27/10/13

Aviso de temporal que afectará más al norte de Galicia

MORRAZO TRIBUNA | Cangas |
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal de mar de nivel laranxa que afectará desde esta tarde do domingo, a todo o litoral de Galicia. Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o adverso meteorolóxico comezará en torno ás 18 horas, con ondas que poderán superar os 5 metros de altura. Nas zonas noroeste e oeste da provincia da Coruña as ondas poderán acadar os 7 metros de altura nas últimas horas do día hoxe e as primeiras de mañá, luns. Nos concellos costeiros das provincias da Coruña e Lugo as rachas de vento superarán os 85 Km/h. 

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das tres provincias costeiras, asociacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas. Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Gaitas a cientos, explosión musical en Pontevedra

Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, entregando uno de los premios
MORRAZO TRIBUNA | Pontevedra | 
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participaría este domingo na clausura da fase final da Liga Galega de Bandas de Gaitas, que celebraba este ano a súa vixésimo terceira edición no Recinto Feiral do Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra. 
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, interdiría no peche da xornada, ás 14.00 horas, na que se lles faríá entrega dos diplomas e trofeos ás bandas gañadoras dos catro graos do certame. A Federación Galega de Bandas de Gaitas de Galicia, presidida por Hipólito Cabezas, promove esta iniciativa coa colaboración económica da Consellería de Cultura e Educación, que, co seu apoio, quere poñer en valor a contribución que as agrupacións de bandas de gaitas realizan a prol da cultura galega, tanto polo seu compoñente tradicional como pola súa vertente innovadora. Preto dun milleiro de músicos dunha vintena de bandas de gaitas procedentes de todos puntos de Galicia e do resto da Península Ibérica deronse cita na cidade de Pontevedra para competir polo premio á mellor banda nas diferentes categorías que establece a liga.

21/10/13

Ayudas de Deputación a 16 entidades de Cangas

MORRAZO TRIBUNA | Cangas |
16 entidades do concello de Cangas beneficiaranse das achegas da Deputación para a organización de actividades culturais  cun orzamento de 14.976 euros. A deputada provincial Begoña Estévez entregou hoxe as resolucións correspondentes no concello de Cangas. A repartición é a seguinte:

El temporal marcó este lunes en Galicia

MORRAZO TRIBUNA | Cangas |
O Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia xestionou esta tarde un total de 127 incidencias a causa das chuvias e do vento. As provincias atlánticas condensaron o maior número de intervencións. Así, na Coruña, producíronse o 83% dos incidentes, mentres que un 15% ocorreron en Pontevedra e o 3% restante en Lugo e Ourense. A maior parte das incidencias estiveron relacionadas con inundacións en rúas (32 intervencións), vivendas (16) e estradas (17); bolsas de auga nas estradas (15) e pólas de árbores caídas (14). Na rede viaria, a acumulación de auga nalgunhas vías provocou problemas no tráfico, por exemplo, na AC-12, en Oleiros, e na AG-64, en Ferrol.
Dende as 15 horas de hoxe, momento no que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) tiña prevista a chegada da fronte, o CAE 112 Galicia atendeu preto de 1.100 chamadas e xestionou un total de 200 intervencións, das cales 127 estiveron relacionadas con este episodio meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento, chuvia e costeiros. O punto de maior actividade tivo lugar entre as 18:00 e as 19:00 horas.       
Segundo informaron os servizos meteorolóxicos, canto a fronte de choiva vai avanzar ata as 2,00 horas, mentres que o nivel laranxa de vento alcanzarase ás 21,00 horas. 
Doutra banda, a Consellería  de Educación informa que a partir das 21,00 horas quedan suspendidas as actividades no exterior das instalacións dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica do oeste e suroeste da provincia da Coruña. 
A Xunta de Galicia pide aos cidadáns que extremen as precaucións nas próximas horas e que sigan as medidas de protección pertinentes. Así mesmo, aconséllase consultar a páxina web do Centro de Atención ás Emerxencias-112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica, recomendacións e con enlaces de interese. 

20/10/13

Feijóo anuncia que la Xunta quiere hacer de la ayuda a las familias un punto cardinal de la política social

MORRAZO TRIBUNA | A Coruña |
O presidente da Xunta, Alberto Núñez, anunciou hoxe que o Goberno galego está ultimando a Estratexia de Familias Numerosas que presentará ao Consello o vindeiro mes de novembro e que recollerá novas axudas económicas para este colectivo. Así o adiantou esta mañá na inauguración na Coruña do VII Congreso de Familias Numerosas.
O mandatario galego avanzou, que ademais dos beneficios fiscais aos que poderán acollerse este tipo de familias, a estratexia blindará as prestacións das que xa se viñan beneficiando ata o de agora. Entre elas, as exencións e reducións de prezos de matrícula nas ensinanzas universitarias, dun 100 por cento para as familias numerosas de categoría especial e dun 50 por cento para as de categoría xeral. Tamén, descontos nas tarifas de ferrocarril e de transporte interurbano de viaxeiros, con reducións de entre o 20 e o 50 por cento; así como nas actividades de lecer e campamentos de verán organizados pola Dirección Xeral de Xuventude.
Feijóo apuntou que, actualmente, 19.523 familias en Galicia teñen recoñecida a categoría de familia numerosa e que só no pasado ano se tramitaron un total de 7.885 títulos acreditativos, dos cales 1.885 foron para familias que o solicitaban por primeira vez. Nesta liña, avanzou que a Xunta ampliará a catro anos a vixencia do título de familia numerosa, salvo nos supostos especiais, para evitar a burocracia que supón a súa renovación cada dous anos.

