28/4/13

RESERVE SU EJEMPLAR en los sitios de costumbre : desde este lunes, de nuevo, MORRAZO TRIBUNA edición impresa

CANGAS - [Redacción de MORRAZOTRIBUNA] >
El número 18 de la edición impresa de MORRAZO TRIBUNA comenzará a circular por los lugares de costumbre de O Morrazo, Vigo y Pontevedra, desde primeras horas de este lunes, Dios mediante.
Leerán ustedes en los miles de ejemplares de esta ediciçon impresa, sobre el polémico asunto del aeropuerto de Vigo, lo que no han leído en otros sitios. Y lo que, desde luego, tampoco en ellos se leerá en el futuro... pero en MORRAZO TRIBUNA, sí.
El crimen de A Madroa, el nuevo tiempo que se abre para ENCE-Celulosas, el regreso de la Tuna Rastafari, los barcos de Santiago Signo,  la polémica del cajón portuario en Bueu, el premio mundial que en Burdeos otorgaron a uno de los vinos de Horacio Gómez, la asombrosa ortodoncia invisible que llega a O Morrazo, el jesuita al que leyó la cartilla el Obispado de Tui-Vigo, el recuerdo de Sara Montiel en Marín, la última hora del plan de movilidad viaria de O Morrazo, el recuerdo de Xan das Canicas, las siete vidas del edificio del "Salitre"-en Moaña-, las nuevas ideas para que Gil y cía no se amarguen en la Semana Santa de Cangas, "La de Puri" : el antídoto de la globalización, la explosion de films para el Festival Internacional de Cortometrajes de Bueu, el suicida que mira hacia la playa de Rodeira, el arranque imparable de @mexilonsetuits 2013, la ley para garantizar menos esperas a los pacientes, el espazo natural e arqueolóxico dos Sete Camiños, el fútbol de la antígua Gallaecia, los retratos de Xosé Bangueses, el recuerdo de Manuel Comesaña Sieiro, la doble moral en el asunto de las fotos... son solo algunos de los temas que recoge la edición número 18 del newsmagazine de actualidad, análisis, información, divulgación y crítica, MORRAZO TRIBUNA, cuya portada es esta que ahora reproducimos aquì debajo... Pulse sobre la imagen para ver en grande en ventana aparte.


26/4/13

El ilustre atleta José Luis Martínez
visitó al atletismo cangués

CANGAS - [Redacción de MORRAZOTRIBUNA] >
El atleta olímpico Manolo Martínez, actual responsable nacional del sector de lanzamientos de la Federación española de Atletismo, estuvo esta semana en las pistas de atletismo de Cangas, para visitar al grupo de lanzamientos que existe ahí, para evaluar y conocer sus necesidades así como a sus atletas, dentro del programa de Tecnificación y Control que está llevando a cabo en todo el país,  en los que impartirá sus consejos a los lanzadores y sobre todo a los de peso, prueba con la que consiguió su bronce olímpico, fue campeón del mundo en pista cubierta, y se proclamó 31 veces campeón de España absoluto.
El atleta Martínez estaría acompañado por José Ángel Serantes Arias, responsable federativo de los entrenamientos de los lanzadores locales en el Estadio Municipal de Cangas.


Joani Sánchez, la voz en Internet de los cubanos represaliados, estrella en #NeThinking 2013, en San Simón

CANGAS - [Redacción de MORRAZOTRIBUNA] >
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove por terceiro ano consecutivo o congreso de comunicación e redes sociais ‘#NeThinking: Como comunicarnos’, un dos referentes a nivel estatal dos eventos vinculados aos modos de comunicar en internet e redes sociais que terá lugar na Illa de San Simón do 26 ao 27 de abril. Tras as dúas edicións anteriores -2011 e 2012- onde o foro acadou unha gran notoriedade na internet e nas diferentes redes sociais, #NeThinking chega a unha nova entrega á que se suman destacadas incorporacións que reflexionarán sobre diferentes ideas nas dinámicas sesións que propón a Illa do Pensamento.      
#NeThinking naceu en 2011 da man da Consellería de Cultura, a través dunha iniciativa da Fundación Illa de San Simón, co obxectivo de reunir no arquipélago da ría de Vigo a un grupo conformado por destacados comunicadores e expertos que son referentes no panorama nacional pola notoriedade das súas bitácoras personais, pola súa actividade en redes como Twitter ou Facebook e pola súa experiencia en contidos multimedia.
O encontro poderá ser seguido por streaming a través de San Simón TV e Terra TV e por Twitter (@illadesansimon). Nesta edición incorpórase Terra TV á retransmisión en directo, grazas á aposta da plataforma de contidos de Telefónica por este evento, o que pon de manifesto a súa notoriedade e contribuirá a incrementar aínda máis o seu impacto. Ademais, baixo a etiqueta #NeThinking2013 poderanse enviar preguntas aos participantes. Un sistema moi efectivo para alcanzar a máxima participación, que xerou excelentes resultados en edicións anteriores cun seguimento por streaming de máis de 30 países e máis de 6 millóns de impactos en Twitter, que elevaron o hashtag #NeThinking a Trending Topic en varias ocasións durante o evento. 
Un grupo encabezado por Yoani Sánchez 
Nas edicións de 2011 e 2012 o encontro contou con nomes de relevo como os da xornalista Eva Hache, o cineasta Nacho Vigalondo, o músico Julián Hernández ou recoñecidos blogueiros da talle de Javier Celaya. 
No encontro deste ano participarán en torno a quince expertos en contidos e posicionamento, en redes sociais e en comunicación en internet, así como artistas, escritores ou xornalistas cunha actividade destacada na rede. A grande maioría son referentes neste eido, con gran influencia grazas aos seus blogs. Entre eles destaca Yoani Sánchez, blogueira cubana cunha enorme notoriedade en toda Latinoamérica e a nivel mundial, que xa participou de xeito virtual en edicións anteriores e por fin poderá desprazarse á illa de San Simón. Trátase da súa primeira visita a Galicia e do evento máis singular no que participa durante o seu periplo por España. A licenciada en Filoloxía Hispánica e autora do blog Generación Y, recibiu en 2008 o Premio Ortega y Gasset de xornalismo, na categoría dixital, e foi seleccionada pola revista Time como unha das cen persoas máis influíntes do mundo na categoría de Heroes e Pioneiros. 
O fundador e director de Weblogs, Julio Alonso; o director de MediosOn, Juanjo Amorín; o fundador de Hipertextual, Eduardo Arcos; o Community Manager de Voz de Galicia, Nacho de la Fuente; o xornalista especializado en tecnoloxía, medios e sociedade, Antonio Delgado; o CEO en Internet República, Ismael El-Qudsi; o físico e escritor, Agustín Fernández Mallo; a xornalista especializada en medios dixitais, Marilin Gonzalo; o músico, Julián Hernández; o creativo, José Jiménez Moltó ‘Kurioso’; o xornalista e profesor da USC, Antón Losada; o doutor en Ciencias da Información, Valentín Alejandro Martínez; a humorista, creativa e escritora, Raquel Martos; o autor do blog Microsiervos, Javier Pedreira ‘Wicho’; a xornalista, Carmela Ríos; e o consultor e director de Prodigioso Volcán, Mario Tascón, son os outros nomes que completan o elenco de comunicadores presentes na terceira edición de #NeThinking. Dous días nos que espectadores e poñentes conversarán sobre os nosos modos de comunicar, xerar ou distribuír contidos e obter rendemento social, laboral e empresarial na era de internet, analizar o presente e tratar de intuir que é o que nos deparará o futuro nesta permanente evolución.
Estrutura e bloques temáticos
#NeThinking 2013 deseñouse como un encontro áxil e dinámico, ao igual que a propia rede. Na súa terceira edición propón diversas sesións de debate integradas en paneis temáticos, nos que se discutirá sobre os temas máis candentes do momento. En todos o debates participarán o total dos asistentes, intervindo cando o estimen oportuno, ao igual que nas dúas primeiras edicións.
Respecto aos paneis temáticos, #NeThinking 2013 artella seis grandes bloques que ocuparán o cavilar do grupo de traballo nos dous días destas xornadas. O primeiro deles centrarase nos ‘Novos medios de comunicación na era dixital’ e abordará cuestións como a adaptación dos medios de comunicación a internet, o brand journalism, ou o crowfunding. A ‘Educación dixital’ ocupará o segundo panel con temas referidos ao máximo rendemento das TIC na aprendizaxe, formación e divulgación, ou o asesoramento aos pais en relación a internet. A discusión acerca do uso dos idiomas en internet terá lugar no eido ‘Escribir en internet’. O cuarto gran contedor,‘Industria cultural na rede’, achegará as posibilidades do uso de internet para a creación e comercialización de contidos culturais e ao pago dos mesmos. Os dous últimos paneis temáticos serán ‘Contidos’, que abordará os temas da viralidade e o marketing de contidos multimedia; e ‘A información teledirixida’, que tocará o estado actual da interactuación informante-informador, as roldas de prensa sen preguntas ou as teleconferencias de prensa vía televisión.       

