31/1/14

Cuotas flota del cerco : evidente camarote de los hermanos Marx

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | - .- Os criterios de reparto de cotas de pesca para a flota do cerco foron acordados polo propio sector na reunión de todas as comunidades autónomas na Secretaría General de Pesca o pasado día 20 de decembro. Agora o que se está a facer, por parte da Xunta, é “traballar cos representantes do sector para analizar os datos e ver se hai algún erro neles”.
Así o matizou hoxe a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, quen se amosou sorprendida pola mobilización, anunciada a través dos medios de comunicación, dunha parte desta flota, co seu amarre a porto. Neste sentido, a conselleira engadiu que “eu creo entender que a flota está máis ben amarrada polo mal tempo que polo reparto das cotas de xarda”.
A maiores, Rosa Quintana fixo un chamamento á tranquilidade e lembrou que “temos o compromiso da Secretaría General de Pesca de que se hai algún erro nos datos se analizará e se corrixirá. Niso é no que estamos a traballar”, destacou.

Xunta considera que ya no se puede esperar más y debe ser implantado -con el permiso del alcalde Caballero- el transporte metropolitano en el área de Vigo

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- Como adiantou MORRAZO TRIBUNA no ser servizo de novas breves no canle de Twitter, A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, enviou hoxe aos alcaldes de Vigo, Cangas, Moaña, Redondela, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Gondomar, Baiona e Nigrán a convocatoria para unha reunión coa que a Xunta de Galicia pretende retomar a implantación do Plan de Transporte Metropolitano na área de Vigo.
A reunión terá lugar o vindeiro mércores, día 5 de febreiro, na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo. Tal e como sinala no escrito a directora xeral de Mobilidade, Camino Triguero, o Goberno autonómico considera necesario avanzar cara a implantación deste programa, tendo en conta que nos últimos días producíronse novidades que afectan á mobilidade dos cidadáns da área e que suscitan a preocupación tanto dos propios veciños como dos concellos.
A convocatoria destaca que a implantación do Plan de Transporte Metropolitano, que nestes momentos estase a aplicar nas áreas da Coruña, Ferrol, Santiago e Lugo, é un obxectivo estratéxico da Xunta, se ben recoñece que a pesares dos contactos e dos realizados ata o de agora foi imposible acadar o necesario consenso para iniciar a implantación do Plan na área de Vigo.

30/1/14

"Os 600 millóns da alianza con Pemex supoñen máis emprego para centos de familias, carga de traballo e esperanza fundada para o futuro do sector naval en Galicia" (Feijóo)

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que os 600 millóns que se materializaron a través da alianza con Pemex supoñen máis emprego para centos de familias, carga de traballo e esperanza fundada para o futuro do sector naval en Galicia. “Esperanza –dixo- porque un estaleiro privado que estaba en concurso de acredores ten a confianza directa da cuarta petroleira do mundo; porque un estaleiro público, despois de seis anos, por fin consigue un pedido cun prazo de execución e de entrega de 30 meses; e esperanza porque un sector estratéxico para Galicia, como é o sector naval, comeza a mirar cara adiante”.
Logo de avaliar no Consello da Xunta a situación que se abre para o sector despois de que se confirmase que os dous floteis da petroleira mexicana se construirán nas rías de Vigo e de Ferrol, Feijóo afirmou que se trata dunha boa nova que Galicia “precisa, merece e que, estou convencido, saberá aproveitar”. “Unha boa nova que Galicia precisa para incorporarse tamén este sector ao camiño da recuperación económica, da recuperación do sector naval”, aseverou.
O titular Executivo autonómico lembrou que diante da situación límite na que se atopaba o sector e a pesar de non ter competencias nel, o Goberno galego traballou e traballa con intensidade por tentar buscar as solucións que se precisaban.  E, como proba deste compromiso, referiuse ao apoio aos estaleiros privados con máis de 100 millóns en avais e préstamos; ao impulso dunha fronte común para negociar en Bruxelas o problema do tax lease; “e, en terceiro lugar, involucrámonos no máis difícil, que era conseguir pedidos”.

Ademais de ser unha boa nova, o presidente da Xunta afirmou que os contratos que se confirmaron fan xustiza a todos os méritos do sector naval, á profesionalidade dos traballadores e á constancia dos seus directivos. “Polo tanto, equivocouse quen puxo en dúbida a capacidade do sector naval en Galicia, quen puxo en dúbida a seriedade e responsabilidade da empresa pública mexicana Pemex e acertou a inmensa maioría dos galegos que si cren na capacidade dos traballadores do sector”, engadiu.
Así mesmo, incidiu en que esta noticia ten que servir de esperanza e de estímulo para Ferrol, para a ría de Vigo e, en definitiva, para todo o sector naval galego “porque sempre cremos nas nosas posibilidades e escolleron Galicia porque sabe facer barcos, porque os prezos eran competitivos e porque a calidade era competitiva con calquera outra oferta”.   
Durante a rolda de prensa, Feijóo amosouse tamén convencido de que Galicia non vai desaproveitar esta oportunidade, “porque a alianza con Pemex –aseverou- aínda pode dar, e ten que dar, máis de si”.
Ao fío disto, insistiu en que é unha oportunidade para que o sector naval no seu conxunto afronte o futuro con máis enerxía e con máis decisión; e avogou por seguir traballando para impulsar a capacidade de Navantia, con novos pedidos como o acadado para deseñar un buque LHD para a armada turca, e para conseguir máis carga de traballo nos estaleiros privados, logo de despexarse o horizonte do tax lease co visto e prace explícito da Comisión Europea.

O presidente da Xunta destacou tamén a oportunidade que supón para reforzar a marca Galicia e para afondar no camiño da internacionalización, non só polas vantaxes que supón con carácter xeral, senón sobre todo pola importancia de que esa internacionalización se abra cara a Iberoamérica, e de forma especial cara a México. 
Sobre este último aspecto Feijóo referiuse ao país mexicano como un país clave para Galicia e para España, “e polo tanto –precisou- é unha clara oportunidade para que México se converta nun socio privilexiado de Galicia e de España”.
“En definitiva, -aseverou a modo de resumo- é unha boa nova que garante emprego;  que fai xustiza aos méritos de todo o sector; e que beneficia a Galicia e a España no camiño da recuperación”.
Feijóo concluíu agradecendo e destacando o compromiso de todos os que fixeron posible esta alianza: o compromiso dos traballadores, “que son o principal garante e aval de ter unha industria competitiva no sector naval”; dos estaleiros “que están e estiveron traballando en épocas de extraordinaria dificultade, sen capacidade de contratación, sen capacidade de financiamento e cun preito que poñía en cuestión a propia viabilidade dos estaleiros”; o compromiso do Goberno central e, moi especialmente, do presidente Rajoy; o compromiso do presidente de México, Peña Nieto; o compromiso dos directivos de Pemex; e o compromiso da Xunta. 

Avanzan co desenvolvemento tecnolóxico
dos servizos de transporte de viaxeiros

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- O presidente da Xunta avanzou hoxe o visto e prace ao proceso de desenvolvemento tecnolóxico dos servizos de transporte de viaxeiros que permitirá modernizar a xestión da flota e mellorar a prestación de servizos para os usuarios.
Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo lembrou que o Goberno galego, a través da Consellería de Medio ambiente Territorio e Infraestruturas e a Axencia Tecnolóxica de Galicia (Amtega), ten en marcha un Plan de modernización das concesións de transporte público regular de uso xeral; un sector, dixo, que dá servizo anualmente a 25 millóns de usuarios, a través de máis de 1.000 autobuses, e que factura 44 millóns de euros ao ano.
Entre as actuacións programadas máis relevantes, o responsable autonómico destacou a posta en funcionamento dun Sistema de Axuda á Explotación no conxunto dos vehículos que permitirá mellorar o control e o seguimento da flota ao garantir o cumprimento das obrigas dos contratos de xestión que poidan ter coa Comunidade Autónoma. E tamén potenciará a demanda de transporte público de viaxeiros, mellorando a súa prestación ao facilitar información de calidade ao servizo da cidadanía, a través de novas ferramentas web.
Así mesmo, a implantación deste sistema fomentará a modernización tecnolóxica do sector e o seu adecuado posicionamento no ámbito comparado; e, por último, sinalou que posibilitará tamén a implantación de novas posibilidades de mobilidade, como o transporte a demanda, ou a integración de distintos servizos de transporte.
A Dirección Xeral de Mobilidade e a Amtega procederán a establecer os requisitos técnicos e funcionais dos Sistemas de Axuda á Explotación dos que deberán dotarse as empresas para a súa homologación dentro do sistema integrado e único que a Xunta quere poñer en marcha en Galicia. 

