29/11/13

Las procesiones ya no son lo que eran… San Martiño desfila al son de "A LAS BARRICADAS"



EUGENIO-EIROA/MORRAZO-TRIBUNA | Cangas |
No nos digan, si han visto -y escuchado- el video que antecede a estas líneas, que no son unos tipos originales. Esta fanfarria, que no charanga, inspirada en los sonidos de aquellas viejas fanfarrias de los colectivos gitanos habitantes de lo que fue el imperio austro-húngaro e inmediaciones, es ni más ni menos que la Fanfarria Taquikardia. Y han logrado un enorme golpe de efecto, con lo que acaban de protagonizar hace pocas fechas, en el San Martiño 2013, celebrado en una minúscula localidad próxima a Sarria, en Lugo.
Se llaman Fanfarria Taquikardia y ya tienen más miles de fans. Contratados para actuar en la fiesta popular, les dijeron -de paso- si querían tocar en la procesión del pueblo.
El voz cantante de la fanfarria preguntó : ¿qué se tocaría en la procesión?
 -Lo que queráis.
El que así respondió, la lió. Y buena. Porque los músicos se acogieron a ese "lo que queráis" y se aplicaron el cuento.
Salió el santo desde la iglesia en volandas, como vemos en el video, en volandas, luego el cura y comenzó a sonar la música… pero ¡qué música!. Concretamente, lo que tan bien se escucha y tan bien entonado fue, es nada menos que el santo y seña de los anarquistas : el mítico, "A las barricadas".
Los cachondos músicos, no conformes con lo anterior -que eso sí, mostraba desde el tambor cierto ritmo procesional-, optaron por mandarlo ya todo el carajo, al interpretar la musiquilla de la serie televisiva "El coche fantástico". Y si la melodía cenetista, para quien ignorante fuere, aún tenía un pase procesional y colaría, la segunda, la del coche, ya era un cachondeo total… Con razón la mirada que les echó el cura, en el momento de recogerse el santo. Y así salieron, pies en polvorosa, los de Taquikardia, del recinto parroquial, como también recoge el video.
Los tiempos cambian que es una  barbaridad. Pero hay precedentes a este San Martiño desfilando al son de "A las barricadas". Hay un Cristo de Resurrección, en el levante español, moviéndose con la música
de "ai se eu te pego", del explosivo Michel Teló




YA FINALMENTE : "A LAS BARRICADAS", CON TODA SOLEMNIDAD

28/11/13

"Galicia rexistrou nos tres primeiros trimestres de 2013 un nivel de execución e de pagamentos mellor que a media de comunidades" (Feijóo)

MORRAZO TRIBUNA | Compostela |
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que Galicia rexistrou nos tres primeiros trimestres de 2013 un nivel de execución e de pagamentos mellor que a media de comunidades e, ao mesmo tempo, neste período foi quen de reducir o seu déficit público nun 31% en relación ao terceiro trimestre do pasado ano, ao tempo que mantén un déficit inferior á media.
Así mesmo, Feijóo precisou que, segundo un informe da Consellería de Facenda, o déficit público da comunidade situouse, no terceiro trimestre, no 0,8% en termos de cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria; unha cifra 2 décimas menor que a media das comunidades autónomas que, a 30 de setembro de 2013 alcanzou o 1%.
O titular da Xunta subliñou, tamén, que Galicia está sendo capaz de manter uns niveis de execución “mellores que a media das comunidades”, ao ser, no peche do terceiro trimestre, a porcentaxe de gasto executado 2 puntos superior á media. Mentres que os pagamentos sobre o total de obrigas alcanzaron o 96 %, 8 puntos máis.
Nesta mesma liña, referiuse á execución dos orzamentos no eido dos investimentos reais (capítulo VI). Neste capítulo, Galicia executou case o 60% do gasto, 15 puntos máis que a media das Comunidades, mentres que os pagamentos tamén superan en case 15 puntos a media.
“Galicia segue a mostrar un mellor ritmo de execución orzamentaria ao combinar o difícil equilibrio entre cumprir o déficit e executar o orzamento; e dentro dese equilibrio, avanzar algo máis: executar os investimentos, porque se cumprimos o déficit non investindo evidentemente non conseguimos o obxectivo que perseguimos”, advertiu Feijóo. 
Se atendemos á lexislatura completa, 2009-2012 Galicia converteuse, xunto con Madrid, nunha das comunidades con menor déficit público do conxunto do Estado autonómico: 4 puntos menos que o resto das comunidades autónomas. 
O informe da Consellería de Facenda ratifica tamén que, neste exercicio 2013, o Goberno autonómico volverá cumprir co obxectivo de estabilidade orzamentaria, fixado para Galicia no 1,2% polo Consello de Política Fiscal e Financeira. 
Deste xeito, “a comunidade galega achegará, polo tanto, ese compromiso coas contas públicas e imos tentar compatibilizar o que conseguimos no ano 2012, que é reducir o déficit público e un comportamento do produto interior bruto autonómico superior á media de España”, sinalou o presidente galego. Neste sentido, lembrou que o PIB no ano 2012 foi 7 décimas mellor que a media de España; e que Galicia se converteu na segunda comunidade autónoma de menor recesión no ano 2012 do Estado autonómico”.  
Diante destas cifras, Feijóo resaltou que “estamos a executar o orzamento, estamos pagando aos provedores e estamos cumprindo o déficit público, que é o obxectivo dun goberno responsable neste momento” e incidiu no grado de “execución dos investimentos” e no “grao de pagamento dos investimentos na comunidade autónoma”. 
“Seguimos tendo menor déficit que a media das comunidades autónomas; executamos máis que a media das comunidades autónomas; e pagamos mellor que a media das comunidades autónomas. Este é o obxectivo no que imos seguir traballando para finalizar no ano 2013 con este ránking de eficiencia no gasto público, que é unha forma de medir a responsabilidade dun goberno”, concluíu.   



Decreto de comercialización que reforza a seguridade e control dos produtos pesqueiros desde que descargan no porto ata que se realiza a venda

MORRAZO TRIBUNA | Compostela |
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, na rolda de prensa do Consello, un decreto de comercialización que reforza a seguridade e control dos produtos pesqueiros desde que descargan en porto ata que se realiza a venda. Trátase de dar cumprimento a un compromiso do Goberno galego cun dos sectores estratéxicos da Comunidade, a través dun texto normativo que, tras a súa valoración hoxe, se remite ao Consello Consultivo.
Deste xeito, Feijóo resaltou que Galicia poderá contar “cunha norma máis simple, que integra por primeira vez toda a normativa galega e estatal, e cunha normativa actualizada e adaptada ás necesidades do sector”.
Máis polo miúdo, o titular do Goberno galego subliñou que o texto garante catro aspectos básicos. “Primeiro, -dixo- é un decreto que fomenta unha comercialización dos produtos pesqueiros que blinde a seguridade”, porque, por primeira vez, regula os documentos de trazabilidade para os diferentes tipos de produtos pesqueiros como notas de venda, declaración de recollida, documento de transporte, documento de orixe e documento de rexistro”.
O decreto permite, tamén, “un maior control do proceso de comercialización dos produtos do mar” ao regular a necesidade de contar cunha serie de listados e censos que permita identificar a todos os axentes participantes na comercialización en orixe. Trátase, sinalou, “dunha garantía para que eses axentes poidan acceder a todas as actividades relativas á comercialización, e unha garantía para as administracións, que poderán ter un control das persoas que comercialicen os produtos pesqueiros en orixe na Comunidade Autónoma”.
En terceiro lugar, destacou que o texto busca clarificar distintos aspectos vinculados á comercialización dos produtos pesqueiros: regula a primeira venda dos produtos pesqueiros vivos, frescos ou refrixerados procedentes da pesca e do marisqueo, así como dos produtos procedentes da acuicultura, e dos conxelados e ultraconxelados, sen transformar ou transformados a bordo; recolle os requisitos que deben cumprir os lugares de desembarque ou descarga; trata de xeito diferencial os produtos dos que non sexa obrigada a súa venda en lonxa ou centros de venda; e regula por primeira vez a figura das vendedurías, ao establecer unha serie de requisitos e obrigas para poder levar a cabo a súa actividade.
Feijóo informou de que, por último, o Decreto busca tamén mellorar a identificación dos produtos pesqueiros, aproveitando as novas tecnoloxías. Así, establece a obriga de empregar medios telemáticos para a cumprimentación e transmisión dos documentos relacionados coa comercialización; e ante fallos técnicos ou ausencia de funcionamento dos sistema electrónicos, recolle a posibilidade de autorizar outros medios de emisión e transmisión.

