise como os que vivimos nos que parece imposible sacar novas iniciativas adiante.

Feijóo : "a Área Metropolitana de Vigo está
en marcha e xa non ten volta atrás”

> Redacción de MORRAZO TRIBUNA - [Vigo] >
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, afirmou esta tarde, no acto de conmemoración do XL aniversario da asociación Amigos de los Pazos, que a Área metropolitana de Vigo será, este ano, unha realidade. “Corenta anos despois de que un vigués o imaxinara, celebro poder estar hoxe aquí e poder dicir que, a Área Metropolitana de Vigo está en marcha e xa non ten volta atrás”, salientou.
A pesar do gran desfase temporal desde a súa primeira concepción, Feijóo salientou que o que cabe é a felicitación por estar sendo capaces de darlle forma a esa “aspiración colectiva”. “A aspiración –precisou- de que as partes que conforman a Área Metropolitana de Vigo poden, deben e queren encontrase. Non para entrar en conflito, senón para camiñar xuntas. E non para excluírse, senón para formar unha realidade máis grande e máis útil aos cidadáns”.
Ao longo da súa intervención, o responsable do Goberno galego referiuse tamén o traballo que está a desenvolver Amigos de los Pazos non solo no eido da catalogación, senón tamén no referido á concienciación, promoción, protección e recuperación. E subliñou que, amais de cumprir os seus fins, esta asociación ampliou o seu traballo a outras esferas da protección do patrimonio cultural. “Especialmente salientable é a ardua defensa que sempre fixeron dos Camiños de Santiago –lembrou- e na que obtiveron importantes logros. O último, a inclusión do Camiño Portugués da Costa nas campañas de promoción da Xunta”.
Feijóo aseverou que quizá a clave disto se atope na filosofía do fundador, Juan Manuel López-Chaves, porque “ese espírito de colaboración e entendemento que López-Chaves desexou para a organización administrativa de Vigo e a súa área metropolitana é tamén o mesmo que practicaron os Amigos de los Pazos na súa andadura”.
O titular da Xunta concluíu agradecendo aos membros desta asociación “ese comportamento permanente que busca sempre a cooperación” e reiterou o compromiso do Goberno galego para seguir avanzando no traballo que desenvolven. “Ese compromiso seguirá no futuro –sentenciou- porque aínda que xa lograstes o respaldo de galegos tan ilustres como Cunqueiro, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde e moitos outros, a Xunta tamén quere declararse, humildemente, ‘amiga’ dos Amigos dos Pazos”.

22/3/12

Unha aposta para un domingo diferente :
roteiro polo río da Fraga, en Moaña

> Redacción de MORRAZO TRIBUNA - [Cangas] >
Fecimo comeza o programa de actividades medioambientais para o 2012 cun roteiro polo Río da Fraga, en Moaña, que nun principio estaba previsto para o día 4 de marzo pero foi cancelado por causa da chuvia.
Polo tanto, o roteiro foi posposto para o Domingo 25 de Marzo, agardando que o sol acompañe esta saída.
ROTEIRO DO RÍO DA FRAGA [MOAÑA]
Domingo 25 de marzo.
Saída ás 10:00h do aparcamento entre os colexios de Reibón e A Seara (A Xunqueira).
O percorrido finaliza no punto de partida.
Total do percorrido: 11 km
Duración: 3 horas e media
Dificultade moderada.
Trátase dun sendeiro á beira do Río da Fraga, o máis cumprido e caudaloso do municipio, con ameneiros, bidueiros, salgueiros e outras árbores de ribeira, unha zona de muíños rehabilitada e fervenzas na zona máis alta do percorrido.
Quen desexe quedarse a comer ó remate do roteiro, poderá levar o seu propio almorzo e disfrutar da paisaxe. Sen esquecer levar auga dabondo para hidratarse no camiño. Por suposto, cómpre levar calzado cómodo para camiñar, e que non sexa esvaradizo.
Para participar só tedes que confirmar asistencia no e-mail: comunicacion@fecimo.es ou chamando ao teléfono 986 30 50 00.