29/1/14

Floteles también, finalmente
PEMEX cumplió, NÚÑEZ FEIJÓO no engañó

Un flotel. Imagen de offshoreenergytoday.com
MORRAZO TRIBUNA | Compostela | .- Tardaron, pero finalmente cumplieron. Por tanto : Feijóo no engañó. Esta sería la primera conclusión de lo que salta a la vista. Los dos floteles por donde comenzó la relación con México y los impulsos negociadores del presidente de la Xunta ante las autoridades mexicanas, están ahí. Concretados ya en carga de trabajo para Vigo y Ferrol. Durante todo este tiempo, a Feijóo lo pusieron de verano los opositores políticos. No les convenía, obviamente, que la Sociedad percibiese que el presidente de la Xunta no era un botarate. Finalmente, producidos los hechos, el ridículo está a cargo de quienes no supieron esperar para luego juzgar. Juzgaron antes de tiempo… y cosecharon el ridículo en esto.

Después de los aplazamientos ya conocidos, Petróleos Mexicanos (Pemex) ha adjudicado a una de sus subsidiarias internacionales un contrato que conlleva la construcción de dos hoteles flotantes en dos astilleros gallegos, Navantia y Barreras. Los floteles son viviendas flotantes utilizadas por las empresas petroleras para alojar a sus trabajadores de las plataformas de extracción. La adjudicación supone una inversión de más de 292 millones de euros en cada uno y garantizará carga de trabajo durante más de dos años para más de 3.000 operarios en ambos astilleros. 
A partir de la adjudicación comienza el proceso administrativo. Las bases de la licitación establecen un plazo máximo de 15 días para la formalización del contrato, y los servicios deben ser prestados a partir del 13 de julio de 2016, por 10 años. Eso significa que los dos hoteles deben estar listos en menos de 30 meses, para que PMI pueda prestar a PEP los servicios adjudicados en la licitación. 

"No hay plazo que no se cumpla", afirmó anoche en unas declaraciones a la radio mexicana, el director general de Pemex Exploración y Producción (PEP), Carlos Morales Gil, al explicar detalles de la licitación anunciada por la empresa petrolera mexicana. 
Directamente beneficiados son así los astilleros gallegos Hijos de J. Barreras y Navantia, que ya habían acordado previamente la construcción de dos hoteles flotantes con una subsidiaria de Pemex, PMI, el llamado brazo internacional de la petrolera mexicana. Ese compromiso se había anunciado en España a fines de 2012 y en las gestiones había intervenido con reiteración ante las autoridades mexicanas, el presidente de la Xunta, Núñez Feijóo. 
Pero aún faltaba un paso clave: la licitación internacional que allanara el camino para que Barreras y Navantia se encargaran de la construcción de los llamados "floteles". El fallo de la licitación estaba convocado originalmente para el 18 de septiembre pasado, pero fue aplazado varias veces, la última el pasado 30 de diciembre, hasta que anoche se difundió en la capital mexicana el resultado del concurso. "Tras la presentación de las propuestas técnicas y económicas, la oferta presentada por PMI Norteamérica resultó ganadora en ambas partidas con el precio más bajo solvente, entre las ofertas de las siete empresas que calificaron en la última fase", informó Pemex en un comunicado. El consorcio ganador en la licitación, convocada por PEP, estaba encabezado por PMI Norteamérica, en conjunto con la firma de alimentación Kol-Tov y PMI Trading, en un proyecto en el que Barreras aspiraba a construir una embarcación y Navantia otra. El comunicado de Pemex no menciona a los dos astilleros porque el licitante que se adjudicó el contrato fue el consorcio encabezado por PMI Norteamérica, filial de PMI Comercio Internacional, subsidiaria de Pemex. Fuentes de la empresa mexicana han insistido en que el fallo se corresponde con la propuesta presentada por PMI, en la que se incluye el nombre de los dos hoteles flotantes, "1700 Hijos de J. Barreras SA" y "Navantia 0215". 
A pesar de que la licitación fue convocada por una subsidiaria de Pemex y la oferta que ganó fue de un consorcio encabezado por otra subsidiaria, Morales insistió en que se trató de un proceso "totalmente transparente". Las propuestas se abrieron delante de todas las empresas que participaron, insistió el director general de PEP. Los dos floteles están destinados a las plataformas marinas de Pemex, que generan los dos tercios de la producción de crudo de la empresa, la cual alcanzó el año pasado 2,55 millones de barriles diarios.

El objeto de la licitación internacional era prestar servicios de alimentación y hostelería, con el apoyo de dos "floteles" y un plazo de contratación de 10 años, en dos partidas. La propuesta ganadora fijaba un precio de 407 millones de dólares para cada una de las partidas, que incluía tanto el costo de la construcción de cada uno de los hoteles como los servicios que se prestarán durante la duración del contrato. Inicialmente se había informado de que la construcción de cada nave estaba valorada en unos 190 millones de dólares. La propuesta de PMI no era la más barata, porque competía con otra de precio inferior del consorcio encabezado por el Grupo Eyva, que propuso un coste total de 745 millones de dólares para los dos floteles y los servicios de alojamiento y alimentación exigidos en la licitación. Pero esta propuesta encontró problemas ya que una de las embarcaciones ofrecidas tenía características que eran "técnicamente inviables", según dijo el directivo de PEP en unas declaraciones a la emisora local Radio Fórmula. "El segundo lugar en precio lo ocupaba PMI, con una propuesta técnica sólida con características de embarcación de muy alta tecnología, muy avanzadas, que lo posicionaron finalmente en primer lugar", afirmó Morales Gil. 
El fallo del concurso se conoció después de que el 16 de diciembre Pemex se hiciera con el control de Barreras, al comprar el 51% de los títulos de la empresa por 5,1 millones de euros. Pemex ya había anunciado antes su deseo de tomar una participación de capital en un astillero gallego, que no fue identificado en un principio, entre otras razones para beneficiarse de los avances tecnológicos y trasladarlos a México. 
En septiembre de 2012, Pemex dijo que quería sustituir 132 buques hasta el 2015, en la más importante renovación de su flota en dos décadas, pero necesita buscar embarcaciones fuera del país por el limitado desarrollo tecnológico de los astilleros mexicanos. Ya entonces, directivos de Pemex habían reconocido que los astilleros de Galicia eran "reconocidos en el mundo por su competitividad y su diseño". 

REACCION EN LA XUNTA
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe a adxudicación de dous floteis de Pemex aos estaleiros Barrreras e Navantia como “un éxito de país, un éxito do sector naval galego” que non só garantirá carga de traballo de forma inmediata e durante 24 meses, senón que permitirá mellorar o posicionamento internacional desta industria de cara ao futuro, e consolidar a imaxe de Galicia como referente tecnolóxico.
“O primeiro é o impacto sobre as persoas garantindo carga de traballo a Barreras e a Navantia. Pero, ademais, o posicionamento internacional que supoñen estes dous contratos, cun alto compoñente tecnolóxico, poñen a Galicia nunha situación de conquerir novas oportunidades no futuro”, resaltou Conde, que subliñou este “éxito colectivo” como froito do traballo conxunto do Goberno galego, Pemex, Barreras e Navantia. 