Pablo Mielgo debuta con la Real Filharmonía de Galicia, este viernes en Pontevedra, este jueves en Santiago

DOCE NOTAS | Pontevedra |
Será un viaje del clasicismo de Mozart al romanticismo de Niels Gade, a través de obras representativas de estos compositores con el director y pianista madrileño el 28 de noviembre en Santiago de Compostela y el 29 de noviembre en Pontevedra.
La Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra esta semana dos conciertos. El primero, este jueves día 28, a las 21 h. en el Auditorio de Galicia. Y el viernes día 29, a las 20,30 h. en el Centro Sociocultural Novacaixagalicia de Pontevedra. Pablo Mielgo llevará la batuta de la orquesta, al tiempo que interpretará una de las obras al piano, en lo que será su debut en Galicia.
En la primera parte del concierto, con el propio Pablo Mielgo al piano, la orquesta interpretará el Concierto para piano nº 23, de Mozart (1756-1791), que compuso en 1786, al mismo tiempo que Las bodas de Fígaro. En la segunda parte la Real Filharmonía de Galicia tocará la Sinfonía nº 4 del compositor danés Niels Gade (1817-1890). El joven director explica que este programa combina el estilo clásico y romántico “Comenzamos por Mozart y su Concierto para piano número 23, mi favorito entre sus 27. Desde el piano intentaré crear una versión íntima, especialmente en su segundo movimiento, que, sin duda, es uno de los momentos más sublimes de la literatura mozartiana”. El director apunta que en la segunda parte del concierto se presentará a un compositor mucho más desconocido del Romanticismo, Niels Gade. “Su cuarta sinfonía es su mejor obra, así reconocida por Mendelssohn o por el propio Robert Schumann. En sus páginas se pueden escuchar influencias claras de Beethoven, Brahms, Schumann y, por supuesto, podemos encontrar como Gade dejó su huella en todos los compositores nórdicos posteriores, como por ejemplo el gran Grieg”.
Pablo Mielgo nació en Madrid en 1976. Estudió en la Escuela Reina Sofía y en el Conservatorio Superior de Madrid y en el Guildhall School of Music and Drama de Londres. Es considerado uno de los más destacados músicos españoles de su generación, no sólo como director, sino también como impulsor de proyectos internacionales de música como “Madrid me Suena”. Afincado en Viena, es director musical asociado de la Academia Filarmónica de Medellín y director musical y artístico de la Fundación SaludArte. Ha dirigido las principales orquestas de América Latina, Estados Unidos, Europa y Oriente Medio. Fue director asistente de James Conlon (Opera de Los Angeles), Jesús López Cobos (Teatro Real de Madrid) y colaboró con Daniel Barenboim y Claudio Abbado. En 2014 grabará en DVD todas las sinfonías de Beethoven.

Objetivo : reducir un 40% la factura energética de los Concellos. Deputación está en ello.

MORRAZO TRIBUNA | Cangas |
Substituír por caldeiras de biomasa as 102 caldeiras de gasóleo que abastecen de calefacción e auga quente sanitaria a outras tantas instalacións de titularidade municipal permitiría aos concellos aforrar un mínimo do 40% da súa factura enerxética, ademais de reducir en 2 gigawatios a enerxía consumida e eliminar a emisión de 3.000 toneladas de CO2 á atmosfera. Uns obxectivos ambiciosos que poden acadarse cun procedemento sinxelo e sen custe para os concellos, se estes se suman ao proxecto que a Deputación Provincial lle vén de presentar esta mañá aos 54 alcaldes e técnicos municipais de concellos de menos de 50.000 habitantes que na actualidade utilizan caldeiras de gasóleo. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, expúxolles aos rexedores locais o exhaustivo estudo realizado pola Administración provincial, segundo o cal a substitución das 102 caldeiras suporía un aforro mínimo de 800.000 euros ao ano.
Sen investimento por parte dos concellos
Louzán subliñou que a substitución das caldeiras non requirirá de investimento por parte dos concellos, dado que o asume directamente a Deputación por dúas vías: por medio da colaboración co INEGA e con financiamento privado a través da adxudicación do proxecto a unha empresa de servizos enerxéticos por medio de concurso público. Este é o mesmo modelo que se está a aplicar en Príncipe Felipe, onde se instalaron dúas caldeiras de biomasa que se abastecen de astilla e que os rexedores municipais tamén tiveron ocasión de visitar esta mañá para comprobar o seu funcionamento.
Segundo subliñou Rafael Louzán, o plan de eficiencia enerxética de Príncipe Felipe, que foi adxudicado á empresa Valoriza, está supoñendo uns aforros de entre o 60 e o 70% da factura e a intención é estender este modelo ao Pazo Provincial e ao Edificio Administrativo e, posteriormente, a todos os inmobles da Deputación. A capacidade de aforro das caldeiras de biomasa foi corroborada polo rexedor local de Coca (Segovia), Juan Carlos Álvarez, que lle expuxo aos alcaldes as vantaxes acadadas no seu concello coa substitución das caldeiras de gasóleo por outras de biomasa; e polo presidente da Asociación Española para a Valorización Enerxética da Biomasa (AVEBIOM), Javier Díaz González, que lembrou que, ademais das vantaxes ambientais e de aforro económico, a aposta pola biomasa é tamén un camiño idóneo para reducir o déficit das administracións públicas (ao reducirse a dependencia externa) e para a xeración de emprego local. No caso do concello de Coca, a substitución de 8 caldeiras permitiulles un aforro do 86% da factura enerxética, ademais de poñer en valor os seus montes (de titularidade municipal), dado que toda a astilla que consumen as caldeiras é de produción propia.
Xeración de emprego local
Este foi precisamente un dos factores nos que tamén incidiu o presidente da Deputación, ao lembrar que Pontevedra é unha das provincias con maior potencial forestal de España e, en consecuencia, con mellores condicións para a xeración de biomasa e, non entanto, sitúase “en postos de cola” no uso deste tipo de enerxía. Por iso, reiterou na necesidade de que as administracións dean exemplo para sacarlle proveito a “un recurso que temos no entorno no que vivimos, que é o monte e que se está desperdiciando”. 
Neste sentido, lamentou que nestes momentos o subministro de astilla teña que vir de Lugo e amosouse confiado en que, co proxecto que lidera a Deputación, active a posta en valor do monte, dado que a biomasa xera 135 postos de traballo local por cada 10.000 habitantes, fronte aos 9 que xeran as enerxías fósiles.

O PIB GALEGO REXISTROU
NO TERCEIRO TRIMESTRE TAXAS POSITIVAS POR PRIMEIRA VEZ DENDE O ANO 2011

MORRAZO TRIBUNA | Cangas |
A economía galega rexistrou taxas positivas de crecemento durante o terceiro trimestre do ano, o que supón que, por primeira vez dende o ano 2011, o Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medra en comparación co trimestre anterior. Así mesmo, a economía galega tivo unha evolución interanual mellor que a estatal, o que lle permite manter o diferencial positivo co conxunto de España.
Segundo os datos publicados hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE)  correspondentes ao terceiro trimestre de 2013, o PIB galego rexistrou unha variación intertrimestral do 0,1%. Este dato coincide co comportamento do PIB estatal no mesmo período, e significa que por terceiro trimestre consecutivo a evolución intertrimestral é mellor que no período anterior.
Os datos do IGE tamén indican que a evolución da economía galega no último ano segue a ser mellor que a do conxunto do Estado. De feito, a evolución interanual do PIB autonómico no terceiro trimestre (-0,9%) foi dúas décimas mellor que a media española
(-1,1%), polo que o diferencial positivo mantense respecto ao segundo trimestre.
Ademais, o comportamento interanual da economía galega segue mellorando respecto aos meses anteriores. O dato do terceiro trimestre en Galicia é medio punto mellor que no segundo trimestre e sete décimas mellor que no primeiro trimestre. Por iso, as cifras feitas públicas hoxe polo IGE mostran que se está a producir un cambio de tendencia na economía galega, e que a Comunidade galega afronta o inicio da recuperación económica.
Galicia vén mantendo o diferencial positivo en todo este 2013 e tamén pechará o ano en mellor posición que España, cumprindo as previsións para o presente exercicio. Ademais, a estimación para o 2014 indica que a economía galega seguirá tendo mellor comportamento que a media estatal, e que o PIB galego recuperará taxas interanuais positivas.
Segundo o IGE, as exportacións de bens e servizos no terceiro trimestre do ano medraron en Galicia un 9,6% en comparación co mesmo período do ano pasado, mentres que o sector primario rexistrou taxas positivas por primeira vez dende 2012.


¡Medir la contaminación a través del musgo!

