27/2/14

Concello de VIGO : el esperpento está ahí; ¡menos lobos, Caperucita!

El esperpento está ahí.
El hecho -diario- es grotesco, desatinado. Se ajusta perfectamente a la definición del diccionario.
Ver al BNG municipal vigués, ahora, justo ahora, pataleando todos los días, arremetiendo contra el Caballerismo gobernante en el Concello de Vigo -porque anda liado en conversaciones-negociaciones para parir un presupuesto con el apoyo del Partido Popular- no solo es ridículo, sino grotesco, desatinado…
El papel de la señora Veloso -Iolanda- encarnando el protagonismo casi diario, soltando mamporros dialécticos contra todo lo que se le ponga delante, referido al noviazgo actual PSOE-PP en el Concello de Vigo, es tristísimo.
Ha sido el BNG el soporte del Caballerismo hasta hace cinco minutos. Y ahora, al ver cómo PSOE y PP negocian, pactan o pretenden pactar, Veloso se irrita y destapa su particular -e inofensiva- caja de los truenos, la correspondiente a solo 3 ediles, que eso es lo que tiene y representa el BNG en el Concello de Vigo; las cosas como son.
¿Por qué, si tan aberrante resulta la situación, no propone una moción de censura la señora Veloso, e invita a los del PP a desalojar a Caballero de la poltrona municipal que ocupa?.
Es también digno de ver, por sorprendente y también grotesco, el papel actual del grupo municipal del PP en el Concello de Vigo. Después de que el Caballerismo les haya puesto como puta por rastrojos y bastante más; después de que les hayan colgado en la plaza pública como malhechores, enemigos de Vigo y mil cosas más, van estos samaritanos políticos y se brindan a sacarle las castañas del fuego al equipo -en minoría- gobernante. ¡Ver para creer!… piensan muchos ciudadanos.
Pero siendo esperpéntico también lo del PP, metido ahora a poner la otra mejilla para que tarde o temprano ahí también le sacuda  el Caballerismo del modo que sabe, eso no justifica la actitud del BNG que ha pasado de consentidor de las mil y una a los gobernantes socialistas, de socio cooperador, a repartidor ahora en público de certificados de buenos, malos, presentables, impresentables, decentes e indecentes…
¡Menos lobos, Caperucita, que aquí hace tiempo que conocemos de sobra a los personajes de esta triste novela!.
LEONARDO DE VINCIOS

Ahora… el BNG, en Vigo, al borde del ataque de nervios
ante el noviazgo PSOE-PP en los presupuestos municipales

Iolanda Veloso
MORRAZO TRIBUNA | Vigo | .- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, manifestou a preocupación do Bloque polas propostas que está poñendo enriba da mesa o “novo bipartito” integrado por PP e PSOE na negociación dos orzamentos para este 2014. Criticou que o goberno local asuma as pretensións dos populares de “tentar cargar ao Concello os incumprimentos coa cidade de Deputación e Xunta”.
Iolanda Veloso referiuse deste xeito á eliminación de organismos autónomos, o novo hospital, o transporte metropolitano, a cidade da xustiza e o canon da auga. “Non sabemos se existe un estudo económico para valorar o suposto aforro da desaparición dos organismos autónomos e a súa repercusión real”, manifestou a respecto da supresión destes organismo.
“Está falado co persoal? Están garantidos os postos de traballo? Ou é o primeiro paso para a privatización destes servizos?”, comentou a voceira nacionalista. Neste sentido alertou de que precisamente sexa un paso na súa privatización, tendo en conta que non é a primeira vez que se fala desta posibilidade. 
Para o BNG, coa supresión dos organismos autónomos “podería preverse un aumento nos problemas da xestión”, por exemplo no cobro das taxas. Segundo denunciou, esta medida “non beneficiaría a ninguén, senón que aumentaría o gastos aos usuarios e empeoraría a calidade do servizo”.  (Siga leyendo).

Moaña : los maestros Xabier Blanco y Salva Meira
ofrecieron un notable concierto en el EEI O Real.


MORRAZO TRIBUNA | Moaña | .- El concierto, promovido por el ANPA del colegio, se enmarca dentro de una serie de actividades lúdico-musicales que se están desarrollando en el centro, para promover y acercar a los más pequeños nuestra música tradicional gallega. El concierto, de hora y media de duración, tuvo una gran aceptación por parte de los casi 50 niños del colegio que asistieron al mismo. Alumnos y maestras no dudaron en bailar las coreografías que estos dos genios moañeses les enseñaban, así como cantar todas las canciones. No faltaron las tradicionales "Rianxeira", "fun polo vento, vin polo aire", "Carolina"...etc...ni las ya archiconocidas "banana", "soledad", "como vai"...ni el guiño al aniversario de Rosalía de Castro con la canción "airiños". Todas al ritmo de la gaita de Xabier Blanco y la guitarra de Salva Meira.
Una iniciativa muy celebrada por la colectividad escolar, pero de la que no paraba de hablarse este jueves en muchos de los lugares de encuentro de Moaña.

Dirección de Povisa asegura estar logrando acuerdos individuales de reducción de horarios en el conflicto abierto que tiene con los sindicatos

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- Continúan los líos laborales en Povisa. En relación a la asamblea convocada hoy, la dirección del hospital quiso comunicar esta que ha llegado a acuerdos individuales de reducción de horarios con más de la mitad de los trabajadores afectados, "de tal manera que ya no habría necesidad de hacer efectivos en su totalidad los 13 despidos de personal adscrito al turno de fin de semana inicialmente planteados". Povisa advierte así que "el número final de despidos quedará fijado en función de los acuerdos individuales con los trabajadores a los que se siga llegando en los próximos días, y en ningún caso los que se tengan que producir se harían efectivos hasta finales del mes de marzo. En la actualidad, solo quedan 46 trabajadores afectados por los cambios de turnos –es decir, por la obligación de trabajar algún fin de semana más, y es probable que esta cifra siga disminuyendo en los próximos días", dice en un comunicado la dirección del hospital. "La dirección de Povisa lamenta una vez más no haber podido adoptar medidas menos traumáticas –en particular, la reducción de 6 horas semanales en algunos servicios-, y, ante la sistemática negativa del comité de empresa a negociar soluciones intermedias, manifiesta su intención de continuar pactando individualmente con aquellos trabajadores que lo deseen y poder minimizar así al máximo el número final de despidos", concluye en la información que facilita desde su punto de vista del asunto.

S.O.S., salvemos as charcas : pequenas masas de auga doce de gran valor ambiental e esenciais para a biodiversidade de Galicia

MORRAZO TRIBUNA | Compostela | .- 
  • O proxecto desenvolverá ao longo do 2014 actividades de voluntariado e seguimento  destes valiosos ecosistemas 
  • Dende o Goberno galego vese necesario adoitar medidas específicas para estes ecosistemas descoñecidos para moitos cidadáns
  • Durante a presentación do proxecto Verónica Tellado, explicou a importancia da conservación destes ecosistemas así como o seu papel esencial para ofrecer solucións sostibles nalgúns dos problemas clave do cambio climático e da xestión da auga
  • O proxecto Charcas con Vida foi iniciado pola asociación ecoloxista no ano 2013. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas súmase este ano cunha inversión de 16.000 euros
  • O Goberno galego agarda que coa continuación do proxecto poidamos avanzar no  proceso de identificación das charcas como base para emprender traballos máis específicos que afonden no coñecemento da súa ecoloxía, función e medidas efectivas para a súa xestión e conservación 
  •  A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ven de presentar xunto á Asociación ecoloxista ADEGA a programación do proxecto Charcas con Vida para o 2014, co fin de difundir e promover a conservación destes pequenos humedais galegos.

