29/3/14

Xunta presenta Plan Director de Rede Natura 2000 de Galicia : sería bueno que el edil cangués Graña se lo estudie

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, presentou hoxe en rolda de prensa o Plan Director de Rede Natura 2000 de Galicia e a regulación de usos nas zonas de especial conservación, que onte foi aprobado polo Consello da Xunta. O Plan que rexe os usos permitidos, autorizables ou prohibidos nos espazos de maior valor ecolóxico e ambiental de Galicia,  así como as medidas de conservación, entrará en vigor o vindeiro martes, 1 de abril, un día despois da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, constituíndo segundo Hernández “o logro ambiental mais importante dende 1992, cando se creou a Rede Natura”.
Como se trasladou onte tras o consello de Goberno, trátase dun plan de ordenación dos recursos naturais de todos os espazos incluídos na Rede Natura 2000 de Galicia, que incorpora un programa de medidas encamiñado a harmonizar a conservación dos hábitats e especies cos usos e aproveitamentos necesarios para garantir o desenvolvemento dos habitantes do territorio incluído na Rede Natura 2000.
Coa aprobación do Plan Director da Rede Natura 2000 a Xunta ponse á cabeza no cumprimento da Directiva Hábitats en España, posto que é a segunda comunidade autónoma da Península en transformar todos os espazos declarados Lugares de Importancia Comunitaria (LIC), como Zonas de Especial Conservación, tal e como establece a mencionada directiva comunitaria. coa aprobación deste Plan director Galicia queda fóra do expediente piloto aberto contra o Reino de España en abril do 2013 por incumprimento da Directiva Hábitats.
Hernández salientou que se cumpre o obxectivo de establecer con rigor un marco xurídico claro e preciso para o desenvolvemento de actividades e o mantemento da calidade de vida dos cidadáns que viven en traballan no territorio, poñendo en valor a actividade tradicional compatible coa protección dos valores naturais. Establécense así usos e actividades permitidos, autorizables ou prohibidos en función dunha zonificación da rede natura establecida en base aos seus valores ambientais e capacidade de acollida.
Explicou que é un plan restritivo coas actividades que poidan danar o medio ou impedir o correcto estado de conservación, posto que prohibe as novas explotacións mineiras a ceo aberto así como novos aproveitamentos industriais de enerxía eólica, hidroeléctrica e fotovoltaica, salvo proxectos de modernización ou reforma dos existentes que, en todo caso, quedarán supeditados á avaliación ambiental.
Incidiu en que, ao mesmo tempo, as necesidades de conservación e restauración deben compatibilizarse cos aproveitamentos tradicionais, como di literalmente o plan no seu artigo 20, que entende o mantemento de ditos aproveitamentos tradicionais como “fundamental para garantir o desenvolvemento das comunidades que viven neste territorio”.
Para o conselleiro, Galicia dispón por fin dunhas regras de xogo claras para xestionar as 390.000 Ha que integran actualmente a Rede Natura 2000 –o 12% da superficie Galega- o que cualificou como “fito histórico”.

Lete Lasa resalta la importancia de la esperada reforma fiscal que estimule el mecenazgo en el Deporte

MORRAZO TRIBUNA | Ourense | .- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, subliñou hoxe a importancia de que se materialice a esperada reforma fiscal do mecenado como “ferramenta clave para estimular a participación do sector privado no financiamento da actividade deportiva” e desenvolver así o alto potencial económico do deporte. 
“É a obriga da administración pública favorecer o patrocinio deportivo, e isto pasa pola actual reforma do sistema fiscal”, manifestou, en referencia ao proceso en marcha para modificar a lei estatal de 2002 sobre o réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.
Lete Lasa fixo estas declaracións na conferencia inaugural que pronunciou esta tarde no   curso Organización e desenvolvemento de eventos deportivos, as claves do éxito, que se celebra hoxe e mañá no campus ourensán da Universidade de Vigo, organizado pola Facultade de Ciencias Empresariais e do Turismo. 
Na súa intervención, o secretario xeral para o Deporte defendeu o interese de impulsar o sector da organización de eventos porque potencia o deporte e os seus innumerables beneficios, tanto os de índole económica como social, turística, sanitaria e educativa. 
Lembrou que a Xunta apoia este tipo de actividades con diversos grados de implicación, que no caso das competicións oficiais autonómicas supón o seu financiamento expreso a través dos convenios coas federacións galegas -3.900.000 euros en total para o ano 2014-, xa que nesta materia as federacións cumpren cunha función pública delegada por lei.   
O secretario xeral para o Deporte fixo especial fincapé na necesidade de que as organizacións deportivas desenvolvan o patrocinio deportivo como “un auténtico produto de mercado que lles pertence e que como tal debe ser comercializado e explotado”, lembrando que con este potente instrumento de comunicación comercial as empresas patrocinadoras ven reforzada a súa marca e por tanto o seu posicionamento no mercado, mentres que as entidades deportivas atopan unha importante fonte de ingresos que contribúe á súa viabilidade e fortalecemento. 
O curso Organización e desenvolvemento de eventos deportivos, as claves do éxito enmárcase no Máster Universitario en Xestión Empresarial do Deporte da Universidade de Vigo e achégase aos eventos deportivos desde un punto de vista práctico. Os asistentes coñecen de primeira man o traballo que leva consigo a produción de acontecementos como o campionato do mundo de balonmán de España 2013, a preparación das candidaturas olímpicas de Madrid, o Rally Rías Baixas, o Campionato do Mundo de Duatlón Pontevedra 2014, o Desafío Illas Cíes, O Marisquiño, os Routeiros Culturais, o Neda el Món ou a Ruta BTT Lalín.