MORRAZO TRIBUNA | Compostela |
Los días 29 y 30 Noviembre se celebrará en el Hotel Virxen da Cerca de Santiago de Compostela la "2nd WP leader meeting" del proyecto europeo MossClone ( www.mossclone.eu) financiado por el Programa Ecoinnovación del VII Programa Marco de la UE.
Bajo el titulo Creating and testing a method for controlling the air quality based on a new biotechnological tool. Use of a devitalized moss clone as passive contaminant sensor” este proyecto biotecnológico está desarrollando un dispositivo innovador, estandarizado a nivel europeo, eco-friendly y de bajo coste que permitirá medir la contaminación atmosférica de microcontaminantes (metales pesados, HAP, dioxinas...) basado en la capacidad bioacumuladora del musgo. 
UNA NUEVA ECOHERRAMIENTA AMBIENTAL, DESARROLLADA POR UNA EMPRESA GALLEGA
La salida al mercado de este nuevo dispositivo de medida permitirá la obtención de una ecoherramienta ambiental armonizada para establecer criterios comunes de evaluación de la calidad del aire ambiente según las Directivas Europeas actuales y futuras. Según la Organización Mundial de la Salud (OMS) la contaminación atmosférica constituye un riesgo medioambiental para la salud y se estima que causa alrededor de dos millones de muertes prematuras al año en todo el mundo.
El proyecto MossClone, con una financiación de 3,5 millones de euros, lo realiza, bajo la dirección de la Universidad de Santiago de Compostela, un consorcio interdisciplinar de expertos de grupos punteros de investigación europeos y pymes de Alemania, España, Francia, Irlanda e Italia, entre las que se encuentra la empresa española Biovía Consultor Ambiental (www.biovia.es), que aporta su dilatada experiencia en la comercialización de este tipo de herramientas ambientales innovadoras.


Encuestas : cuando Caballero saca pecho

El actual alcalde de Vigo anda lanzado y sin pararse en barras en cuanto tema polémico aparezca por delante.
Tal vez lo hace al calor de las encuestas que maneja y que le dan resultados muy favorables en unas próximas municipales que, sin embargo, aún están algo lejanas. 
Las mismas encuestas, esas, que no dejan en buen lugar los posibles votos a recibir por el Partido Popular. Y también, zarandeado -y no poco- aparece el Bloque, con opción para que irrumpan en el concello vigués nuevos, procedentes del conglomerado entre los seguidores de Beiras y los seguidores de doña Yolanda.
Con este panorama, Caballero se permite -y se permitirá- todos los gestos que le parezcan oportunos, salidas de tono y lo que sea menester. El suyo parece un paseo más o menos triunfal hacia un nuevo mandato. Y probablemente con más ediles que los que actualmente tiene.
Los que están enfrente, con su oposición de juguete, han contribuido -y no poco- al estado de cosas que actualmente reflejan las encuestas.
Y claro, Caballero, saca pecho.
LUIS ARTIME

26/11/13

Cerrada esta tarde, en México, la compra de astilleros Barreras por la petrolera PEMEX

MORRAZO TRIBUNA | Ciudad de México | 
 O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en México na sinatura do acordo entre o estaleiro Hijos de J. Barreras e Pemex que dá entrada á petroleira no estaleiro
vigués, segundo o compromiso adquirido pola compañía mexicana. 
 A operación, que fai efectivo o acordo da adquisición do 51% do capital social da empresa viguesa, asinouse esta mesma tarde -mediodía mexicano- na sede central do grupo, entre José Manuel Carrera e Carlos Roa, como representantes de PMI e Pemex, e José García Costas, presidente de Barreras. 
"Volcán del Tinamar", una de las construcciones de Barreras.
 O conselleiro de Economía e Industria, que viaxou o domingo a México para participar nos encontros en seguimento do acordo asinado con Pemex no marco da alianza estratéxica da petroleira coa Xunta de Galicia, referiuse á entrada da petroleira en Barreras como unha “mellora da capacidade do estaleiro para a obtención de novos contratos abrindo máis posibilidades de construción de barcos para Pemex e reforzando a posición competitiva do estaleiro vigués”. Neste senso salientou a relevancia da operación que “reforza a posición do estaleiro para garantir carga de traballo” sinalou. A Xunta salienta que este acordo supón “un importante paso adiante na alianza estratéxica establecida entre a petroleira Pemex e o executivo autonómico” e reforza o interese
amosado pola compañía mexicana nas capacidades do naval galego.

EL ANUNCIO -por parte de PEMEX- DE LA ADQUISICION
PMI, filial de Petróleos Mexicanos (Pemex) anuncio la compra del 51% de las acciones del astillero español Hijos de J. Barreras, S.A (Astillero Barreras). 
Mediante un comunicado, Pemex argumenta que el contrato de inversión es un esfuerzo conjunto "encaminado a la reactivación de la industria naval en España". 
De esta forma, Pemex a través de PMI pasa a ser el accionista mayoritario del astillero. La operación financiera se da en el momento en que PMI junto con Astilleros Barrera y el astillero público Navantia, participan en la licitación pública internacional convocada por Pemex Exploración y Producción (PEP) para la contratación de los servicios de alimentación y hotelería con el apoyo de dos floteles. La paraestatal señala que la operación financiera permitirá desarrollar capacidades en el mediano plazo para la construcción de buques especializados en México, capitalizando así el desarrollo tecnológico del sector naval gallego en la industria petrolera, entre otras. Asimismo, explica que este contrato refuerza el acuerdo de colaboración firmado entre Pemex y la Xunta de Galicia en mayo de 2012, cuyo propósito es establecer una alianza estratégica en materia de construcción naval. 
La petrolera mexicana señala que PMI y Astillero Barreras han mantenido conversaciones en México con armadores nacionales e internacionales con el fin de confirmar pedidos e iniciar la construcción de barcos en las próximas semanas. 
El grupo PMI es un conjunto de empresas dedicadas a realizar actividades comerciales en el mercado internacional de petróleo crudo, productos petrolíferos y petroquímicos, con operaciones en más de 20 países. Entre sus objetivos está también el desarrollo de proyectos estratégicos, tales como construcción de infraestructura y alianzas con otros participantes de la industria. 
Astilleros
Barreras, fundado en 1892 y situado en Vigo, está dedicado fundamentalmente a la construcción de grandes buques, principalmente Ro-Ro, ferries y offshore, entre otros. En la vanguardia de la innovación y las nuevas tecnologías, el astillero Barreras cuenta con altos niveles de calidad y prestigio, afianzado como un referente dentro de la construcción naval en Europa.

La edición 22 de MORRAZO TRIBUNA ya circula en papel por los lugares de costumbre pero en formato electrónico también la puedes leer desde aquí (pulsa imagen)

"GALICIA É A COMUNIDADE QUE EN 2014 FARÁ MAIOR ESFORZO INVESTIDOR AO TEMPO QUE BLINDA OS SERVIZOS PÚBLICOS" (Conselleira de Facenda)

MORRAZO TRIBUNA | Compostela |
A Consellería de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, subliñou hoxe que Galicia será a comunidade autónoma que en 2014 fará un maior esforzo investidor nos seus orzamentos, ao tempo que blinda os servizos públicos ao dispoñer as contas máis sociais da historia da autonomía, con preto do 80% do gasto dedicado a sanidade, educación e servizos sociais.
Na súa intervención durante o debate de totalidade das contas, Muñoz Fonteriz destacou que os Orzamentos da Xunta para 2014 fan unha aposta decidida pola estabilidade como elemento chave para iniciar o crecemento económico e para consolidalo. “Só dende a estabilidade ten sido posible sentar as bases para poder comezar a recuperar o crecemento e só con esta política será posible a partir de agora inicialo”, subliñou.
Neste sentido, lembrou que as de 2014 serán as contas menos restritivas dende que se iniciou a crise, cun gasto financeiro de 8.391 millóns de euros que se sitúa en termos similares ao ano 2006. Pese a iso, a Administración galega manterá o esforzo continuado de redución de gasto non produtivo, co obxectivo de “adecuar os gastos nos que incorreremos aos ingresos que realmente teremos, como calquera familia”.
A conselleira de Facenda incidiu en que o Goberno galego foi quen de presentar en só once meses dous orzamentos, achegando certidume e reforzando a solvencia da Comunidade. Isto permitiu que Galicia siga financiándose sen precisar o rescate do Estado, atendendo sen problemas os seus compromisos de pago e de maneira áxil, e continuará nesta liña no vindeiro exercicio. 
Así, Elena Muñoz Fonteriz recordou que Galicia deixou atrás a recesión no segundo trimestre do ano, e agora as contas do vindeiro exercicio “permiten por primeira vez reflectir un cambio de tendencia económica”. De feito, en 2014 a Comunidade galega compatibilizará por primeira vez dende que se iniciou a crise o crecemento económico cun descenso da taxa de desemprego, que segue sendo a máxima prioridade para o Goberno galego.
En canto ás liñas básicas dos Orzamentos, insistiu en que volverán priorizar a axuda aos que máis o necesitan co impulso a unha política fiscal máis xusta e progresiva. Ademais, tamén incluirán medidas para a reactivación económica –como o incremento do 7% na dotación do Fondo de Crecemento, ata 412 millóns de euros- e fomentarán o reequilibrio territorial, destinando nas provincias de Lugo e Ourense case un 50% máis de investimento por habitante.