Parece que se anima algo
el número de visitantes a Galicia

CANGAS - [Redacción de MORRAZOTRIBUNA] >
O volume de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros galegos durante o pasado mes de marzo medrou un 16%, en relación ao mesmo mes de 2012, rexistrando un total de 214.484. Así o reflicte a Enquisa de Ocupación Hoteleira publicada hoxe polo Instituto Nacional de Estadística. Do mesmo xeito, rexistrouse unha suba na cifra de pernoitas, acadando case as 420 mil, o que implica unha suba do 13,5%.
Este comportamento supera ao rexistrado no conxunto do Estado, se ben tamén se contabilizaron subas do 7% na cifra de viaxeiros aloxados en hoteis e pensións e do 8,3% na cifra de pernoitas rexistradas en comparación co mesmo período de 2012.
Durante este mes de marzo, o 83% da demanda hoteleira rexistrada foi de carácter nacional, mentres que o 17% restante foi de turismo internacional. Produciuse un incremento dos tres grandes segmentos do mercado de xeito que o turismo interno subiu un 9,8%; o receptor nacional un 12% e o internacional máis do 29%.
Primeiro trimestre
A evolución da demanda hoteleira neste primeiro trimestre do ano foi positiva dado que experimentou unha suba na cifra de viaxeiros do 1,9% a respecto dos rexistrados nos primeiros tres meses de 2012. Do mesmo xeito, as pernoitas rexistradas en Galicia en xaneiro, febreiro e marzo de 2013 subiron un 3,3% a respecto das rexistradas nos mesmos meses do ano pasado.
Peregrinos
Durante o primeiro trimestre de 2013 recolleron a Compostela na Oficina de Acollida ao Peregrino de Santiago un total de 9.416 peregrinos, un 73,18% máis que o ano anterior.  


Conselleiro de Industria ve cercanos
los frutos de la alianza con PEMEX

CANGAS - [Redacción de MORRAZOTRIBUNA] >
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, amosou hoxe no Parlamento a súa confianza en que neste primeiro semestre do ano a alianza estratéxica establecida pola Xunta de Galicia coa mexicana Pemex, a cuarta petroleira do mundo, “avance e dea un novo impulso ao sector naval galego”.
Conde remarcou que este acordo “non só está vivo, senón que está reforzado e ampliado”, con sinaturas concretas e novas posibilidades de cooperación. O titular de Economía e Industria salientou que a viaxe realizada a semana pasada a México xunto co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, supuxo “importantes avances para a nosa comunidade, afianzando o xa existente e abrindo novas vías de colaboración”.
“Agora os estaleiros galegos poden optar a novas operacións como a renovación da flota menor de Pemex, que suporá un investimento de 240 millóns de dólares”, subliñou Conde, que indicou tamén que o interese da petroleira por participar no accionariado dun estaleiro galego “implicaría un importante investimento estraxeiro na nosa comunidade”.
Conde lembrou os dous contratos xa asinados con PMI, a filial de Pemex, para os dous floteis, un na ría de Vigo e outro na ría de Ferrol, e a ubicación da base loxística da petroleira no Porto Exterior de punta Langosteira na Coruña. “Temos logrado que Galicia conte para un país en importante crecemento como é México, grazas a un sector forte, competitivo e tecnoloxicamente avanzado como é o naval galego”, apuntou Conde, que incidiu no constante apoio da Xunta.
“Traballamos intensamente polas miles de familias que dependen do naval e a súa industria auxiliar, e se temos que saír fóra a colaborar con eles na busca de novas oportunidades seguiremos facéndoo”, sinalou. O conselleiro subliñou a mobilización de máis de 80 millóns de euros durante a pasada lexislatura, a reactivación de Pymar, cun novo fondo de 60 millóns de euros, os investimentos en formación por máis de 3 millóns ou a axilización á solución ao tax lease.
O responsable de Economía e Industria recordou que o acordo establecido con Pemex, que permite que os estaleiros galegos e o sector portuario teñan a oportunidade de levar a cabo  proxectos concretos para a petroleira, nace “dunha eficaz ferramenta, a diplomacia comercial establecida por este Goberno” e da “confianza mutua das capacidades de Galicia e das oportunidades que nos brinda México”. Fronte a isto, Conde rexeitou a actitude amosada pola oposición, que, segundo dixo, está a danar a imaxe do sector.

Conselleiro Conde dice que nadie está más preocupado que el Gobierno de la Xunta por el pequeño comercio

CANGAS - [Redacción de MORRAZOTRIBUNA] >
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe no Parlamento a importancia e a calidade do pequeno comercio galego, reiterando o compromiso da Xunta de Galicia de continuar cooperando co sector para mellorar a súa situación. “Ninguén ten máis preocupación polo pequeno comercio que o actual Goberno da Xunta”, incidiu Conde, que avogou por seguir traballando a través dunha “planificación estratéxica que se sustenta en feitos e programas concretos”. 
Neste sentido, Conde lembrou o peso dunha industria que xera máis de 110.000 postos de traballo na Comunidade, e que representa a cuarta parte das empresas galegas en activo, motivo polo que o Goberno galego traballa co obxectivo de incrementar a súa competitividade. 
“Estamos totalmente implicados coa situación do comercio galego”, incidiu Conde, que subliñou que a Xunta está poñendo todos os medios ao seu alcance para paliar a diminución do consumo. 
Así, o titular de Economía e Industria destacou a nova liña de axudas aprobada para a dinamización dos centros comerciais abertos (CCA) e as prazas de abastos. Un programa que no 2012 permitiu apoiar aos 52 CCA galegos e a 24 asociacións de mercados de abastos, e que conta nesta ocasión con 2,2 millóns de euros, un 10% máis que o ano pasado. 
Sobre esta base, o titular de Economía e Industria anunciou novas axudas dirixidas ao pequeno comercio, co obxectivo de incentivar ao sector e devolver a confianza ao consumo. Ademais, resaltou a importancia que terá a creación da rede de mercados excelentes galegos para a consolidación do comercio de proximidade