Conde salientou como clave destes contratos a “confianza” que Pemex depositou e segue a depositar no naval galego”, adxudicando os floteis a Barreras e Navantia por 300 millóns de euros unhas semanas despois de avanzar contratos para Barreras por outros 300 millóns de euros. 
Incidiu ademais nos beneficios inmediatos que suporá para a industria auxiliar en Vigo e Ferrol, que tamén se traducirán en vantaxes a medio prazo polo pulo á imaxe de Galicia que supoñen estas adxudicacións, e que converte estes contratos “nunha fiestra aberta ao futuro do sector naval, dos estaleiros privados e de Navantia”.
Esa carga de traballo de 600 millóns de euros, destacou Conde, supón unha moi boa nova non só para Ferrol, Vigo e Galicia senón para España, e avogou porque o naval galego se apoie no novo tax lease e na súa competitividade tecnolóxica para seguir gañando competicións internacionais.
A adxudicación dos floteis, resaltou, é un punto de partida para esa meta de acadar novos contratos xa que “amosa a solvencia de país”. É unha oportunidade, destacou, que “debe revitalizar o naval, para que recupere o liderado que nunca debeu perder”.

DEPUTACIÓN ESTABLECE UN NOVO SISTEMA PARA FACILITARLLE AOS CONCELLOS O FINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- A deputada Marta Iglesias e técnicos do departamento de Servizos Sociais da Deputación de Pontevedra mantiveron hoxe unha xuntanza con máis de 50 traballadores e traballadoras sociais dos concellos de menos de 20.000 habitantes para asesoralos e facilitarlles a tramitación das axudas que a Administración Provincial destinará neste ano ao financiamento dos servizos sociais básicos e que ascenden a 2.247.530 euros. Esta xuntanza vén motivada polo novo modelo que a Deputación puxo en marcha para facilitarlle aos concellos a tramitación e axilizar a concesión das axudas. 
Se ata o de agora a achega da Administración provincial se facía en base a convenios individuais con cada concello, no que o municipio se comprometía a achegar o 20% do custe total dos servizos; agora o que se abre é unha liña de axudas regulada por bases, que non contemplan a obrigatoriedade desa achega do 20% e á que os concellos se poden acoller presentando os correspondentes formularios de solicitude e o proxecto descritivo dos servizos sociais que presta. A contía das achegas establécese en función de módulos que se calculan tendo en conta os custes salariais do persoal (segundo o seu perfil profesional, titulación e tipo de xornada laboral) e o material necesario no programa de Axuda no Fogar. Esta achega permitirá dar cobertura a un servizo como é o de axuda no fogar e aos preto de 100 profesionais que desenvolven o seu labor nos servizos sociais municipais e que complementan o labor do traballador social. O obxectivo da Deputación é que os concellos poidan dispor canto antes de liquidez para a prestación destes servizos, que resultan de gran relevancia, xa que se trata de dar atención as persoas con maiores necesidades.

Xunta insiste en la necesaria colaboración
entre concellos para abaratar costes

MORRAZO TRIBUNA | Compostela | .- O vicepresidente, Alfonso Rueda, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaron esta mañá o concello de Aranga para facer balance do traballo da brigada medioambiental que comparte con Monfero e que se financiou ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental.
Rueda destacou a importancia da colaboración entre os concellos para o acceso ás axudas e gañar en eficiencia e puxo como exemplo a Aranga e Monfero, que concorreron de xeito conxunto ao Fondo para financiar con preto de 40.000 euros a brigada medioambiental.
A brigada encargouse da prevención de incendios mediante tratamentos preventivos en vías, camiños e outras superficies forestais en ambos municipios. Realizaron traballos de prevención, vixilancia, extinción e control de incendios forestais; e contribuíron á recuperación do medio natural, evitando o deterioro e conservando a biodiversidade. 
Compartindo este servizo, Aranga e Monfero aforraron custes, gañaron en eficiencia e ofreceron un mellor servizo aos seus cidadáns. Tres obxectivos nos que traballa a Xunta e polos que se está a discriminar positivamente nas subvencións ás entidades locais que aposten pola prestación conxunta de servizos.
O Fondo de Compensación Ambiental é unha iniciativa que o Goberno da Xunta puxo en marcha en 2010 e que permitiu que por vez primeira os concellos galegos puideran beneficiarse directamente da explotacións eólicas, posto que as actuacións que se realizan son financiadas a través do canon eólico.
Ademais, representa un triplo beneficio para os concellos: axuda ás arcas municipais; coopera na conservación do medio natural; e é unha clara mostra da aposta da Xunta polo reequilibrio territorial, xa que beneficia sobre todo a municipios pequenos e do interior de Galicia. 
O ano pasado, a provincia da Coruña foi unha das máis beneficiadas polo Fondo de Compensación Ambiental. Financiáronse máis de 60 proxectos cun investimento superior aos tres millóns de euros.

Moción conjunta sobre defensa del Transporte de Ría aprobarán este viernes los 5 grupos políticos del Concello de Cangas

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- Os cinco grupos políticos membros da Corporación Municipal de Cangas levarán  unha moción conxunta sobre o transporte marítimo e de Ría á sesión plenaria correspondente ao mes de xaneiro, que se celebrará o vindeiro venres día 31. 
Con esta moción a Corporación Local busca instar á Xunta de Galicia a que negocie diante da Unión Europea a declaración do transporte marítimo de ría  como servizo  público. Así mesmo, instarase á Dirección Xeral de Mobilidade a que convoque aos Concellos da Área Metropolitana de Vigo a unha xuntanza na que se establezan os criterios para a posta en marcha do billete metropolitano de xeito que tamén se inclúa no mesmo o transporte marítimo de ría. 
A pesar de que xa se leva moitos anos buscando unha solución para o problema do custo deste transporte, esta moción motivase especialmente tralo anuncio a pasada semana por parte da empresa Mar de Ons, que é a encargada de cubrir a ruta marítima entre Vigo e Cangas, de suprimir as 4 primeiras viaxes do día entre ambos concellos por falta de pasaxeiros. 
Esta non é a primeira vez que se propón que o servizo pase a titularidade pública xa que un informe elaborado en 2009 pola Dirección Xeral de Mobilidade establece que a inclusión do transporte marítimo dentro do plan de transporte metropolitano é a única opción para garantir a súa viabilidade. 
Estímase que dende que a Unión Europea aprobou a liberalización do transporte de ría reduciuse nun 50% o número de usuarios que o utilizan. 

28/1/14

La eurociudad Valença-Tui ya forma parte
de la Comunidad de Trabajo Galicia-Norte de Portugal

MORRAZO TRIBUNA | Valença do Minho / Baiona | .- A Eurocidade Valença Tui já faz parte da Comunidade de Trabalho Galicia - Norte de Portugal, em ato ocorrido, hoje, segunda-feira, 27 de janeiro, em Baiona, no  Xº plenário deste grupo de trabalho transfronteiriço.
A cerimonia foi presidido por Alberto Nuñez Feijoo, atual presidente do organismo e contou com representantes das diferentes localidades transfronteiriças que fazem parte do projeto. Para além da integração da Eurocidade a reunião abordou o Plano de Investimentos Conjuntos 2014-2020 da Euroregião, o balanço e perspetivas das atividades desenvolvidas, bem como foi assinado um protocolo para a implementação do Programa de Mobilidade Interuniversitaria da Euro-região. 
Na reunião, a presidência rotativa, que cabia à Xunta de Galicia, passou para a  a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte, sendo Emídio Gomes o novo presidente.
A Comunidade de Trabalho Galícia - Norte de Portugal é um projeto europeu destinado a fornecer a coesão territorial, económica e social através de ações inovadoras na cooperação transfronteiriça institucional. 
Esta comunidade de trabalho, promovida pela Xunta da Galiza e a Comissão de Coordenação da Região Norte, conta com várias comissões, constituídas por técnicos e principais atores deste território que abordam os grandes temas que preocupam a região.
A Comunidade de Trabalho Galícia-Norte de Portugal é uma entidade transfronteiriça, criada em 1991, com a finalidade de promover uma dinâmica de encontros regulares entre Galícia e Norte de Portugal.
A Comunidade de Trabalho tem consolidado uma frutífera cooperação entre o Norte de Portugal e a Galiza ao nível de Iniciativas comunitárias transfronteiriças, bem como a um nível mais amplo que abrange as relações inter-regionais.
Para Jorge Mendes, presidente da Câmara de Valença, “Hoje, Valença e a Eurocidade ganharam mais voz na Euro-região e capacidade de influenciar e reforçar a cooperação entre as duas margens do rio Minho”.