Beneficios fiscais
Durante a intervención no Parlamento, a conselleira de Facenda destacou que o total de beneficios fiscais sobre os tributos nos que ten capacidade de actuación a Administración galega alcanzarán os 306 millóns, dos que o 90% teñen os seus efectos no ámbito social. Deste xeito, a Xunta alivia a carga que teñen que soportar os galegos subvencionando parte dun determinando servizo ou a través das rebaixas selectivas de impostos.
Precisamente, Muñoz Fonteriz lembrou que a Xunta pedirá menor esforzo ás rendas máis baixas a través da redución do tramo máis baixo do IRPF para as bases liquidables de ata 17.707 euros, o que permitirá achegar máis progresividade ao sistema e dotará de menos ingresos aos que máis teñen.
Ademais, o Goberno galego elevará as deducións neste imposto en caso de nacemento ou adopción para facilitar a natalidade e a conciliación, incentivará as enerxías renovables con bonificacións fiscais e facilitará o relevo xeracional nas empresas familiares cunha modificación do Imposto sobre Sucesións e Doazóns, atendendo unha demanda deste colectivo.
Endebedamento controlado
A titular de Facenda explicou na Cámara que a evolución do endebedamento en Galicia hai que enmarcala nun contexto de incremento xeneralizado de todas as administracións públicas. Non obstante, lembrou que a finais de 2008 o ratio débeda/PIB en Galicia era superior á media das comunidades autónomas, mentres que a finais deste 2013 será tres puntos inferior.

Muñoz Fonteriz explicou que en 2014 Galicia a segunda autonomía que menos gasto financeiro pagará en relación ao gasto non financeiro, e que isto é posible por actuar con rigor e por ter un endebedamento responsable e controlado. Respecto ao Goberno bipartito, o actual Executivo “inverteu a tendencia en época de crise, cando realmente ten sentido endebedarse”, advertiu.

Feijóo, en Vigo : “todos os puntos de vista, por afastados que parezan, son concordantes cando se poñen ao servizo dun obxectivo común”

MORRAZO TRIBUNA | Vigo |
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou hoxe que “todos os puntos de vista, por afastados que parezan, son concordantes cando se poñen ao servizo dun obxectivo común”, e avogou polas alianzas “como o mellor camiño para alcanzar todas as metas”. Nesa liña, afirmou que “ser capaces de manter a nosa diversidade é probablemente o mellor modo de que a nosa terra tome un novo alento cada día”. O mandatario autonómico presidiu o acto conmemorativo dos 160 anos de Faro de Vigo, onde remarcou que “non existe unha única maneira de entender, e por tanto, de describir Galicia; porque Galicia tampouco é uniforme”, e considerou que cada perspectiva “é un estímulo que nos permite percibir con máis atino as cousas que pasan”.
O titular da Xunta puxo como exemplo que a ollada de quen ve a economía de Galicia en mellores condicións  que hai un ano “non é contraditoria coa perspectiva de quen cre que aínda queda camiño por percorrer”. “Son complementarias –manifestou- e ambas as dúas coinciden no esencial: que é o desexo e a vontade compartida de saír da crise económica”.
Na mesma liña, sinalou que a perspectiva de quen ve Vigo na liña de cumprir moitas das súas materias pendentes, como o novo hospital público e a nova depuradora en construción, ou a mellor situación do sector da automoción, non é tampouco incompatible “coa necesidade de seguir traballando para culminar outros retos, como a Cidade da Xustiza ou a recuperación doutros referentes do desenvolvemento industrial da cidade, como o naval”.

"Púrpura" lleva en Cangas la concienciación a las calles

MORRAZO TRIBUNA | Cangas |
La asociación Púrpura organizó con motivo del día internacional por la eliminación de la violencia de género, diversas intervenciones teatrales donde se reflejaban situaciones de violencia de género. 
Bajo los rótulos de : "control", "sometemento", "medo a falar" y "complicidade" las y los colaboradores interpretaron escenas visibilizando este tipo de maltrato tan arraigado en nuestra sociedad. Se pudo ver el acto en lugares como: plaza das Pontes, Eirado do Sinal, calle Eugenio Sequeiros, plaza de A Palma y en el Ayuntamiento. Las intervenciones contaron con 15 participantes repartidos en dos grupos, uno de mañana y otro de tarde. 
Para acabar con la programación del 25 de noviembre; la asociación Púrpura organiza un cuentacuento por la igualdad, en la librería El Pozo de los 3 Deseos, el próximo sábado, a las 12 horas.

Firmado convenio para ampliación
y mejora del campo de fútbol de San Adrián

MORRAZO TRIBUNA | Vilaboa |
A Deputación de Pontevedra destinará preto de 450.000 euros ás obras de ampliación, mellora e dotación de herba artificial ao campo de San Adrián, actualmente de terra dura. Así se recolle no convenio de colaboración que o presidente da Deputación, Rafael Louzán, asinou esta tarde co alcalde de Vilaboa, José Luis Poceiro. O convenio establece que a Deputación investirá 442.474,48 euros nestes traballos, que incluirán a remodelación do campo, coa dotación de céspede artificial de última xeración, a ampliación do terreo de xogo para que poida marcarse como campo de fútbol 11 e dous campos transversais de fútbol 7 (gañando así en funcionalidade), así como a dotación de novas instalacións e equipamentos para adecualos á normativa videnteNeste sentido, dotarase do equipamento necesario como marcadores, porterías, bandeiríns…
A Deputación financiará todos os gastos que derivan da obra, incluídos os de dirección de obra e de seguridade e saúde, mentres que o Concello de Vilaboa se encarga de sufragar o custo da redacción do proxecto, así como de poñer á disposición da Administración Provincial os terreos necesarios.


23/11/13

Ana Pastor se calza las botas de inspección en Catoira y afirma que el Eje Atlántico ferroviario se estrenará en esta legislatura

MORRAZO TRIBUNA | Catoira |
El ferrocarril moderno que unirá A Coruña con Vigo en un santiamén, está cercano ya. Si bien la crisis ha retardado un tanto la construcción de la ferrovía denominada Eje Atlántico, no es menos cierto que el esfuerzo sigue y la construcción, aunque sea a otro ritmo, también.
La ministra de Fomento, Ana Pastor, ha destacado hoy la inversión realizada en el Eje Atlántico desde su llegada al Gobierno, que acumulará 700 millones el próximo año, y ha explicado que "si no hay problemas técnicos, económicos no los hay porque está presupuestado", estará culminado en esta legislatura. 
Pastor ha visitado las obras del viaducto del río Ulla en Catoira (Pontevedra), una obra "compleja y singular", acompañada, entre otros, por el conselleiro de Infraestructuras de la Xunta, Agustín Hernández, así como por responsables de la obra. 
La ministra ha evitado especificar plazos de entrada en funcionamiento y ha señalado genéricamente que será en esta legislatura y que eso depende de los técnicos. Ha indicado que la obra civil tiene que estar terminada, porque la empresa tiene unos plazos que el Ministerio entiende que va a cumplir, en 2014 y ha incidido en que los plazos de puesta en marcha los decidirán los técnicos. 
"Si se cumplen lo pondremos en marcha inmediatamente porque voluntad hay, presupuesto hay y es una obra que nos hace mucha falta", ha afirmado. 
El Eje Atlántico tendrá una longitud final de 155,9 kilómetros, de los que casi la mitad corresponden a túneles y viaductos.  
Actualmente, el tiempo de viaje entre Santiago y Vigo es de 1 hora y 20 minutos y cuando esté marcha el Eje Atlántico, la duración del recorrido será de 45 minutos entre la capital gallega y Vigo. El trayecto completo entre A Coruña y Vigo se estima en 1 hora y 10 minutos y -como dijo la ministra- uno de los objetivos del Eje Atlántico es vertebrar a Galicia de norte a sur con un "tren del siglo XXI". 
La ministra ha agradecido la colaboración de la Xunta, así como el trabajo de los técnicos y al director de obra le ha recordado que "hay que cumplir con los plazos". También ha incidido en el impacto económico de esta obra sobre la economía local y ha anunciado que en las próximas semanas recorrerá más tramos del AVE a Galicia junto con el conselleiro de Infraestructuras. De los casi 94 kilómetros que comprende el Eje Atlántico entre Santiago y Vigo, se encuentran en servicio 36, lo que representa casi un 40 % de la distancia entre estas ciudades, afirma el Ministerio de Fomento en una nota. El 60 % restante se encuentra muy avanzado. Así, ya se han concluido las obras de plataforma entre Vigo y Vilaboa; la superestructura de vía se encuentra finalizada entre Soutomaior-Pontevedra y en ejecución en el resto del trayecto; y todas las obras de electrificación e instalaciones de seguridad y comunicaciones están en marcha. 