Convocatoria de ayudas
para prácticas laborales promueve Deputación

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- A Deputación de Pontevedra abreu hoxe un prazo de 20 días hábiles para optar a 25 bolsas de práctica laboral para personas con discapacidade, e de 10 días hábiles para que graduados, diplomados ou técnicos de turismo opten a outras 28 bolsas de turismo.
A primeira convocatoria tén por obxecto a personas con discapacidade titulados universitarios ou de FP, sin experiencia laboral previa. Para optar ás 25 bolsas _cunha duración de 6 meses e remuneradas con 800 € ao mes para os universitarios e con 700 € para os de ciclos superiores de FP_  deben ter un grado de discapacidade igual ou superior ao 33%, estar empadronado en concellos pontevedreses, non haber sido beneficiarios doutras bolsas da Deputación e non ter experiencia laboral previa.
A selección dos 25 bolseiros terá lugar en dúas fases. A primeira será un concurso e valoración da documentación presentada (expediente académico, cursos de posgrado, tempo de finalización dos estudios e outros) e a segunda, unha entrevista personal onde se comprobará a preparación dos candidatos nas materias relacionadas coas actividades que desenvolverán no seu centro de destiño.
Para personas con discapacidade, salen 4 bolsas de ciclo superior de Saúde Ambiental; 3 de Educación Social ou Mestre; 3 de Dereito; 2 nas especialidades de Filoloxía Inglesa ou Galega, Historia, Historia da Arte e Psicoloxía; e 1 bolsa para titulados en Administración e finanzas, Proxectos urbanísticos, topógrafos ou Obra Civil, Artes Gráficas, Traballo Social, Enxenería Industrial, Dereito ou Xornalismo.
Bolsas para oficiñas turísticas de 24 concellos
A convocatoria de 29 bolsas de Turismo é para promover e completar a formación de diplomados, graduados ou técnicos de turismo en oficiñas de turismo provinciais.
En concreto, convocánse 12 bolsas de 6 meses de duración para as oficiñas de Baiona, Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Lalín, Nigrán, Sanxenxo, Redondela, Ribadumia, Tui e Vilagarcía de Arousa.
E 16 bolsas de 3 meses de duración para os concellos de A Illa de Arousa, Bueu, Cuntis, Caldas, A Estrada, Gondomar, Marín, Oia,  Poio, Pontecaldelas, Soutomaior e Vilanova de Arousa.
As bolsas están retribuidas con 800 € ao mes para graduados e diplomados e 700 € ao mes para técnicos superiores. A selección dos bolseiros será, ao igual que no caso de personas con discapacidade, mediante concurso e valoración da documentación e posterior entrevista para os que superen o corte.

Obradoiro para nenos, este domingo no Centro de Visitantes
do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- O Centro de Visitantes do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas albergará o vindeiro domingo ás 11 horas un obradoiro no que nenos con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos poderán afondar nas características máis salientables deste entorno natural. Esta actividade infantil leva por título As Illas nas túas mans.
O obradoiro disporá de 15 prazas ás que se poderá acceder mediante a inscrición previa no teléfono 886 218 082 ou tamén en persoa no propio centro de visitantes do parque nacional, situado na rúa Palma 4, no Casco Vello de Vigo (atención ao público de martes a sábado- mañás e tardes- e domingos pola mañá).
Esta iniciativa pretende achegar aos máis cativos á historia e trazos máis característicos do parque nacional mediante actividades amenas como proxeccións audiovisuais ou xogos. Así, os asistentes poderán coñecer a historia e evolución da zona, a fauna e flora de cada recuncho ou as actividades que a Xunta leva a cabo co fin de manter e conservar esta contorna que conta cunha extensión de 1.194,8 ha terrestres.
A Dirección Xeral de Conservación da Natureza, mediante este tipo de actividades, pretende fomentar entre os máis pequenos os valores do medio ambiente, o respeto pola natureza e os coidados que se deben ter en conta para a axeitada conservación da mesma.

VIGO : presentada la tercera edición del Festival Primavera de Cine

Cayetano Rodríguez Escudero, en uso de la palabra, en el acto en la Galería Sargadelos
MORRAZO TRIBUNA | Vigo | .- Hoxe, como unha premonición da fin do inverno, presentouse a terceira edición do Festival Primavera do Cine en Vigo. Este evento cinematográfico que, pouco a pouco, consolídase como unha fiestra aberta ao audiovisual feito en Galicia. 
Un ano máis, o Festival Primavera do Cine en Vigo abriu a convocatoria para a presentación de obras de produción galega ou de creadoras galegas e galegos en tres categorías: curtametraxe, longametraxe e videoclip. A ficha de inscripción e as bases para participar pódense descargar a partires do día 27 de febreiro e ate o 31 de marzo do 2014 na web festivalprimaveradocine.com 
Ana Laura Pereira, directora do Festival, presentou as bases que rexerán o concurso cinematográfico e sinalou que este ano, como novidade, as obras poderán presentarse a través da plataforma virtual movibeta, ademais do formato tradicional, dvd.
Pola súa banda o Concelleiro de Industria, Turismo, Cultura e Festas,  Cayetano Rodríguez Escudero, destacou a aposta do Concello de Vigo polo festival e por “este tipo de entidades sociais organizadas” en referencia ás asociacións presentes, que segundo afirmou: “son o mellor da nosa sociedade civil”. O Concelleiro corroborou o compromiso coa cultura que ten o Concello de Vigo e lembrou que este festival é unha das actividades esenciais do panorama cultural que ofrece a cidade. Nese sentido comprometeuse en ampliar o apoio ao festival nas próximas edicións, co gallo de “desenrolar con normalidade as nosas artes e ciencias”, inda que estexamos nun intre de crise

"Ventiladores" en los montes : Xunta está por reactivar
el sector eólico gallego en el actual escenario energético

MORRAZO TRIBUNA | Compostela | .-
  • O conselleiro de Economía e Industria salienta a activación dun paquete de medidas de apoio ao sector que inclúe rebaixa de impostos, posibilidade de renuncia a megavatios e facilidades para o financiamento e a repotenciación
  • Destaca o traballo do Goberno galego en defensa do sector, poñendo en marcha un recurso de inconstitucionalidade, presentando alegacións e unha comisión bilateral para que o executivo central escoite as propostas de Galicia
O conselleiro de Economía, Francisco Conde, destacou, durante unha intervención no Parlamento, a proactividade da Xunta para tomar as medidas necesarias que permitan reactivar o sector eólico galego no actual escenario enerxético. Conde subliñou o “compromiso sen igual” da Xunta co vento galego, que se traduciu nunha permanente iniciativa para favorecer o desenvolvemento dos parques pese as dificultades que teñen xurdido nos últimos tempos.
Neste senso, salientou que debido aos cambios no marco xeral do sector con motivo da reforma enerxética, a Xunta puxo en marcha un paquete de medidas de apoio que servirán como motor para esta industria, e que inclúe rebaixa de impostos, posibilidade de renuncia a megavatios e facilidades para o financiamento e a repotenciación. En concreto, Conde destacou que a Xunta, a través da Comisión de Seguimento, está a facilitar o desestimento total o parcial de MW do concurso, sempre que non se alteren os resultados do mesmo.

Nuevamente pasa el cepillo el Concello de Cangas a la Deputación

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- O goberno local ven de aprobar na xunta de goberno celebrada o pasado luns día 24 de febreiro, a solicitude dunha serie de subvencións á Deputación de Pontevedra con cargo ao Plan de Acción Municipal do organismo provincial. 
Así pois, tras valorar as necesidades e redactar as memorias correspondentes para cada actividade o equipo de goberno solicitará ante a Deputación axudas para o financiamento de media ducia de actividades coma a aula de estimulación de nenos con dificultades, a escola de nais e pais, festas populares, o programa cultural de Nadal, o programa cultural da Semana Santa, actividades medio ambientais en praias e as festividades do verán. 
De ser aceptadas estas peticións, o Concello de Cangas recibiría por parte do Plan de Acción Municipal da Deputación, axudas por valor de preto de  37.000 euros. 