Conselleiro advirte que o sector galego da automoción, liderado por PSA-Citroën, está chamado a facer unha contribución estratéxica

MORRAZO TRIBUNA | Baiona | .- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, subliñou hoxe que o sector galego da automoción, liderado por PSA-Citroën, está chamado a facer unha contribución estratéxica a un dos principais retos da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3): a construción dun novo modelo industrial en Galicia a través da implantación da I+D+i. 
Na clausura da asemblea xeral da Asociación de Concesionarios Citroën, o conselleiro destacou que a RIS3, presentada o pasado martes coa presenza e a aprobación do comisario europeo de Política Rexional, Johannes Hahn, porá o foco no sector da automoción para “fortalecer o indiscutible músculo produtivo” desta industria en Galicia a través da innovación, nun momento en que xa amosou un “grao de madurez suficiente” para afrontar este reto, e no que se lle abren “valiosas expectativas de futuro”.
A RIS3 mobilizará un investimento de 1.600 millóns de euros ata 2020 co obxectivo de incrementar a competitividade das industrias con máis peso na economía galega aumentando a tecnoloxía, a diversificación, a especialización e a innovación. E, no caso da automoción, dixo, este reto pasa por que sexa capaz de reinventarse e de diversificar a súa industria auxiliar para atopar novos nichos de mercado e acceder a sectores de alta tecnoloxía.  Segundo manifestou, nesta tarefa a fábrica de Citroën en Vigo debe ser “o polo dinamizador de todo un sector que quere apostar pola I+D+i como fórmula de liderado e como motor de expansión e crecemento”.

Cangas : Náutico de Rodeira tiene ya Q de calidad turística

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez interveu esta mañá no acto oficial de izada da Bandeira Q de Calidade Turística no Real Club Náutico de Rodeira en Cangas. A estación náutica ven de obter este distintivo que acredita a implementación de sistemas de xestión da calidade e co que xa contan outras oito estacións náuticas galegas. 
Segundo recalcou Nava Castro, Galicia lidera con estas nove distincións o segmento da calidade turística nas estacións náuticas do Estado. “A aposta pola diferenciación a través da implementación de sistemas de xestión e calidade nun eido tan fundamental para a imaxe turística de Galicia como son os portos e a costa redunda directamente na percepción da comunidade como destino turístico diferencial”, explicou.
A Bandeira Q de Calidade Turística ondea hoxe por primeira vez no Real Club Náutico de Rodeira. Nava Castro explicou que grazas á aposta, tanto do sector público como do sector privado en canto á xestión da calidade do destino, Galicia ten conseguido neste ano pasado un exitoso balance en número de distintivos, sendo a segunda comunidade con máis Q de Calidade Turística do Estado, con 249 distintivos. Nove deles en instalacións náutico-deportivas, “o que nos converte en líderes do Estado neste segmento”.
Ao tempo, a directora de Turismo resaltou a importancia de traballar na calidade turística do destino para incrementar a competitividade deste no mercado turístico global. E dixo que “dende a nosa liña estratéxica dirixida a potenciar unha oferta turística baseada no noso patrimonio e nos nosos recursos endóxenos, traballamos na creación do Club do Produto Turístico da Auga de Galicia, que inclúe a articulación de experiencias turísticas relacionadas co uso da auga”. Recalcou tamén que o turismo náutico e todas as actividades complementarias forman parte desa oferta experiencial. “Galicia con 1.659 quilómetros de costa e 863 praias conforma un dos mellores escenarios para a práctica das actividades deportivas”, dixo.
Galicia lidera tamén o ránking de Bandeiras Azuis en praias e en sendeiros –con 127 e 11, respectivamente-, así como en portos deportivos con Bandeira Azul -17-. “A calidade e o respecto medioambiental integran o noso desenvolvemento como destino”, explicou a directora de Turismo, quen lembrou tamén que este ano, con motivo do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago, Galicia celebrará a primeira Travesía Náutica Xacobea. 