Deputación de Pontevedra implicarase na reforestación de 4.000 hectáreas de terreo na provincia

MORRAZO TRIBUNA | Cangas |
A Deputación de Pontevedra implicarase na reforestación de 4.000 hectáreas de terreo na provincia de Pontevedra, no marco do proxecto El árbol es vida da Fundación Española da Madeira. Esta iniciativa, declarada acontecemento de excepcional interese público, busca plantar 10 millóns de árbores en toda España, e calcúlase que xerará máis de 1.000 empregos directos.
Segundo subliñou o presidente da Deputación, Rafael Louzán, a Administración Provincial  decidiu sumarse a este proxecto (cuxo convenio asinará o vindeiro venres, día 29) polo seu valor compromiso ambiental e porque supón tamén unha oportunidade para poñer en valor o potencial forestal da provincia, así como “pola capacidade do proxecto de xerar emprego local”. De feito, para poder reforestar esas 4.000 hectáreas de terreo, a Deputación non só buscará captar donantes e patrocinadores entre as empresas da provincia, senón que negociará cos propietarios forestais a cesión de terreos e procederá á redacción dos proxectos de plantación e á contratación dos traballos necesarios. Neste sentido, para a contratación dos labores de plantación terán preferencia as empresas de inserción social, as persoas en risco de exclusión social e as empresas locais, xa que, tal e como subliñou Louzán, “tamén se trata de favorecer a xeración de emprego na provincia”.
Aposta polo sector forestal
O presidente da Deputación amosouse convencido de que haberá empresas interesadas en patrocinar o proxecto e en realizar doazóns, dado que o 90% importe doado poderano deducir do Imposto de Sociedades e disporán de 10 anos para realizar esta degradaciónLouzán incidiu en que por  medio desta iniciativa “podemos conseguir poñer en valor moitas hectáreas de monte en estado de abandono e dar un novo pulo a esta provincia como polo forestal”. Así, lembrou que “Pontevedra é unha provincia forestal por excelencia”, que conta con “todos os recursos necesarios para sacarlle un gran rendemento económico, social e ambiental aos nosos montes”, pero na que aínda falta “esa concienciación xeral das nosas potencialidades e a implicación no desenvolvemento dunha estratexia para a explotación ordenada e sostible dos nosos montes”. A xuízo do presidente da Deputación, “este proxecto pode ser tamén unha vía para visibilizar ese potencial e facernos conscientes do que temos e do que estamos a perder por non saber aproveitalo”.

Promoven a difusión dos valores históricos e artísticos do Mosteiro de Armenteira

MORRAZO TRIBUNA | Armenteira |
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contribúe á difusión dos valores históricos e artísticos do Mosteiro de Armenteira (en Meis) a través dunha nova cita do ciclo ‘Monumenta: difusión do patrimonio restaurado’, programa de dinamización artística en espazos de interese patrimonial recentemente restaurados ou nos que están previstas actuacións de recuperación. 
Despois do investimento de máis de 320.000 euros realizado pola Consellería neste conxunto, o Monumenta programa para esta tarde un obradoiro – sobre as intervencións das fachadas das igrexas- dirixido ás familias con posterior visita guiada ao conxunto arquitectónico de Armenteira. En concreto o departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad, está a realizar traballos para a recuperación da fonte do mosteiro, así como obras de limpeza e restauración de fachadas, de substitución e restauración das carpinterías -incluídos vidros de protección interior para o rosetón da fachada- e de reparación do pavimento interior. O programa de melloras inclúe, así mesmo, o soterramento da acometida eléctrica, a construción dunha rampla lateral que facilite o acceso de discapacitados ao interior, así como a drenaxe e pavimento do adro co obxectivo mellorar as súas condicións de conservación.
Tras a actividade dirixida ás familias, e xa coa asistencia da directora xeral do Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez Insua; Armenteira acollerá o ‘Noticiario Fol 1932’, un espectáculo que arranca coa proxección do filme histórico recuperado en 2012 por aCentral Folque e o CGAI, que se acompaña de música ao vivo –especialmente composta para a ocasión–do grupo Comisa Bal. A introdución histórica correrá a cargo de Ramom Pinheiro e Martin Pawley, que falarán sobre o cinema e a música nos anos 30 e, en especial, sobre a aparición do Mosteiro neste fita. A continuación a contadora e cantante Charo Pita deleitará aos asistentes cunha sesión de contacontos.

22/11/13

Ayuda Deputación a cambiar calderas de gasóleo para reducir factura energética de los concellos

MORRAZO TRIBUNA | Cangas |
54 dos 62 concellos da provincia teñen na actualidade unha ou varias caldeiras de gasóleo para dotar de calefacción e auga quente sanitaria as súas instalacións municipais, cun gasto anual medio de entre 12.000 e 34.000 euros. Reducir esta factura enerxética e rebaixar as emisións de CO2 á atmosfera é un dos obxectivos que persegue a Deputación Provincial de Pontevedra co proxecto de eficiencia enerxética que ten en marcha e que pretende levar a cabo da man dos concellos da provincia. Así o anunciou esta mañá o presidente da Deputación, Rafael Louzán, que subliñou que o vindeiro 28 de novembro manterá un encontro cos alcaldes para presentarlles un estudo realizado pola Administración provincial e que reflicte que a substitución das actuais caldeiras de gasóleo por outras de biomasa (pellets, astilla ou similares) suporía un aforro de uns 500.000 euros ao ano.
Segundo os datos manexados pola Deputación, o aforro medio anual dunha caldeira de biomasa con respecto a unha de gasóleo é de 9.000 € por caldeira, co que nuns 3 anos estaría amortizado o investimento inicial. Rafael Louzán incidiu en que se poden acadar aforros económicos e ambientais notables, polo que xa hai concellos que amosaron o seu interese en sumarse a esta iniciativa para a substitución das caldeiras nos seus municipios. A Deputación provincial deu xa ese paso no centro Príncipe Felipe, onde se retirou a caldeira de gasóleo para instalar unha de biomasa que funciona con astilla e que o presidente da Deputación visitará o vindeiro luns para comprobar in situ o seu funcionamento e o aforro que supón.


AS EMPRESAS DISPORÁN DUN NOVO PRAZO DE 5 DÍAS PARA SUMARSE AO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL DA DEPUTACIÓN

MORRAZO TRIBUNA | Cangas |
As empresas da provincia interesadas en participar no Plan de Práctica Laboral da Deputación de Pontevedra e que non presentaran solicitude no seu día, disporán dun novo prazo de 5 días na vindeira semana para presentar os seus proxectos e optar a un dos 2.462 bolseiros inscritos no antedito plan. Así o anunciou esta mañá o presidente da Deputación, Rafael Louzán, que subliñou que o motivo desta nova convocatoria é que hai dispoñibilidade económica para incrementar os beneficiarios destas bolsas ata os 500 antes de que remate o ano, polo que se fai preciso que novas empresas se sumen ao proxecto para dar cabida no seu cadro de persoal aos máis bolseiros.
O presidente lembrou que está previsto que a principios de 2014 se faga unha nova convocatoria para que outros 500 dos 2.462 mozos e mozas titulados que presentaron solicitude de bolsa poidan ter esa primeira oportunidade laboral e “dar así cobertura a practicamente o 50% dos solicitantes”.
Publicación das listas
Nesta liña, Rafael Louzán informou de que o vindeiro luns, 25 de novembro, se publicará a puntuación dos bolseiros e a lista de admitidos e excluídos, o que lle permitirá aos solicitantes saber en que posto están e as posibilidades que teñen tanto de entrar a traballar nesta convocatoria como na próxima.Os solicitantes disporán de 3 días hábiles para presentar as reclamacións que consideren oportunas. Por outra banda, no caso das empresas que solicitaron titulados en Ciclo Superior de Animación en 3D, xogos e contornos interactivos; en Enxeñería en Telecomunicacións de Electrónica, en Telecomunicacións de Telemática, e da Licenciatura en Enoloxía e que non van poder dispoñer de bolseiros nestas categorías por non terse presentado ningún candidato, terá a oportunidade de solicitar bolseiros doutras das titulacións sempre e cando o perfil que precisan coincida co de algún dos solicitantes de bolsa. 

VIGO : el BNG despierta y reclama -ahora- que no se venda NovaGaliciaBanco

MORRAZO TRIBUNA | Vigo |
A portavoz municipal do Bloque, Iolanda Veloso, explicou que dado o impulso ao proceso de poxa de NCG por parte do FROB, o BNG decidiu presentar unha moción ao vindeiro pleno de xeito urxente demandando a paralización da venda de Novagalicia Banco por ser unha entidade sistémica para Galiza. “Ata é posible que no próximo pleno xa estea vendida”, alertou.
Iolanda Veloso destacou a “importancia estratéxica para Galiza da permanencia de Novagalicia Banco como banco galego independente”, ao tratarse “dunha ferramenta fundamental para a subsistencia na Galiza do aforro dos galegos e das galegas”, así como para fornecer de crédito para o desenvolvemento dos sectores estratéxicos da economía do país.
Porén, a portavoz nacionalista considerou que as decisións que se están tomando co fin de vender a entidade antes de rematar o ano a través dunha poxa “van na liña contraria”aos intereses de Galiza. “Sexa cal sexa o resultado podemos dicir que é un negocio realmente ruinoso”, asegurou, lembrando que se destinaron máis de 9.000 millóns de recursos públicos para o seu saneamento e a venda en réxime de poxa só permitiría recuperar unha parte moi pequena do diñeiro público investido. 
Perda de postos de traballo
Iolanda Veloso tamén fixo referencia a outra das consecuencias deste proceso, como é a eliminación de oficinas en Galiza e a súa repercusión no servizo e no emprego. “Tendo en conta a dispersión xeográfica do noso país, esta decisión vai deixar a moitas persoas sen ningún tipo de servizo”, advertiu. 
Neste sentido, e segundo apuntou a portavoz nacionalista, no caso de Vigo as consecuencias da venda serían especialmente graves pola posíbel desaparición dos servizos centrais que se atopan na cidade, o cal suporía a perda de entre 600 e 700 postos de traballo. “Esta é unha consecuencia realmente grave”, considerou, xa que esta eliminación de emprego sumaríase ao nivel de desemprego xa existente.
Por outra banda, a portavoz municipal do BNG destacou que as persoas afectadas pola estafa das participacións preferentes e subordinadas que aínda non obtiveron unha resposta ás súas demandas “atoparanse nunha situación de maior indefensión aínda unha vez materializada a venda do banco”.
No tocante á  Fundación Novacaixagalicia, (na que ademais do patrimonio pictórico inclúense o centro social, o cultura, os centros de ensino e a Finca de San Roque) Iolanda Veloso alertou do grave problema que supón para o seu mantemento que a entidade non teña financiamento de ningún tipo.
Co obxectivo de evitar estas graves consecuencias, ademais de reclamar a paralización da súa venda, a moción do Bloque insta  á Xunta de Galiza a demandar do Congreso dos Deputados aprobar as reformas legais necesarias para que sexan consideradas sistémicas tamén as entidades financeiras con presenza significativa en ámbitos territoriais determinados.