Gobierno de Cangas opta por subir el IPC en las tasas y congelar los impuestos en el presupuesto del 2014

MORRAZO TRIBUNA | Cangas |
O Concello de Cangas presenta o anteproxecto de Orzamentos para o 2014 que ascenden a 12.412.251,34 euros. Esta cifra supón un incremento dun 3% respecto aos orzamentos do 2013 se non se teñen en conta o 1.300.000 euros que foron para o traslado de liñas para a nova subestación da Madalena, inversión na que o Concello actuou de intermediario.
A maioría do gasto vai dirixido á partida de persoal que ascende a 7.500.000 millóns, un 4% menos respecto o ano pasado grazas a amortización de prazas no persoal municipal principalmente a través de xubilacións. Neste punto o goberno local destaca a boa predisposición dos traballadores do Concello a colaborar e axudar neste contexto económico adverso creando un ambiente de negociación marcado pola cordialidade. Neste punto tamén destacan os compromisos alcanzados polo executivo local, “sendo puntuais nos pagos das nóminas o 28 de cada mes sen importar o banco no que teña cada un a súa conta bancaria” e mantendo un pequeno fondo social  entre outros. Tamén reduciuse os gastos de goberno nun 10%, supoñendo estes un 1,80% do gasto municipal “a cifra máis baixa de España nun concello con máis de 25.000” destacou o rexedor de Cangas José Enrique Sotelo, na presentación aos medios do anteproxecto de Orzamentos 2014 aos medios de comunicación.

Importante cambio de direcciones
en dos calles de Cangas

MORRAZO TRIBUNA | Cangas |
O goberno local vai a modificar a partir deste luns o sentido da rúa San Xosé, do sentido actual de subida cara a avenida de Lugo a seu sentido orixinal de baixada cara o centro da vila. Tamén se mudará de sentido a rúa Pancho Eiroa, do seu sentido de subida actual cara a rúa Ensinanza a seu sentido anterior de baixada cara a avenida de A Coruña.
Hai que lembrar que o Concello realizou estas modificacións na circulación do tráfico con motivo das obras executadas este ano na estrada PO-551 no seu tramo polo centro do casco urbano.  

Renuevan el aval del sistema de concesión de licencias de uso de la marca de garantía Galicia Calidade

MORRAZO TRIBUNA | Compostela |
O director de Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR) en Galicia, Martín Pita, entregou  ao xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, a renovación da certificación ISO 9001:2008, que avala o sistema de concesion de licenzas de uso da marca de garantía de  Galicia Calidade. 
As auditorías realizadas por Aenor determinaron a conformidade co sistema de xestión de Galicia Calidade, a súa capacidade para cumprir os requisitos legais, regulamentarios e contractuais aplicables e tamén avalía a súa eficacia para cumprir cos seus obxectivos. 
Para Galicia Calidade a concesión da ISO 9001 por terceira vez supón un premio ao seu traballo diario na certificación dos mellores produtos e servizos galegos, distinguíndoos pola súa procedencia e tamén pola súa calidade contrastada. Na actualidade a marca de garantía conta con máis de 50 empresas e máis de 250 produtos e servizos, e con varias solicitudes en proceso de certificación que se levarán a cabo nos vindeiros meses. 
Internacionalización
Un dos piares sobre os que se fundamenta a sociedade pública e o apoio ás empresas certificadas na súa internacionalización e na procura de novos mercados. Así entre as actividades que realiza Galicia Calidade destaca a promoción tanto do selo de garantía como tamén dos produtos e servizos certificados, ben sexa a través de feiras, patrocinio de eventos, salóns profesionais ou calquera evento que poida ser de interese para as empresas amparadas. 
Así nos últimos meses Galicia Calidade ten participado en encontros profesionais tan importantes como o Salón Gourmets e o Salón Iberjoya en Madrid, Termatalia en Ourense e outros eventos de relevancia. 

Todos los miembros de Protección Civil en Galicia vestirán un mismo uniforme y emplearán iguales distintivos

MORRAZO TRIBUNA | Compostela |
O Goberno galego sacou a exposición pública o borrador do Decreto polo que se homoxeneizará a vestimenta profesional dos voluntarios de protección civil de Galicia, así como os seus distintivos e acreditacións e os rótulos dos vehículos e equipos que empreguen. Os interesados dispoñen de quince días para facer as alegacións que consideren oportunas. 
O documento tamén establece unha imaxe corporativa única e homoxénea para todas as agrupacións de voluntarios que afectará aos carteis de sinalización interior e exterior das oficinas ou dependencias, á documentación que empreguen, aos distintivos externos, aos uniformes e aos vehículos. Esta imaxe corporativa única e homoxénea constituirá un símbolo identitario perante a cidadanía.

Cara aos nenos : o Gaiás, convertido nun divertido espazo de sensacións audiovisuais e sonoras

MORRAZO TRIBUNA | Compostela |
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria converterá o Gaiás nun divertido espazo de sensacións audiovisuais e sonoras a través do espectáculo Sensacional. Será o vindeiro domingo, 27 de outubro, no marco de BrincaGaiás, ciclo co que achegar a música, o teatro e a danza aos máis pequenos da casa.
Pensado para bebés de entre 18 meses e 3 anos, Sensacional convida aos pequenos a xogar nunha gran pantalla branda instalada no chan do Centro de Innovación Cultural (CINC) e deixarse levar polas imaxes e a música que se proxectará sobre eles.
Equipados cun vestiario de cor branca, os nenos deixaranse levar polo estalido de imaxes que se propagan por todas partes e pola suxerente banda sonora, dando lugar a unha experiencia visual e sonora sorprendente. 
Sensacional terá lugar o vindeiro domingo, 27 de outubro, no Centro de Innovación Cultura e ao longo de oito pases de 30 minutos: 10:30, 11:15, 12:00, 12:45, 16:30, 15:15, 18:00 e 18:45. As entradas  xa están á venda en www.servinova.com e no Punto On da Cidade da Cultura a un prezo de 8 euros (entrada dobre: neno+adulto). E a quenda das 12:00 horas xa ten as prazas esgotadas.
A man
O ciclo BrincaGaiás despedirase o domingo 17 de novembro co espectáculo A man, pensado para nenos a partir de 6. 
Catro mans, unha pequena alfararía e un diminuto personaxe de barro. Estes son os tres elementos clave de A man, unha historia contada con barro cun protagonista cunhas gañas enormes de escapar, un escaparate e os seus inquilinos e unha taza que respira. Unha historia de amor e pequenos fracasos contada nun metro e medio e onde o espectador, que observa, está convidado a tomar o té.
As entradas deste último espectáculo teñen un prezo de 5 euros e xa están á venda en www.servinova.com (+gastos de xestión) e no Punto On da Cidade da Cultura. Cunha duración de 45 minutos, A man conta con tres pases que terán lugar no Centro de Innovación Cultural: 12:00, 17:00 e 18:30 horas.