MÁIS DO 95% DO ALUMNADO DE CUARTO DE INFANTIL DE GALICIA OBTIVO PRAZA NO CENTRO EDUCATIVO ESCOLLIDO

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | 
Máis do 95% do alumnado que solicitou praza en 4º de educación infantil – 3 anos- nos centros educativos galegos sostidos con fondos públicos nas 4 provincias galegas para o vindeiro ano académico 2014/2015 obtívoa no colexio escollido como primeira opción. Este ano recibíronse en toda Galicia un total de 779 solicitudes menos para ese curso. A ampla oferta de prazas deste curso de infantil que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición das familias galegas, un total de 29.081, supera en 9.248 as 19.833 solicitudes recibidas.  Dentro do mencionado colectivo de alumnos de 3 anos, tan só un 4,6 % non acadou unha praza no centro de primeira escolla. Para esta pequena porcentaxe, as prazas serán asignadas pola comisión de escolarización de cada zona, atendendo aos seguintes centros da súa preferencia.
Sete cidades
Ademais, o 94,4 % do alumnado que solicitou praza en 4º de educación infantil – 3 anos- nos centros educativos galegos sostidos con fondos públicos das 7 principais cidades galegas para o vindeiro ano académico 2014/2015 obtívoa no colexio escollido como primeira opción, por riba do 93,62% que a obtivera para o curso 2013/2014. A ampla oferta de prazas deste curso de infantil que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición das familias destas cidades, un total de 10.048, supera en 1.643 as 8.405 solicitudes recibidas  - 223 menos nestas cidades que as recibidas para o 13/14-. Dentro do mencionado colectivo de alumnos de 3 anos, tan só un 5,6 % non acadou unha praza no centro de primeira escolla. Para esta pequena porcentaxe, as prazas serán asignadas pola comisión de escolarización de cada zona, atendendo aos seguintes centros da súa preferencia.

24/3/14

Fin de semana con la navaja como
gran protagonista gastronómico en Cangas

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- Tivo lugar a presentación da  “I Festa de exaltación da navalla das Cíes” -que se celebrará en Cangas os días 28, 28 e 30 de marzo- tendo por escenario a sede da Deputación de Pontevedra en  Vigo. O acto estivo presidido polo alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo; a deputada provincial,  Marta Iglesias; o Patrón Maior da Confraría de Pescadores San Xosé, Evaristo Fernández; o presidente dos navalleiros, Daniel Arbores; o representante dos hosteleiros, José Lorenzo.
Esta festa gastronómica ten coma finalidade exaltar un dos recursos marítimos máis característicos da zona canguesa, que xunto co percebe conforman o 50% da recadación da Lonxa de Cangas. José Enrique Sotelo sinalou que “ a importancia deste produto para o desenvolvemento da economía canguesa é notable, só en 2013 se recolleron 66.039 quilos de navalla e se facturaron 541.11 euros pola súa venda”. A recollida deste molusco dá traballo a 25 persoas que cada día capturan entre 20 e 10 quilos de navalla. O prezo deste produto  oscila entre os 6 e os 12 euros/quilo chegando a acadar, na época do Nadal, os 27 euros.  
Ademais da súa calidade cabe salientar que a navalla canguesa posúe o distintivo de “Navalla das Cíes” que garante o cumprimento dunha serie de requisitos de captura, manipulación e comercialización. Ata fai seis anos esta navalla capturábase mediante a técnica de mergullo a pulmón, e  establécense unhas cotas de recollida por mariñeiro dependo da demanda, favorecendo así a sostibilidade do recurso.
En total 20 establecementos hostaleiros de todo o concello de Cangas participarán neste evento culinario. A tapería O Portujés, a tapería O Chinchorro, o restaurante Anuska, a tapería Aliño, a taberna O Arco, a  taberna El Jabuguito, o restaurante Cabo Home, o restaurante Casa Macillos, a tapería O Pélao, o restaurante Sol Poniente, a taberna Pandemillo, o restaurante El Cortijo, o restaurante Tía Brígida, conservas Artemar, a taberna Guimeráns, o restaurante Il Popolo, a tapería Luscofusco, a tapería O Faro, a taberna Dos Chata e o meso O Batel ofrecerán racións de navalla á prancha a prezos especiais. 
Así pois, media ración de navalla das Cíes á prancha ( 6 unidades) terá un custe de 5,00 euros, unha ración enteira ( 12 unidades) custará 9,00 euros.  Media ración de navallas acompañada dunha copa de Lagar de Cervera servirase por 6.80 euros e unha ración de navallas cunha botella de Lagar de Cervera custará 19.00 euros. 
Ademais das navallas á prancha, que se servirán nos vinte establecementos participantes, os locais que o decidan ofrecerán ao público a navalla baixo diferentes receitas, participando nun concurso no que un xurado votará a mellor.
José Enrique Sotelo invitou a todos os veciños de Vigo a que se acheguen ata Cangas os vindeiros 28, 29  e 30 de marzo para degustar este produto gastronómico tan característico do municipio.
Para facilitar o desprazamento dos vigueses e viguesas que desexen probar a Navalla das Cíes en Cangas, os nenos e nenas de ata 12 anos poderán viaxar gratis no transporte marítimo  que comunica ambas cidades durante os tres días de duración deste  evento gastronómico. 