Xunta promueve nueva Ley de Inclusión Social

CANGAS - [Redacción de MORRAZOTRIBUNA] >
 Logo de que o Consello da Xunta dese hoxe o visto e prace á nova Lei de inclusión social, que iniciará a súa tramitación parlamentaria neste período de sesións, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou, na rolda de prensa posterior, que o novo texto permitirá dar un paso máis no compromiso con aqueles que máis o precisan cunha mellora das sinerxías entre os servizos sociais e de emprego para lograr unha verdadeira integración social e laboral. “Remitimos ao Parlamento un proxecto pactado no ámbito do diálogo social e que ten como obxectivo dar un apoio superior a aquelas persoas que máis o precisan, nun dos peores momentos económicos, para atopar unha verdadeira estratexia integradora das persoas con dificultades económicas no mercado laboral”, incidiu.
Para acadar este fin, Feijóo precisou que a nova normativa asegurará ao beneficiario unha contía a maiores da renda de integración se cumpre realmente o itinerario de inserción laboral, polo que as oficinas de emprego e o persoal de orientación pasarán a xogar un papel decisivo neste dispositivo ao terse que preocupar de que as persoas que están cobrando a Risga atopen un posto de traballo que encaixe nas súas características laborais. 
“Unha das grandes novidades é que se realizará unha diagnose de empregabilidade das persoas que cobran a Risga e, con este fin, a renda de integración faise por primeira vez compatible coas rendas obtidas a través de traballos esporádicos ou de escasa contía. Deste xeito, garántese que a persoa poda compatibilizar a percepción da Risga coa percepción de rendas de traballo esporádico e que, pouco a pouco, se vaia orientando a un traballo de carácter máis permanente”, aseverou.
Ao fío disto, Feijóo destacou que o texto normativo contemplará unha nova Risga “flexible” e que contará con tres tramos: o persoal e familiar, o de inserción e o de transición ao emprego.
A través do primeiro tramo garántese, segundo o presidente da Xunta, unha contía mínima para a cobertura das necesidades básicas anual e prorrogable, e ampliable no caso de presenza de maiores ou de menores de idade. Neste último caso o beneficiario terá que cumprir un acordo de integración socioeducativa dos menores conviventes; “é dicir, tense que comprometer a que os menores que vivan baixo a súa tutela acudan con normalidade ao colexio”.

Xunta insiste en ayudas
a autónomos para contrataciones

CANGAS - [Redacción de MORRAZOTRIBUNA] >
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, adiantou hoxe que a folla de ruta do Executivo autonómico en materia de emprego incluirá axudas aos autónomos para a contratación indefinida de ata tres traballadores. Trátase, incidiu, dunha media coa que dá cumprimento ao compromiso adquirido no discurso de investidura e que sitúa Galicia como unha das primeiras comunidades en poñer en marcha esta iniciativa.  Así o asegurou na rolda de prensa tras o Consello da Xunta, que hoxe coñeceu un informe sobre o investimento que a Consellería de Traballo e Benestar está realizando de cara a mellorar a empregabilidade dos galegos e das galegas ao longo de 2013. 
Nesta liña, Feijóo resaltou que a comunidade galega foi pioneira na pasada lexislatura ao incluír axudas á contratación do primeiro autónomo e agora volve estar entre as primeiras que articulan medidas para a contratación do segundo e do terceiro traballador. 
Deste xeito, o Goberno galego vai destinar un total de 138 millóns de euros a mellorar a empregabilidade de 37.500 galegos. “E hai, unha serie de novidades”, abondou, remarcando que unha delas é a de “ampliar as axudas existentes á contratación indefinida de autónomos: que un autónomo poida contratar, mediante unha axuda, non só a outro autónomo máis, senón ata chegar a tres”, enfatizou. 
Na súa intervención, o mandatario galego referiuse aos datos da EPA coñecidos hoxe. Destacou, así, que Galicia sigue cun diferencial case de 5 puntos, cun paro de 5 puntos por debaixo da media de España; e é a sexta comunidade autónoma con menor incremento do paro. Pero a pesares disto, dixo, “é evidente que a situación na Enquisa de Poboación Activa en España e en Galicia acredita que estamos nun momento de extraordinaria dificultade económica e de extraordinaria situación social no noso país”. De aí que “a principal preocupación dos cidadáns” deba coincidir tamén “coa principal preocupación do Goberno” e que por isto o Executivo autonómico centre a súa acción en trazar unha folla de ruta que dinamice o emprego. 
Así, Feijóo lembrou que no pasado mes de xaneiro, a Xunta aprobou 40 millóns de euros en axudas á formación a desempregados, co obxectivo de lograr 14.000 empregos. Hoxe, explicou, “aprobamos un paquete lexislativo, neste caso, un paquete regulamentario de 27 ordes que se publicarán no Diario Oficial de Galicia por valor de case 100 millóns de euros que destinamos a 23.500 persoas”.  “En consecuencia –remarcou-, entre o mes de xaneiro e maio, son 138 millóns de euros e 37.500 persoas que non teñen traballo as que se poderán beneficiar destes fondos públicos de incentivación do emprego na comunidade”, argumentou. 

Presentan interesante edición
facsimilar de Cantares Gallegos

CANGAS - [Redacción de MORRAZOTRIBUNA] >
“Galicia demostra -e estou certo de que seguirá demostrando sempre- que a pluma e que a palabra son máis fortes que a forza e que a pelexa para espertar ao noso pobo”. Son as palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a presentación da edición facsimilar de Cantares Gallegos, coeditada polo Parlamento de Galicia, a Xunta e o Consello da Cultura Galega con motivo do 150 aniversario da publicación desta obra.
“Nós temos libros”, aseverou Feijóo, “e nós temos a palabra- engadiu-: a palabra que a maioría do pobo sempre preservou cando alguén tratou de quitarlla e que afortunadamente hoxe ten ecos neste Parlamento democrático”.
Na súa intervención, o mandatario autonómico apuntou que Galicia se construíu cun “diálogo interminable” que fixo xerminar o idioma propio. “Os galegos –explicou-, necesitaban unha ferramenta súa, un código particular que reflectira a súa maneira de entender o mundo e chamarlle ás cousas. E fixérono”, argüíu, lembrando que, entre todos, “ergueron unha gran catedral do idioma no que cada galego e cada xeración deixaron a súa pegada”. 