Xabier Cordal, Xosé Ramón Barreiro, Taller Atlántico Contemporáneo, Culturgal, Xulio Gil e Voadora, PREMIOS DA CRÍTICA GALICIA 2013


MORRAZO TRIBUNA | Vigo | Foto : Julio Alonso FCG
No Hotel Os Escudos de Vigo deuse a coñecer no decurso dun xantar do sábado 19 de outubro o ditame da trixésimo sexta edición dos Premios da Crítica Galicia na súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais, Artes Plásticas e Visuais e Artes Escénicas e Audiovisuais.
Baixo o lema “Auga limpa en fresca fonte”, recollido dun verso de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, xuntáronse trescentas cincuenta persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural do país, entre as que se atopaban Abel Caballero, alcalde de Vigo; Xesús Vázquez Abad, conselleiro de Educación e Cultura; Manuel Santalices, vicepresidente do Parlamento de Galicia; Anxo Lorenzo Suárez, secretario xeral de cultura; María José Bravo Bosch, delegada da Xunta de Galicia en Vigo; José Ramón Gómez Besteiro, presidente da Deputación Provincial de Lugo; Ana Isabel Vázquez, delegada de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra; Antonio Coello, subdelegado do Goberno en Pontevedra; Xavier Vence, portavoz nacional do BNG; Iolanda Veloso, voceira do BNG no concello de Vigo; Xesús Alonso Montero, presidente da RAG; Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG; Luís González Tosar, presidente do PEN Club e Francisco Castro, presidente de GALIX, entre outros.
Bieito Ledo, presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia, abríu o acto, conducido por Inmaculada López Silva, saudando aos asistentes e lembrando a singularidade desta triséxima sexta edición,  que coincide co sequiscentenario da publicación en Vigo de Cantares gallegos e coa homenaxe a Roberto Vidal Bolaño.

“Transmuta” de Xabier Cordal, Premio de Creación Literaria
O xurado da modalidade de Creación Literaria, formado por Agustín Fernández Paz, Antonio García Teijeiro, Marta Neira, María Xesús Nogueira Pereira, Chus Pato Díaz, Cesáreo Sánchez Iglesias  e María do Cebreiro Rábade Villar, que actuou como secretaria, acordou declarar finalistas as obras A noite branca de Francisco Fernández Naval (Xerais), Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño (Galaxia) e Transmuta de Xabier Cordal (Xerais). Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por maioría o premio a  Transmuta de Xabier Cordal editada por Edicións Xerais de Galicia.
O xurado quere salientar a capacidade do libro para conciliar a lealdade á linguaxe poética coa expresión de contidos de fondo alento humano. Transmuta anoa a intimidade e o sentido comunitario. A súa dignidade e a súa altura emanan da potencia de lle dar voz á vida núa, á vida que resiste sendo pura existencia.

“Murguía” de Xosé Ramón Barreiro , Premio de Investigación
O xurado da modalidade de Investigación, formado por Patricia Fra López, Eulalia Agrelo Costas, Xosé Luís Axeitos, Francisco Campos Freire, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, María Pilar García Negro e María López Sández que actuou como secretaría, acordou declarar como finalistas as obras Murguía de Xosé Ramón Barreiro Fernández (Galaxia),  Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás (Xerais)  e Artigos sobre Rosalía de Castro de Francisco Rodríguez. Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por maioría o premio a  Murguía de Xosé Ramón Barreiro Fernández editada por editorial Galaxia.
O xurado salientou a súa relevancia, o rigor metodolóxico, a combinación do traballo de investigación co atractivo da dimensión narrativa dunha biografía necesaria que apela tanto ao estudoso como ao lector/a non especializado. Constitúe, pois, unha achega decisiva á cultura galega, á reflexión e aos estudos rosaliáns e á reconstrución dun período e unha figura esenciais para comprender a historia e a cultura galegas.

 “Taller Atlántico Contemporáneo”, Premio de Música
O xurado da modalidade de Música, formado Margarita Viso, Felipe Agel, Lorena López Cobas, Marta Fernández Pan, Raquel Gamallo, Belén Regueira  e Xavier Senín Fernández, que actuou como secretario, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Cantigas de Mulleres, Mercedes Peón e Taller Atlántico Contemporáneo. Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar o premio a Taller Atlántico Contemporáneo. O xurado quere salientar que o Taller Atlántico Contemporáneo  durante o 2012 ofreceu o ciclo "Os seráns do TAC" na Cidade da Cultura, unha aposta interdisciplinar na que se aglutinaron teatro/humor, música e gastronomía.  O interesante desta agrupación é que está a innovar constantemente na procura da normalización da escoita da música contemporánea, que durante moito tempo permaneceu nun eido marxinal e elitista. Cos seus espectáculos conseguen aproximar a todo tipo de público propostas de autores galegos do último século xunto ás doutros compositores consagrados do mundo contemporáneo. 