Recinto central del Carnaval de Cangas se instala a las puertas del Concello, para un mejor proveer...

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- Ao longo da xornada de note prodeceríase á instalación da carpa, que acollerá parte da programación de carnaval, na explanada de Ojea. Onte xa se instalou o palco no que terán lugar as actuacións das comparsas. 
Este é o segundo ano consecutivo no que o Concello de Cangas aposta por situar o epicentro do carnaval cangués no recinto de Ojea. Para acondicionalo colocáronse unha carpa e un escenario no que terán lugar varias das actividades incluídas na programación do Entroido. 
Ademais, varios establecementos hostaleiros instalarán un posto no interior do recinto para poder atender a demanda dos veciños e veciñas que acudan ata o lugar a desfrutar dos eventos programados. O prazo para a solicitude dun posto no interior da carpa segue aberto e os interesados deberán contactar coa concellería de Cultura. 
O recinto permanecerá aberto dende o venres día 28 de febreiro ata o mércores 5 de marzo, día no que o enterro do Momo pon punto e final as celebracións de Entroido na vila. 
A apertura do recinto terá lugar o venres ás 20.30 horas e a continuación os asistentes poderán participar na festa nocturna cunha pinchada a cargo da asociación “Os valentes camiñan sos”. O sábado ás 21.30 horas no interior da carpa lerase o pregón e a contuniación comezará o Baile de Entroido coa orquestra D´Diseño +D`Jota.  

CONSELLEIRA QUINTANA VALORA POSITIVAMENTE O ACORDO PESQUEIRO ENTRE ESPAÑA E PORTUGAL PORQUE FAVORECE A IGUALDADE DE CONDICIÓNS

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .-
  • Ademais propicia que moitos buques portugueses operen desde portos e lonxas galegas beneficiando economicamente a Galicia
  • En canto á mobilidade de terras e á súa relación coa futura Lei do Solo, Rosa Quintana destacou a coordinación entre o seu departamento e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
  •  A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, valorou positivamente o acordo pesqueiro entre España e Portugal, porque establece unhas regras de xogo igualitarias e favorece que ambos países faenen en igualdade de condicións. Deste xeito, os barcos españois e portugueses aplicarán as medidas técnicas do país no que se realicen as pesquerías. 

Carnavales en Cangas traen de cabeza a los responsables
municipales para garantizar el buen orden

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- Ayer tarde, os concelleiro de Cultura, José Luis Gestido, a concelleira de Seguridade, María Luisa Prieto, responsables da Policía Local e Protección Civil e técnicos municipais reuníronse na Casa da Xuventude de Cangas con membros da organización dos Entroidos de O Hío e Aldán para últimar os derradeiros preparativos de cara a celebración destas festas. 
Durante os días que dura o entroido reforzarase a seguridade cun operativo especial de Protección Civil, Policía Local e Garda Civil que traballarán de forma coordinada para tratar reducir riscos e evitar incidentes.  Tamén se reforzará o servizo de limpeza.
O luns e o martes haberá cortes de tráficos puntuais na parroquia de O Hío coa finalidade de evitar problemas co paso das comparsas. O sábado día 8 de marzo realizarase un corte de tráfico en Aldán co motivo do Enterro do Mexilón. 
Como novidade este ano no carnaval de  o Hío haberá unha nova ruta para que as comparsas se trasladen dende o Igrexario ata Pinténs. Este percorrido realizarase polo coñecido como “Camiño da Camiceira” e non pola estrada coma viña sendo habitual. Esta decisión foi tomada de forma completamente CONSENSUADA tanto polas forzas do orden, o concelleiros de seguridade e cultura e os membros da organización do carnaval do Hío coa finalidade de evitar posibles accidentes ou atropellos. 
A concelleira de seguridade quere deixar claro que os controles e medidas de seguridade que se levarán a cabo teñen como finalidade favorecer o bo desenvolvemento do entroido. Destaca que nos últimos anos os incidentes se reduciron e que os que inebitablemente se producen non están orixinados por xente do Hío. 
En canto ao carnaval de Aldán, nos vindeiros días técnicos da consellería de Educación visitarán o pavillón de Espiñeira para certificar que este cumpre coas medidas necesarias para acoller o entroido. 

3 integrantes del Cinania - Cangas en el torneo
nacional de Tenis de Mesa, en Valladolid


MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- El próximo fin de semana (desde el viernes 28 de febrero hasta el domingo 2 de marzo de 2014), tres integrantes del Club Cinania de Cangas do Morrazo participarán en la nueva edición de un torneo organizado por la Real Federación Española de Tenis de Mesa en Valladolid. En esta ocasión acudirán a este prestigioso campeonato en la categoría benjamín, Laura Rodriguez, infantil, Lara González y María Pena. Las tres juegan juntas esta temporada en el equipo de Primera División Nacional Cinania Hotel Airiños. 
Durante los días de competición disputarán diferentes rondas que las cruzarán con las mejores raquetas nacionales de este momento, esperándose resultados satisfactorios para cada una de ellas. El Pabellón Pisuerga de Valladolid acogerá desde el próximo viernes y hasta el domingo este torneo nacional en el que se darán cita un total de 624 jugadores, procedentes de 163 clubes de toda España. En las diferentes categorías competirán los mejores deportistas de cada una de las ocho que componen el torneo y que han llegado a esta competición clasificándose en las fases preliminares celebradas en Galicia, Andalucía, Cataluña y Madrid, así como el último Torneo Nacional Clasificatorio celebrado en diciembre en Alcobendas, Madrid

26/2/14

Conselleiro afirma que Xunta no se pone de lado
ante el grave problema de precios de la electricidad

MORRAZO TRIBUNA | Compostela | .- O conselleiro de Economía, Francisco Conde, salientou hoxe, durante unha intervención no Parlamento, a defensa que está a realizar a Xunta dos consumidores máis vulnerables fronte aos prezos da enerxía, desde medidas de inclusión dos colectivos máis desfavorecidos ata a protección dos consumidores e a mellora da eficiencia enerxética.
“Este Goberno ten unha fonda preocupación pola situación dos colectivos máis vulnerables de Galicia”, dixo Conde, que no primeiro ámbito destacou o traballo que está a facer a Consellería de Traballo e Benestar a través da Risga –cun investimento só este ano de case 60 millóns de euros-, e resaltou tamén o labor do Goberno central na regulación do bono social. Neste senso, sinalou que o novo bono consistirá nunha rebaixa do prezo aplicable aos consumidores vulnerables, que se identificarán a partir dun umbral de renda e de número de membros da familia.
Ademais, Conde fixo tamén referencia ao novo sistema de fixación do prezo da electricidade e subliñou que, se se cumpren as previsións do Goberno, os consumidores eléctricos verán minorada a súa factura nun 3%, o que reducirá o impacto nas familias galegas.

Por outra banda, o Goberno galego, resaltou o conselleiro, está  a facer importantes esforzos na defensa dos consumidores eléctricos. Neste senso, concretou que a Xunta ten detectado –na súa labor de control e supervisión do traballo das empresas e de defensa dos consumidores- casos como facturacións incorrectas, imputación de servizos non contratados, ou barreiras á modificación de contratos. Todas elas circunstancias que incrementan os custes do consumidor final e que dificultan a eficiencia do mercado. Neste senso, Conde destacou que, desde 2009, o Goberno galego levou a cabo máis de 475 expedientes sancionadores ás eléctricas que motivaron 3,5 millóns de euros en sancións, datos que contrastan cos do anterior executivo autonómico, que entre 2005 e 2009 abriu 9 expedientes sancionadores a empresas eléctricas por un importe global de cerca de 100.000 euros.
Ademais, o conselleiro subliñou o traballo de impulso do aforro e a eficiencia enerxética, onde a a Xunta está a facer importantes esforzos de cara a rebaixar a necesidade de enerxía tanto nos edificios públicos e concellos como nas propias vivendas privadas e pequenas e medianas empresas.