25/4/13

El globo del "Capitán Pescanova"
se desinfla a pasos agigantados

Poco a poco, el globo Fernández de Sousa se está desinflando. 
Lo último : ser apartado del timón de mando, deja al capitán Pescanova contra las cuerdas.
No debería preocupar el futuro de Fernández de Sousa en esta hora. Sí el de Pescanova, empresa emblemática, cuya continuidad debería ser objetivo por el que luchar, tanto como la conservación de los no pocos puestos de trabajo directos e indirectos que origina.
El resto : si el señor Fernández de Sousa planta vino en los valles de O Rosal, o suelta el balandro desde el puerto deportivo colocado a pié de A Guía, nos trae sin cuidado.
En todo caso, eso sí, convendría que explique el caballero, cómo y por qué -de su mano- llegó Pescanova a la triste situación en la que se encuentra.
Y aquí paz y... después gloria.
LEONARDO DE VINCIOS

Deputación destina 220.717 euros para la contratación de 48 operarios con destino a los concellos de O Morrazo

CANGAS - [Redacción de MORRAZOTRIBUNA] >
O Plan de Emprego da Deputación Provincial permitirá que preto de medio cento de desempregados sen ningún tipo de prestación da comarca do Morrazo atopen un traballo en diferentes servizos dos catro concellos que integran esta comarca. O programa que financia integramente a Administración Provincial destinará un total de 220.717,44 euros á contratación de 48 persoas (12 en cada concello) por un período de seis meses.
Segundo as solicitudes presentadas na Deputación Provincial, o perfil máis demandado en Marín, Bueu, Cangas e Moaña é o dun traballador ou traballadora do ámbito da obra pública, a conservación e mantemento de infraestruturas e traballos relacionados coa construción.
Operarios por concellos
Neste sentido, Marín centra a súa demanda na área de obra pública, polo que solicita 12 traballadores que se integrarán na brigada municipal de obras.  Pola súa banda, o concello de Moaña reclama 5 albaneis, 2 carpinteiros, 1 electricista, 1 fontaneiro e 3 xardineiros. No caso de Cangas, demándanse 12 peóns que se destinarán a servizos varios, mentres que o Concello de Bueu solicitou o financiamento de 9 operarios para servizos varios, 2 peóns de albalenería e 1 peón de carpintería. 
O perfil do traballador solicitado obedece ás principais necesidades que teñen os concellos nestes momentos, que é, fundamentalmente, a de facer fronte ao mantemento, conservación e posta en valor das infraestruturas e equipamentos que posúen.
Nesta ocasión, serán os propios concellos os que se responsabilicen da selección de persoal, que deberán facer entre desempregados sen ningún tipo de prestación e segundo o listado que lles facilite o Servizo Público de Emprego.
A Administración Provincial financiará ao 100% os custes salariais dos traballadores, o que permitirá cubrir dúas necesidades prioritarias na actualidade: por un lado, permite que os concellos poidan atender servizos e obras que lle resultan prioritarios e que sen esta achega lles resultaría practicamente imposible desenvolver e, por outra banda, facilitalle o acceso a un emprego a preto de 50 persoas da comarca que nestes momentos se atopan nunha situación extrema, ao carecer de prestacións.
Todos os seleccionados deberán estar contratados antes do 1 de xuño, e terán un contrato a tempo parcial que, desta forma, se estenderá ata finais de ano.

Corales de O Morrazo, en el festival de Habaneras de Pontevedra, este sábado, a las 17 horas

CANGAS - [Redacción de MORRAZOTRIBUNA] >
O Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia de Pontevedra acollerá este sábado, 27 de abril, o II Festival de Habaneras que organiza a Deputación Provincial de Pontevedra. O certame, que terá lugar ás 17,00 horas e con entrada de balde, contará coa participación de 11 corais das comarcas do Morrazo e de Pontevedra, que interpretarán tres pezas do seu repertorio cada unha.
O II Festival de Habaneras celebrarase este ano en tres localidades da provincia, coa participación de diferentes corais en cada un deles. Ademais do de Pontevedra, xa se celebrou en Vilagarcía o pasado domingo 21, e Tui, a onde chegará o 11 de maio.
Agrupacións participantes. No caso de Pontevedra, as corais que actuarán será o Coro Santa Eulalia de Meira dirixido por Ángel Leite Santos; o Coro Chorima de Moaña que dirixe Rosa María Cerviño Loira; a Coral Polifónica de Campo Lameiro con dirección de Sonia Bouzada Pérez; o Coro Samertolameu, baixo a dirección de Manuel Ares García; o Orfeón Parroquial Nosa Señora de Hoy-Vas de Vila de Cruces que dirixe Enrique Viz Otero; a Coral Polifónica de Barro da que é directora Cristina Castro Pintos; a Coral do Centro Sociocomunitario de Marín, neste caso baixo a batuta de Monserrat Arosa Villar; a Coral Polifónica Estradense dirixida por Javier Comesaña Pereira; a Asociación Masa Coral Moañesa, con dirección de Manuel Iglesias Martínez; a Coral Polifónica Marusía dirixida por Antonio Davila Álvarez; e finalmente, a Coral Airiños de Campañó que dirixe Enrique Alberto Martínez Rivero.

Bueu : máis de 100 bandas participan na
primeira edición do Concurso SonRías Baixas

BUEU - [Redacción de MORRAZOTRIBUNA] >
Máis de 100 bandas participan no I Concurso SonRías Baixas (#SRB2013), creado polo festival do Morrazo co obxectivo de ofrecerlles ás bandas emerxentes a posibilidade de formar parte do cartel oficial do evento, que celebrará a súa XII edición os días 2 e 3 de agosto en Bueu e que o ano pasado conquistou a máis de 15.000 persoas coa súa particular mistura de música, praia e gastronomía nun contorno privilexiado. Nesta ocasión, está confirmada a presenza de dúas bandas europeas de primeiro nivel: a mítica banda punk británica The Toy Dolls e os italianos Talco, cultivadores dun ska revolucionario e festivo. A organización anuncia novas confirmacións para os próximos días e recorda que as entradas están xa á venda na web do Festival cun prezo reducido de 19 euros o abono de dous días, coa acampada incluída.
A resposta das bandas emerxentes á convocatoria do I Concurso SonRías Baixas foi arrolladora: en pouco máis dunha semana, a organización recibiu 102 propostas, 33 delas de fóra de Galicia. Entre as galegas, a provincia máis rockeira parece ser a de Pontevedra, da que proceden 45 dos grupos que se presentaron ao certame. Por estilos, arrasa o rock, con máis de 75 bandas. Sígueno, na distancia, a música mestiza, con 15 bandas; o ska-reggae, con 9; e o urban, con 3 propostas. 
Cantidad e calidade
A organización salienta a diversidade e a extraordinaria calidade das propostas recibidas. Toda a diversidade do universo musical alternativo ten cabida no I Concurso SonRías Baixas, dende as bandas que recoñecen non ter subido nunca a un escenario e agradecen, simplemente, “a oportunidade que ofrece o Festival de darse a coñecer ante o público e, sobre todo, ante os programadores que forman parte do xurado” ata as bandas consolidadas como os madrileños Ke+Da, que levan desde os anos 90 tocando e teñen dous discos producidos por Kosta Vázquez e Manuel Arévalo (Boikot); ou Debuxos Reanimados, mítica banda galega creada nos 90; así como de bandas emerxentes que empezan a tomar posición no panorama musical do Estado, como La Raíz (Valencia).
É chamativa a presenza de nove bandas catalanas, tres das cales -El Veïnat, La Senyoreta Descalça e Möndo Loco- forman parte de Tercera Via, unha asociación que promociona a música emerxente á que tamén pertencía Txarango cando tocou no SonRías Baixas, en 2011. É coñecido o vínculo do Festival con Cataluña, de donde procede moito do público do SonRías e tamén algunhas das bandas que máis se identifican co evento, como La Pegatina, Txarango, Astrio, Oriental Groove ou La Kinky Beat.