Asemade, o BNG pide rexeitar ante o Goberno do Estado a calquera  tentativa de venda a outra entidade que supoña a perda do seu vencello territorial con Galiza, así como defender a permanencia de Novagalicia Banco como entidade financeira galega independente, estudando a alternativa da súa transformación nun Banco Público Galego. Finalmente, no documento reclámase que as persoas adquirentes de participacións preferentes das extintas caixas de aforro poidan recuperar a totalidade dos seus aforros. 

La portavoz del BNG en Vigo ve como un "conflicto interno dun partido" que parientes de los que mandan se coloquen en la órbita municipal

MORRAZO TRIBUNA | Vigo |
A portavoz municipal do BNG no concello de Vigo, Iolanda Veloso, deu conta novamente da postura do BNG en relación á acusación de 'enchufismo' efectuada polo exalcalde Carlos Príncipe nos medios de comunicación. En resposta ás preguntas dos medios destacou que o actual rexedor da cidade debe dar explicacións “para atallar canto antes o asunto” e para non prexudicar máis a vida política.
Iolanda Veloso explicou que o Bloque só coñece dita acusación polo publicado nos medios. “O que máis nos preocupa é que nun momento en que a política é cuestionada, este tipo de acusacións que teñen a súa orixe nun conflito interno dun partido político  deber ser atallada canto antes, e así llelo reclamamos ao alcalde”, subliñou.

“Vemos como un conflito interno dun partido salpica toda a vida política municipal”, criticou a portavoz nacionalista, quen tamén aclarou que de haber outro tipo de denuncia no eido xudicial “é a xustiza a quen ten que responder, pero no eido político ten que ser o alcalde quen ten que dar as explicacións”. 

Cangas : acción simultánea de cara a promover o pre-lanzamento en exclusiva do disco "Orquesta Gharbo!"

MORRAZO TRIBUNA | Cangas |
Esta mañá dende as 12:00 h os locais da Asociación de comerciantes e hostaleiros do casco vello de Cangas do Morrazo "Cangas Vella" organizan unha acción simultánea de cara a promover o pre-lanzamento en exclusiva do disco "Orquesta Gharbo!" de Nelson Quinteiro que terá lugar mañá sábado 23 ás 21:00 h no Auditorio Municipal de Cangas.
A acción consistirá nunha serie de micro-concertos de rúa da man de María López (Faltriqueira) e Nelson Quinteiro, que percorrerán diferentes espazos da vila levando un equipo autónomo de son dende o que se escoitarán varias das músicas do disco.
Nas paradas (Praza de Abastos, Praza do Sinal, Montero Ríos, Rúa San Xosé, etc...) os dous cantantes farán diferentes intervencións a capella, namentres se reparten volantinas coa información do espectáculo.
Simultáneamente moitos dos locais da Asociación Cangas Vella pincharán nos seus equipos varios dos temas do disco.
O obxectivo é facerse ouvir, e invitar á xente de Cangas a arroupar ó cangués na presentación desta aventura musical.

Foro Inade, 26 de noviembre, Vigo : impacto del seguro de accidentes en la Sociedad

MORRAZO TRIBUNA | Cangas |
El próximo martes 26 de noviembre el “Foro Inade” acogerá una sesión de trabajo en Vigo centrada en el análisis y reflexión sobre el riesgo de accidentes, evento muy presente en el conjunto de la sociedad. La jornada, que se celebrará a partir de las 16,00 horas en la sede de la Confederación de Empresarios de Pontevedra en Vigo, estará presidida por el Presidente de la confederación, Luis Novoa Díaz.
En el transcurso de la jornada, el Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) de Pontevedra, presentará un “Estudio de la siniestralidad laboral en Galicia” y José María Elguero Merino presentará su última publicación “El contrato de seguro de accidentes” Thomson Reuters Civitas.

Un magnolio para el recuerdo,
un instante para la sensibilización

MORRAZO TRIBUNA | Cangas |
Esta mañá o Alcalde de Cangas José Enrique Sotelo participou na plantación dun magnolio na Alameda de Aldán, unha iniciativa promovida pola Asociación Párkinson Galicia Bueu como parte dunha campaña que ten como finalidade sensibilizar a poboación cara o problema da enfermidade do Párkinson.
O acto tivo lugar as doce da mañá e nel participaron os membros da asociación. Cada ano por estas datas a Asociación Párkinson Galicia planta unha arbore en distintas zonas realizando “unha actividade que permite facer visibles cara o público ás persoas cun maior grao de illamento ao mesmo tempo que para os enfermos é un modo de pasar un día diferente, saír a rúa e sentirse satisfeitos”. Así o afirma a Directora da Asociación, Begoña Cerqueiro.
Este é o cuarto ano que Párkinson Galicia Bueu leva a cabo esta iniciativa e polo momento xa teñen árbores plantadas en Vilagarcía de Arousa, Marín, Pontvedra, Lalín, Moaña, Cangas e Aldán. Ademais o pasado ano fixeron unha plantación especial de 100 árbores en colaboración co CEIP Ardán. O Alcalde de Cangas en representación do goberno local quixo manifestar o seu apoio as persoas que padecen esta enfermidade.

Cuando el "mal" que se avecina
descubre otros "males"

El delegado de la Xunta en Pontevedra lo ha dicho este mediodía muy claro : "hay concellos, como el de Pontevedra, que cobran a los vecinos una tasa por basuras que luego no aplican en su totalidad a sufragar los costes del servicio". Y pasó a explicar cómo así Pontevedra concello debe lo que debe a Sogama. Y reiteró : "cobran por algo y luego destinan dinero de ahí a otras cosas, supongo". Palabra más, palabra menos, así lo vino a decir en el micrófono que tenía delante, cuando eran las 12:45 aprox. de un día como este.
Hablaban de la subida de costes que se avecina para los ciudadanos de Galicia, derivada del proceso de destrucción de basuras a través de Sogama. Y acto seguido, hablaba Cores Tourís, de cómo esas docenas de alcaldes de Bloque y PSOE que amenazan con encerrarse en la sede de la Xunta, si se aplica la subida que Sogama pretende, no había pedido en momento alguno una entrevista con el Conselleiro de Medio Ambiente, para empezar a dialogar sobre el asunto : "cuando menos eso, dialogar como primer paso e intentar llegar a acuerdos; pero no, van directamente a algo que tiene todos los tintes de campaña política…"
En medio del alboroto de estos días, en medio de lo indudable : otra subida más en tasas por servicios que se avecina para el sufrido ciudadano, luces que -cuando menos- nos llevan a pensar que las cosas no se están haciendo bien. Y a lo que se observa, desde hace algún tiempo. Un mal que se avecina que pone a la luz otros males. 
Déjense de tanta politiquería y busquen soluciones de verdad que beneficien al ciudadano, que comienza a estar muy harto.
LUIS ARTIME

21/11/13

Por obras cerrará 3 días
el Mercado Municipal de Cangas

MORRAZO TRIBUNA | Cangas |
Como consecuencia dos traballos de acondicionamento e mellora que se están a realizar na Praza de Abastos, o vindeiro sábado día 23, o domingo 24 e o luns 25 o Mercado Municipal permanecerá pechado. A zona pequena da praza na que se vende o peixe do día seguirá aberta ao público.  O martes 26 o mercado abrirá as súas portas con total normalidade. 
Esta decisión foi tomada onte nunha reunión mantida entre a Concelleira de Comercio Berta Pérez e  as praceiras de maneira consensuada. As características do novo pavimento que se vai a colocar no chan da praza requiren uns tempo de secado polo que durante uns días é necesario manter a zona desocupada. Berta Pérez afirma que elixíronse estas datas para o peche coa finalidade de afectar da menor maneira posible ao desenvolvemento da actividade comercial do Mercado Municipal. 
Recordemos que dende fai unhas semanas na Praza de Abastos estanse a realizar unha serie de melloras que consisten na construción dun falso teito con superficie que evitará o desprendemento de partículas da cuberta, a reparación e substitución dos elementos de carpintería do exterior de edificio e  a pavimentación do solo  cun pavimento especial de resina que evita as filtracións e facilita a limpeza. Estes traballos están financiados pola Consellería de Economía e Industria no seu 75% e  o 25% polo Concello de Cangas.
Está  previsto que estas actuacións finalicen este mes de novembro. 