Libros recibidos : "Couto e Pazo de Rosal", otra gran aportación de Manuel Uxío García Barreiro

MORRAZO TRIBUNA | Moaña | .- O escritor Manuel Uxío García Barreiro ten a amabilidade de enviar a MORRAZO TRIBUNA o seu último libro, "Couto e Pazo do Rosal", obra amena e de agradable lectura, que pódese mercar ainda en librarías do Morrazo -como a ben coñecida Libraría Abrente, en Bueu; ou mesmo Abrente na súa libraría on-line -. 
Estamos diante de unha obra interesante e na que García Barreiro, unha vegada máis, emprega todo o seu característico entusiasmo por dar a coñecer a história e o pasado de Moaña. Pois como o escritor refere, estamos ante o que foi, no seu tempo, epicentro do desenvolvemento do maior centro de poder económico moañés, ata a metade do século XIX; o Pazo do Rosal, cuxos donos vincularon, en 1629, un amplo patrimonio en varios lugares do Morrazo, Vigo, Pazos de Borbén e Redondela co obxecto de que o herdasen, na súa integridade, os primoxénitos das futuras xeracións da liñaxe fidalga dos Saavedra. A lei desvinculadora de vínculos e morgados do ano 1841 obrigou ao seu último vinculeiro, D. Manuel Saavedra Bermúdez, a repartir as súas posesións, acumuladas durante máis de 200 anos, entre todos os fillos. Entre elas encontrábanse máis terras, padroados eclesiásticos e pazos situados en Sanxenxo, Láncara, Pantón e Vilafranca do Bierzo. Estes engadidos ás propiedades iniciais, producíronse a través dunha política de casamentos e doazóns familiares que converteron ao Pazo do Rosal, antes do reparto, no máis poderoso do Morrazo; antes de chegar a súa decadencia no século XX e a venda en 1999 a un construtor.

Sin desperdicio alguno, el posicionamiento del BNG
en la muerte del presidente Suárez

Dice así, textualmente, el comunicado emitido por la formación del BNG :
"O Bloque Nacionalista Galego traslada o seu pésame e condolencias á familia do ex presidente do goberno español, Adolfo Suárez, tras o seu pasamento onte após unha longa e cruel enfermidade. 
Adolfo Suárez pasou xa a historia do Estado español como unha figura chave da Transición, proceso no que co seu talante conciliador soubo superar o seu pasado político comprometido co réxime ao máximo nivel e tecer os complexos equilibrios entre os sectores do réxime franquista.
Porén, nese proceso  impediuse a ruptura democrática que reivindicaba o nacionalismo de esquerdas, que demandaba unha transformación moito máis profunda e que debería ter permitido a superación da monarquía e o recoñecemento das nacións catalá, vasca e galega".