“Culturgal”, Premio de Iniciativas Culturais
O xurado da modalidade de Iniciativas Culturais, formado por Margarita Vázquez Corbal, Isabel Mociño González, Xaime Domínguez Toxo, Branca Novoneyra, Sergio Lago, Encarna Lago e Marcos Lorenzo, que actuou como secretario, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, Editorial Kalandraka e Culturgal. Feiras das Industrias Culturais de Galicia. Tras as derradeiras deliberacións e logo de ausentarse Sergio Lago, acordou outorgar por maioría o premio a  Culturgal. Feira das Industrias Culturais de Galicia.
O xurado fundamenta a súa decisión no papel que o Culturgal está a ter na profesionalización das industrias culturais galegas, no fomento da cooperación intersectorial, no empoderamento cultural da sociedade civil, e por conformarse como o principal espazo de encontro e reflexión da cultura galega, así como polo esforzo que implica o seu mantemento malia a crise económica actual e a conseguinte redución de apoio institucional.

“Xulio Gil”, Premio de Artes Plásticas e Visuais
O xurado da modalidade de Artes Plásticas e Visuais, formado por Carmen Nogueira, Antón Castro, Pilar Corredoira López, José Manuel García Iglesias, César Portela, Enrique Velasco e Antón Pulido Novoa, que actuou como secretario, tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por unanimidade o premio a  Xulio Gil, tendo en conta a calidade e orixinalidade da súa obra fotográfica, no marco dun longo proxecto de corenta anos que sigue vivo.

“Voadora”, Premio de Artes Escénicas e Audiovisuais
O xurado da modalidade de Artes Escénicas e Audiovisuais, formado por Nuria Sotelo, Roberto Pascual Rodríguez, María Yáñez, Camilo Franco, Ramón Rozas, Sabela Hermida e Antón Sobral, que actuou como secretaria, acordou acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Voadora, Arraianos de Eloy Enciso e Quico Cadaval. Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por unanimidade o premio a Voadora polos seus espectáculos “Waltz” e “Tokio 3”. O xurado quere salientar a súa linguaxe escénica asentada na musicalidade, pola búsqueda de novos públicos, polas novas formas de produción e pola capacidade de unir diferentes sistemas culturais tendendo pontes. Mais tamén pola capacidade de asumir riscos e ademais por ser simpaticos.

Previsto para el 28 de octubre : número 22, edición impresa de MORRAZO TRIBUNA

Para el inicio de la semana en que termina octubre de 2013, está previsto que vea la luz la edición 22 de MORRAZO TRIBUNA (edición impresa). Temas de impacto, no solo en O Morrazo, sino también en Vigo y Pontevedra, prepara ahora nuestra Redacción que trabaja activamente en los días finales, previos a la entrada en máquinas, en las rotativas de Tameiga Publicaciones. 
Vayan reservando su ejemplar en los lugares de costumbre.

18/10/13

Staffan Mörling y Josefa Otero presentan su nuevo libro sobre la "Comunidad de la Isla de Ons"

MORRAZO TRIBUNA | Bueu |
Este venres día 18 de outubro terá lugar en Bueu a presentación do novo libro do coñecido antropólogo Staffan Mörling en colaboración coa súa muller Josefa Otero.
Este acto está organizado pola Librería Abrente (Montero Ríos, 167) e se celebrará nas instalacións do Museo Massó ás 20:30h, con entrada libre.
A obra que se presenta, “Alá, no medio do mar. A comunidade da Illa de Ons”, é un estudo antropolóxico cultural da illa, con máis de 60 fotografías dos anos 1960, encargado polo Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia. A obra regálanos historias e vivencias de tempos pasados que nos axudan a coñecer mellor a evolución humana deste lugar.
Staffan Mörling destaca pola súa importante contribución ao estudo das embarcacións tradicionais galegas e das costumes da xente da Illa de Ons, para o cal contou sempre coa colaboración da súa esposa Josefa Otero, orixinaria da illa.
Estarán presentes neste acto:
Staffan Mörling (autor)
Josefa Otero Patiño (autora)
Anxo Lorenzo (secretario Xeral de Cultura da Xunta)
Salvador Castro Otero (presenta o libro)
Organiza: Museo Massó e Librería Abrente

17/10/13

Xunta informa de acciones llevadas a cabo para evitar efectos de incendios en áreas de marisqueo

MORRAZO TRIBUNA | Cangas |
O secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, e o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, reuníronse esta tarde con representantes das confrarías das áreas de influencia dos incendios forestais acaecidos este verán, para informalos das actuacións levadas a cabo nesas zonas. Na xuntanza tamén estiveron presentes a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e a directora do Intecmar, Covadonga Salgado.
A xuntanza centrouse nos labores realizados nos terreos afectados por incendios forestais que podían conlevar un posible risco hidrolóxico-erosivo, centrando as actuacións no caso das zonas afectadas polos lumes rexistrados en Carnota, Porto do Son, Negreira, Oia e Pontecaldelas.
O secretario xeral do Medio Rural e Montes sinalou que unha das actuacións que se está realizando é o mulching ou acolchado, que consiste en crear unha cuberta protectora do solo máis ou menos continua para que reduza as perdas e a degradación do solo, así como a limitación da xeración de escorrentía. Fernández-Couto explicou que un dos efectos beneficiosos do mulching é o aumento da intercepción da choiva e limitación do movemento do fluxo superficial da auga, o cal permite diminuír de forma considerable os arrastres e a erosión, sobre todo naquelas zonas de fortes pendentes. Son medidas, engadiu, para evitar que os sedimentos cheguen a pistas, cunetas, ríos ou bancos marisqueiros.
Outra das actuacións que destacou o secretario xeral é a elaboración de barreiras de contención mediante a disposición no solo dos troncos e das ramas das árbores queimadas, que actúan como pequenas presas nas que se depositen os sedimentos.