Deputación ayudará en la reposición de infraestructuras
dañadas por el temporal en Beluso y Aldán

MORRAZO TRIBUNA | Cangas / Bueu | .- A Deputación de Pontevedra e a Xefatura de Costas de Pontevedra colaborarán na reposición de infraestruturas danadas polo temporal en diversos concellos do litoral pontevedrés, segundo acordaron hoxe nunha xuntanza de traballo o presidente provincial, Rafael Louzán, e a Xefa de Costas, Cristina de Paz Curbera.
Cunha financiación de 1.545.000 euros, aprobados polo Consello de Ministros para os danos producidos en Pontevedra, ambas institucións actuarán no litoral dos concellos de Nigrán (en Panxón), O Grove (A Lanzada e A Toxa), Redondela (playa de Cesantes), Poio (Raxó), Sanxenxo e Baiona (construcción dunha escollera e dunha pasarela perto do camping de Ladeira).
Boa parte destes traballos serán executados a través da empresa pública Tragsa e outros sairán a licitación pública.
A maiores, a Deputación intervirá na reposición dos accesos ao Porto de Beluso, en Bueu, reconstruíndo e afirmando un noiro na estrada de acceso ao Porto; e tamén nos accesos á praia de Menduña, en Cangas do Morrazo.
A coordinación entre ambas institucións plasmarase en que a Deputación porá a disposición deste plan para recuperar o litoral os medios materiais e humanos do seu Parque de Maquinaria para ter en perfecto estado a zona costeira e as praias de cara á Semana Santa.
Inicio da limpeza de praias
Neste sentido, Louzán sinalou, na rolda de prensa na que deu conta dos acordos acadados, que a Deputación iniciou hoxe a actuación de limpeza de praias enviando á zona de Baiona a maquinaria correspondente. Nun primeiro momento, retiraranse os materiais depositados nos areais e logo continuarase con este mesmo labor entrando por Catoira-Vilagarcía para continuar con todo o litoral da provincia.
<Neste despregue da Deputación con Costas, de momento non se realizará ningún aporte de area, ata facer unha avaliación dos danos e carencias reais polo mes de maio. Agora é o momento de repoñer infraestruturas danadas, deterioradas ou desprendidas no noso litoral>, afirmou Louzán.
Accesibilidade ás praias de personas con discapacidade
Na súa comparecencia, o presidente da Deputación anunciou tamén un inminente convenio para accesibilidade ás praias de persoas con discapacidades físicas. Suporá unha inversión de 100.000 euros e dotará de cadeiras mecánicas e diverso material de accesibilidade a distintas praias da provincia como as de A Illa, O Grove, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa, entre outras.
Contratación de 800 operarios
Como complemento a todas estas actuacións, Louzán anunciou tamén que hoxe publicouse no BOPPO as bases do Plan de Emprego polo que os concellos poderán dispor de 800 operarios para a recuperación de danos producidos polos temporais en infraestruturas municipais.
Os concellos disporán ata o 14 de marzo para solicitar as axudas correspondentes para contratar operarios municipais e deberán contratalos ao longo do mes de abril. Serán contratados, preferentemente, persoas que non reciban ningún tipo de prestación.
Cada concello poderá dispor de entre 8 e 17 traballadores en función da súa poboación. Os operarios serán contratados a tempo parcial, cunha xornada de 25 horas semanais e por un período de 6 meses.

FEMP E ECOEMBES ASINAN ACORDO PARA DESENVOLVER FORMACIÓN E XESTIÓN DE RESIDUOS MUNICIPAIS

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .-
  • Louzán, que preside a comisión de Medio Ambiente da FEMP, destaca que a cooperación entre ambas institucións dende 1998 permitiu que o reciclado de envases pasase de menos do 5% a máis do 70% en España
  • O director de Ecoembes subliña que a taxa española de reciclado de residuos en envases está por riba da media europea e sitúa a España entre os dez países da UE con máis reciclado
O secretario xeral da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Angel Fernández Díaz, e o director xeral de Ecoembes, Oscar Martín Riva, asinaron hoxe na Deputación de Pontevedra un convenio que concreta as actuacións que ambas entidades levarán a cabo no ano 2014 e que renova o acordo marco de colaboración que manteñen dende 2012. Na sinatura do convenio, o presidente da Deputación de Pontevedra e presidente da comisión de Medio Ambiente da FEMP, Rafael Louzán, destacou que a cooperación entre a FEMP e Ecoembes permitiu que, dende os seus inicios en 1998 ata hoxe a reciclaxe de envases pasase de menos do 5% a máis do 70% en toda España.

Diario Oficial publica o Decreto polo que se determinan os aspectos básicos dos programas autonómicos de rehabilitación de vivendas

MORRAZO TRIBUNA | Compostela | .-. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o Decreto polo que se determinan os aspectos básicos dos programas autonómicos de rehabilitación de vivendas e se dan directrices para o desenvolvemento do Plan Estatal de Fomento do Aluguer de Vivendas, a Rehabilitación Edificatoria e a Rexeneración e Renovación Urbanas, 2013-2016, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Esta normativa define o marco legal das actuacións que desenvolverá o goberno galego a través do Plan estratéxico de rehabilitación durante o período 2014-2016, que foi aprobado este mes no Consello da Xunta de Galicia, e que contempla investimentos por mais de 56 millóns de euros.
O novo Decreto estruturase en tres capítulos nos que se establecen as disposicións xerais, os aspectos relacionados coa rehabilitación de vivendas e a aplicación en Galicia do Plan estatal.

Vigo : el Bloque se irrita ante los acuerdos presupuestarios inminentes entre su hasta ahora socio (PSOE) y el PP

MORRAZO TRIBUNA | Vigo | .- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, subliñou que a cidadanía viguesa é a “gran prexudicada” polos acordos aos que desde hai uns meses chegan o PP e o PSOE. A voceira nacionalista puxo como exemplo que o PP e o goberno local chegan ao acordo de subvencionar aeroliñas “pero non para que se cumpran mocións fundamentais para a xente como o bonobús para persoas desempregadas”.
“Xa detectamos hai meses a conexión entre PP e PSOE e xa denunciamos que isto supón grandes prexuízos aos vigueses e viguesas”, sinalou Iolanda Veloso en resposta ás preguntas dos medios sobre as negociacións que mantén o goberno local cos populares sobre os orzamentos deste anos.
Iolanda Veloso salientou que “curiosamente” as prioridades do goberno local coinciden coas que pon o PP enriba da mesa, pero que “por suposto non son as do BNG”. Para a fronte nacionalista, e dada a grave situación de crise actual, a creación de emprego e a potenciación dos servizos sociais son as cuestións prioritarias nas contas municipais.