Definitivo trazado de la Vuelta a España en su paso por 30 concellos de la provincia de Pontevedra

> Redacción de MORRAZO TRIBUNA - [Cangas] >
O trazado definitivo da Volta Ciclista a España na provincia de Pontevedra pasará por 30 concellos e entrará nas tres rías, ofrecendo unha panorámica espectacular das Rías Baixas, que será difundida polas televisións de 150 países. Así o anunciaron esta mañá en rolda de prensa o presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, e o director xeral de Unipublic e da Volta Ciclista, Javier Guillén.
Como aperitivo deste gran evento deportivo, que o presidente da Deputación definiu como “o máis importante de Galicia” neste ano e “un atractivo turístico de primeiro nivel”, celebraranse 12 marchas cicloturistas impulsadas pola administración provincial e ás que se quixo sumar o director xeral de Unipublic, que se vai encargar da súa organización.
É unha mostra da gran implicación da organización da Volta coa provincia, algo que quixo agradecer Rafael Louzán. Baixo o lema “Únete á Volta” estas marchas cicloturistas, que se celebrarán nas fins de semana de maio e xuño, manteñen a filosofía das tradicionais Festas da bicicleta que cada ano impulsa a Deputación provincial e, de feito, celebraranse nos concellos nos que máis participación houbo nos últimos anos nestas festas.
Desenvolveranse nos concellos de Lalín, A Estrada, Vilagarcía, Cambados, Sanxenxo, Marín, Cangas, Redondela, Mos, O Porriño Ponteareas, Tui e os tres concellos do Val Miñor (Nigrán, Baiona e Gondomar) onde se celebrará unha marcha conxunta.
Deste xeito son 15 os concellos que participarán neste “anticipo da volta” que pretende, por un lado, impulsar a participación cidadá e, por outro, “facer unha campaña de promoción, na que está previsto unha participación de 25.000 persoas”, segundo indicou Rafael Louzán.
Promoción dos produtos Rías Baixas
Tanto o presidente da Deputación como o director xeral de Unipublic incidiron no valor da Volta Ciclista como elemento de promoción da provincia, o que tamén se pretende aproveitar para a difusión dos produtos propios das Rías Baixas.
Con este obxectivo, tanto nos puntos de inicio das diferentes etapas da Volta na provincia como na meta instalarase un stand de degustación de produtos propios das Rías Baixas, “cos mellores produtos das Rías Baixas, que nos significan e que proxectan a nosa imaxe no exterior”.
O máximo responsable da Deputación Provincial salientou que “a beleza paisaxística e o número de persoas que verán a Volta” ao seu paso pola provincia fará das tres etapas que aquí se disputan “das máis concorridas das 21 etapas que terá a Volta ciclista”.
Na mesma liña se manifestou Javier Guillén, incidindo en que a “única inquedanza que ten o director xeral da Volta para os días 28, 29 e 30 de agosto é estar á altura da provincia de Pontevedra, porque se algo puidemos constatar o pasado ano é que o calor do público fai que mereza moito a pena vir ata aquí”.
Retorno investimento
O director da Volta, Javier Guillén, destacou que a caravana ciclista pasará 4 noites na provincia, con 2.000 personas acomodadas cada día nos hoteis da provincia Suliñou tamén as 2 horas de retransmisión en directo por TVE da carreira así como a difusión das etapas en televisións de 150 países coa conseguinte proxección das Rías Baixas.