Tribuna Libre.
ADOLFO SUAREZ, o home que inaugura unha historia diferente

Cando Adolfo Suárez toma as rendas da transición, estaba aínda vixente a terrible advertencia que Antonio Machado facía ao "españolito" que viña ao mundo. "Unha das dúas Españas xearache o corazón", dicía o poeta. Non parecía haber máis alternativa que afiliarse a un dos bandos fratricidas, ou perecer vítima deles, como lle sucedeu por certo ao autor do célebre poema.
A historia do noso país resumíase nese dilema terrible. Certamente non só recollía enfrontamentos civís, pero incluso os períodos de paz estaban presididos polo desquite. Non eran as nosas paces ecuánimes, senón que nelas existían sempre vencedores e vencidos. Uns gobernaban, rexían as vidas dos cidadáns e ata redactaban constitucións, mentres que os outros se limitaban a soportar, agardando a quenda que lles permitira vingarse. Era unha espiral interminable que á morte de Franco volve sobrevoar o destino dos españois.
Por máis que soe a grandilocuente, a verdade é que Adolfo Suárez inaugura unha historia diferente. Faino baseándose nun principio que expuxo durante a presentación da Lei da reforma política, en 1976: "o futuro non está escrito porque só o pobo pode escribilo”. Situar a vontade popular por enriba dun destino que sempre nos fora ingrato, foi a grande achega do home que acaba de deixarnos. Suárez díxonos que España non era un país maldito, nin predestinado ao preito permanente, e demostrou que a reconciliación das dúas Españas era posible.
Adolfo Suárez fixo que os españois crésemos en nós mesmos, devolveunos confianza e autoestima, destruíu o tópico de que só podiamos ser gobernados con man dura. Grazas a iso estableceu coa sociedade unha complicidade que poucos políticos lograron. A clave deuna nunha frase que segue tendo plena vixencia para todos os que desempeñamos responsabilidades públicas. Para o primeiro presidente que abre as portas á liberdade, a democracia non é outra cousa que "elevar á categoría política de normal, o que a nivel de rúa é plenamente normal".
Non había manuais para pilotar a transición. Non se contaba con precedentes do paso pacífico dunha ditadura a unha democracia no noso ámbito internacional, e menos aínda no noso pasado. A grande inspiración encóntraa Suárez na sociedade mesma, anguriada por unha disxuntiva que parecía excluínte entre continuísmo e ruptura. Coa tutela permanente da Súa Maxestade o Rei, abre unha terceira vía pola que poden camiñar non só os españois de entón, senón tamén os do futuro.
Ao facelo, Adolfo Suárez reivindica algo sistematicamente denigrado pola ditadura: a política. Nuns tempos nos que a política suscita receos, en ocasións explicables por comportamentos pouco edificantes, o seu recordo é tamén o recordo dunha Política con maiúsculas que une, remove obstáculos e encontra unha solución para cada problema.
Adolfo Suárez non é un tecnócrata, nin alguén que aplique receitas publicadas por especialistas. É un político, capaz de implicar coas súas palabras e os seus feitos a todo un país. A proba de que a maior xesta dos últimos séculos do noso país leva o selo de Adolfo Suárez, é que os españois vivimos na súa herdanza.  
O camiño que el trazou segue aberto. Por el segue transitando a democracia, e seguimos camiñando os españois sen medo a que a outra España nos xee o corazón. Hai dúbidas, padecemos imperfeccións, soportamos crises de todo tipo, pero para solucionar todos os desafíos, contamos co recordo dun home excepcional.
El ensinounos que a política é nobre. Grazas a el aprendemos que España é unha nación diversa e unida, capaz de escribir por si mesma a historia.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente da Xunta de Galicia

23/3/14

Finalmente : murió el presidente Adolfo Suárez

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- El presidente Adolfo Suárez ha fallecido en la tarde de este domingo, después de las 15 horas, en la clínica Cemtro, en Madrid, como desenlace de la larga enfermedad de Alzheimer que desde hace 11 años venía padeciendo.
El Boletín Oficial del Estado recogerá mañana la orden del Gobierno por la que se decretan 3 días de luto nacional.
Durante toda esta tarde se están produciendo numerosas reacciones de dolor y hondo pesar por la muerte de Suárez, lo que -sin duda- dará pie para que más de un cínico que en su día le abandonó a su suerte, resucite ahora en lo público, dando loas a quien en su momento dio de lado descaradamente.

"Figura clave de la historia del siglo XX
de España" (Louzán sobre Suárez)

MORRAZO TRIBUNA | Pontevedra | .- El presidente de la Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, ha elevado a Adolfo Suárez a "figura clave" de la historia del siglo XX de España, que "se agranda con el paso del tiempo". En un comunicado, Louzán ha subrayado que el expresidente del Gobierno deja "una gran herencia política" en áreas como "la vocación de servicio público", "el diálogo" y "el consenso". El titular de la deputación pontevedresa ha señalado que el presidente de la primera democracia en España debe "servir de ejemplo" y ha recordado que hizo posible que "hoy vivamos en libertad". Además, ha recordado las vinculaciones de Suárez con Galicia y sus vacaciones en A Lanzada. Así, ha enviado su pésame a la familia del expresidente del Gobierno, pero también a "todos cuantos sienten la muerte" de una persona que "contribuyó enormemente a consolidar la democracia" en España.