O enorme nivel e a excelente proxección de futuro das bandas participantes faise patente no amplo currículo de premios co que xa contan moitas delas. Os Alademoska gañaron o III e o VI Encuentro Pro joven de Alhama de Granada, o III Festivalet de San Juan (Alicante) e o Concurso Rockafalles Carcaixent (Valencia) e foron finalistas do Eisv´09 de Vigo, do I Ibi Rock  e do XIV Festival Pop-Rock de Rivas Vaciamadrid. La Banda de Andrelo acaban de proclamarse vencedores do concurso de maquetas do Millo Verde, no que quedaron finalistas Os Mordecáns. Derroche, Maskarpone e La Sombra gañaron o Concurso de grupos Ourensanos que tocarán en esta edición del Derrame Rock. Booguie Band foron semifinalistas do Concurso Villa de Bilbao, no que participaron máis de mil bandas de toda Europa. Los Kualkiera gañaron o Certame Novos Valores da Cidade de Vigo no verán do 2012. E as dúas bandas de Bueu que se presentan ao I Concurso SonRías actuaron na pasada edición do Festival: A Tarantela Rabuda e Skarnivals.
Un xurado de luxo
Entre as 102 bandas admitidas a concurso, o público elixirá agora, antes do 19 de maio, a través da páxina de Facebook do Festival cinco finalistas para o Premio SonRías Baixas, aos que se lles sumarán outros cinco artistas seleccionados polo xurado do Festival, que está composto por persoas de referencia no sector musical, como Rubén Sierra, líder de La Pegatina e experto en comunicación musical 2.0; Juan Carlos Cabano Juankar, líder de Boikot, produtor e axitador de propostas musicais; Salva Rodríguez Ronko, director de programación de Radio Vigo (SER) e responsable do Maketón; Faber, produtor musical e colaborador de Estudio 3, na Radio Galega; David, programador do Café Auriense, referente da música en directo en Ourense; Víctor Cabaleiro Leiro, responsable da Sala Aturuxo, unha das de maior e mellor curriculum de Galicia; ou Berta Domínguez (SonRías): experta en comunicación musical 2.0 e bandas emerxentes e representante da organización do Festival SonRías Baixas. De entre esas dez bandas finalistas o xurado escollerá a banda gañadora, que recibirá un premio de 1.000 euros e tocará no escenario principal do Festival SonRías Baixas.
A Radio Galega, pola súa banda, seleccionará entre os admitidos a concurso as formacións que teñan cancións en galego e publicadas baixo licenza Creative Commons. As bandas que cumpran estes dous requisitos optarán ao Premio Son Radio Galega, cuxos finalistas serán escollidos polo público da Radio Galega, a través de chamadas en directo e de Internet. De entre eses cinco finalistas, elixirá o gañador/a do Premio un xurado formado por dous críticos musicais e a xefa de programas da Radio Galega. A banda gañadora recibirá 500 euros, gravará unha maqueta nos estudios da Radio Galega e actuará nun programa da Televisión de Galicia.

Tedes toda a información sobre o I Concurso SonRías Baixas, na web do Festival.

El tiempo en el fin de semana

Predicción por Meteo Galicia
_________________________

VIERNES



















SABADO



















DOMINGO

Gran concierto conmemorativo con temas de Zeca Afonso, en el Teatro Municipal de Tui : 25 de abril sempre!!



VALENÇA-TUI / Eurocidade - [Redacción de MORRAZOTRIBUNA] >
Eurocidade Valença Tui promoveu um concerto de Tributo a Zeca Afonso, esta quarta-feira, 24 de abril, às 20h00(PT), no Teatro Municipal de Tui, a cargo do grupo Cervmusic.
36 artistas em palco, durante 90 minutos, prometeram e cumpliram com um espetáculo memorável, nas vésperas do 25 de abril, interpretando as mais conhecidas e emblemáticas composições de Zeca Afonso. Este ano, pela primeira vez, contariam com a presença de artistas valencianos, através da participação especial do Coro Juvenil da Academia Fernandes Fão e da Associação Musical de São Pedro da Torre.
A “Canção de Embalar”, “Verdes São os Campos”, “Milho Verde”, “Tu Gitana” ou a emblemática “Grândola Vila Morena” foram recordadas neste concerto que pretendeu celebrar os 39 anos da Revolução dos Cravos.
Valença promoveu o concerto Tributo a Zeca Afonso já pela terceira vez consecutiva, sempre com grande sucesso.
Para Jorge Salgueiro Mendes, presidente de la Cámara de Valença, “Este concerto recorda o 25 de Abril e proporciona uma viagem por composições musicais que marcaram o panorama musical português e muitas gerações. Um concerto de elevada qualidade que testemunha a grande dinâmica cultural de Valença e da Eurocidade”.

Cangas, escenario do Campionato Provincial
en Idade Escolar de Taekwondo

CANGAS - [Redacción de MORRAZOTRIBUNA] >
O Pavillón Municipal de O Gatañal, en Cangas do Morrazo, será o escenario do Campionato Provincial en Idade Escolar de Taekwondo que se celebrará este sábado, 27 de abril. A deputada provincial Begoña Estévez, o concelleiro de Deportes de Cangas, Francisco Soliño, o vicepresidente da Federación Galega de Taekwondo, José Ángel Torres e o xefe do Servizo Provincial de Deportes, Daniel Benavides, así como Pablo Crespo, do Club Sares-TDK Cangas e José Pereira, da Agrupación DXT Base Pontevedra, presentaron esta mañá no Pazo Provincial este campionato, no que tomarán parte un total de 250 nenos e nenas.
Este dato reflicte a relevancia que este deporte ten na provincia de Pontevedra, dado que dos 430 nenos e nenas inscritos na Federación Galega para participar nos campionatos provinciais que terán lugar esta fin de semana nas 4 provincias galegas, o 58,1% (os anteditos 250) son da provincia de Pontevedra.
EXHIBICIÓN E COMPETICIÓN
Ademais da competición propiamente dita, o Campionato inclúe un apartado de exhibicións, que se celebrará durante a mañá do sábado. Neste apartado, que se iniciará a partir das 10,00 h., incluiranse 32 exhibicións en categoría infantil, de nove participantes cada unha e nas que tomarán parte un total de 13 clubs e preto de 300 nenos e nenas.
Xa pola tarde, a partir das 16,00 horas, iniciaranse os combates propiamente ditos, con 10 categorías en infantil e 13 categorías en alevín. Esta proba é clasificatoria para o campionato galego, que se disputará o 25 de maio na provincia de Ourense.