José Luis Alvite recibe el premio Diego Bernal a través
de terceros, imposibilitado por su dura enfermedad

Escribió una vez José Luis Alvite que «jamás» le «tentó la notoriedad» y, aunque así sea, la tiene y por ello recibió ayer el premio periodístico Diego Bernal 2014, en un acto en el que estuvo muy presente aunque no pudiera acudir a recogerlo al Hotel Puerta del Camino de Santiago.
Mientras Alvite lucha contra el cáncer, periodistas y amigos le transmitieron fuerzas en forma de elogios para un arquitecto de frases célebres, un narrador único de historias reales y ficticias, de metáforas que a veces parecen encriptadas. Las que le han servido para conquistar lectores y para ganar el premio Diego Bernal 2014, distinción que lleva el nombre de un reportero fallecido que fue delegado de la Agencia Efe, y que reconoce una fecunda trayectoria profesional.
Nieves y Eva Bernal, las hijas de Diego, han estado presentes en esta ceremonia. «Lo conseguiste». Ese fue el mensaje privado que le dejó ayer en el buzón de voz Carmen Simón, periodista y mujer de Alvite, a Javier García Sánchez, amigo del premiado, periodista y representante de Cáritas Diocesanas de Galicia. Él no sabía por qué era.
Resulta que Alvite tuvo uno de los mejores días de los últimos meses. Había escuchado desde la cama un programa de Onda Cero y había leído un reportaje sobre él en Efe. Entró en su despacho y le pidió a su mujer el correo de Javier. Alvite volvió a escribir: «Mi salud me impedirá acudir a vuestro encuentro. Mi debilitado estado físico me impide extenderme más. Espero corresponder vuestro afecto con las primeras fuerzas que recupere».
Precisamente García Sánchez es uno de los íntimos amigos de Alvite, al igual que Diego Bernal. «La madrugada con él duraba cuatro días», dice Alvite, por Bernal, a través de la boca de Ramón Castro, periodista de Onda Cero Radio, «compañero, confidente, amigo y hermano» del premiado.
Los dos tomaron café durante diez años y, entre sorbo y sorbo, charlaban sobre lo humano y lo divino y, en ocasiones, «reían a mandíbula batiente». En aquellas conversaciones le dijo Alvite a Castro que «Manuel Fraga fue poco comprendido y que Feijóo es un gran político, independiente dentro del partido, eficaz y honrado». Castro, con voz resquebrajada, emocionado, reconoció los «momentos mágicos» que Alvite ha aportado «a este maravilloso oficio» de contar las historias que suceden. «Que pronto se recupere y vuelva a regalarnos ese derroche de ingenio», deseó el periodista radiofónico a Alvite.
                                                                                             Carlos A. Fernández, en "Diario de León"

963 incidentes atendió Protección Civil de Cangas durante el 2013

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- A Concelleira de Seguridade, María Luisa Prieto, e o responsable de Protección Civil de Cangas, Cesáreo Coia, reuníronse para facer balance das actuacións realizadas por Protección Civil ao longo do 2013. 
Durante o pasado ano Protección Civil atendeu un total de 963 incidentes, o que su pon un incremento de 118 servizos se o comparamos coa cifra de 2012 que foi de 845. Cesáreo Coia quixo recalcar que a maior parte destas actuacións realizáronse na segunda metade do ano “ Durante os seis primeros meses o número de servizos foi o habitual, pero a segunda parte do ano foi de moito traballo, sobre todo o último trimeste” afirmou. Concretamente durante  primeiro semestre de 2013 realizáronse 468 intervencións, mentres que durante a segunda metade no ano rexístráronse 495 servizos 112 dos cales tiveron lugar no mes de decembro. 
A maior parte das actuacións efectuadas ao longo do ano pasado corresponden a operativos de protección civil (127),  prevención de riscos (113)  e intervencións en estrada (111). O responsable de Protección Civil fixo especial fincapé no incremento dos accidentes con feridos que pasaron dos 59 casos en 2012 aos 93  durante o pasado ano, aumentándo en 34 actuacións, das cales a maior parte tiveron lugar nos meses de agosto (14), xuño (11) e febreiro (10).  “Isto pon de manifesto que a crise tamén pasa factura á hora do mantemento dos vehículos, que se pasa máis por alto, e que repercute no número de accidentes de tráfico” declarou Coia. 
En 2013 aumentaron tamén os accidentes laborais pasando de 2 en 2012 a 9 durante o pasado ano.  Segundo o responsable de Protección Civil o aumento máis salientable é o das intervencións en estrada  que pasaron das 64 intervencións en 2012 a  111 en 2013. Estas labores inclúen dentre traballos de retirada de árbores, derrubamentos, limpezas da estrada ou verquidos de gasóleo, que se rexistran maioritariamente nos meses de inverno. 

Obxectivo : incrementar nun 80% as toneladas
anuais recicladas de vidro en Galicia

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .-  A planta de recuperación de vidro posta en marcha por Daorje Medioambiente, S.A.U, no lugar de Areosa (Cerceda-A Coruña), permitirá incrementar nun 80% as toneladas anuais recicladas deste material en Galicia. Deste xeito, coa posta en servizo destas instalacións, Galicia pasará de 38.000 toneladas recicladas ao ano a 60.000, unha cifra que inclúe por primeira vez a eliminación progresiva do acopio histórico acumulado en Sogama dende hai unha década.
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, visitou hoxe estas instalacións con motivo da posta en servizo da súa planta de tratamento de vidro, que se encargará de reciclar o material procedente de Sogama. Neste acto estiveron presentes o presidente do Grupo Daorje, José Manuel Muriel, o alcalde de Cerceda, José López Liñares, o secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Justo de Benito, e o presidente de Sogama, Luís Lamas.

27/1/14

Vigo : el PSOE pasa de revisar y renegociar el contrato
con la concesionaria del transporte urbano

MORRAZO TRIBUNA | Vigo |.- A reclamación do Bloque para que o goberno local revise e modifique as liñas do transporte público e renegocie o contrato coa concesionaria resultou aprobada no pleno cos votos a favor do PP e a abstención do PSOE. Na defensa da moción, a portavoz municipal do BNG acusou ao goberno municipal de facer recortes no transporte público e non atender as necesidades dos usuarios e usuarias.
“Lamentamos que presentaran o seu proxecto de remodelación tras reclamalo o BNG constantemente e non pola evidencia do mal funcionamento do transporte público colectivo”, manifestou Iolanda Veloso a respecto da presentación a semana pasada do proxecto de reforma das liñas de Vitrasa por parte do alcalde unicamente aos medios de comunicación.
A portavoz municipal do BNG destacou que a situación do transporte en Vigo é cada vez máis complicada “debido á mala xestión do transporte público municipal”. Segundo explicou, sofre unha caída constante de viaxeiros, con liñas mal planificadas e inadecuadas ás demandas actuais e que están sen revisar desde hai anos, “tal e como xa denunciou o BNG en múltiples ocasións”, apuntou.