21/3/12

Deputaciòn : tarde de análisis
de obras "in situ", en Moaña

> Redacción de MORRAZO TRIBUNA - [Moaña] >
Visita na tarde de mércores a Moaña, do presidente da Deputaciòn, Rafael Louzán, acompañado da deputada da comarca do Morrazo e do Subdelegado do Goberno. En síntesis, estas son as obras que Deputación afronta como consecuencia desta visita.
OBRAS EP AS BARXAS-BERDUCEDO (MOAÑA)
Obra: Mellora da estrada provincial 1101, As Barxas-Berducedo, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0+300 a 0+750.
Empresa adxudicataria: COVSA
Importe licitación: 507.209,91 euros
Importe de adxudicación: 364.531,76 euros (A Deputación achegará o 70% e o concello o 30% restante)
Descrición: As obras consistirán na mellora do trazado e na urbanización do treito sinalado, nunha lonxitude de 450 metros que será ancheada e dotada de beirarrúas.
O ancho total da estrada será de 12,60 metros, con beirarrúas de 1,80 metros a cada lado da calzada, dous carrís de circulación de 3,50 metros cada un e unha zona para estacionamento de vehículos nun lateral da estrada cun ancho de 2 metros.
O firme da estrada será de mestura bituminosa en quente e dotarase todo o tramo de novo alumeado público e da correspondente sinalización vertical e horizontal.
Así mesmo, procederase á canalización dos servizos de telefonía e da rede eléctrica de baixa tensión. Dotarase a estrada dos servizos de recollida de augas pluviais e melloraranse os de fecais e abastecemento.
OBRAS DE MELLORA DO CAMPO DE FÚTBOL DE MOAÑA
Obra: Cantina, sala de xuntas e aseos públicos no Campo de fútbol de Moaña
Orzamento: 58.000 euros
Descripción: Construirase un novo edificio anexo ao existente, para destinalo a cantina, sala de xuntas e aseos.
Dos 87,4 metros cadrados de superficie construída que terá o edificio, 26 metros destinaranse a cantina -que se dotará dun mostrador-, outros 26 metros a sala de xuntas e 20 a aseos, incluíndo un adaptado a persoas con discapacidade.
O edificio construirase con muro de fábrica de bloque oco de formigón e con paredes interiores de ladrillo de oco dobre, convenientemente enfoscado, enlucido e pintado, excepto nos aseos, onde serán revestidas de azulexo.
O chan do edificio será de baldosa de gres porcelánica antideslizante.
Será preciso, ademais, dotar a nova construción da correspondente rede de saneamento con tubaxe de PVC.

17/3/12

Deputación abre líneas de ayuda en política social

> Redacción de MORRAZO TRIBUNA - [Cangas] >
A Deputación Provincial de Pontevedra destinará este ano 325.000 euros ás entidades de iniciativa social que desenvolvan actividades formativas orientadas á integración laboral e sociofamiliar de colectivos desfavorecidos e de persoas en risco de exclusión social; así como dirixidas aos seus familiares e coidadores.
A Xunta de Goberno aprobou hoxe as bases reguladoras destas axudas, que poderán solicitarse no prazo dun mes desde a súa publicación Boletín Oficial da Provincia, prevista para os próximos días.
Como novidade para 2012, e tendo en conta a delicada situación económica pola que atravesan moitas destas ONG e asociacións, esta liña de axudas inclúe a posibilidade de que as entidades opten tamén a unha bolsas de axuda de 1.000 euros para os gastos correntes que lles ocasiona a súa actividade diaria.
A decisión de establecer esta bolsa vén dada polas inquedanzas que os responsables destas entidades lle transmitiron ao presidente da Deputación e aos responsables da área social da Administración Provincial na xuntanza mantida o pasado mes de febreiro, e na que amosaron as dificultades que teñen ás veces para afrontar os gastos de luz, gas, electricidade ou material funxible, entre outros.

DISTRIBUCIÓN DAS AXUDAS
Cada asociación poderá obter, ademais da citada bolsa de axuda de 1.000 euros, ata 6.000 euros para accións formativas orientadas á integración laboral dos seus usuarios; 4.000 euros para promover a integración sociofamiliar e 2.000 euros para accións dirixidas a familiares e coidadores. En todos os casos, os cursos deberán ter unha duración de entre 100 e 300 horas.
No caso da integración laboral, a Deputación achegará tamén unha axuda adicional de 300 euros por cada un dos alumnos dos cursos de formación que, unha vez finalizado o curso, consigan un contrato de traballo de duración non inferior a 6 meses. Esta achega irá destinada á asociación organizadora do curso.