25/2/14

Llega el Congreso Internacional de la Camelia :
250 especialistas mundiales estarán en Pontevedra

MORRAZO TRIBUNA | Pontevedra | .-
  • A mostra permanecerá aberta ao público na sede de Turismo Rías Baixas ata o 23 de marzo
  • Tamén está programada unha serie de concertos da pianista xaponesa Mine Kawakami en Vigo, Pontevedra e Vilagarcía
Preto de 250 congresistas de todo o mundo daranse cita entre o 11 e o 15 de marzo en Pontevedra, para participar no Congreso Internacional da Camelia. Así o anunciaron esta mañá o presidente da Deputación, Rafael Louzán, a deputada Begoña Estévez e a presidenta da Sociedade Española da Camelia, Carmen Salinero, na presentación da exposición de Álex Vázquez Viaje de la Camelia. De Oriente a las Rías Baixas, que servirá de pistoletazo de saída para a antedita cita internacional.
Rafael Louzán, Begoña Estévez e Carmen Salinero coincidiron en destacar a relevancia que este congreso ten para Galicia e para Pontevedra, dado que non só é unha ocasión magnífica para a promoción internacional da ruta da camelia, senón que é unha “oportunidade única” para abrir a porta a un turismo internacional que ata o de agora non se tiña fixado nesta comunidade.
Así, Begoña Estévez lembrou que a 19 de febreiro teñan formalizada a súa inscrición 224 congresistas, e que son aínda numerosas as peticións que, desde diferentes puntos do mundo, seguen chegando a Pontevedra para participar neste evento.
Entre eles figuran 30 australianos, 25 chinos, 18 franceses, 17 italianos, 11 xaponeses ou 32 estadounidenses. Trátase, na maioría dos casos, de persoas que terán agora o seu primeiro contacto non só con Galicia e as Rías Baixas, senón con Europa.
Este feito, unido á presenza de relevantes personalidades como  o gobernador da provincia china de Yunnan (de 7 millóns de habitantes), o alcalde de Dali (3 millóns de habitantes) e os representantes de turismo de varias rexións de China, Xapón e outros países, fai que o congreso sexa “unha oportunidade única” para promocionar as Rías Baixas e Galicia e conseguir que os congresistas que agora visitan Pontevedra exerzan de prescriptores de Galicia como destino turístico, atraendo a novos visitantes.
Rafael Louzán subliñou que, na medida en que isto se consiga e o congreso permita difundir a mellor imaxe das Rías Baixas, o congreso resultará un éxito.
“Son preto de 250 persoas que é a primeira vez que veñen a Galicia”, afirmou, e que deben levar “unha imaxe extraordinariamente positiva” desta provincia e ter a “oportunidade de coñecer que as Rías Baixas son un lugar para poder contemplar, para poder visitar”.
Por iso, valorou o esforzo que a Deputación está facendo neste sentido, completando o programa do congreso con múltiples actividades entre as que figura a citada mostra de Álex Vázquez pero tamén, entre outras, unha serie de concertos da pianista Mine Kawasami, no marco do ano dual Xapón-España, no que tamén se enmarca este congreso.
Mostra didáctica
Polo que respecta á mostra de Álex Vázquez, o propio pintor a define como unha “exposición atípica, feita con moito cariño” e cun marcado “ton divulgativo”. 
A mostra estruturase en 10 grandes paneis que permitirán ao visitante “facer un percorrido sobre o mundo da camelia en Galicia”. Estes paneis combinan as imaxes de Álex Vázquez con textos divulgativos de Carmen Salinero sobre A camelia nas Rías Baixas, Formas de flores, os sete tipos de camelia máis frecuentes, para rematar cun panel sobre o aceite de camelia.
Estes paneis complétanse con outras obras de Álex Vázquez relacionadas co mundo da camelia que, tal e como o propio autor subliña, esperta unha especial atracción.
Onde a camelia atopou o seu paraíso
A presentación da mostra de Álex Vázquez serviu tamén para a primeira difusión do trailer do documental creado para o congreso co obxectivo de potenciar e dar a coñecer o especial valor da camelia nas Rías Baixas, co título Rías Baixas, onde a camelia atopou o seu paraíso que permitirá comprobar aos congresistas que esta planta “é algo que nos diferenza, que é xa un símbolo de identidade propio” de Galicia e de Pontevedra.
Así mesmo, a pianista xaponesa Mine Kawasami ofrecerá tres concertos de balde en Pontevedra, Vilagarcía e Vigo, nos que presentará a Sonata samurai, composta pola propia pianista con motivo do ano dual España-Xapón.
As actuacións terán lugar o 14 de marzo no Centro Social de NovaCaixaGalicia en Pontevedra; o 15 marzo no Salón García de Vilagarcía e o 16 no Teatro García Barbón de Vigo.
Os interesados en asistir a estes concertos poderán recoller invitacións na Deputación de Pontevedra tanto na capital da provincia como na súa sede de Vigo, e Concello Vilagarcía.

24/2/14

15 millones y 800 operarios pone Deputación a disposición de los Concellos para paliar los efectos de los temporales

MORRAZO TRIBUNA | Pontevedra | .-
  • Está prevista a contratación de 800 operarios, aos que a Deputación Provincial cubrirá todos os custes salariais, incluída a Seguridade Social
  • Rafael Louzán reunirase coa xefa provincial de Costas para cooperar nun plan destinado a paliar os danos rexistrados nas infraestruturas costeiras
A Deputación de Pontevedra activou, na súa Xunta de Goberno, un plan de actuacións urxentes para que os concellos poidan facer fronte de inmediato, entre outras actuacións, ao deterioro que as infraestruturas municipais sufriron como consecuencia dos sucesivos temporais e dos máis de dous meses de mal tempo que se están a rexistrar na provincia.
O presidente da Deputación informou en rolda de prensa que a Administración provincial destinará 20 millóns de euros a dúas liñas de axudas e subvencións aos concellos para que poidan contratar operarios e realizar investimentos na mellora de infraestruturas.
Destes 20 millóns de euros, 15 irán destinados a axudas para a realización de obras prioritarias e co obxectivo de dar resposta á imperiosa necesidade que nestes momentos teñen os municipios de reparar os danos que o mal tempo ocasionou en infraestruturas e servizos básicos.
Os concellos disporán de 30 días desde a publicación das bases deste plan para solicitar acollerse a el.
En canto aos 5 millóns restantes, serán para a contratación de 800 operarios, aos que a Deputación Provincial lle cubrirá o custe salarial completo, incluída a Seguridade Social.
A distribución dos operarios realizarase en función da poboación do municipio e os concellos deberán destinalos á realización de tarefas necesarias para o bo funcionamento dos servizos ou que sexan fundamentais para a mellora da calidade de vida dos veciños.
Rafael Louzán recalcou que se trata dunha medida coa que se quere dar resposta a unha demanda que os gobernos municipais lle están trasladando á Deputación nas últimas semanas, ante o deterioro de moitas infraestruturas e servizos municipais.
Así mesmo, o presidente da Deputación anunciou a próxima activación dun plan de actuacións no litoral, para a recuperación de espazos danados polo mal tempo na costa da provincia, e que se concretará nunha xuntanza que coa xefa provincial de Costas do Estado que terá lugar este martes.

Vicepresidente Rueda deja muy claro que la Xunta continuará apoyando todas las iniciativas de cooperación transfronteriza

MORRAZO TRIBUNA | Verín | .- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu hoxe a reunión do grupo de traballo da Eurocidade Chaves-Verín, na que se acordou a folla de ruta así como os obxectivos estratéxicos para o período 2014-2015, e se fixo balance da actividade dos últimos seis anos. 
Ao encontro tamén asistiron os alcaldes de Verín e de Chaves, Juan Manuel Jiménez Morán e Antonio Cabeleira; o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo; o secretario executivo da comunidade intermunicipal do Alto Támega, Joâo Batista; e mailo presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar. 
O vicepresidente Alfonso Rueda amosou o total apoio da Xunta con todas as iniciativas de cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal, cuestión pola que tamén aposta a Unión Europea ao primar no seu reparto de fondos os proxectos conxuntos. Esta liña explicitada polo vicepresidente non fai máis que reforzar o compromiso do Goberno galego cos concellos para que cooperen, que sumen esforzos e que aposten pola xestión compartida. 
No caso concreto da Eurocidade Chaves-Verín, Rueda salientou que a xestión conxunta de servizos municipais (como bolsas de emprego, actividades de formación, ou na área de saúde) están aportando xa beneficios para o conxunto da cidadanía destas zonas

BNG y PSOE se enfrentan en el Concello
de Vigo por la Operación PATOS

MORRAZO TRIBUNA | Vigo | .- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, considerou que é unha “burla á cidadanía” que o alcalde non facilitara a información demandada polo BNG sobre a “operación Patos” e en concreto sobre os rexistros realizados a pasada semana en dependencias do Concello de Vigo. Para o grupo nacionalista é “lamentable” que o alcalde rexeite e non dea explicacións sobre esta operación xudicial, posto que a cidadanía “necesita saber que acontece a respecto da administración máis próxima”.
Segundo detallou Iolanda Veloso na súa intervención no pleno, no documento presentado por rexistro o Bloque reclama información polos expedientes ou actuacións que foron requiridos por parte da policía. En segundo lugar, o grupo nacionalista pregunta se o alcalde ten algunha información sobre este asunto que poida ser de interese para os membros da corporación. 
“É unha burla que o alcalde non dera resposta á información demandada e que á primeira cuestión o concelleiro López Font nos remitise á Xustiza e á segunda dixera simplemente 'non'. Isto é o que alcalde entende por transparencia?”, comentou a portavoz municipal do Bloque.
Iolanda Veloso lembrou que o BNG xa reclamou información sobre esta operación o pasado xoves, na xunta de voceiros de preparación do pleno celebrado hoxe. “Consideramos necesario que alcalde ofreza máis información da que podemos ver nos medios de comunicación”, destacou ao tempo que reiterou as críticas ao alcalde polo seu “silencio absurdo”.