Baiona acoge el relevo en la presidencia
de la Comisión Galicia-Norte de Portugal

MORRAZO TRIBUNA | Baiona | .- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe que o primeiro Plan de Investimentos Conxuntos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal supón un novo salto cualitativo para afianzar a súa posición de vangarda na cooperación territorial europea. Segundo dixo, esa estratexia común pon o acento sobre as metas fixadas pola Unión Europea de cara ao horizonte de 2020: o investimento inmaterial e en capital humano, o que sinalou como “a auténtica clave do histórico desenvolvemento do vello continente”.
O presidente da Xunta, que esta mañá asistiu en Baiona ao X plenario da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, sinalou que unha das iniciativas conxuntas entre Galicia  e o Norte de Portugal, o acordo interuniversitario da Eurorrexión, chamado Programa Iacobus, será “un referente e un novo modelo de cooperación universitaria europea”. Trátase, remarcou, “da semente do que debe chegar a ser o espazo común luso-galaico, un lugar onde xurdan grupos de investigación nutridos por mozos e técnicos capacitados de ambos os lados da fronteira e onde agromen spin-offs que se transfiran á empresa e medren en dimensión e diversidade”.
Na súa intervención no acto, no que se procedeu ao traspaso da presidencia da Comunidade de Traballo ao presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte, Emídio Gomes, Feijóo sinalou que a Eurorrexión ten por diante un período decisivo no que debe aproveitar a infraestrutura desenvolvida desde 1991 e tomar medidas que sirvan para unir aínda máis ambos os territorios e desenvolver os intereses comúns.
Así, referiuse ás iniciativas que estreitan os lazos económicos, como xa se fixo coas plataformas compartidas no eido da automoción ou no campo da investigación, a través da experiencia do Laboratorio de Nanotecnoloxía de Braga. Avogou, na mesma liña, por afianzar as relacións ambientais xa iniciadas a través da “posta en valor conxunta do Parque Gêres-Xurés”, así como por reforzar a unión cultural, por exemplo, impulsando as industrias turísticas coa promoción común do Camiño Portugués a Santiago. Con ese obxectivo avanzou que proximamente se asinará un convenio entre os concellos polos que discorre.

Conselleiro de Educación repasa en Marín el estado del CEIP da Laxe

MORRAZO TRIBUNA | Marín | .- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, percorreu hoxe o CEIP da Laxe en Marín para dar conta do seu estado e comprobar de primeira man o resultado das últimas obras de mellora realizadas no pavillón deportivo e que supuxeron un investimento de preto de 185.000 euros. 
Ademais, no transcurso da visita na que estivo acompañado polo director do centro e o xefe territorial de educación en Pontevedra, Francisco Suárez e César Pérez Ares, respectivamente, o conselleiro comprobou os resultados obtidos coa implantación de dous contratos programas no presente curso.
Durante a visita, Vázquez Abad comprobou o resultado da última obra realizada no pavillón e relativa ao acondicionamento dos vestiarios. “Con esta obra a Xunta volve a dar conta do seu esforzo por responder ás necesidades educativas dos centros galegos. E, a pesar da complicada situación económica, continúanse a facer obras de mellora necesarias para o óptimo funcionamento dos centros”, sinalou o conselleiro ao tempo que recordou que “esta obra engádese a outras melloras que a Consellería lava realizando neste centro nos últimos anos tanto no aspecto de infraestruturas como en equipamentos educativos. 
Así, compre sinalar que no CEIP da Laxe, no que estudan máis de duascentas nenas e nenos, a Consellería leva investidos nos últimos anos preto de 380.000 euros nas melloras relativas ao espazo da biblioteca, que participa no Plan de Mellora de Bibliotecas, e nas infraestruturas con melloras relativas ao illamento e a instalación eléctrica. O centro conta tamén con Plan Abalar. 
Contratos programa
Así, e unha vez asinados esta mesma maña ditos contratos programa cos centros de Pontevedra e a súa área de influencia, o conselleiro quixo visitar un dos colexios asinantes. Neste caso, nas modalidades PROA e de mellora da lectura, escritura e cálculo. Cómpre sinalar que este centro participa neste programa de apoio desde o curso 2011/ 2012 e este ano contan, por primeira vez, con dúas liñas de respaldo. 

Finalmente : llega un libro sobre la azabachería

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .CASA DO LIBRO DE VIGO e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA levan adiante á presentación do libro: EL AZABACHE Y SU CULTURA EN LA PENÍNSULA IBÉRICAde Angel Cardín. O acto, que contará coa participación de Robert DuifManuel Bragado e o autor, terá lugar o venres, 31 de xaneiro, ás 20:00 horasna Casa do Libro, Velázquez Moreno, 27 de Vigo.
Este libro, hai tempo reclamado, explica todo o relacionado con esta pedra semi-preciosa, amuleto do Camiño de Santiago, pero tamén usada na prehistoria, na época castrexa ou épocas modernas, do que hai  na provincia  abundantes testemuñas así coma o museo mais completo do mundo da Idade Moderna . Así trátanse temas coma: o oficio de acibecheiro, as minas, o compoñente máxico, o exame científico, as pezas dos museos ou a súa situación actual.

Tribuna Libre : por fin una oficina más
de Correos en Pontevedra pero… coja

CCOO exige contratación para la nueva oficina de Correos . En los próximos meses y tras la presión realizada por el sindicato, la Dirección de Correos ha anunciado la apertura de una nueva Oficina de atención al público en Pontevedra para la que CCOO señala que debe ir acompañada de incremento en la contratación y de un horario adecuado para un buen funcionamiento de atención a los ciudadanos.
Correos ha anunciado la próxima apertura de un nuevo centro de atención al público en la ciudad de Pontevedra, en un local anexo al edificio administrativo que la Xunta de Galicia tiene en el barrio de Campolongo. El inicio de la actividad se realizará una vez que los técnicos del Concello de Pontevedra concedan la licencia de apertura, que todavía está pendiente. Esta Oficina atenderá el servicio de admisión y entrega de envíos postales y parapostales (BanCorreos, pago de recibos, WesterUnión, telefonía móvil, etc.) a toda la ciudadanía en general y concretamente la entrega de envíos en oficina que no hayan podido ser entregados a su destinatario por los carteros en el reparto del Distrito 3, barrio de Campolongo y zona de influencia.
CCOO ha mostrado su satisfacción por la apertura de la nueva oficina, demanda realizada en numerosas ocasiones por este sindicato, y que permitirá a los pontevedreses obtener un servicio postal público tan necesario como demandado por los usuarios que hasta ahora venían utilizando el servicio de la Oficina Principal sito en la calle Oliva.

CCOO mantiene todas las alertas sobre el servicio que se prestará en la oficina porque según ha podido conocer, la Dirección no tiene intención de realizar nuevas contrataciones para este nuevo centro sino que empleará personal destinado en la otra oficina, en concreto, dos puestos de Atención al Cliente, uno de jornada completa y otro de jornada reducida, así como un puesto de Director de oficina que proviene de su puesto actual en la localidad de Bueu. A esta dotación de personal se suma que el horario que tendrá esta oficina será de 8:30 a las 18:30, es decir dos horas menos que muchas otras oficinas. 
CCOO defiende la creación de nuevos centros pero entiende que una vez que el servicio se pone en marcha y para prestarlo con la máxima calidad se debe acompañar de nuevo personal, nuevas contrataciones, e igual horario de atención en beneficio de la ciudadanía para evitar la discriminación entre los ciudadanos que residen en un lugar u otro y la de los propios trabajadores y trabajadoras. De lo contrario, supondría desvestir el servicio de la Oficina Principal con buenos índices de calidad y atención a la par que ofrecer un servicio deficiente en el nuevo centro.
Eusebio Cousillas
  Secretario Provincial CC.OO. Correos

25/1/14

O CPXG organiza un acto de homenaxe
ao seu primeiro decano, Xosé María García Palmeiro

MORRAZO TRIBUNA | Compostela | .- 
Xosé María García Palmeiro

Con motivo da recente xubilación de Xosé María García Palmeiro, primeiro decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, o CPXG vai celebrar un acto de homenaxe co título Cando PC era só un partido. O xornalismo feito a man. Corenta anos de profesión de XM Palmeiro.