Bolcotur, en Vigo, advierte de que el Turismo es salvavidas en momento de crisis

MORRAZO TRIBUNA | Vigo |
La 21ª Bolsa de Contratación Turística Bolcotur arrancó en la Estación Marítima de Vigo, con un total de 280 empresas del sector representadas, entre firmas dedicadas al ocio, la hostelería, la hospedería o el deporte; junto con touroperadores y agencias especializadas de Galicia y el Norte de Portugal.
Rafael Louzán, presidente de la Diputación de Pontevedra, entidad organizadora del evento a través del organismo autónomo Turismo Rías Baixas, aprovechó el inicio del salón profesional para anunciar la línea de trabajo abierta con la Xunta para "expandir Bolcotur a los grandes touroperadores de toda Europa a partir del próximo año". 
La noticia fue confirmada por la secretaria xeral de Turismo de la Xunta de Galicia, Nava Castro, que se comprometió a colaborar con la Diputación para "convertir a Bolcotur y a las Rías Baixas en una referencia internacional del negocio turístico".

12/10/13

El gran maestro Xerardo Rodríguez
y su excelente "Galicia Única" 3.0

Hoy viernes estrenó, puntual, a las 11 horas, nuevo formato la revista "Galicia Única" (www.galiciaunica.com). 
El director, como saben ustedes, es nuestro buen amigo, enorme comunicador, maestro de las ondas, gran periodista, excepcional radiofonista y unas cuantas cosas más, llamado Xerardo Rodríguez.
Su experiencia en Internet no puede ser más exitosa. La revista semanal en cuestión -un día a la semana actualiza contenidos de todo tipo- tiene una enorme aceptación; pero no solo aquí, en casa, sino allá, por el Mundo adelante. Da gusto ver cómo en las secciones de comentarios, participan de modo entusiasta, gentes gallegas o españolas, o descendientes de, que viven en Patagonia, Moscú, Cabo Verde, Turquía, la isla de Annobón -tan española antaño-, por poner solo algunos de los múltiples lugares. 
La clave está en cómo Xerardo aborda los temas que cada semana propone a sus lectores; pero sobre todo : los temas que aborda, que acaban tocando la fibra sensible a casi todos. 

Xerardo Rodríguez, sin embargo, anda en los últimos tiempos un tanto melancólico. Se le nota en alguno de sus textos. Que si los años, que si ha entrado en la etapa final, que si no se qué y que si no se cuantos. 
Ya se lo he dicho en privado y se lo repito en público : te quedan todavía muchas, diversas etapas, querido Xerardo, en las que andarás -inquieto como eres- danzando y protagonizando; y de las que vamos a saber -y disfrutar- tus numerosos amigos e infinitos seguidores, entre los que orgullosamente me cuento.
Uno comprende que es un absurdo descomunal que en esta Galicia de lo incomprensible, se den ya demasiados casos de Xerardo´s, valiosos, tremendamente valiosos, arrinconados por terceros en el baúl de los olvidos. Eso se creen esos terceros... Y en apariencia, hasta puede resultar así. Pero la realidad es otra : el que en su día conectó como comunicador con el gran público, jamás estará arrinconado. La historia no puede re-escribirse al gusto del sátrapa de turno y sus secuaces. La historia está escrita ya para siempre. Y en el caso de la audiovisual -especialmente- este Xerardo Rodríguez supo darnos tales lecciones maestras que aparece encaramado -y sin posibilidad de bajarle de ahí, pues la historia, como digo, nunca se re-escribe- en las mejores vitrinas, por y para siempre.
Xerardo Rodríguez : foto en El Correo Gallego (con la debida venia)
Por eso no entiendo del todo -aunque pueda comprenderle en el fondo- ese su sentimiento "saudoso" -como dirían los hermanos portugueses- que a modo de ramalazo, de vez en cuando en Xerardo aflora. Pasa, eso sí, que a estas alturas de la Vida es cuando más se da cuenta uno de la ingratitud infinita de muchos, salvo honrosas excepciones. Y a un tipo como Xerardo, que es gallego universal por los cuatro costados, pero de esos gallegos universales que aman tan profundamente una ribera del Eo como un arenal en la desembocadura del Miño, que es capaz de valorar lo bueno y hermoso que también hay fuera de nuestra tierra, tiene que dolerle -por fuerza- tanta ingratitud cosechada a lo largo de tantos años en los que el hizo tanto y tan bueno por esta nuestra tierra. 
Pero si así no fuese, querido Xerardo, entonces sí que tendrías un serio problema : seria señal inequívoca de que en tu enorme trayectoria habrías sido un cualquiera. Esos no tienen problemas de ingratitudes.

El caso es que el gran Xerardo comienza este viernes, como veis en la foto que acompaño, una nueva etapa con su Galicia Única. Ahora pone reportajes en video; reportajes radiofónicos sonoros, con su voz -comienza por una evocación del Che Guevara- y sigue escribiendo y fotografiando como lo que es, un apasionado comunicador, que hasta el día que se muera seguirá siendo eso, un maestro en sus territorios profesionales. 
Y le quedan muchas lecciones por impartir, con reuma o sin reuma, con nostalgia o sin ella, con más años -sería el colmo que en vez de cumplir cada año, descontase anualialidades-, pero siempre el, único, tanto como su Galicia Única.
¡Enhorabuena maestro!, siempre sorprendiendo, siempre demostrando que donde hay un periodista de raza, hay un mundo de sensaciones por transmitir. Aunque entre ellas se cuelen esas saudades a las que hice antes referencia. 
¡Aún vamos a tener que resucitar aquellos Seat-Ritmo convertidos en unidades móviles, con las que servidor retransmitía en directo una descarga de tabaco de contrabando desde una playa de Illa de Arousa, en el programa dominical radiofónico que Xerardo dirigía y presentaba hace 30 años desde Vigo!. ¡Aquello era Radio, amigo; y no los bodrios que hoy en día se ofrecen!. 
Pues esa y otras mil historias, gran Xerardo, ya están escritas. Por ti. Y para bien o para mal, no se pueden re-escribir. Quedaron para siempre en la memoria y en la vitrina gozosa, como grandes trofeos, como enormes estímulos para levantarse ahora cada mañana y seguir caminando, con fuerza, con ilusión y con pasión por lo propio.
Por eso, siento enorme satisfacción, este viernes, al ver y comprobar que Xerardo ha pasado -también- con su Galicia Única al Galicia Única 3.0, que diría un modernillo del mundo informático.
Forza Xerardo!
A luta continúa!!
EUGENIO EIROA