MARTES, otra vez : ¡y luego dicen que el pescado es caro!

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia alerta dun temporal costeiro que afectará a toda costa galega durante a xornada de mañá martes, polo que se activará alerta laranxa.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), trátase dun temporal costeiro por mar significativa de máis de cinco metros de altura. O adverso iniciarase esta madrugada e está previsto que remita ao inicio do mércores, día 26. 
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das tres provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

23/2/14

Tribuna libre, Cangas : ¡éramos pocos y parió la abuela!

De un tiempo a esta parte han proliferado -cuando menos, en Cangas- ciertas asociaciones zonales de comerciantes. Sin duda llevados por nobles intenciones, sus promotores han querido ver -desde su cercanía- soluciones a sus problemáticas y han querido lograrlas (?) desde el implementar agrupaciones de pequeños comerciantes que -en razón a su número escaso, dimensión no grande y, obligatoriamente, pequeño campo de maniobras- parecen condenadas a que sus loables intenciones no pasen, tarde o temprano, de lo que daríamos en llamar, flor de un día...

Desde el sentido común, cabría hacer una llamada a la reflexión y al buen sentido. Mientras que la unión hace la fuerza -y esto debe entenderse en uniones fuertes, dimensionadas en espacios supramunicipales como sucede con FECIMO-, no cabe duda que estos pequeños esfuerzos asociacionistas, de dimensiones tan limitadas, no van a llevar a otra cosa, por encima de fugaces o aparentes éxitos puntuales, que al fracaso a medio plazo e incluso, lo que es más peligroso, a fomentar  -aunque sea inconscientemente- el divide y vencerás...

Bienvenidas sean todas las iniciativas emprendedoras de carácter sectorial, zonal, pero cuando son fomentadas desde el interior de grandes colectivos. Llevarlas a cabo fuera de... como algo que nada tiene que ver con lo que realmente viene funcionando bien -aunque sea mejorable- como es el caso de FECIMO, lleva a cualquier observador imparcial a considerar que algo no se está haciendo bien, alimentándose un hacer cada uno la guerra por su cuenta, cosa que en tiempos de crisis, donde la unión y el esfuerzo común -cuanto más grande, mejor- es tan necesario... resulta harto descabellado.

Medite quien corresponda, antes de que el daño de la desunión, o del echarse al monte, acabe siendo irreparable. Y luego vendrá el llanto y el crujir de dientes.
Dicho de otro modo : a ver si va a ser cierto que... ¡éramos pocos y parió la abuela!.

                                                                                                                       EL DUQUE DE COIRO

Presenta Cangas amplia programación en el Carnaval 2014

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- A Concellería de Cultura presentou este sábado o programa de actividades para o Entroido de Cangas 2014. No acto o concelleiro de Cultura José Luís Gestido sinalou que este programa “ten como obxectivo potenciar esta festividade no casco urbano así como complementar os actos festivos que se levan a cabo en outras parroquias como Hío ou Aldán” afirmou. Gestido destacou que nesta edición vólvese a apostar pola instalación dunha carpa na explanada das Naves de Ojea como epicentro das actividades festivas “e que obtivo un notable éxito na pasada edición marcando un antes e un despois” recalcou o edil. Tamén agradeceu a colaboración e traballo das asociación de comerciantes de Fecimo, Cangas Vella e Zona A así como as agrupacións de comparsas que participaron nas diferentes reunións facendo achegas, “traballo que vese reflectido no programa de actividades e que servirá de base para a organización desta e de próximas edicións” declarou o responsable de Cultura.

Aviso de temporal para la madrugada de este lunes en Galicia

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia alerta dun temporal costeiro que afectará ao oeste e suroeste do litoral da provincia da Coruña e a toda costa de Pontevedra a partires das 00,00 horas de hoxe, polo que se activará alerta laranxa para estas zonas. Trátase dun temporal de mar combinada con ventos do oeste forza oito con intervalos de forza nove, e con ondas que acadarán os cinco metros de altura.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das dúas provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

21/2/14

Xunta da luz verde a sensibles mejoras portuarias en Aldán

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- Esta mañá o alcalde de Cangas José Enrique Sotelo acompañado polo presidente da Confraría de Pescadores de Aldán, reuniuse en Santiago co presidente de Portos José Juán Durán  para tratar diversos asuntos relacionados coa zona portuaria desta parroquia. 
Unha das decisión tomadas durante o encontro foi a de licitar a proposta elaborada por técnicos municipais para o porto de Aldán. Coas actuacións que se realizarán construirase un pantalán flotante de abrigo de 50x40m  con dous brazos de 20 metros de largo e 2 de ancho cada un, dando resposta a unha demanda que os mariñeiros solicitaban dende fai máis anos.  Entre as novidades tamén está a construción dun pantalán para a flota pesqueira, un pantalán de  entre 40 e 50 prazas, o travelift e un servizo de repostaxe. 
Nun prazo de dous meses sacarase a concurso o prego para a explotación do travelift e os novos servizos que se instalarán na explanada. 
Outro dos temas tratados foi o da nova lonxa do porto de Aldán. Polo momento están pendentes de que o arquitecto redactor do proxecto presente as últimas variacións realizadas nos planos a petición de usuarios do sector.
Ademais falaron sobre o problema de acceso ao porto dada a inestabilidade que unha das pontes de pedra do  paseo de Aldán sufre, como consecuencia do descabalgamento dunha das rochas da súa base.  Esta inestabilidade incrementouse aínda máis tras os fortes ventos e choivas que afectaron ao municipio as pasadas semanas.
Outra das demandas pendentes que se satisfixo  nesta reunión foi a das redeiras, que solicitaban a colocación dun estor que evitase a entrada da luz solar que dana os aparellos. Esta mañá o ente público firmou a autorización do gasto para a súa colocación. Así mesmo, un responsable de Portos visitará a vindeira semana a zona para estudar a posibilidade da colocación dun yoyó. 

Pablo Iglesias Fraga se incorpora
este lunes al Balonmano Cangas

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- Es noticia en Cangas el jugador Pablo Iglesias Fraga, que se incorporará al primer equipo del Balonmano Cangas a partir del próximo lunes 24 de febrero. Ese mismo día a las 12:30 h. en la sala de prensa del Pabellón de "O Gatañal" será presentado ante la prensa. Cabe esperar que este refuerzo se convierta en importante para que Frigoríficos recupere el gran nivel exhibido en el primer tramo del campeonato Asobal.