IGUALDADE DE OPORTUNIDADES
Esta liña de axudas ten por obxecto contribuír á mellora da calidade de vida e a igualdade de oportunidade de persoas con especiais dificultades, como as persoas con discapacidade, os drogodependentes, as minorías étnicas, os inmigrantes e emigrantes retornados, ou a poboación penitenciaria, entre outros.
O presidente da deputación incidiu na labor social que desenvolven os centos de entidades de iniciativa social que hai na provincia e que contribúen a mellorar a atención a estas persoas, polo que reiterou o compromiso da Deputación de seguir apoiando a estas asociacións.
Así, nos últimos 4 anos, foron preto de 500 as entidades que se beneficiaron das axudas da administración provincial, cunha achega total de 4,3 millóns de euros. Só en 2011, 108 entidades acolléronse á esta liña de axudas.

Aún sin competencias en la materia, la Xunta se empeña en mediar para buscar solución al caso de las preferentes

> Redacción de MORRAZO TRIBUNA - [Cangas] >
O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a Xunta propón un laudo arbitral para que as persoas afectadas polas preferentes e as entidades financeiras se poñan de acordo na súa devolución. “A proposta que facemos como comunidade autónoma é a posibilidade de solucionar estes conflitos vía extraxudicial, a través da arbitraxe, a través dun laudo arbitral que ten forza de sentenza xudicial”, aseverou o mandatario autonómico remarcando que a Xunta está a traballar e seguirá traballando nesta materia no ámbito das súas competencias, que tan só afectan “ao ámbito do consumo”.
Segundo explicou Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, para isto “é necesario, primeiro, que as entidades acepten este procedemento” e, segundo, “que tamén os clientes afectados o acepten”. “Parécenos que unha solución que debe manexarse como unha solución real que produza efectos para que as persoas recuperen os seus depósitos pode ser un laudo arbitral, polo tanto, unha vía extraxudicial de arbitraxe que é máis rápida, non é custosa, non depende do funcionamento da Administración de xustiza e que consiste en que entidades financeira e cliente se poñan de acordo para buscar unha fórmula, que teña valor de sentenza, e que se aplique a devolución dos depósitos aos clientes que teñan este tipo de produtos financeiros”, abondou o mandatario autonómico.
“Como é natural, isto ten que ser admitido polas partes”, aseverou, remarcando que “nós propuxémosllo ás entidades financeiras, seguirémolo propoñéndolle a todas, de momento propuxémosllas a aquelas que teñen máis clientes afectados pola súa transcendencia e pola súa dimensión, e imos seguir ocupados e preocupados por este asunto”, incidiu Feijóo.
O presidente do Goberno galego salientou, ademais, que esta fórmula que plantexa o Executivo autonómico “é unha fórmula tecnicamente posible e, na nosa opinión, a mellor; suporía –se temos as autorizacións da Unión Europea ás entidades que teñen FROB-, unha posibilidade de arbitraxe que, en tempo real, se ditara un auto arbitral que producira efectos xurídicos; e que, en consecuencia, –dixo- os clientes afectados puideran recuperar os depósitos que teñen nas entidades financeiras”.

70.000 galegos afectados, 1.080 millóns de euros e 16 entidades financeiras
O mandatario autonómico explicou que o número de afectados en Galicia polas participacións preferentes ascende a 70.000 persoas e aproximadamente a 1.080 millóns de euros. Ademais, recalcou que o problema, “lamentablemente, vén de antigo”, xa que o 75% destes produtos financeiros se mobilizaron entre os anos 2005 e 2008. O número de entidades financeiras que teñen problemas con estes produtos na comunidade galega ascende a 16, “8 antigas caixas e 8 bancos”, segundo lembrou Feijóo.