Conselleiro Hernández precisa sobre su relación
con alcaldes por el canon de Sogama

MORRAZO TRIBUNA | Compostela |
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, afirmou hoxe que no seu departamento aínda non se recibiu ningunha solicitude de alcaldes para falar de Sogama, e adiantou que “nesta consellería temos por norma  atender a todo o mundo. Loxicamente, calquera cuestión que xurda no ámbito municipal debe estar canalizada a través da FEGAMP, polo que cando chegue esa petición atenderémola como é a nosa obriga”.
En todo caso, lembrou que “sobre esta cuestión a Xunta xa trasladou hai tempo aos concellos a situación de Sogama”  e a necesidade de equilibrar as súas contas debido aos cambios no sector eléctrico, co obxectivo de garantir a súa sostibilidade no tempo. 
Nunha rolda de prensa organizada para presentar unha campaña sobre reciclaxe, Hernández explicou que a Xunta “estivo e estará en primeira liña para pedir ao Ministerio de Industria un tratamento e unha sensibilidade especial para as plantas de valorización de residuos sólidos urbanos, posto que sen lugar a dúbidas están a prestar un servizo público”. 
O conselleiro afirmou que os cambios que se están a levar a cabo no sector eléctrico por parte do Estado teñen como obxectivo resolver o déficit tarifario herdado dos executivos anteriores, e lembrou que dito déficit estaba cuantificado no ano 2004 en algo máis de 2.000 millóns de euros e que en 2011, no cambio de Goberno, multiplicárase por trece.
O responsable de Medio Ambiente asegurou tamén que “Sogama non ten ningún afán de de lucro e polo tanto se temos marxe para aplicar no futuro baixadas do canon o faremos, como non temos máis remedio que aplicar a suba  agora como consecuencia so necesario equilibrio das contas da sociedade”.

Agustín Hernández participou esta mañá na presentación dunha campaña divulgativa para mellorar as cifras de reciclaxe en Galicia, na que afirmou que se se acada a media de reciclaxe que se está a rexistrar no ámbito estatal, os concellos galegos obterían tres millóns de ingresos adicionais grazas á recollida separada de residuos como papel, plásticos, cartón ou vidro.

La Xunta anuncia su recurso
de casación contra la sentencia del Prestige

MORRAZO TRIBUNA | Cangas |
 O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que o Goberno galego presentará ante o Tribunal Supremo un recurso de casación contra a sentenza do Prestige coa pretensión de que se converta “nunha sentencia  de reparación dos danos provocados á sociedade galega”. Trátase, sinalou, de buscar “a maior protección dos intereses dos galegos e da defensa do medio ambiente galego”.
Na rolda de prensa posterior ao Consello, o mandatario autonómico sinalou que a decisión de presentar o recurso foi adoptada logo de que a Asesoría Xurídica Xeral da Xunta avaliase ao longo da última semana “se existían argumentos xurídicos sólidos que nos permitisen defender a nosa opinión no ámbito xudicial”. A ese respecto, sinalou que o recurso dará forma xurídica á “decepción política” da Xunta ante “a falta de responsabilidade xurídica derivada da sentenza” que ditou a Audiencia Provincial da Coruña.
Feijóo salientou que “Galicia sufriu graves consecuencias ecolóxicas, sociais e económicas por mor de que se deixase navegar a un barco ao que nunca se lle debeu deixar navegar”, polo que considerou que “a clasificadora, a aseguradora e a armadora non poden quedar impunes”, senón que deben asumir a responsabilidade de indemnización.
Na súa comparecencia, o titular da Xunta lembrou os prexuízos ambientais que sufriu Galicia co accidente do petroleiro e os danos nos que incorreu como consecuencia deles, e insistiu en que debe haber “un responsable e o que dane o noso medio, como ocorreu co Prestige, debe reparar o dano que causo”.
O presidente autonómico sinalou que a Asesoría Xurídica avaliou a sentenza en coordinación coa Avogacía do Estado e a Fiscalía Xeral e, ante as posibilidades de realizar unha adhesión ao recurso anunciado polo Goberno central ou de presentar un recurso propio, o Executivo galego optou pola segunda. Así, hoxe o Consello da Xunta decidiu encomendarlle á Asesoría Xurídica Xeral cumprir co requisito obrigado de anunciar a presentación do recurso de casación, que se dirixirá contra a absolución do capitán do barco polos delitos contra o ambiente dos que estaba acusado. “Pretendemos –apuntou- que o capitán e, no seu caso, a aseguradora da que depende o capitán, teña unha responsabilidade patrimonial e unha responsabilidade indemnizatoria dos danos”.

El plan de la Xunta para ayudar
a las familias numerosas está aquí

MORRAZO TRIBUNA | Compostela |
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, o deseño da Estratexia de familias numerosas de Galicia que, cun total de 53 medidas e un investimento de 36,4 millóns de euros, beneficiará entre 2013 e 2016 ás 19.500 familias numerosas galegas.
Entre as medidas máis novidosas destacan as de carácter social, como a prioridade destas familias ao Programa Reconduce de prevención de risco de desafiuzamento por execución hipotecaria; e, tamén, a prioridade de acceso ao Plan de vivenda 2013-2016 de fomento do alugueiro, a rehabilitación de edificacións e a rexeneración e renovación urbanas.
Para mellorar a mobilidade, cómpre subliñar o establecemento de políticas sociais no Plan de transporte metropolitano de Galicia, con reducións das tarifas previstas do 20% nas áreas constituídas da Coruña, Ferrol, Santiago e Lugo e en constitución de Ourense, Pontevedra e Vigo.
Así mesmo, as familias numerosas terán prioridade en 2014 na obtención da flexibilidade do horario laboral e a posibilidade de traballar desde a casa para conciliar a vida persoal, laboral e familiar; e prioridade tamén na elección do período de vacacións das mulleres xestantes e das mulleres e homes con fillos ou fillas menores de 12 anos ou maiores dependentes ao seu coidado, sempre no eido do emprego público. 

VIGO : "González Pons II" pone puntos sobre las íes ante nuevo show de Carmela Silva

MORRAZO TRIBUNA | Vigo |
El edil del Grupo Municipal del PP de Vigo, Antonio Bernárdez De Dios, ha calificado este jueves de "auténticamente vergonzosa" la petición de Carmela Silva (PSOE) al Gobierno central para que destine fondos al Puerto de Vigo y compense así su exclusión de la red transeuropea de transportes como terminal nodal.
El concejal Antonio Bernárdez, con la expresividad que le caracteriza -que le ha supuesto el apodo de "Gonzalez Pons II"-  ha recordado que fue "el compañero de partido de doña Carmela", el ahora exministro José Blanco, el que en su día "le negó la categoría de nodal" al puerto de Vigo, por lo que ha instado tanto a Silva, como al alcalde Abel Caballero, que en su día "llegó a decir que era un error técnico que se subsanaría", a que estén "callados" por "simple decencia política".
Bernárdez ha insistido en que José Blanco, al frente del Ministerio de Fomento, primó la presencia del puerto de A Coruña en esa red de puertos nodales, en detrimento de Vigo. En aquel momento, Caballero ya era alcalde y la propia Silva era portavoz del PSOE en el Senado "pero entonces callaban, para que no les llamasen al orden en su partido sus superiores y amigos del zapaterismo".
"Los vigueses tienen que saber que los principales responsables de que Vigo no haya sido considerado puerto nodal son los cargos socialistas, los mismos que ahora manipulan la realidad y tratan de hacer ver otra cosa a la cuidadanía. Pero es hora de pararles los pies y decirles lo que vale un peine" , ha insistido el concejal del PP, quien ha tachado de "broma de mal gusto" la reclamación ahora de Silva al Gobierno central.

Más de 4.000 personas en Galicia : condenadas a morirse 10-15 años antes, viviendo debajo de un puente...

Más de 4.000 personas viven en las calles, condenadas a su suerte, aquí, en Galicia.
Hoy lo denunció el periodista Javier García Sánchez, en los últimos tiempos implicado en la loable tarea de ayudar al prójimo, a través de Cáritas.
Javier es el autor de una frase pronunciada hace meses -a la que poco casos hacen las administraciones- "non podemos ser os salvadores do traballo que ten que facer a administración".
El tiempo va pasando escandalosamente y las administraciones no afrontan el problema del desamparo, de los abandonados a su suerte, de la pobreza extrema, de los que duermen debajo de un puente…
Hoy, García Sanchez ha recordado que quienes viven debajo de un puente, o malamente guarecidos en cualquier casa abandonada, o atrancados en un portal por las noches… esa gente, se muere antes : 10, 12, 15 años antes que los demás, los que vivimos bajo techo.
¿Cómo es posible que estemos tan sordos?. ¿Cómo es posible que los políticos sigan embarcados en tanta estupidez y no tengan lo que hay que tener para resolver estos problemas; el mínimo de sensibilidad necesaria e indispensable al caso?.