"La revolución devora a sus líderes".
ADOLFO SUÁREZ : o cómo pasar en cinco minutos de bestial a bestia

Al moribundo presidente Suárez le están haciendo funerales anticipados. Y si prolonga su agonía, más que se hablará de el. Y de su tiempo. Lo cual no es malo, sino todo lo contrario.
A propósito -también- de Adolfo Suárez. Siempre se ha dicho en relación a procesos históricos : "tarde o temprano, la revolución devora a sus líderes".
Y aunque la transición española -que en buena medida se le debe a Suárez- no fue propiamente una revolución, admitamos que en cierto modo lo fue, para justificar la realidad -también en el caso de Suárez- de la frase. 
Suárez acabó mal : traicionado por quienes estaban más cerca y más gratitud le debían; vilipendiado por cierta prensa que primero mamó y a continuación apuñaló; odiado por ciertos sectores del Ejército y de la Sociedad que no le perdonaron las transformaciones por el puestas en marcha; ignorado -sino despreciado- por no pocos rivales políticos que, sin embargo, medraron -¡y de qué forma!- gracias a que el había abierto la puerta… Incluso la propia ciudadanía, pasaportando el proyecto del CDS en una exhalación, envió a Suárez al retiro, en donde -para más inri- sería apaleado por las continuadas desgracias de su vida privada : la muerte de su mujer, de su hija y… de propina, su tremendo Alzheimer.

En fin. Un país donde se pasa en cinco minutos de bestial a bestia; y donde, en la hora de la muerte, en otros cinco minutos se recupera a la bestia y se la transforma en bestial. 
¡Qué injustos somos los humanos!.¡Qué facilidad tenemos para la ingratitud!. 
Pero la propia Vida nos acaba por dar lecciones siempre. El sufrimiento de Suárez y su familia, en estos 11 años que llevan peleando con el maldito Alzheimer, es -todavía- el último gran servicio de este hombre a la Sociedad, a la que en estos días de espera porque venga la Muerte y se lo lleve al más allá, está llevando -obligatoriamente- a reflexionar sobre lo tremendo de este mal que Adolfo Suárez sufre; lo en pañales que están neurólogos y demás expertos (?) al cuidado médico de este sufrimiento; y lo indefensos -y en nada apoyados- que están estos enfermos y sus familias, además de la inutilidad -mayor o menor- de los medicamentos que se les prescriben para algo que a día de hoy no tiene cura.
El cáncer es tremendo; pero -al menos- unos cuantos consiguen salvar ese match-ball y continuar con sus vidas. El diagnóstico de Alzheimer es el certificado de una muerte segura, inevitable en poco tiempo. Y si es con un horizonte de 11 años, como en el caso de Adolfo Suárez, para mayor tristeza y abatimiento de una familia, al ver K.O. durante tanto tiempo al ser querido y sin poder hacer nada para ayudarle.
Que descanse en paz este hombre, cuando finalmente Dios se lo lleve.
Y que quienes aún sigamos con Vida en esta España tan abundante en currinches, arribistas, manipuladores, saltimbanquis, vividores y golfos, reflexionemos en la muerte de este hombre. Y que su trayectoria nos sirva -en lo no poco que tuvo de positiva- de ejemplo.
EUGENIO EIROA

DOCUMENTACIÓN :

Discurso de ADOLFO SUÁREZ al presentar su dimisión 
como presidente del Gobierno de España, el día 29 de enero de 1981.

“Hay momentos en la vida de todo hombre en los que se asume un especial sentido de la responsabilidad. Yo creo haberla sabido asumir dignamente durante los casi cinco años que he sido presidente del Gobierno. Hoy, sin embargo, la responsabilidad que siento me parece infinitamente mayor.
Hoy tengo la responsabilidad de explicarles, desde la confianza y la legitimidad con la que me invistieron como presidente constitucional, las razones por las que presento, irrevocablemente, mi dimisión como presidente del Gobierno y mi decisión de dejar la presidencia de la Unión de Centro Democrático.
No es una decisión fácil. Pero hay encrucijadas tanto en nuestra propia vida personal como en la historia de los pueblos en las que uno debe preguntarse, serena y objetivamente, si presta un mejor servicio a la colectividad permaneciendo en su puesto o renunciando a él.
He llegado al convencimiento de que hoy, y, en las actuales circunstancias, mi marcha es más beneficiosa para España que mi permanencia en la Presidencia.
Me voy, pues, sin que nadie me lo haya pedido, desoyendo la petición y las presiones con las que se me ha instado a permanecer en mi puesto, con el convencimiento de que este comportamiento, por poco comprensible que pueda parecer a primera vista, es el que creo que mi patria me exige en este momento.
SIGA LEYENDO. Pulse...