A Xunta, a primeira comunidade que creou un observatorio destes produtos financeiros
“O certo é que agora é cando, como consecuencia do mercado, e como consecuencia da dificultade de colocar estes produtos no mercado secundario aparecen os problemas”, sinalou o presidente galego, lembrando que a Xunta, xa desde o ano 2010, está a traballar “cada vez que se producía unha denuncia ante o Instituto Galego de Consumo” tramitando, asesorando e traballando cos consumidores galegos.
A este respecto, Feijóo destacou que Galicia foi a primeira comunidade autónoma de España que creou un observatorio sobre estes produtos financeiros. “Empezamos a traballar, a monotorizar a evolución das queixas e das reclamacións en relación a estes produtos e o Instituto Galego de Consumo tramitou e canalizou as súas reclamacións ante os organismos competentes, que como saben, son o Banco de España e a CNMV”, argumentou.
Así mesmo, engadiu, “estivemos formando 62 persoas especialistas en consumo para entender, tratar e asesorar sobre as reclamacións deste tipo de produtos financeiros; elaboramos unha guía informativa, no ámbito do consumo, para poñer a disposición de todas aquelas persoas que se ven afectadas por estes produtos financeiros; desde o primeiro momento estivemos en contacto co Goberno central e coas entidades financeiras, 16 na comunidade autónoma, que presentan estes problemas cos seus clientes; e o 15 de febreiro enviamos cartas ao ministro de Economía, ao Banco de España, á CNMV e ás 16 entidades financeiras”.
“Estamos traballando con todos os actores e imos seguir”, aseverou Feijóo indicando que o Executivo autonómico seguirá a traballar “coas asociacións de consumidores, con todas aquelas que queiran; cos responsables das entidades financeiras, aos que estamos a chamar -algúns deles con reunión xa producida-; e tamén co fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, porque advertimos que, nalgúns casos, hai vicios de consentimento”.
“Imos seguir ocupados en acompañar aos afectados; imos seguir ocupados en respaldar aos afectados e imos seguir tentando exercer as nosas competencias consitucionais, que non son outras que aquelas que se reflicten no Estatuto de Autonomía”, concluíu o presidente da Xunta ao respecto.

10/3/12

FECIMO : otra vez sorprendiendo con ideas originales

> Redacción de MORRAZO TRIBUNA - [Cangas] 
As empresas asociadas da comarca en Fecimo, tralo éxito de “Namorados do Morrazo”, propoñen un novo concurso co gallo do Día do Pai, cun fantástico agasallo para os que fagan as súas compras durante a vindeira semana.
Baixo o lema “Ata o 19 de Marzo no Morrazo, agradécello ao teu Pai!!”, sortearán 3 paseos en barco veleiro – un sorteo por cada vila: Bueu, Cangas e Moaña. Así, os clientes poderán acadar un premio para sorprender á familia nesta data. Serán paseos de 4 horas polas nosas rías, e o premiado/a poderá invitar a tres persoas máis para que lle acompañen a bordo.
Para participar, os clientes deberán facer as súas compras nos establecementos identificados co cartel do Día do Pai e alí encher un boleto cos seus datos persoais. A promoción estará activa durante a semana previa a San Xosé, do día 12 ao 18 de Marzo.
Durante a tarde do 19 de Marzo, entre todos os boletos recollidos realizarase un sorteo aleatorio que decidirá o nome das tres persoas premiadas na promoción. Os premiados serán notificados por teléfono, e tamén serán publicados na páxina web de FECIMO: www.fecimo.es e no Facebook e Vive O Morrazo: www.facebook.com/ViveOMorrazo
Pero ademáis desta promoción, FECIMO prepara un agasallo extra en Twitter. Para participar, terán que facer unha mención a @viveomorrazo cunha dedicatoria para o Día do Pai. Entre todas as que se reciban ata o 19 de Marzo, sortearanse 50€ en cheques-compra, para gastar nos establecementos asociados á federación.