20/11/13

El PP advierte que irá adelante, si o si, con la reducción del número de diputados autonómicos

MORRAZO TRIBUNA | Compostela |
O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, afirmou hoxe que haberá redución de deputados e o resto de partidos son libres de propoñer que se amplíe o número nos seus programas electorais.
Así se expresaba o dirixente popular nunha entrevista concedida á Cadena Cope, onde afirmaba que o PSOE terá a oportunidade moi pronto de aclarar se está a favor, en contra ou de perfil no que se refire á proposta de redución do número de deputados xa que, antes de que remate este período de sesións, o PPdeG propoñerá en firme a modificación normativa.
Como lembrou Rueda, Alberto Núñez Feijóo plantexoulle este tema a José Ramón Gómez Besteiro o outro día na xuntanza que mantiveron e agora verase cal é a opinión do secretario xeral do PSOE galego. Neste senso, reiterou que os populares van a acometer a redución e despois os socialistas xa verán se deciden presentarse ás eleccións propoñendo no seu programa electoral aumentar o número de deputados, “a ver qué opina a xente”.
Segundo afirmou Rueda, con menos deputados pódese facer o mesmo traballo e lembrou que o PPdeG desde un principio apostou, xa antes das eleccións, por unha Cámara con menos parlamentarios, xa que cree que pode funcionar igual de ben ou mellor.
Como destacou Rueda, trátase dunha medida que supón un aforro de millóns de euros por lexislatura. Neste senso, cre que se se lle piden sacrificos aos cidadáns e que apreten os cinturóns, os políticos tamén deben buscar a forma de aforrar custes nas institucións públicas. 
Por tanto, como o Estatuto permite un Parlamento con menos deputados, os populares así o propuxeron. Con respecto a isto, Rueda lembrou como a oposición os acusou, antes das eleccións, de que o facían para sacar vantaxe electoral. Finalmente, presentáronse ás eleccións sen ter tocado o número de deputados e o PPdeG aumentou os seus apoios, desmontándose así a teoría da oposición. Non obstante, como se trata dunha promesa que ía incluída no programa electoral do PPdeG, así se levará a cabo.

Esta era la manifestación de estudiantes, hoy en Vigo : 6 detenidos, varios heridos



El video desde el que, esta tarde, Ronaldo y cía dan las gracias a todos los portugueses

A propósito de himnos y jugadores que cantan.
Com certeza : uma gente que não é duvidosa

Hoy es un día importante para Portugal, los portugueses y los que simpatizamos con el país hermano. En plena crisis, en plena agonía económica de millones de personas afectadas por esa peste que asola el país lusitano, no cabe duda que el éxito futbolístico de anoche, sirve al menos para mitigar la tristeza de la realidad actual, hacer olvidar por un tiempo -aunque sea breve- las preocupaciones y devolver el orgullo de ser alguien, a través del Deporte, en el panorama mundial.
Es momento siempre emotivo, antes de los enfrentamientos deportivos internacionales, la interpretación de los himnos de los respectivos países en juego. Ultimamente, es moda enfocar muy de cerca a los jugadores, observar si cantan o no el himno, con qué intensidad lo hacen, observar qué manifiesta su rostro en esos instantes previos al inicio del partido, donde los nervios -en un match tan trascendental como anoche- suelen ser manifiestos.
Repasando vídeos de partidos de la selección portuguesa, en donde está registrado el tiempo previo, dedicado a lo antes descrito, no hemos hallado sino lo habitual en esa selección y en otras. Pero… amigo mío, ha caído en nuestras manos, un video de la selección nacional portuguesa… de Rugby. Y no resistimos traerlo aquí. Ahí ya no hay trampa ni cartón. A cada cual, más alto, más fuerte, más coraje al cantar línea a línea las estrofas de "A Portuguesa". Es digno de ver y oír lo que ahora sigue; incluso de volver a ver y oír. Esta gente no es dudosa. Com certeza…


Visitar el Gaiás es una excelente apuesta
para los días 1, 15 y 29 de diciembre

MORRAZO TRIBUNA | Compostela |
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aposta pola fusión de linguaxes artísticas no Museo Centro Gaiás a través de ‘Orinoco en danza’, unha visita guiada especial á exposición ‘Orinoco. Viaxe a un mundo perdido’ na que a variedade da arte das tribos venezolanas se presenta a través da exprevisidade da danza.
Pensada para todos os públicos, ‘Orinoco en danza’ ofrece ao longo dos tres andares do Museo Centro Gaiás tres pezas de danza contemporánea ideadas por Mercedes Suárez, directora do Centro Coreográfico Galego e executada por bailaríns cuxa historia está ligada a este centro. 
‘Yanomami, os fillos da lúa’; ‘O home paxaro’ e ‘Hiwi, xente da sabana’ sorprenderán ao visitante no seu percorrido guiado polos segredos da gran mostra que alberga o Museo Centro Gaiás durante tres domingos de decembro: o 1, o 15 e o 29. A actividade contará con dous pases: 12:30 e 18:30 horas e o prezo é o mesmo da entrada á exposición aínda que é preciso reservar praza en www.cidadedacultura.org
‘Orinoco en danza’ forma parte do programa de actividades lúdicas e didácticas co que Cultura e Educación pretende achegar esta mostra da Fundación Cisneros –en exposición na Cidade da Cultura ata o 12 de xaneiro de 2014- a todos os públicos.
Tres pezas únicas
A visita guiada de danza discorre polos tres andares do Museo Centro Gaiás que ocupa a mostra ‘Orinoco. Viaxe a un mundo perdido’. A longo do seu percorrido, o visitante poderá contemplar unha primeira peza basada na lenda do home paxaro, que estará acompañada pola música de Ennio Morricone que aparece na película ‘La misión’.
‘Yanomami, os fillos da lúa’, coa música do Claro de lúa de Beethoven, inspírase na lenda dos yanomami, nados da lúa que vivía no corpo dun gran xamán, e adentrará aos visitantes no mundo da maxia, os costumes e as lendas das tribos do Alto Orinoco.
Por último, os bailaríns interpretarán ‘Hiwi, xente da sabana’ con música de percusión, unha peza que amosa a creación dos membros desta tribo, posuidores de dúas almas: Yethi e Humpe. A primeira é invisible e deixa o corpo mentres durme para poder aparecer nos sonos dos demais. A outra, logo de morrer, viaxa cara ao fogar de kúwai –o creador- onde vive con riqueza e abundancia de comida.

Tres pezas únicas que combinan á perfección a sensibilidade da danza e da arte indíxena e que supón unha grande oportunidade para achegarse en familia ao rico patrimonio inmaterial da Amazonia venezolana e ao talento dos bailaríns formados no Centro Coreográfico Galego.


Importante presencia gallega
en los premios nacionales de Cultura

MORRAZO TRIBUNA | Cangas |
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria congratulase de que no día de hoxe, e por cuarta vez neste ano, os Premios Nacionais da Cultura 2013 galardoen unha vez máis a creatividade galega. Esta vez na modalidade de Músicas Actuais, que lle foi concedido hoxe á cantante Luz Casal (Boimorto, A Coruña). Este recoñecemento, que ten unha dotación económica de 30.000 euros, vén sumarse aos tamén colleitados na presente edición polo debuxante  Miguelanxo Prado, na modalidade  de Cómic; e polos escritores Manuel Álvarez Torneiro e José María Merino (A Coru ña, 1941), gañadores dos premios de Poesía e Narrativa, respectivamente.
O artista Miguel Anxo Prado (A Coruña, 1958) foi galardoado co Premio Nacional de Cómic 2013 pola súa obra ‘Ardalén’, o que o converte no primeiro galego que obtén esta distinción. Este ano foi tamén o primeiro no que o Premio Nacional de Poesía recaeu nunha obra escrita inicialmente en galego. O galardón foille concedido ao autor coruñés Manuel Álvarez Torneiro (A Coruña, 1932), pola obra ‘Os ángulos da brasa’, un libro que conxuga vida plena e memoria do lido e do vivido, publicado na nova colección Tambo do selo Faktoría K, da editorial Kalandraka.
Tamén na categoría de Letras, na modalidade de Narrativa, foi galardoado este ano o escritor José María Merino (A Coruña, 1941), pola súa obra ‘El río del Edén’.
A importante presenza de Galicia na nómina de galardoados e galardoadas cos Premios Nacionais de Cultura 2013 supón un motivo de celebración por parte do goberno galego e constata o labor sobranceiro que están a levar a cabo os galegos e as galegas nos diferentes ámbitos da cultura.