Recuerdan a Laxeiro como “un creador universal, que transitou case un século de historia sen deixar, nin un só día, indiferente a ninguén”

MORRAZO TRIBUNA | Vigo | .- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe na reunión do padroado da Fundación Laxeiro, onde manifestou a súa admiración pola obra “dun dos nosos artistas máis grandes e integradores” e mostrou o seu apoio á Fundación para que “continúe divulgando e poñendo en valor a súa obra”.
Vázquez Abad recordou a Laxeiro como “un creador universal, que transitou case un século de historia sen deixar, nin un só día, indiferente a ninguén”. “Este lalinense era un artífice de soños marabillosos, un traballador infatigable pola beleza e pola ética, un convencido da posibilidades da grandeza do ser humano, unhas virtudes que ennobrecen e que son o centro da nosa vida”, engadiu. 
Nesta xuntanza do padroado tamén se entregou o premio ‘Laxeiro 2014’, un galardón que a Fundación outorga de forma anual a unha persoa ou institución de probada solvencia no eido cultural galego, e que na súa décimo primeira edición recaeu na poeta Luz Pozo Garza. Respecto a escritora galardoada, o conselleiro de Cultura e Educación a definiu como “unha autora cunha obra poética que conmove e que transmite, o mesmo que a pintura de Laxeiro, conseguindo que o ser humano sexa mellor”.


Reparan el deteriorado tejado del comedor escolar
del polémico colegio de Espiñeira, en Cangas

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- Esta semana procedeuse a iniciar as obras de reparación e reposición do tellado do comedor escolar do CEIP Espiñeira danado polos fortes temporais que azoutaron a costa galega nos últimos meses. Os traballos, que comezaron este martes, consisten na retirada das tellas vellas e na colocación dunha cuberta completa con panel de dobre chapa de acero prelacado con illamento no núcleo con espuma de poliuretano de 30mm de espesor así como a colocación de perfís metálicos de acero galvanizado para a regulación dos faldóns da cuberta paneis de chapa. A obra avanza a bo ritmo grazas ao bo tempo dos últimos días que está facilitando o traballo dos operarios que esperan rematar ao longo do día de hoxe, quedando pendentes os últimos remates. Esta actuación está financiada pola Consellería de Educación cun investimento de 8.000 euros dos cales a metade xa foron ingresados ao propio centro.
A estes traballos hai que sumar as labores de mantemento desenvolvidas pola brigada de obras municipal nas instalacións do centro escolar.
Por outra banda a Xefatura Territorial de Educación confirmou ao goberno local que en próximas datas desprazarase ao centro técnicos entre os que está o aparellador do organismo co obxectivo de estudar a viabilidade de ampliar a actuación a toda a cuberta do patio do centro escolar. 
O concelleiro de Educación José Luis Gestido sinala que sumado a esta actuación se están levando a cabo a revisión do Pavillón do centro, mellorando o acceso ao mesmo, colocando sistemas de apertura anti pánico nas dúas portas, suxeitando os policarbonatos das ventás e completando a iluminación de emerxencia. O próximo lunes realizarase a  revisión de cumprimento das especificacións de seguridade. 

Estudian y ponen de relieve la situación comercial del buey de mar : Galicia es el país más exigente sobre esta especie

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR organizou un taller de traballo na súa sede con representantes das principais empresas comercializadoras e distribuidoras de boi de mar para darlles conta dos resultados do estudo de mercado que sobre o consumo deste recurso e dos seus derivados levouse a cabo en Europa dentro do proxecto ACRUNET-Rede Atlántica do Boi de Mar.
Nesta iniciativa, financiada pola Unión Europea, a fundación galega traballa xunto a catorce entidades e institucións de Francia, Reino Unido, Irlanda e Portugal dos ámbitos da industria, da ciencia e da administración, pretende como obxectivo global abordar os principais problemas aos que se afronta o sector do boi de mar -débil demanda, caída de prezos para os produtores, costos indirectos insostibles, promoción insuficiente-.
Dado que o mercado deste recurso é un dos principais desafíos para a Rede ACRUNET, os seus socios levaron a cabo un estudo sobre o consumo deste recurso e dos seus derivados en Reino Unido, Irlanda, Portugal, Alemania, Francia, Italia e España.
As conclusións dese estudo foron presentadas así aos representantes das principais empresas comercializadoras e distribuidoras por parte dos técnicos do CETMAR. Púxose así de manifesto que os galegos son os europeos que máis consumen boi de mar e os que mellor coñecen o produto. A esixencia en canto a calidade do boi de mar é maior en Galicia que no resto dos mercados europeos, superando así aos dos principais países produtores, como é o caso de Irlanda, Francia e Escocia.
A reunión coas empresas serviu tamén ao CETMAR para validar a caracterización do sector da venta, distribución e importación deste produto, un mercado que ten unha oportunidade de ampliación cara aos produtos procesados. Esta información permitirá tamén ao consorcio ACRUNET avanzar na elaboración dunha norma de calidade para o boi de mar europeo que garanta a súa pesca responsable e faga deste un produto competitivo.

Cangas quiere ampliar el carril bici
hasta los 3 kilómetros de largo

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .-O Concello de Cangas ven de solicitar á xefatura de Costas a autorización para a ampliación do carril bici que actualmente parte da punta do rompeolas no peirao de Cangas e bordea o mar ata rematar na metade do areal de Rodeira, nas inmediacións das pistas de skate.  
O concelleiro de Praias, Jesús Graña, afirma que con esta acción preténdese completar o trazado ao longo de todo o paseo de Rodeira, levando o carril bici ata o final do areal. Non se descarta que nun futuro se poida realizar unha ampliación maior, ata o límete co veciño concello de Moaña, pero hai que esperar a que primeiro se acondicione o camiño peonal.
Entre as actuacións que se realizarán tamén está a mellora e o acondicionamento da subida que vai dende o tramo final do paseo de Rodeira ata a zona de A Garita.
Con isto, o carril bici pasaría a ter case 3 quilómetros de lonxitude que percorren parte  da vila de Cangas bordeando a ría.

Emotivo homenaje en Mondariz Balneario
al atleta olímpico Carlos Pérez

Carlos Pérez y Alvarez Salgado.
(Foto : CeltaAtletismo)
MORRAZO TRIBUNA | Mondariz Balneario | .- O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, agradeceulle ao ex atleta olímpico vigués Carlos Pérez Alonso a súa  contribución ao deporte galego, tanto desde o ámbito da competición como na súa  etapa de adestrador, profesor de educación física e fundador e presidente da Asociación de Deportistas Galegos Olímpicos.
No acto de homenaxe celebrado hoxe no Balneario de Mondariz coa presenza de   numerosas personalidades do deporte galego e español, Lete Lasa trasladou a admiración e o recoñecemento da Xunta ao lendario atleta que entre 1952 e 1972  foi  corenta e seis veces internacional absoluto, quince veces campión de España en categoría absoluta en diferentes probas, especialmente en maratón, 10.000 metros lisos e gran fondo,  ademais de representar o noso país en tres Xogos Olímpicos, tres Campionatos de Europa, dous Xogos do Meditarréneo, dous Xogos Iberoamericanos e  dez Cross das Nacións. Carlos Pérez mantén vixentes os récords de España de 25.000 e 30.000 metros lisos.
O secretario xeral destacou a brillante carreira do vigués, na que sempre estiveron presentes “o seu tesón, a súa sinxeleza e a magnanimidade, nuns anos de cambio político e  social en España, onde as cousas non eran precisamente fáciles para os deportistas profesionais”.
Así mesmo, subliñou a súa non menos frutífera faceta como adestrador e profesor de educación física, coa que axudou a achegar novos valores ao atletismo de Vigo, como o catrocentista Jorge Castro, actualmente adestrador céltico, ou Alejandro Miguel, campión de España absoluto de 800 metros lisos en 1997.
“Sempre estiveches moi agradecido aos adestradores e directivos que te axudaron a acadar as metas logradas. Agora, outros te miran a ti co mesmo agradecemento”, engadiu o secretario xeral, quen agradeceu ao ex atleta a súa permanente actitude “por ensinar e contaxiar os valores do deporte aí onde esteas”.