GALICIA CALIDADE presenta en Madrid, nuevamente, muestras de la excelencia de los productos gallegos (SHOWCOOKINGS y DEGUSTACIONES)

MORRAZO TRIBUNA | Madrid | .- GALICIA CALIDADE ACHEGA AO MERCADO MADRILEÑO DE SAN ANTÓN A EXCELENCIA DOS PRODUTOS GALEGOS CON SHOWCOOKINGS E DEGUSTACIÓNS. O popular recinto comercial acollerá o venres 28 e o sábado 29 demostracións culinarias do premio nacional de gastronomía Kike Piñeiro, do barista Óscar del Toro ou do sumiller Óscar Quintana. Estarán representadas máis de 20 empresas de distintos sectores, ademais das indicacións xeográficas protexidas

Conselleira de Facenda advirte que se está a producir unha mellora da situación económica tal como mostran os distintos indicadores

MORRAZO TRIBUNA | Compostela |.- A CONSELLEIRA DE FACENDA AVANZA QUE A XUNTA REVISARÁ Á ALZA NOS PRÓXIMOS MESES AS PREVISIÓNS DA ECONOMÍA GALEGA PARA 2014. Elena Muñoz Fonteriz lembrou que o Goberno galego presentara en outubro unhas estimacións de evolución do PIB “moi prudentes”, do 0,8%
Asegurou que esas previsións “xa están superadas” posto que o comportamento da economía “está mellorando, e así o din os indicadores”
Nunha entrevista na Radio Galega, recordou que Galicia volveu cumprir en 2013 o obxectivo de déficit e confirmou que este 2014 será o ano da consolidación do cambio de tendencia

Feijóo : “un presidente que está xa na historia de España e na memoria e no corazón de todos os españois”

MORRAZO TRIBUNA | Cangas |.- O titular da Xunta asegura que Suárez “sempre será un modelo de político e un modelo de persoa”. FEIJÓO TRANSMITE O PESAR E A TRISTEZA DE TODO O POBO GALEGO POLO FALECEMENTO DE ADOLFO SUÁREZ, “UN PRESIDENTE QUE ESTÁ XA NA HISTORIA DE ESPAÑA E NA MEMORIA E NO CORAZÓN DE TODOS OS ESPAÑOIS”
“Da súa man, os españois aprendemos a entendernos, a comprendernos e a camiñar    xuntos”, subliña Feijóo
“Con Adolfo Suárez España deixa de ser no mundo sinónimo de conflito ou ditadura, para servir de exemplo a moitos pobos que desexan vivir en democracia”, asevera
“Suárez uniu a súa integridade persoal e unha grandeza que se fixo patente tanto nas vitorias como nos seus momentos máis amargos”

22/3/14

Vicepresidente Rueda renueva el compromiso
de Galicia por la cooperación transfronteriza

MORRAZO TRIBUNA | Vigo | .- A XUNTA APOSTA POLA AECT COMO REFERENTE DA COOPERACIÓN ENTRE GALICIA E O NORTE DE PORTUGAL NO NOVO PERÍODO ORZAMENTARIO 2014-2020
  • Alfonso Rueda, e o presidente da CCDR-N, Emídio Gomes, mantiveron unha xuntanza coa nova directora da AECT, María Geraldes

Plazas de abastos y comercio de proximidad,
objetivos de una nueva campaña de dinamización en Galicia

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- A XUNTA PON A DISPOSICIÓN DOS CONCELLOS GALEGOS MÁIS DE 3 MILLÓNS PARA POTENCIAR AS PRAZAS DE ABASTOS E O COMERCIO DE PROXIMIDADE
  • Economía e Industria vén de activar unha nova convocatoria de apoios aberta á presentación de solicitudes ata o vindeiro 21 de abril
  • As axudas para a modernización das prazas de abastos increméntanse ata un máximo de 150.000 euros, un 25% máis que o ano pasado
  • Prímanse os proxectos compartidos por varios municipios, e as remodelacións dos mercados de abastos deberán ir acompañadas de asesoramento aos praceiros
  • Tamén se apoian actuacións nas rúas do contorno dos mercados municipais e a posta en marcha de iniciativas para incentivar as vendas
  • As melloras de espazos destinados a mercados tradicionais e ambulantes de apertura periódica contarán con axudas de ata 30.000 euros
  • A Consellería leva activados no que vai de ano programas de apoios para mellorar a competitividade do sector comercial por máis de 6,5 millóns de euros

Tribuna Libre. Declaración institucional
de la Xunta en el Día del Agua

DÍA MUNDIAL DA AUGA
22 de marzo de 2014
Auga e enerxía
A auga é fonte de vida, fonte de actividade e de enerxía. A súa presenza está estreitamente ligada á propia actividade fisiolóxica dos seres vivos: canta maior actividade desenvolven, maior é tamén a cantidade de auga que albergan e demandan.
A auga é tan esencial para o individuo como para a propia sociedade, para o consumo humano ou para a produción de enerxía limpa e renovable.