O acto, ao que se poderá asistir de forma libre, vai ter lugar o xoves 30 de xaneiro no salón de actos da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC en Santiago (Avda. de Castelao s/n), a partir das 11:00 horas. A data escollida coincide coa celebración, seis días antes, o 24 de xaneiro, da festa do patrón dos xornalistas, San Francisco de Sales. No acto participarán o propio Xosé María García Palmeiro; Xosé Manuel Pereiro, decano do CPXG; Xosé Pereira, decano da Facultade; o segundo decano do Colexio, Xosé Manuel Vega; a xornalista e vicedecana Rosa Aneiros; o xornalista Antón Luaces e a xornalista da TVG Ana Pérez.
Xosé María García PalmeiroLicenciado en Historia pola Universidade de Santiago e con estudos de xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, Xosé Maria García Palmeiro, leva 28 anos de traballo ininterrumpido en diferentes medios.
Na súa longa carreira, ten traballado ou colaborado para medios como El Correo GallegoEl ProgresoEl Ideal Gallego, Radio Galicia (Ser), La Voz de Galicia,Teima, Televisión Española en Galicia, Europa Press, Radio Popular de Vigo, El País, Televisión de Galicia, La RegiónFaro de Vigo e Onda Cero E salientable, ademais, a súa actividade como conferenciante e ponente en congresos, cursos e xornadas.
O 9 de Abril do 2000 foi elixido, por abrumadora maioría, como primeiro decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) na asemblea constituínte celebrada en Santiago de Compostela, cargo que ocupou até 2004.
Tras o seu mandato desenvolveu o seu labor profesional como director xerente na Fundación Torrente Ballester en Santiago de Compostela e como director de comunicación do Consello da Cultura Galega.
O CPXG, entidade de dereito público creada pola lei 2/1999 do Parlamento de Galicia, suma máis de 1.100 colexiados repartidos entre as sete demarcacións coas que conta. Entre os seus obxectivos figura en lugar destacado afondar na mellora das condicións nas que os xornalistas levan a cabo o seu traballo, a defensa profesional dos seus membros e a garantía de independencia e liberdade informativa en beneficio da sociedade galega.

Cangas acolle as ‘Xornadas TDAH: Actuacións
de Coordinación Interinstitucional e Intervención Educativa’

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou as ‘Xornadas TDAH: Actuacións de Coordinación Interinstitucional e Intervención Educativa’, que se celebran vendes e sábado en Cangas do Morrazo. Durante a súa intervención, Vázquez Abad comunicoulle aos asistentes a estas xornadas que a Consellerías de Educación, en colaboración coa Consellería de Sanidade, está preparando un protocolo específico de identificación e tratamento psicoeducativo para o alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención e/ou hiperactividade).
Segundo o conselleiro, “este documento vai orientado á atención deste alumnado na escola e na familia, desde a súa identificación e o correspondente tratamento psicoeducativo, ata, de ser o caso, a súa derivación, por medio da familia, aos servizos sociosanitarios cando se entenda necesario”. “Con este protocolo a Consellería busca garantir para estes estudantes unha educación de calidade, na que a atención e o tratamento se adecúen ás súas necesidades particulares”, asegurou.
Asemade, o conselleiro cualificou a diversidade como “un elemento enriquecedor, que vai contribuír a promover unha sociedade máis xusta, froito de ter recibido unha atención educativa de calidade, en contornos de inclusión, de integración e de normalidade”. “Para isto, requírense tres elementos fundamentais: detección temperá, medidas preventivas e intervencións personalizadas”, engadiu.
Por último, Vázquez Abad agradeceu a implicación dos Servizos Sanitarios Educativos e Servizos Sociais nas actuacións e tratamento do alumnado con TDAH, así como de todo o profesorado, os profesionais dos departamentos de orientación, os equipos directivos dos centros, e todos os que viven, valoran e colaboran nesta iniciativa. 
Ao acto asistiron, ademais, o director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal; o xefe territorial da Consellería de Cultura e Educación en Pontevedra, César Pérez Ares; a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra, Ángeles Feijoo-Montenegro; o alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo; a representante da Deputación de Pontevedra, Begoña Estévez; e diferentes representantes das comunidades sanitaria e educativa.
Completo programa
Unha vez rematada a intervención do conselleiro, o catedrático de medicina legal da USC, Ángel Carracedo, impartirá a conferencia inaugural. Ao longo da tarde tamén intervirán o xefe de departamento de orientación dos CEIP A Rúa e CEIP do Hio de Cangas, Xosé Manuel Vidal Bouzó, para presentar as estatísticas sobre a incidencia do TDAH na comarca do Morrazo.
Pola súa banda, o xefe de departamento de orientación do CEIP San Roque de Darbo de Cangas, José Antonio Area Santiago, encargarase de dirixir unha mesa redonda onde participarán varios técnicos dos servizos sociais, inspección educativa e departamento de orientación.
Este sábado, Carolina Castellano, do Centro CADE de Madrid, impartirá a conferencia ‘A repercusión do modelo educativo español nas funcións educativas do alumnado con TDAH’. Ademais, pola tarde desenvolveranse varios talleres onde se abordarán a problemática e as pautas de intervención en Educación Infantil, Primaria e Secundaria en relación co TDAH. 


22/1/14

Xunta presentará en febrero un plan estratégico para el Turismo con el objetivo de aprovechar el inicio de la recuperación

MORRAZO TRIBUNA | Madrid | .- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a presentación, no vindeiro mes de febreiro, do Plan estratéxico do turismo, consensuado co sector e que se converterá na folla de ruta para aproveitar o inicio da recuperación. 
Feijóo, que participou esta tarde en Madrid no panel-coloquio Como impulsar a maior cooperación interistitucional e público-privada para reforzar a competitividade turística española e a Marca País, no marco do VII Foro de Liderado Turístico de Exceltur, destacou que se na pasada lexislatura o Goberno galego elaborou co sector un Plan de Acción para paliar os efectos da crise, agora, presentarase un plan estratéxico cun dobre obxectivo: consolidar a mellora experimentada nos últimos meses e aumentar o peso do turismo no PIB, e convertelo nun instrumento de reequilibrio territorial.
O titular da Xunta avogou por aproveitar os recursos que nos fan únicos fronte aos nosos competidores destacando catro principais apostas: calidade, fidelizar aos que nos coñecen, desestacionalización da oferta e colaboración co sector.
Feijóo aseverou que Galicia é unha opción en alza porque se move nun contexto no que a calidade tamén se converteu nunha opción en alza e afirmou que, ademais de traballar para atraer novos visitantes, a Autonomía galega busca fidelizar aos que xa a coñecen, así como desentacionalizar a oferta, grazas a unha ampla gama de posibilidades abertas durante todo o ano e aptas para todos os gustos e petos.
Sobre este aspecto, e logo de lembrar que o Camiño de Santiago é un destino por si mesmo, o titular da Xunta referiuse, entre outros aspectos, ao potencial termal, con máis de 300 captacións catalogadas; así como aos principais fitos que marcarán 2014: a Volta Ciclista a España, trens turísticos e o oitavo centenario da peregrinación de San Francisco de Asís.

20/1/14

"Os produtos do mar que chegan ao consumidor en Galicia polas vías legalmente establecidas, contan con todas as garantías hixiénico-sanitarias para o seu consumo"

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .-  A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que os produtos do mar que chegan ao consumidor en Galicia polas vías legalmente establecidas contan con todas as garantías hixiénico-sanitarias para o seu consumo.
Diante de informacións sobre a elevada presenza de metais pesados nas augas da nosa Comunidade Autónoma, a Xunta lembra que Galicia conta cun organismo público especializado, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), que ten precisamente como principal obxectivo facer o seguimento, o control e a investigación da calidade ambiental das augas costeiras de Galicia. Especialmente no que se refire ás condicións oceanográficas, fitoplacto, biotoxinas mariñas, contaminación química -metais pesados, compostos organoclorados e hidrocarburos- microbioloxía e patoloxía.
En relación cos metais pesados, o Intecmar conta xa dende a década dos 90 cunha unidade específica para o seu control e seguimento que realiza unhas 1.200 análises ao ano. As mostraxes realízanse con carácter anual ou semestral e a determinación analítica faise por técnicas oficiais na UE empregando métodos de referencia e ensaios acreditados. Os elementos sometidos a control son prata, arsénico, cadmio, cromo, cobre, mercurio, níquel, chumbo e zinc.
A Consellería do Medio Rural e do Mar quere enviar unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía en relación co consumo de produtos do mar, lembrando que toda extracción de moluscos en Galicia vai precedida dun informe favorable do Intecmar e, xa que logo, os que chegan á cadea alimentaria contan con todas as garantías hixiénico-sanitarias para o seu consumo. 