Xunta destaca a importancia da cooperación entre administracións para mellorar a eficacia na xestión das emerxencias

CANGAS - [Redacción de MORRAZOTRIBUNA] >
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, mantiveron un encontro co Tenente Xeral da Unidade Militar de Emerxencias, César Muro, na que destacaron a importancia da cooperación entre administracións para mellorar a eficacia na xestión das emerxencias.
Tratase do primeiro contacto persoal entre o Goberno galego e o titular da UME, despois de que este tomase posesión a finais do ano pasado. No encontro analizaron a frutífera colaboración que está a ter a Xunta coa unidade militar e avanzaron na posibilidade de seguir reforzándoa.  
Neste sentido, tanto Rueda como Quintana  eloxiaron o excelente traballo da unidade militar en Galicia, destacando especialmente a súa profesionalidade e a súa entrega na loita contra os lumes forestais. 
Mellorar a eficacia e a resposta aos cidadáns
Rueda incidiu na importancia da cooperación entre administracións, neste caso autonómica e militar, e avogou unha vez máis pola suma de esforzos e o traballo conxunto, co obxectivo de gañar eficacia e ofrecer a mellor resposta aos cidadáns.
Precisamente, a cooperación interadministrativa é o principio que rexeu ao elaborar o novo Mapa de emerxencias de Galicia, onde colaboran as administracións autonómica, provincial e local; e esta mesma colaboración se repite nos parques de bombeiros comarcais e agora coa posta en marcha dos novos Grupos de Emerxencia Supramunicipal. 
O vicepresidente autonómico destacou que estas sinerxías e esta frutífera cooperación entre Administracións dáse tamén co Estado, tal e como reflexa a reunión de hoxe coa UME e a presenza nos montes galegos dos seus membros, que son parte fundamental na loita contra os incendios e na xestión das emerxencias en xeral.  

Vigo : el Bloque culpa a todos -incluído el alcalde Caballero- de las desgracias del decadente Peinador

CANGAS - [Redacción de MORRAZOTRIBUNA] >
A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, criticou que tanto o goberno galego como o goberno do Estado e Aena “non están facendo nada” para potenciar o aeroporto de Peinador. “Non hai unha política clara para que os aeroportos sexan atendidos en función das súas capacidades e para formar un sistema aeroportuario galego baseado na complementariedade”, subliñou tras ser preguntada polas declaracións emitidas polo alcalde e o Círculo de Empresarios.
Iolanda Veloso sinalou que tras a privatización de Aena a rendibilidade económica é o criterio que agora centra as súas decisións, polo que alertou que nesta situación “non parece que o aeroporto de Peinador vaia ser defendido por Aena”. Subliñou que a situación da terminal viguesa “é grave e empezamos a pensar que o PP quere pechalo”.
A portavoz nacionalista lembrou que na xuntanza que o grupo municipal do BNG mantivo cos representantes do comité de empresa de Aena en Peinador estes trasladaron a súa preocupación “a baixada do aeroporto vigués é constante e desde as administracións non se fai nada para remedialo”. 
Propostas que non apoian
Por outro lado, Iolanda Veloso destacou que a proposta do alcalde da cidade “tampouco apoia en absoluto a Peinador”. Neste sentido criticou que o rexidor vigués non presentou ningunha iniciativa que incida na recuperación do aeroporto, xa que “a única proposta concreta que fixo foi a do voo Vigo-Londres e com esta liña non se vai salvar Peinador”, asegurou.
A portavoz municipal do BNG salientou que segundo os datos de ocupación, os voos que funcionan en Vigo son as conexións con Madrid, Barcelona en París. “Curiosamente, para potenciar estas liñas en Vigo non hai ningunha proposta do alcalde”, criticou. 
“No BNG temos claro que non son os concellos os que teñen a obriga de salvar os aeroportos”, concluiu.

23/4/13

San Bermejo salva al Celta de las fauces del infierno (minuto 92, 2-1 ante el Zaragoza)

CANGAS - [Redacción de MORRAZOTRIBUNA] >
Mario Bermejo, el jugador con más coraje y pundonor de todos los que esta noche pisaron Balaídos, dio el triunfo al Celta cuando se jugaban más de 2 minutos del período de descuento, tras el final de los 90 reglamentarios, en un Balaídos angustiado por la amenaza del descenso y ante unos 18.000 espectadores.
Caía así el Real Zaragoza, un equipo ramplón, descompensado, que acreditó, como el Celta, el por qué de la posición desesperada que ocupa. Malos de rabiar algunos de los momentos protagonizados por varios jugadores del Zaragoza, inutilidad mal aprovechada por un Celta en donde tampoco la brillantez y la sapiencia brillan con luz propia.
Noche esperpéntica del portero del Zaragoza, Roberto, que con sus salidas de puños defectuosas estuvo incluso a punto de marcar en propia meta en un despeje que recordó aquellos "frangos" descomunales que protagonizó en su etapa -para el olvido- defendiendo la portería del Benfica hace un par de temporadas.
Ganó el Celta porque, tal vez, fue quien tuvo más fe en el triunfo final. El Zaragoza, poco ambicioso, jugó al tran-tran y se confió en exceso. Fue cuando apareció una y mil veces la porfía de Bermejo, empuejando a sus compañeros hacia arriba y buscando el mismo el momento de indecisión de la defensa rival, para en el 92 y medio hallarlo y volear, de abajo a arriba, desde el área pequeña casi, escorado a la derecha, sentenciando el partido y salvando -al menos por el momento- al Celta.

21/4/13

MeteoGalicia anuncia sol
-como mínimo- hasta el jueves

PREVISION PARA EL LUNES
O luns continuaremos baixo a influencia do anticiclón, aínda que unha fronte moi pouco activa achegarase polo litoral norte durante a mañá. Isto vai facer que os ceos estean pouco anubrados, ou con nubes altas en xeral, agás no litoral de Lugo e litoral norte da provincia da Coruña onde os ceos estarán cubertos ca posibilidade dalgún orballo moi ocasional durante a mañá e con apertura de claros á tarde. As temperaturas non experimentarán cambios significativos ou sufrirán lixeiros descensos. Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados no litoral atlántico con intervalos fortes nas Rías Baixas, e frouxos no resto.
PREVISION PARA EL MARTES
A xornada do martes Galicia continuará baixo influencia do anticiclón centrado sobre o Mar Cantábrico, polo que o tempo continuará estable e seco. Os ceos estarán despexados en xeral con só algunhas nubes de estancamento no norte de Lugo. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos mentres que as máximas ascenderán entre lixeira e moderadamente. Os ventos soprarán do nordés frouxos con intervalos de moderados no litoral e acadando refachos fortes entre Bares e Fisterra.

El Gaiás se prepara para acoger durante medio año
una espectacular exposición sobre el Orinoco