11/10/13

De toxinas, mejillones, controles y analíticas

MORRAZO TRIBUNA | Cangas |
A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, sinalou que Galicia ten o sistema de analíticas e control máis punteiro da Unión Europea, o cal permite que “sexamos capaces de impedir que o produto chegue ao consumidor cando hai algún risco de alerta”. Así o explicou a conselleira durante a visita que realizou esta mañá para comprobar as tarefas de vendima na zona do Salnés.   
Rosa Quintana insistiu na profesionalidade do Intecmar, que traballa de xeito rigoroso e cos métodos analíticos que están establecidos no regulamento comunitario. Así, engadiu, realízanse controis de periodicidade determinados polo regulamento europeo, decretando, en ocasións, peches cautelares ante o posible resultado das analíticas co fin de evitar que o produto afectado chegue ao consumidor. 
A conselleira deixou claro que ante un posible caso de toxina, o sector é informado o máis rápido posible tanto para paralizar o produto e que o poidan volver a colocar no seu lugar de orixe -evitando perda de mercancía-, como para que o poidan extraer con garantías.   
O actual episodio de marea vermella entrou en Galicia de forma moi rápida e con gran virulencia, pero cómpre lembrar que se trata dun fenómeno totalmente natural en Galicia. O Intecmar está a realizar as mostras oportunas para que aqueles polígonos exentos de toxina poidan traballar o antes posible, pero sempre salvagardando a saúde pública na fase previa á cadea de comercialización. Neste senso, a titular de Medio Rural e Mar subliñou que todos os produtos adquiridos a través das canles legais de comercialización poden consumirse con todas as garantías.

Homilía sabatina del padre Feijóo en Sevilla : igualdad y solidaridad, principios irrenunciables

MORRAZO TRIBUNA | Sevilla |
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu hoxe os principios de igualdade e de solidariedade como “as ferramentas máis útiles para articular a pluralidade de rexións e nacionalidades” do conxunto español. Así o sinalou durante a inauguración do V Encontro de Casas Rexionais e Provinciais que se celebra en Sevilla e que nesta edición ten Galicia como Autonomía homenaxeada. Na súa intervención, o mandatario autonómico referiuse a que quizais o paso do tempo faga necesario “abrir espazos de diálogo” para debater propostas que permitan afrontar “con maior fortaleza” os desafíos presentes e futuros desta “casa común” que é España. Propostas todas elas, dixo, “que deben elevarse sobre os sólidos cimentos da igualdade e a solidariedade que nos definen como nación”. Feijóo lembrou que a experiencia de 35 anos de democracia converte en “irrenunciable” a concepción de España como un espazo “de xustiza e equilibrio”. “Sabemos que fundir esforzos, ideas e esperanzas é sempre máis proveitoso que o illamento para encarar calquera vicisitude”, afirmou. 

FEGAMP y su postura : “Galicia
di masivamente non á reforma local”

MORRAZO TRIBUNA | Compostela |
“Galicia di masivamente non á reforma local”. Con estas palabras José Manuel Rey clausurou esta tarde en Santiago a Asemblea Xeral Extraordinaria da Fegamp, na que se abordou como tema fundamental a reforma local que está a impulsar o Goberno.
Esta cita municipalista, que reuniu a 285 concellos e 3 deputacións, valeu para apoiar masivamente o documento de emendas elaborado pola Comisión Executiva, e que nos últimos días incorporou diversas propostas de grupos independentes e minoritarios. Na votación final, só 3 concellos (Maceda, Vilar de Santos e Ordes) votaron en contra, a pesar da inclusión das súas iniciativas no texto definitivo.

9/10/13

Cangas, la casa de tócame Roque : mientras Sotelo llama a los turistas para ver O Facho, Graña los echa con sus estacas y cuerdas hacia Cabo Home

MORRAZO TRIBUNA | Cangas |
Finalmente se consumó la chapuza. Tal y como aquí denunciamos antes de..., el edil responsable de Medio Ambiente en el Concello de Cangas, dice que a petición de vecinos del lugar -si le piden que se tire al agua, se supone que también se tirará-, levantó unos dineros subvencionados europeos -vía la Xunta- y se dedicó a estrechar el camino existente entre la zona del mirador de Donón y la punta de los faros, en Cabo Home, a través de la zona considerada reserva natural. 
Gran osadía la suya. Hasta hace poco, si un coche que iba por esa pista de tierra, se cruzaba con otro que venía, poniendo cuidado, ambos podían cruzarse. Ahora, ya no hay forma. El caballero edil Graña ordenó estrechar la vía, con la disculpa de hacer así un pasillo a los peatones (¡valiente invento!). Y ha imposibilitado que dos coches se crucen, salvo que uno de ellos de marcha atrás -con grave peligro y riesgo, sobre un piso tan poco seguro y lleno de enormes baches- hasta alcanzar en cientos de metros atrás un hueco donde poner encajar el vehículo y esperar a que pase el que venía enfrente... Este 8 de octubre vivimos la bochornosa experiencia in situ y recogimos el cabreo de varios conductores, a los que -de paso- obsequiamos con un ejemplar del número 21 de Morrazo Tribuna, para que conozcan allí al retratado edil Graña y sus habituales genialidades.
La gran pregunta es : ¿qué pinta en todo esto el alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo, consintiendo estas barbaridades que para lo único que sirven es para echar a los turistas de uno de los lugares más hermosos de las Rías Baixas?.
Más : si hay una necesidad, en verano, de trasladar en una ambulancia a un herido desde la playa de Melide y, en este camino, se encuentra cada dos por tres con coches que vienen de frente y resulta imposible cruzarse, ¿qué hacemos con el herido, le decimos que espere... o viene el edil Graña con la camilla y lleva al herido a cuestas por esos senderos maravillos de cuerda y estaca que ha inventado...?.
Más : si hay que meter por ahí un camión de cierto tonelaje, con material para arreglar algo en los faros de Cabo Home, ¿qué garantía tenemos de que cabe en los tramos -que los hay- de suma estrechez, tras lo que ordenó hacer el señor Graña?.