La herencia de una oriunda de Cotobade que recibe Deputación

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- Alicia Crespí González, una pontevedresa oriunda de Cotobade e falecida en Madrid, legou á Deputación de Pontevedra a cantidade de 840.000 € e unha colección de enseres, mobles e obras de arte da súa propiedade para o Museo de Pontevedra. O goberno provincial aceptou o seu legado que supón unha cantidade de 3,4 millóns a repartir entre a propia Deputación, a congregación das Doroteas de  Pontevedra e a Universidade de Vigo, Cáritas e dous irmáns seus.
Alicia Crespí González, ainda que naceu en Pontevedra en 1922, era oriunda de Cotobade. No seu testamento, otorgado en Madrid en 1995, deixa ao seu viudo, Angel González Ferrero, o usufructo; á Deputación de Pontevedra os mobles e obxectos artísticos do seu domicilio madrileño da rúa Arroyo del Fresno para que sexan expostos no Museo de Pontevedra; e ás institucións anteditas unha cuarta parte da súa herencia con varios condicionantes.

Intensa programación de inicio de año
en el Auditorio Municipal de Cangas

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- Tivo lugar a presentación da programación trimestral do Auditorio Municipal de Cangas. O acto estivo presidido polo concelleiro de Cultura, José Luís Gestido, acompañado do director do centro, Juan José Pérez. Gestido sinalou o compromiso do goberno local coa cultura “presentando un trimestre máis unha programación variada e para todos os públicos, cunha aposta clara polo teatro” declarou. Ademais anunciou que “está confirmado xa que o recoñecido cantautor Amancio Prada realizará unja parada e actuación en Cangas no mes de maio, dentro da súa xira por toda Galicia”, “aínda que non está pechada a data” engadiu. “En definitiva e pese as dificultades, hoxe presentamos un programa amplo é variado cunha oferta cultural digna para todo o público cangués” recalcou.
Esta pasada fin de semana comenzaba a programación co espectáculo ‘As do peixe’ da man da compañía teatral Abrapalabra que está tendo excelente acollida por toda Galicia tanto por parte do público como da crítica constituíndo sen dúbida a proposta estrela da temporada teatral en Galicia. Escrita e dirixida por Cándido Pazó e con a actriz Susana Dans, Rocío González e as canguesas Mónica Camaño e Casilda Alfaro no reparto.
O sábado 25 a compañía viguesa Avento representará para os máis pequenos ‘Laranxus 7’, un espectáculo de títeres dirixido a público infantil no que se tratan temas como a ecoloxía, a tolerancia, a amizade e a solidaridade. O 1 de febreiro Pinga Teatro representará a obra ‘Ego’, espectáculo protagonizado polo morracense Fran Paredes. 
Por outra parte o 8 de febreiro, o Auditorio Municipal de Cangas acollerá a outro dos filóns da produción teatral galega coa obra ‘Sede de Mal’ da compañía Boneca Lareta, cos populares e televisivos actores Luís Iglesias e Xabier Deive. Ao día seguinte a compañía Bola Mágica presentará a súa primeira produción coa obra ‘Bola Mágica’, un espectáculo infantil interpretando o papel principal o popular artista Cristian de Samil.
Tamén resulta moi salientable a representación do espectáculo ‘A bela adormecida’, ballet en dous actos con música de Tchaikovski e adaptación coreográfica da directora do Centro Coreográfico Galego Mercedes Suárez. 

Crearán un centro de iniciativas empresariales
en Cangas, con el apoyo de la Zona Franca

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- Esta maña,  a delegada do Estado na Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, visitou o Concello de Cangas, acompañada pola directora de Promoción Económica, Rosa Eguizabal; o director de obras, José Ramón Torres; e o asesor jurídico  José Manuel Rodriguez, reunindose co alcalde, José Enrique Sotelo; a concelleira de Traballo, Berta Pérez, e varios técnicos municipais para estudar a posibilidade de crear, de forma conxunta, un centro de iniciativas empresariais en Cangas. 
Tal e como afirmou a delegada Tersa Pedrosa “esta idea  xa xurdiu na anterior visita ao municipio, porque nesta comarca non existe ningún centro deste tipo”. 
Trala reunión de hoxe os técnicos municipais en colaboración cos técnicos da Zona Franca comezarán a elaborar o proxecto, para o que se realizará un estudo previo das necesidades e posible demanda que tería o centro así coma a súa viabilidade.  Nun principio está previsto que o edificio, que se construiría nunha parcela de 404 m² de titularidade municipal situada nas inmediacións da rúa Baiona, conte cun soto, catro plantas e aproveitamento baixo cuberta.  
Estas instalacións albergarán as oficinas destinadas ás diferentes iniciativas emprendedoras e zonas compartidas como salas de reunións e  salas de formación. As diferentes empresas que opten por un despacho neste centro de iniciativas empresariais disporán tamén dunha serie de servizos coma o asesoramento. 

Anuncian a los merecedores
de los XX Premios de Gastronomía de Galicia

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- María Jesús Espiñeira de Mesón de Herves en Carral (A Coruña); Franscisco López de Restaurante España de Lugo (Lugo); Javier Silva de Restaurante Lusitano de Lobios  (Ourense) e Carmiña Valverde de Restaurante El Mosquito de Vigo (Pontevedra) alzáronse este ano cos XX Premios de Gastronomía de Galicia ao labor de “Toda unha vida dedicada á Gastronomía Galega” que se outorga ás persoas cunha dedicación especial destacada na Cociña en cada unha das provincias galegas.

16/1/14

Presentadas en Vigo catro liñas de axudas da Consellería de Traballo e Benestar que suman para toda Galicia máis de 50,4 millóns de euros

MORRAZO TRIBUNA | Vigo | .- A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, presentaron hoxe catro liñas de axudas da Consellería de Traballo e Benestar que suman para toda Galicia máis de 50,4 millóns de euros. En concreto son accións de formación para persoas desempregadas, obradoiros de emprego, programas integrados de emprego e subvencións a técnicos de información, orientación e prospección de emprego.
Estas catro convocatorias xa saíron publicadas no DOG e refírense ao área laboral. Con estas iniciativas preténdese mellorar a empregabilidade de máis de 15.500 persoas en paro en toda a Comunidade autónoma ao longo deste ano. Díaz López destacou que destas catro ordes de subvencións beneficiáronse o ano pasado na provincia de Pontevedra máis de 5.200 persoas sen emprego para o que se investiu nesta provincia máis de 18 millóns de euros. Na cidade de Vigo o investimento ascendeu a máis de 7,3 millóns de euros co que se acadou beneficiar a máis de 2.300 persoas sen emprego. 
A directora xeral de Emprego e Formación apuntou que estas axudas constitúen só unha parte de todo o investimento que realizará a Xunta en materia laboral ao longo de 2014. Deste xeito, ás actuacións xa publicadas no DOG sumaranse outras iniciativas destinadas á mocidade, á cooperación cos concellos ou aos autónomos, entre outras.
Con respecto ás catro liñas de subvencións presentadas hoxe, Díaz López afirmou que todas elas farán “especial fincapé naqueles colectivos con especiais dificultades de inserción”, como persoas con discapacidade, en risco de exclusión, ou mulleres vítimas de violencia de xénero.

Cangas : por fin, un transformador en condiciones sustituye a la chapuza existente en el Campo Morrazo

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- Hoxe comezará a funcionar o transformador de FENOSA que o Concello de Cangas instalou no Campo de Fútbol do Morrazo. Este proxecto responde a unha antiga demanda que non foi incluída nas actuacións que se acometeron no pasado a través do “Plan E”. 
“Despois de tres anos no goberno logramos executar o que quedaba pendente que era substituír o xerador que había no campo de fútbol por un transformador coa finalidade de mellorar o subministro eléctrico” afirma o concelleiro de Deportes Francisco J. Soliño. “Co Plan E quedaron as cousas como quedaron, con problemas infinitos” sostén Soliño. Así mesmo quere agradecer a directiva do Alondras C. F. a súa colaboración. 
O cambio do xerador por este novo transformador permite evitar os apagóns e reducir o gastos en gasóleo e aluguer, o que supón un importante aforro económico e a adaptación destas instalacións deportivas aos tempos que corren. Os artefactos eléctricos destas instalacións empregan unha potencia de 83kw polo que era necesaria a instalación dun transformador. 
O responsable de deportes declara que agora o principal propósito é “tratar de arranxar a grada do campo de fútbol que se atopa en mal estado ou optar á posibilidade de facer un novo campo”. 
O equipo de gobernó referid que está aberto a impulsar actuacións de mellora e modernización das instalacións deportivas municipais. 