COMPOSTELA - [Redacción de MORRAZOTRIBUNA] >
O Museo Centro Gaiás acollerá o vindeiro luns 27 de maio a inauguración da exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido, unha das mostras máis importantes do mundo de arte etnográfica latinoamericana, tras o acordo entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Cisneros para que a Cidade da Cultura de Galicia sexa o primeiro centro peninsular en exhibir esta mostra. O proxecto resultou posible grazas aos patróns da Fundación Gaiás, que así garanten a continuidade dunha programación cultural de calidade e prestixio internacional nun momento no que a prioridade é a xestión eficiente dos recursos públicos. 
Asemade, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria lembra que esta exposición é posible grazas á sensibilidade amosada polos máximos responsables da Fundación Cisneros: a mecenas venezolana Patricia Phelps de Cisneros e o seu marido, o empresario Gustavo A. Cisneros, que asistirán á inauguración. 
Aberta ao público ata xaneiro 
Despois de viaxar durante trece anos por algunhas das institucións culturais máis prestixiosas de Alemaña, Francia, Suíza, República Checa, Finlandia, Rusia, Dinamarca ou Eslovenia, a colección chegará por primeira vez á Península Ibérica. Concretamente, Orinoco. Viaxe a un mundo perdido abrirá as súas portas no Museo Centro Gaiás o vindeiro luns 27 de maio no que permanecerá ata xaneiro de 2014.
 Esta exposición tamén incluirá unha pequena mostra etnográfica de Galicia, explicando a vida arredor dos ríos con pezas procedentes de institucións e museos da nosa Comunidade que mostrarán a tradición da pesca e a navegación. Deste xeito, a través desta sección sobre a tradición fluvial buscaranse os nexos entre Galicia e Latinoamérica, seguindo a liña de conexión con outras culturas, tal e como se fixo en Gallaecia Petrea con Portugal.
O mundo perdido
A exposición, que leva por título Orinoco. Viaxe a un mundo perdido, convidará a aventurarse nunha das rexións máis inexploradas e máxicas do planeta para descubrir a vida e a cultura das doce etnias que habitan a conca do terceiro río máis caudaloso da terra, o mesmo que fascinou a escritores como Julio Verne ou Arthur Conan Doyle, e a científicos como Alexander Humboldt. A mostra é unha homenaxe á diversidade cultural e ambiental, unha oportunidade para abraiarse coa íntima convivencia coa natureza destas comunidades. 
Colección fotográfica e recursos multimedia
O Museo Centro Gaiás acollerá a Colección Orinoco completa, composta por máis de 1.500 pezas froito das exploracións da familia Cisneros que, desde a década dos setenta, realizou numerosas incursións neste territorio, e das achegas do etnógrafo Edgardo González Niño e do antropólogo belga Walter Coppens. Esta exposición inclúe dúas interesantes coleccións fotográficas con imaxes de González Niño e de Charles Brewer Carías. Ademais proxectaranse documentais e contará cunha sección multimedia a través da web www.orinoco.org, con importantes recursos didácticos. 
Cultura e Educación destaca que a exposición brinda unha magnífica oportunidade de achegarse á cultura latinoamericana e, de xeito particular, á dun país cunha das comunidades de galegos máis numerosas como é Venezuela. 



Un hombre vale lo que vale su palabra, recuerda la Xunta a propósito de su actitud y compromiso en el Decreto do Plurilingüismo

CANGAS - [Redacción de MORRAZOTRIBUNA] >
A través dunha nota de prensa, a Xunta insiste que mantén a súa palabra de non presentar recurso de casación contra as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que modifican o 5% do contido do Decreto do Plurilingüismo. Neste sentido a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria lamenta que a Real Academia Galega  (RAG) desprece o compromiso manifestado polo propio presidente da Xunta –na comparecencia posterior ao Consello da Xunta do 14 de marzo- de acatar o ditado nos fallos, tendo en conta ademais que o Alto Tribunal avala o 95% do texto do Decreto.
"O presidente en funcións, Xosé Luís Axeitos, tivo unha falta de respecto institucional co Goberno galego, ao intentar desviar a atención das propias augas revoltas na RAG difundindo informacións totalmente falsas sobre as intencións da Consellería de enganar á sociedade. Así, é necesario lembrar que o prazo de trinta días que o Tribunal Supremo lle abre á Xunta para manifestar se sostén a súa intención de presentar recurso de casación é un mero trámite procesual. Polo tanto, tal e como xa se manifestou no seu día, a Consellería nin formalizou nin interporá recurso de casación, co que calquera outra interpretación dos servizos xurídicos da RAG é unha falsidade. En todo caso, para deixar dabondo aclarada a situación, a vindeira semana os servizos da Asesoría Xurídica Xeral da Administración autonómica valorarán a presentación dun escrito formal de renuncia á interposición do recurso, trámite que non é imprescindible, xa que o mero transcurso do tempo é suficiente para quedar desistido, como xa aconteceu con algunhas das sentenzas ditadas. A Xunta nega, confirmando as palabras do seu presidente, que teña intención de interpor recurso ningún contra as sentenzas do Decreto do Plurilingüismo", referiu a Xunta.
"Desta forma o Goberno galego cumpre coa palabra dada ás galegas e galegos de respectar as sentenzas do TSXG e de non crear máis polémica innecesaria arredor dun texto que se mantén no seu 95% tal e como estaba. A Consellería considera totalmente impropio dun presidente en funcións, e en vésperas dunhas eleccións, que intente introducir este asunto co único obxectivo de tapar os seus problemas internos. Debemos lembrar, ademais, que a Xunta de Galicia mantivo sempre unha postura exemplar diante do proceso de cambio na RAG respectando escrupulosamente a súa autonomía e facendo un gran esforzo por mellorar o seu financiamento. Por iso non se entende agora esta falta de corrección institucional, cando o Goberno galego lles gardou en todo momento o máximo respecto a todos os seus membros e ás súas decisións como órgano corporativo e institución de referencia", conclue o Goberno galego.

La Xunta explica en qué se gastará
los cuartos en materia de infraestructuras

CANGAS - [Redacción de MORRAZOTRIBUNA] >
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), mobilizará preto de 270 millóns de euros en obras e contratos de servizo en materia de estradas neste ano 2013. Así o precisou hoxe o conselleiro Agustín Hernández na presentación en rolda de prensa do plan de acción da AXI para este ano, onde tamén estivo a directora xeral da Axencia Galega de Infraestruturas, Ethel Vázquez.
Agustín Hernández explicou que estes investimentos poden dividirse en dous grupos: contratos de obra, cun investimento total de preto de 260 millóns de euros que inclúen novas actuacións, conservación e seguridade viaria e mobilidade sostible; e contratos de servizos, cunha achega de máis de 10 millóns de euros destinados a accións de concienciación en seguridade, xestión de ruído ambiental, desdobramento da autovía do Morrazo e outros servizos. Dentro destes investimentos a mobilizar están os 77 expedientes de nova licitación que suman 42,6 millóns euros, preto dun 20% máis que en 2012 (35,8 millóns).
Nos últimos anos a rede de estradas en Galicia experimentou un constante incremento na súa lonxitude, pasando dos 15.338 Km en 1990 a 17.686 Km en 2011, un incremento de máis de 2.300 Km en menos de 21 anos. En canto ás vías de altas prestacións (VAP) constátase un aumento do 83,53% (586,81 km) con respecto á rede existente en 1999 (702,44 km). En concreto, a Xunta puxo en servizo algo máis de 120 Km de VAP dende a lexislatura pasada. Os investimentos deste ano permitirán sumar outros 50 quilómetros de vías de altas prestacións ao longo de 2013, entre os que destaca a autovía Ourense-Celanova (posta en servizo en xaneiro), a Vía Ártabra, a variante de Ortigueira ou o treito III da VAP Tui-A Guarda.
O departamento que dirixe Agustín Hernández, dada a actual situación de recesión económica, realiza a anterior planificación en materia de infraestruturas viarias seguindo os seguintes criterios: priorización das obras en curso, potenciación da conservación das estradas, mellora da seguridade viaria e a súa concienciación e fomento da mobilidade sostible. No seguinte cadro amósase a distribución dos investimentos a licitar ou mobilizar neste exercicio.