P.S. / Lo peor de esta nefasta iniciativa del Concello de Cangas. Con ese dinero de las estacas - del que, por cierto, cabe esperar rindan cuentas hasta el ùltimo céntimo y expliquen por qué las estacas y las cuerdas solo llegaron (a 8 de octubre) para unos cientos de metros, pero no para los 2 kms previstos- se podían haber reparado los enormes baches y agujeros que hay en el camino peligroso de jabre-tierra. Eso era lo urgente, lo necesario. Pero por lo que se observa, Graña -y quien se lo consiente- están por la labor de lo supérfluo (y encima, inútil) y no por lo que sería de interés general y de necesaria urgencia.

8/10/13

El concurso para la Integración Arquitectónica
y Paisajística de ENCE en Lourizán llega
al solemne acto final

MORRAZO TRIBUNA | Pontevedra |
El Edificio Sarmiento del Museo de Pontevedra acogerá este martes el acto de entrega de premios del Concurso para la Integración Arquitectónica y Paisajística del Centro de Operaciones de Ence en Lourizán. El acto, que se celebrará entre las 11.30 AM y la 1PM,  reunirá a los ganadores y finalistas del Concurso, organizado por la compañía para obtener ideas para mejorar el impacto visual de la fábrica en su entorno.
La entrega de premios estará presidida por el máximo mandatario provincial, Rafael Louzán. Asistirán también el presidente de Ence, Juan Luis Arregui, el consejero delegado, Ignacio de Colmenares, y el director del Centro de Operaciones de Ence en Galicia, Antonio Casal. El evento se iniciará con una conferencia del director de la Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra, Enrique Valero. Disertará, el ponente, sobre la potencialidad del sector forestal para la bioeconomía en Galicia y en Europa.
Como es sabido, Ence convocó en diciembre del pasado año un concurso arquitectónico para buscar ideas para mejorar la integración paisajística de su Centro de Operaciones en Pontevedra. Participaron un total de 102 proyectos, de los que 6 fueron elegidos finalistas durante el mes de mayo. El concurso fue muy elogiado en diferentes medios, no solo por la alta participación, sino por la calidad de muchos de los proyectos presentados, como acabó siendo público y notorio.
El jurado estuvo compuesto por el historiador y presidente del Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz, el paisajista Luis González Camino, el arquitecto Enrique León García, el presidente de Ence, el consejero delegado de la empresa, y el director del Centro de Operaciones de Ence en Pontevedra. El proyecto Materia Propia fue el elegido por el Jurado como ganador, siendo segundo el denominado O Barco da Bela Helenes. Recogerán accésits, además, los proyectos presentados bajo los lemas A mari usque ad mare, Desdibujar, El Bosque Encantado y Cambium. 
El proyecto arquitectónico, que se desarrollará en Lourizán por Ence siempre que las condiciones administrativas lo permitan, se enmarca dentro de un conjunto de acciones destinadas a consolidar el Centro de Operaciones de Ence en Galicia como el referente global de su sector en materia ambiental, considerando en este caso la importancia del impacto visual. Ence también trabaja en la anulación definitiva del impacto oloroso que con cada vez menos frecuencia e intensidad es producto de su actividad. Además, la empresa invirtió cerca de 4 millones de euros en un plan destinado a reducir casi por completo las emisiones de vapor de la fábrica. 

Reconduce, unha iniciativa posta en marcha pola Xunta que ten como principal obxectivo previr os desafiuzamentos

MORRAZO TRIBUNA | Compostela |
O Goberno galego asinou hoxe un protocolo de colaboración con sete entidades financeiras no marco do programa Reconduce, unha iniciativa posta en marcha pola Xunta que ten como principal obxectivo previr os desafiuzamentos.
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e a de Facenda, Elena Muñoz, asinaron hoxe este acordo, ao que se sumaron o Banco Pastor, Caixa Rural Galega, Banco Etcheverría, Banco Caixa Geral, Novagalicia Banco, Banco Popular e Bankinter.
O programa Reconduce busca paliar unha das consecuencias máis graves da crise económica: a perda da vivenda por parte das familias, unha situación que require dunha resposta coordinada e transversal, tanto por parte da Xunta como de todos os axentes implicados. Por iso, hoxe asínase este acordo coas entidades financeiras, e mañá formalizarase outro coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).
O obxectivo prioritario desta ferramenta é evitar que se produza a apertura de procesos de execución hipotecaria de vivenda habitual, isto é, ten un carácter fundamentalmente preventivo. Para traballar nesta liña, a principal ferramenta vai ser o asesoramento xurídico e económico-financeiro que se lle vai prestar ás familias.

