BUEU acogió a lo mejor del social-media gallego y entregó los premios anuales #MEXILONSETUITS

Foto de familia de los ganadores de los premios #MEXILONSETUITS 2013
BUEU - [Redacción de MORRAZOTRIBUNA] >
O Centro Social do Mar de Bueu acolleu esta mañá a entrega dos premios da segunda edición do Festival do Social Media de Galicia, onde se deron cita preto de 200 persoas para coñecer os gañadores das oito categorías a concurso de entre os máis de 100 proxectos presentados. A mañá arrancaba cos relatorios de Dani Martí e Adrián Rodríguez, que ilustraron aos asistentes sobre a súa experiencia como bloggers e experimentados profesionais do social media. Foi o aperitivo para o prato forte da xornada, que estivo conducida polo “larpeiro”, xornalista e presentador da TVG, Tomás Alonso, encargado de ir debullando as categorías a concurso.  
Así, Elogia acadou o trofeo na Mellor Axencia; Mellor Campaña en Canles Sociais foi para Sabores de Ourense mentres que o gañador da categoría ao Mellor Video Viral foi para Rías Baixas Style. No caso das categorías dos blogs, o Mellor Blog Gastronómico foi para La Cocina de la Lechuza; Mellor Blog de Turismo foi para Vivir Galicia; Mellor Blog informativo/cultural recaeu en Vigo Low Cost; Mellor Blog Tecnolóxico foi para Mallando no Android e Fashion Low Cost alzouse co Mellor Blog de Moda. Todos eles conseguiron así o trofeo deseñado por José Cerviño para a ocasión, igual que o equipo de O Tempo da TVG, que obtiveron unha mención especial do xurado polo seu traballo de integración on line/off line.
O Social Media Galego volveu demostrar, así a súa puxanza, cunha resposta moi positiva con cifras “virtuais” tamén foron excelentes e durante toda a mañá, a pesares dos problemas técnicos, as redes sociales fixéronse eco do hashtag #Mexilons. “Esta segunda edición supón para nós un reto e unha satisfacción para todos os implicados na organización deste II Festival do Social Media de Galicia, e para todos os que se achegaron para acompañarnos na entrega dos premios e para disfrutar das excelencias turísticas e gastronómicas da comarca do Morrazo”, explicou o director do Festival, Francisco Graña, que agradeceu o apoio das empresas e institucións colaboradoras así como o traballo do xurado, que tivo a difícil tarefa de designar gañadores, dada a calidade dos proxectos presentados a concurso. Un extremo no que tamén fixo fincapé Xosé Bangueses, presidente de FECIMO, entidade impulsora do festival, xunto co Concello de Bueu que tivo a súa representación na figura do seu rexedor, Felix Juncal, que foi o encargado de inaugurar oficialmente o festival. 
Ao remate da gala os participantes puideron disfrutar dunha comida de networking na que nos faltaron os mexilons aportados pola Asociación de Produtores Mexilloeiros Cabo de Cruz nin os viños aportados polas bodegas Paco e Lola e Albamar. Unha vez máis, Bueu convertiuse no punto de encontro do social media galego, das empresas e das iniciativas que se están iniciando no ámbito 2.0 que poden coñecer outras iniciativas, buscar asesoramento e sinerxias. A xornada rematou con varias actividades de carácter lúdico, como a visita ás alfombras florais, ao Museo Massó e os paseos en embarcacións tradicionais da Asocación Tradicional Os Galos, que sairon aproveitando o bo tempo que acompañou  a xornada. Recordamos agora os premiados desta edición do 2013 dos orixinais premios #MEXILONSETUITS 
  1. Mellor axencia:  Elogia
  2. Mellor campaña en canles sociais: #saboresdeourense
  3. Mellor video viral: Rias Baixas Style
  4. Mellor blog informativo/cultural: Vigo Low Cost
  5. Mellor blog Tecnolóxico: Mallando no Android
  6. Mellor blog turístico: Vivir Galicia
  7. Mellor blog de moda: Fashion Low Cost
  8. Mellor blog gastronómico: La Cocina de la Lechuza
Mención Especial do Xurado: Equipo do Tempo TVG

Abarrote un año más en el salón central del Centro Social de Bueu