ACTUACIÓNS
IMPORTE TOTAL A LICITAR EN 2013
IMPORTE ACTUACIÓNS EN CURSO
IMPORTE TOTAL A MOBILIZAR EN 2013
OBRAS



36.440.011

222.941.595

259.381.607





SERVIZOS


XESTIÓN RUÍDO AMBIENTAL


635.145


----

635.145





10.482.219
DESDOBRAMENTO CORREDOR MORRAZO
682.912
----
682.912
CONCIENCIACIÓN SEGURIDADE
100.000
-----
100.000
OUTROS SERVIZOS
4.797.854
4.266.307
9.064.161

42.655.923
227.207.904
269.863.827
269.863.827

De nuevo la puesta en valor
del Parque Nacional de las Islas Atlánticas

CANGAS - [Redacción de MORRAZOTRIBUNA] >
O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG) acolle a VIII edición das xornadas formativas para guías e informadores turísticos. O curso que terá lugar os próximos 26 e 27 de abril dará a coñecer aos profesionais relacionados co sector os valores naturais e culturais do Parque. 
Esta acción formativa, que se ven a realizar de xeito consecutivo dende o ano 2006, ten coma finalidade proporcionar aos participantes ferramentas e recursos que lles permitan informar aos potenciais visitantes do Parque, dunha forma clara e precisa, sobre os servizos, normativa ou xestión do mesmo. De este xeito poderán propoñer suxestións e actuacións de mellora no espazo, especialmente nos aspectos relacionados coa súa área de traballo, para que os visitantes poidan aproveitar a súa visita e contribuír na conservación do Parque Nacional. 
Coordinadas por José Antonio Fernández Bouzas, director conservador do Parque Nacional das Illas Atlánticas, promoverán unha visión integral da rede de espazos naturais de Parques Nacionais españois e galegos, na que o PNMTIAG é referente da conservación e a sostibilidade. Ademais se transmitirá a necesidade de protección dos valores dos espazos naturais protexidos, e a importancia da labor do Parque na transmisión de dichas premisas aos visitantes.
Contidos das xornadas
As xornadas constan de dous partes principais, unha teórica, que se realizará o venres 26 de abril no salón de actos do Centro de Visitantes do Parque Nacional (Edificio Cambón, Rúa Oliva, 3, Casco vello, Vigo), e outra de carácter práctico que consistirá na visita a un dos arquipélagos do Parque Nacional.
No primeiro día os participantes, coñecerán o papel dos informadores turísticos na divulgación dos valores do espazo protexido, e os recursos e materiais de apoio para mellorar a información se dita divulgación. 
Para conseguilo se ensinará o entorno do Parque Nacional das Illas Atlánticas a través da súa historia, patrimonio cultural, normativa vixente, e características coma a composición do mesmo, medio físico, fondos mariños, flora e fauna terrestre. Ademais darase a coñecer o uso público no Parque, o seu funcionamento e turismo. 
A parte teórica das xornadas completaranse cunha visita o sábado 27 de abril a o arquipélago das Illas Cíes, co obxecto de contrastar de xeito práctico e participativo os contidos tratados no día anterior, a través dunha ruta guiada e de actividades en grupo.

El tiempo para este lunes

Meteogalicia

19/4/13

Mejillones con toxina en Francia : Galicia está convencida de que “se fixeron ben todos os controis que había que facer e se adoptaron todas as medidas administrativas que había que adoptar”

CANGAS - [Redacción de MORRAZOTRIBUNA] >
Ante a modificación do criterio de Francia sobre a orixe da alerta alimentaria por consumo de mexillón, a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, insistiu esta mañá en que Galicia está tranquila e convencida de que “se fixeron ben todos os controis que había que facer e que se adoptaron todas as medidas administrativas que había que adoptar”. Isto, dixo, acredítao o feito de que dende o 25 de marzo ata o 1 de abril son máis de 2 millóns de quilos os que saíron das nosas augas e se comercializaron en Francia, Italia, Valencia, Canarias e Baleares e “non houbo ningún tipo de problema en ningún mexillón que levou a trazabilidade correcta dende a súa orixe ao seu destino”. 
Agora, explicou a conselleira, a Xunta está á espera de que Francia confirme á Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aesan) que a causa da alerta xerada por mexillón no país galo son os microorganismos patóxenos e non as biotoxinas. Este cambio na orixe fíxoo constar o país galo no sistema de alertas alimentarias da Unión Europea e onte foi detectado pola Xunta. Rosa Quintana sinalou ademais que a Xunta tamén está pendente de que as autoridades francesas remitan as analíticas que levan feito para determinar a orixe desa suposta toxicidade.
Por iso, indicou, “como galegos debemos sentirnos orgullosos de como se está traballando en Galicia” e engadiu que “a mellor axuda que lle podemos brindar ao noso sector e aos nosos consumidores” é a posta en valor do bo funcionamento do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar). Unha vez máis, a titular de Medio Rural e Mar insistiu en que os consumidores que adquiren o mexillón polos cauces legais poderán consumilo sen ningún tipo de problema e lembrou que na páxina web do Intecmar está a disposición de todo o mundo a situación concreta de todos os polígonos con máxima transparencia. 

Deputación tramita facilidades de pago para el IBI, en favor de los vecinos de diversas localidades

CANGAS - [Redacción de MORRAZOTRIBUNA] >
Os veciños e veciñas de todos os concellos adheridos ao ORAL poden solicitar, antes do 10 de maio, o pagamento do Imposto de Bens Inmobles (IBI) correspondente a este ano 2013 distribuído en dúas cotas. Este sistema especial de pago, que se pon en marcha en virtude dunha Resolución Presidencial publicada no Boletín oficial da Provincia do 27 de marzo, supón que os contribuíntes que así o desexen poderán distribuír o importe do seu recibo do IBI en dous prazos, sen ningún tipo de custe adicional. 
O primeiro dos pagamentos será equivalente ao 50 % de la cota líquida do recibo e deberá facerse efectivo na primeira quincena de agosto mediante a correspondente domiciliación bancaria. O restante 50% do recibo pasarase ao cobro na primeira quincena de outubro a todas aquelas persoas que demandaran este sistema. 
Esta división do pagamento farase a solicitude do interesado, que a poderá pedir en calquera oficina do ORAL, onde xa lle entregarán o documento que acredita que o cobramento do IBI se lle realizará en dous prazos. A única documentación requirida para obter este fraccionamento é o documento acreditativo da conta bancaria na que quere domiciliar o pagamento e o DNI do interesado. No caso de que este sistema especial de pago o solicite unha persoa distinta á titular do recibo, deberá acompañar unha autorización do titular para facer este cambio.
Así mesmo, a Deputación Provincial ofrece tamén a posibilidade de que este fraccionamento se realice a través de correo electrónico ou postal, cubrindo o impreso que está publicado na propia web da Deputación PULSAR AQUI e remitíndoo ás oficinas do ORAL ou por medio da súa oficina virtual, onde se poderá tramitar esta solicitude con certificado electrónico. Deste xeito, a Deputación Provincial e o ORAL pretende darlle aos veciños e veciñas da provincia todas as facilidades para que poidan cumprir coas súas obrigas tributarias, especialmente en momentos de dificultades coma os actuais.
O organismo provincial é consciente de que o importe do IBI pode resultar difícil de asumir nun único pago para moitas persoas, polo que optou por este sistema de distribución da carga tributaria para todos os veciños e veciñas da provincia que así o desexen.
O sistema non está establecido de forma sistemática para todos os contribuíntes, porque tamén son moitas as persoas que poden preferir abonar o importe íntegro nunha única cota. Deste xeito, o establecemento dun sistema especial de pago que permita que o propio contribuínte elixa a forma na que prefire facer o pagamento dos seus recibos outorga maiores facilidades a todos.