7/3/12

Llegan los nuevos dirigentes de la asociación de comerciantes y empresarios de Cangas

> Redacción de MORRAZO TRIBUNA - [Cangas] >
Eleccións en ACICA, a asociación de comerciantes de Cangas, intregrada en FECIMO. Na noite deste martes, ás 21:00h en segunda convocatoria, realizouse a votaciòn e o escrutinio que decidiu a nova xunta directiva de ACICA entre as dúas listas presentadas. Do censo total de asociados pola localidade de Cangas que son 276 membros, recontáronse 182 votos: 118 votos para a lista encabezada por Ana Lemos, titular da empresa Cada día, pan. Pola súa banda, 62 votos serían para a lista encabezada por Dolores Sánchez, de Florería Malopa. Anotamos tamén 1 voto nulo e 1 voto en branco. Finalmente, a candidatura elexida en ACICA para os vindeiros 4 anos é a lista encabezada por Ana Lemos como presidenta.

2/3/12

Xunta cree que las bateas de depuración son un éxito y propugna por ubicar más elementos de este tipo

> Redacción de MORRAZO TRIBUNA - [Cangas] >
A directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), Covadonga Salgado, salientou hoxe na comisión 8ª de Pesca e Marisqueo os bos resultados que se están a acadar nas bateas de reinstalación de Ferrol e Aldán. Salgado fixo balance dos dous meses que leva en funcionamento este sistema, a través do cal se depuraron de xeito natural, sustentable e ecolóxico, 22,7 toneladas de ameixa, beneficiando así aos mariscadores da Ría de Pontevedra, A Coruña, Ferrol, Barallobre e Corcubión, que puideron vender o marisco en fresco.
Salgado avaliou esta experiencia como “moi satisfactoria” e destacou que a Confraría de Pontedeume se incorporará a este proceso tras solicitar a reinstalación de ameixa fina, babosa e xapónica para as dúas modalidades de extracción, a pé e a flote. A maiores, a responsable do Intecmar subliñou que os mariscadores de Ferrol e Barallobre, que ata o de agora só levaban ameixa babosa á batea de reinstalación, iniciarán a extracción de ameixa fina e xapónica, cun cupo de 3 quilos por mariscador ao día. Sinalou tamén que estes mariscadores duplicaron os seus cupos de extracción de babosa, ao pasar de 4 quilos ao día cada mariscador a 8.
A directora do Intecmar estima que ao longo do ano se consiga depurar na estrutura de Aldán un total de 92 toneladas de ameixa. Cabe lembrar que neste caso só se leva á batea ameixa extraída a pé dous días ao mes, a petición do propio sector, polo que as cantidades son inferiores ás do marisqueo a flote.
Outro dato que evidencia o éxito deste sistema, que persegue incrementar a capacidade produtiva das áreas catalogadas como C, é que o índice de mortaldade non superou, de media, o 3%. En todo caso, hai que ter en conta que na meirande parte dos casos os exemplares mortos presentaban danos provocados pola manipulación no momento da extracción ou da selección posterior.
Por último a directora do Intecmar invitou a todas as confrarías que traballan en zonas catalogadas como C a participar nesta experiencia “ao ter demostrado que é un proceso válido, práctico e aplicable”.

12 novos pérmex en Carril
Pola súa banda, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo, anunciou que a Consellería ten previsto convocar “alomenos” os 12 permisos de explotación para o marisqueo a pé aprobados no plan de explotación para o ano 2012. Neste sentido avanzou que o seu departamento comezou un estudo a fin de valorar a posibilidade de incrementar os 12 pérmex previstos “sempre e cando isto non afecte á sostibilidade da explotación”.
Na súa intervención explicou que a Consellería xa iniciou os trámites necesarios coas Administracións implicadas, isto é, Servizo de Emprego e Instituto Socia da Mariña, para que, á vista da anulación da cobertura de vacantes realizada, se retorne á situación inicial das persoas afectadas no que se refire aos tempos de cotización e como demandantes de emprego “de tal forma que non exista ningún tipo de interrupción neles”.
Rodríguez Carballo explicou que estas persoas poderán concorrer aos procesos selectivos que se poidan iniciar “nas mesmas condicións que o fixeron anteriormente, sen que se vexa mermada a puntuación referente aos períodos como demandantes de emprego, por mor do outorgamento dos permex e a súa posterior anulación”.