20/2/14

VIGO : Continúa o investimento en obra hidráulica
máis importante da Xunta de Galicia na súa historia

MORRAZO TRIBUNA | Cangas / Vigo | .- O Consello da Xunta aprobou, na súa reunión de hoxe, o decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do emisario submarino da Estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Lagares, en Vigo. 
Estes traballos construtivos son a última actuación a acometer para finalizar a construción das infraestruturas hidráulicas para a mellora do saneamento e da ría da cidade viguesa, e que inclúen, ademais do emisario, a construción da nova EDAR de Lagares e a ampliación da acometida eléctrica para esta.
A nova infraestrutura está financiada polo Estado e a Xunta de Galicia, en terreos cedidos polo concello de Vigo. O Goberno autonómico asume no convenio de colaboración a obriga de tramitar os procedementos expropiatorios necesarios; a súa vez, a sociedade estatal Acuaes ten a condición de beneficiaria, de modo que dispón dos terreos para poder executar as obras.
En outubro do ano 2010 declarouse a utilidade pública e dispúxose a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras de ampliación e modernización da estación depuradora de Lagares, pero no dito decreto non foron incluídos os bens e dereitos necesarios para a execución das obras referidas ao emisario da dita planta que resulta imprescindible para finalizar a EDAR, motivo polo que se procede agora á aprobación deste decreto. 
As expropiacións que se necesitan levar a cabo para a execución do emisario implican dous tipos de ocupacións: unha temporal con terreos dos que será necesario dispoñer durante o período de execución das obras e despois serán devoltos aos seus propietarios (3.942 metros cadrados), e outra de servidume permanente en terreos polos que pasarán conducións pero que seguirán pertencendo aos seus propietarios orixinais (1.576 metros cadrados).
Por isto, debido a que non hai expropiacións totais e permanentes, o custo de expropiación é de 9.379 euros.
Convenio para a mellora do saneamento de Vigo
O 2 de agosto do ano 2010, a sociedade estatal Acuanorte (na actualidade Acuaes), a Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia e o Concello de Vigo, asinaron o convenio de colaboración para a execución das obras da EDAR de Lagares, valorado en  máis de 245 millóns de euros dos cales o Goberno autonómico achega preto do 50% (121,71 millóns de euros)
Trátase do investimento en obra hidráulica máis importante da Xunta de Galicia na súa historia e a grande obra de referencia en depuración hoxe en España. 
A finalidade deste convenio é mellorar a calidade das augas da Ría de Vigo, na súa consideración como unidade socioeconómica ao ser fonte de grande riqueza marisqueira, a través do desenvolvemento de: 
  • A Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), para máis de 800.000 habitantes: a día de hoxe estase comezando coa explotación da depuradora provisional, e estase baleirando a antiga depuradora para comezar a súa depuración.
  • O novo emisario submarino para un caudal de 8 m³/s
  • Unha nova acometida eléctrica á depuradora, en alta tensión.
Descrición das obras do emisario
A construción do emisario é parte esencial do sistema de saneamento do Lagares. Cunha lonxitude total de 3.792 metros, está formado polos seguintes elementos:
  • Nunha mesma estrutura de formigón armado dentro da parcela da EDAR intégranse  a arqueta de chegada que recibe a auga tratada procedente da depuradora e os pozos de bombeo para un caudal máximo de 8 m3/s.
  • Unha arqueta no aparcamento da praia de Samil que servirá de punto de inspección. 
  • Un tramo terrestre do emisario submarino subdividido en dous treitos diferenciados. 
  • Un tramo submarino do emisario. 
  • Un tramo difusor ao final que terá capacidade para verter un caudal de 8 m3/s.
No mes de marzo está previsto iniciar os traballos a través da UTE Dragados – Drace, cun investimento de 14,8 millóns de euros.

Violencia callejera en Vigo al final de la manifestación anti-Lomce : actuaron los antidisturbios ante lanzamientos contra sede de la Xunta

MORRAZO TRIBUNA | Vigo | .- Disturbios y violencia callejera, así terminó la manifestación contra la Lomce protagonizada por cientos de estudiantes, este mediodía, en las calles de Vigo, con epílogo de lanzamientos de objetos contra la sede de la Xunta en la zona de orillamar.
La manifestación "contra la Lomce y en defensa de la educación pública" que finalmente recorrió esta mañana diversas calles de la localidad de Vigo ha finalizado pues, con disturbios protagonizados por varias decenas de jóvenes violentos, que han arrojado hierros, botellas, piedras de variado calibre, huevos y hasta escombros contra el edificio que es en orillamar sede de la Xunta en Vigo. 
Un helicóptero ha sobrevolado varias veces la zona mientras parte de los manifestantes volcaban contenedores de basura, de los que varios fueron incendiados.
Se produjeron escenas violentas y con continuidad reiterada, de modo que en el lugar donde se encontraban efectivos policiales, estos acabaron por solicitar solicitaron refuerzos de antidisturbios, lo que les permitió hacer retroceder a los jóvenes violentos después de una media hora de tensión. En la carga policial, algunos de estos violentos recibieron golpes al negarse a disolverse, y como consecuencia. varios fueron identificados. Un helicóptero ha sobrevolado la zona en todo momento mientras parte de los manifestantes tiraban contenedores de basura, de los que algunos terminaron quemados. 

La Xunta gastará 65 millones en el 2014 para la bonificación
de peajes en siete recorridos de autopista

MORRAZO TRIBUNA | Compostela | .- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas investirá ao longo de 2014 o pago de 65 millóns de euros para a bonificación de peaxes en sete percorridos da Comunidade. Dende a Xunta, actualmente, estase a asumir a bonificación das peaxes dos percorridos Morrazo - Vigo e A Coruña - A Barcala e inversos, cuxo importe é aportado pola Administración Xeral do Estado e a Xunta de Galicia a partes iguais. Con esta subvención, dende o ano 2009 ata a actualidade, período no que a situación económica é difícil, esta subvención supuxo para a Xunta un desembolso de máis de 28 millóns de euros, é dicir, unha media de 5,6M€/ano.
A estas hai que engadir, a gratuidade da AG-54 (Alto de Santo Domingo – AG-53 – ramal O Carballiño) e as tarifas das concesións do eixo de comunicacións A-52 – Fronteira portuguesa (VAC A-52 – Celanova), da AG-11 (Barbanza), AG-56 (Santiago - Brión) e AG-41 (Salnés). Un suma que ascende a preto de 65 millóns de euros de gasto para a Comunidade Autónoma.
Así o sumou esta mañá a directora da Axencia Galega de Infraestruturas, Ethel Vázquez Mourelle, durante a súa intervención en Comisión parlamentaria, onde ademais lembrou que 
a Xunta de Galicia decidiu non subir os prezos das peaxes das autoestradas de titularidade autonómica para o actual exercicio. Explicou que o incremento das tarifas, tras aplicar o IPC interanual, non supera os cinco céntimos en ningún dos traxectos das autoestradas do Val Miñor (AG-55) e Coruña- Carballo (AG-57), o que permite a marxe necesaria para non repercutir dita suba ao usuario.
O Goberno galego, en consideración á situación económica e en atención ao interese xeral, contempla cada ano nos seus orzamentos un investimento para a subvención das peaxes das súas autoestradas. Neste senso, posibilítase o emprego dunhas infraestruturas que facilitan a mobilidade da poboación e favorecen un tránsito fluído, eficaz e seguro de persoas e mercadorías pola comunidade autónoma.
Transferencia da AP9
Por outra banda, Ethel Vázquez reiterou que a Consellería de Medio Ambiente continuará a traballar na liña de demandar o traspaso da autoestrada AP9, así como unha homoxeneización do prezo das peaxes, unha demanda que xa formulou en 2012. 
Tamén nunha comisión bilateral celebrada en 2010, a Xunta propuxo o cambio da súa titularidade en virtude do acordo entre ambas administracións e a materialización do traspaso mediante un real decreto de traspaso de funcións e servizos e outro real decreto de baixa na rede de autoestradas do Estado.