31º MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO
CÓMICO E FESTIVO DE CANGAS xa está en marcha!

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- A 31º MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO E FESTIVO DE CANGAS xa está en marcha!. Onte celebrouse a primeira xuntanza para a posta en marcha da Mostra de Teatro que se celebrará en Cangas do 28 de xuño ao 6 de xullo de de 2014.
Nesta primeira xuntanza o Concelleiro de Cultura, José Luis Gestido reuníuse con representantes da Comisión Técnica organizadora do evento.
A Mostra esta organizada pola A. C. Xiria, Teatro de Ningures e Concello de Cangas.
Nesta xuntanza o Concelleiro de Cultura informou da aportación económica municipal destiñada ao evento, similar a de anos anteriores. Na presente edición esperase seguir contando co respaldo do público, e intentarase chegar a novos publicos, para facilitar o acceso dos máis xovenes aplicarase descontos presentando o CARNÉ XOVE.

La Xunta anuncia que alcanzó una media de pago
de 26,8 días para sus facturas en el ejercicio del 2013

MORRAZO TRIBUNA | Compostela | .- A Xunta de Galicia pagou nunha media de 26,8 días as súas facturas correspondentes ao exercicio 2013, de forma que a Administración galega reduciu en máis dun 40% o tempo medio de pagamento respecto a 2012. Ademais, seguiu dándolle prioridade aos pequenos provedores, os empresarios autónomos, ás pequenas e medianas empresas e ás entidades sociais co fin de achegar liquidez a estes colectivos. 
Segundo o informe presentado hoxe no Consello da Xunta pola conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, o Goberno galego conseguiu situar en 2013 o tempo medio de pagamento por debaixo dos 30 días, fronte aos 45 días que se rexistraron en 2012.
Ademais, no exercicio 2013 a Administración autonómica efectuou un total de 175.984 pagos, 55.682 da Administración xeral e 120.302 do Sergas. En total, a Xunta de Galicia atendeu pagamentos por un importe de 8.803 millóns de euros, unha cantidade que representa o 15,72% do PIB autonómico.
Os últimos datos do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas tamén indican que o nivel de pagamentos da Administración galega no capítulo de investimentos reais situouse no 82,1% ao peche do terceiro trimestre de 2013, máis de 12 puntos mellor que a media das comunidades (70%). Galicia rexistra así mesmo un nivel de execución do orzamento de gastos correntes 8,3 puntos superior á media, sendo a terceira comunidade con maior porcentaxe de pagamentos. 
Os máis de 8.800 millóns de euros xa pagados pola Administración galega permitiron atender gastos como as nóminas do persoal da Xunta; as universidades; a Risga ou o Fondo de Cooperación Local. En canto ao ámbito social, tamén se levaron a cabo os pagamentos correspondentes aos gastos de funcionamento dos centros sanitarios e educativos, o pagamento da farmacia, e a atención á dependencia e discapacitados.
En conxunto, a Administración xeral xa efectuou todos os pagamentos en Tesouro anteriores ao 31 de decembro. No informe da Consellería de Facenda destácase que a cantidade aboada en 2013 a empresas, particulares e institucións por parte da Xunta representa case o 15,72% do PIB autonómico.

Tribuna Libre : CC.OO. y las últimas medidas en la Sanidad Pública

A Executiva Comarcal de Vigo da Federación de Sanidade de CCOO, ante a situación sanitaria da nosa comarca, manifestamos  o seguinte:
          1º) A área sanitaria de Vigo, está sendo a peor tratada de toda Galicia, a o asumir as maiores demoras de TÓDOLOS HOSPITAIS DE GALICIA, tanto en consultas, probas diagnósticas e de espera cirúrxica  que no remate do  2013, as listas de esperar cirúrxicas sobrepasaban os 19.000 doentes , algúns con demoras superiores os 5 anos. 
Para CCOO, non valen as cifras que manexan na Consellería de Sanidade, que refírense a "lista de espera estructural" e non contabilizando os miles que quedan fora o recibir unha chamada teléfonica independentemente que acepten ou non a invitación a ser operados nun centro privado.
         2º) Namentres , o Presidente da Xunta de Galicia presume de ser o máximo defensor da Sanidade Pública, pero reduce o proxecto do NHV para xustificar o concerto con Povisa e o realiza a través da P.F.I. que vai incrementar os custes por cinco e hipotecará o futuro sanitario de Galicia nos vindeiros  30 anos.        
             3º) A Conselleira de Sanidade  oculta que o proxecto que está realizando en Vigo para o novo hospital e mais pequeno que sumando Xeral e Meixoeiro e co futuro peche do Xeral, do Policlínico Cíes e Rebullón, non cubre as infraestructuras sanitarias que a área sanitaria e poboación de Vigo necesita.
Por iso, reducen a población de referencia, o que determiña o tamaño do hospital, derivando a Santiago unha población de referencia de 330.000 usuarios de Oncoloxía, Radioterapia, Cirurxía Torácica, Neurocirurxía, Cirurxía Plástica, Cirurxía Pediátrica, Hemodinámica, Arritmias, Cirurxía Cardíaca e Fecundación in Vitro , e  logo  falan de LIBRE ELECCIÓN DE HOSPITAL na Lei de Garantías Sanitarias. A CCOO non nos enganaron cando afirmamos que era papel mollado e soio servían para desviar pacientes a privada.
A decisión de desviar pacientes a Santiago e o concerto, van a determiñar unha redución futura da inversión nesta área sanitaria, unha descapitalización de infraestructuras e persoal sanitario que xenera un empeoramiento da calidade asistencial para os cidadáns e Vigo e comarca.
             4º) O xerente da área integrada de Vigo ten responsabilidade na execución da política diseñada desde Santiago e que tan mal trata a nosa comarca. Non pode ser que se desentenda da lista "non estructural" e deixe no limbo a milleiros de pacientes con demoras nalgúns casos de varios anos.
CCOO, esixe que os doentes sexan intervidos por orden de antiguedade e tendo en conta a gravidade da patoloxía e rexeitamos a contabilidade levada desde a xerencia que intentan cadrar as listas de espera ás necesidades políticas da Consellería 
              5º) A población usuaria do CHUVI non pode seguir sufrindo a incompetencia dos dirixentes sanitarios da Xunta e seguir sendo a peor tratada de Galicia. Reiteramos a necesidade DUN PACTO POLA SAÚDE NA ÁREA SANITARIA DE VIGO, partindo do Acordo de xuño do 2006 entque permita a Vigo estar na vangardada saúde de Galicia empresarios, Povisa e Universidade de Vigo que permita poñer a 1ª cidade de Galicia e a súa comarca na vangarda da saúde en Galicia.
ARACELI LOUREIRO SOUSA
Comisiones Obreras

15/1/14

"O tesón empresarial e a estabilidade institucional permitirán a Galicia abordar o segundo reto da crise: crecemento, emprego e novas oportunidades" (Feijóo)

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que o tesón empresarial e a estabilidade institucional permitirán á Comunidade galega abordar o segundo reto da crise: crecemento, emprego e novas oportunidades. “O gran reto ao comezo da crise era lograr que Galicia saíra dela formando parte das comunidades que se sobrepuxeron aos problemas. Estámolo logrando grazas ao tesón empresarial e á estabilidade institucional. E seguirémolo logrando se non abandonamos ese camiño”, aseverou.
Durante o xantar con motivo da xuntanza do Consello Asesor da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Feijóo referiuse ao empresariado galego como un piar fundamental dun país que vai saír da crise “en pé e con novos folgos”. “É o voso momento, o momento de falar de emprego e de novas oportunidades”, aseverou, logo de garantir que nese obxectivo o empresariado seguirá contando co apoio da Xunta, como vén de demostrar neste arranque do ano.
Sobre este aspecto, recordou que desde o pasado 2 de xaneiro, están operativos distintos programas de internacionalización, de competitividade, de innovación ou de emprendemento por un importe superior a 115 millóns de euros.