Xunta volvió a apretar en sus reclamaciones a Europa sobre el acuerdo con Mauritania

MORRAZO TRIBUNA | Cangas |
A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, defendeu  en Madrid, tras o Consello Consultivo de Política Pesqueira, que a Comisión Europea debe poñer mais fincapé á hora de negociar os acordos pesqueiros como o de Mauritania. Este protocolo non responde ás expectativas que o sector tiña nel, de feito, sinalou a titular de Medio Rural e do Mar, “levamos 28 meses sen que practicamente ninguén se puidera beneficiar del”. Neste sentido, incidiu en que tanto Xunta como Goberno Central piden á Comisión Europea que valoren se é conveniente manter un acordo pesqueiro con Mauritania “co que toda a frota europea sae perxudicada”, sentenciou. Rosa Quintana lembrou que este acordo non só exclúe á frota cefalopodeira, senón que ata os armadores doutras frotas, como a marisqueira de Andalucía, dubidan da rendabilidade da actividade pesqueira nesa zona, tal e como recoñeceu o presidente da Asociación Nacional de Marisco-Anamar na última reunión mantida en Madrid entre as Comunidades autónomas. Por iso, indicou, “pedimos que a comisión negocie coa forza que ten que negociar” porque “entendemos que toda España necesita ir pescar a Mauritania, pero nas mellores condicións posibles”. Neste sentido, lembrou que non se debe confundir cooperación ao desenvolvemento con acordos comerciais nos que as dúas partes implicadas deben saír beneficiadas.
A titular de Medio Rural e Mar lembrou que tanto a Xunta como o Goberno Central manteñen o mesmo posicionamento dende o primeiro momento de coñecerse os termos do protocolo. “Sempre dixemos que é un acordo pesqueiro que lle sae moi caro á UE e que nel se endurecen as condicións para que as nosas frotas poidan ir faenar”, lembrou.
Votación no Parlamento Europeo
En relación á votación do acordo hoxe no Parlamento Europeo, a conselleira lembrou que nas reunións mantidas cos eurodeputados españois en Bruxelas obtiveron o compromiso do eurodeputado de UPyD, quen sinalou que votaría o que defendese maioritariamente o grupo popular e o grupo socialista. Tamén o compromiso dos Verdes e do grupo Popular de apoiar o posicionamento do Goberno de España e da Xunta. En canto ao grupo socialista, Rosa Quintana indicou que non quedou suficientemente clara a súa opinión e que “foi o único grupo onde non tivemos unha aposta decidida por defender os intereses da frota española e europea en xeral”.

Cangas : comienzan finalmente
las obras de mejora en la plaza de abastos

MORRAZO TRIBUNA | Cangas |
As obras de acondicionamento e mellora das instalacións da Praza de Abastos, que inclúen a construción dun falso teito con superficie lisa que evitará o desprendemento de partículas da cuberta e  a pavimentación do solo  cun pavimento especial de resina que evita as filtracións e facilita a limpeza, poderían dar comezo esta mesma semana. Así llo comunicaron o Alcalde José Enrique Sotelo e a Concelleira de Comercio Berta Pérez ás praceiras e praceiros que esta tarde se reuniron no Salón de Plenos do Concello. No encontro tamén estiveron presentes un representante da empresa CivisGlobal, encargada da elaboración destas actuacións e o responsable da obra, que deron unha serie de indicacións aos asistentes para tratar de facilitar  a realización dos traballos. 

Deputación resuelve el problema
del saneamiento de Curra (Vilaboa)

MORRAZO TRIBUNA | Vilaboa |
A Deputación de Pontevedra adxudicou á empresa Covsa, en 76.450 euros, a obra de ampliación da rede de saneamento en Curra, en San Adrián de Cobres (Vilaboa). Os traballos derivan da necesidade de dar servizo a varias vivendas do mencionado lugar que non dispoñen de rede municipal de alcantarillado a pesar de ter cerca algúns dos colectores principais do saneamento da rede. Para executar a obra é precisa a construcción de catro colectores, en tuberías de 250 e 315 milímetros de diámetro según os tramos, así como a instalación de varios pozos de rexistro e resalto, de arquetas de acometida para a conexión das vivendas á rede.

7/10/13

LLEGÓ LA GRIPE : manda carallo na Havana!

Llegó la gripe. Al menos para quien esto escribe. Una semana inoperativo, k.o. más bien. 
Antes, vinieron las lluvias. Y brotaron las hierbas en los campos : no confundir estos brotes -que lo son de verdad- con los brotes verdes de aquella ministra Salgado zapateril. Ni tampoco con el rollo ese que los actuales gobernantes se largan, de que ya hemos tocado fondo y ahora viene ya el repuntar. 
La gripe debía encerrar en cama dos o tres días, como fue nuestro caso, a varios de nuestros políticos : gobernantes, opositores, independentistas y medio pensionistas. Un poco de cada raza. Y atizarles bien sudor y fiebre, a ver si en la meditación de las sábanas afectas al sudor gripal, alumbraban algo mejor de lo tan paupérrimo y lamentable a lo que nos tienen acostumbrados.
¡Qué porquería, esto de la gripe!. ¡Qué porquería, esto del lenguaje que utilizan los que nos quieren hacer comulgar, cada dos por tres con ruedas de molino!.
Leo en el panfleto habitual al servicio del mandamás en ciudad del sur de Galicia, que no se subirán los impuestos para el año que viene; me froto los ojos y descubro unas líneas después, que "se procederá a una actualización de las tasas".  ¡Manda huevos!, proclamó el tal Trillo aquella mañana. ¡Joder, qué tropa!, exclamó Couce XII, ferrolano alcalde, parafraseando a quien bien sabemos.
¡Qué buena es la gripe! : durante una semana nos deja k.o. Pero nos libera de oír, leer y aguantar a la cada vez mayor cuadrilla de caraduras, saltimbanquis, correveidiles... algunos de los cuales nos toca soportar y alimentar con esos impuestos y tasas a los que, ahora, no se les aplican subidas, sino "actualizaciones".
Manda carallo na Havana!
XAVIER BOSCH