Conselleiro de Educación recuerda los datos del informe PISA que ponen al alumnado gallego por encima de la media estatal

MORRAZO TRIBUNA | Compostela | .- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, clausurou hoxe en Santiago a asemblea anual da Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos (CONGAPA), acompañado polo presidente a nivel nacional Concapa, Luis Carbonel Pintanel.
Vázquez Abad fixo un repaso polas políticas desenvolvidas no que vai de lexislatura, e dixo que “a calidade da educación queda de manifesto en datos nos que o noso alumnado está por riba da media nacional, como, por exemplo, a taxa de graduación (porcentaxe de estudantes que finalizan o ensino no tempo previsto no plan de estudos),  que na ESO (78%) está case catro puntos por riba da española (74,3%); en Bacharelato a diferenza a prol de Galicia supera os 5 puntos (Galicia 55,7%, España 50,3%); mentres que nos ciclos superiores de Formación Profesional a diferenza é de 8 puntos (Galicia 23,2% España 21,4%)”.

Feijóo regresa en forma de América y se implica
en la campaña electoral de las europeas

MORRAZO TRIBUNA | Compostela | .- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que, co programa electoral que hoxe presentou o partido para as eleccións europeas, “cando na UE haxa algo que decidir que nos afecte, a nosa terra vai ter moito que dicir”.
Así se expresaba o dirixente popular na clausura da reunión que hoxe mantivo coa Xunta Directiva do PPdeG para presentar a folla de ruta da formación de cara aos comicios europeos. Alí, o líder do PPdeG agradeceu o traballo de todos os que participaron coas súas propostas no programa. Ademais, recoñeceu o labor de Carmen Fraga e Francisco Millán Mon nos últimos anos para que os intereses de Galicia fosen atendidos nas institucións comunitarias.
Con respecto a isto, Feijóo lamentou que, fronte á renovación de ideas do PPdeG, haxa outros partidos que pensen que é secundario e, por iso, ata o momento teñen concentrado o 100% dos seus esforzos en discutir ‘quén’ e ‘con quén’ se presentan ás eleccións europeas.
Nesta liña, destacou que mentres que os populares levan as últimas semanas elaborando un programa que fala exclusivamente de Galicia, outros preferiron ter ben asegurado primeiro o reparto de cargos. 

Cangas : el edil Graña mete mano a las playas para acondicionarlas

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- COMEZARON AS LABORES DE ACONDICIONAMENTO E LIMPEZA NOS AREAIS MUNICIPAIS DE CANGAS.
A brigada medioambiental e os equipos de limpeza municipais estiveron traballando durante esta semana na limpeza manual nas dunas e o entorno da praia de Rodeira. Estase retirando restos vexetais e residuos arrastrados aos areais polos distintos temporais que sufriu a costa galega este inverno. 

20/3/14

Moaña : Fervenza logra que Louzán nuevamente empuje hacia la solución varias problemáticas

MORRAZO TRIBUNA | Moaña |.- O presidente da Deputación e o alcalde de Moaña reuníronse en Pontevedra . A DEPUTACIÓN REFORMARÁ A PRAZA DA IGREXA DO CARME, EN MOAÑA, E PROCEDERÁ Á REPARACIÓN DOS CAMIÑOS DANADOS POLO MAL TEMPO
·        Na xuntanza, na que tamén participou a deputada Begoña Estévez, tamén analizaron as posibilidades de cooperación en materia de deporte e cultura
·        Unha das actuacións do circuíto de concertos que a Deputación anunciou esta mañá terá lugar no Festival Intercéltico de Moaña
·        Ampliarase o aparcamento do Campo de Fútbol de Domaio con maquinaria da Deputación

Deputación presentou o circuíto de concertos de nove artistas galegos que achegarán música a todas as comarcas da provincia

MORRAZO TRIBUNA | Cangas |.- A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PÓN EN MARCHA UN CIRCUITO DE CONCERTOS DE GRUPOS E CANTANTES GALEGOS QUE REALIZARÁN 33 ACTUACIÓNS NAS COMARCAS DA PROVINCIA
Inclúe a Amancio  Prada, Luis Emilio Batallán, Budiño, Carlos Blanco e Luis Dávila, Roi Casal, Treixadura, Maria do Ceo, Oscar Ibáñez, Gustavo Almeida e As Cantareiras de Ardebullo
A Deputación de Pontevedra presentou hoxe o circuíto de concertos de nove artistas galegos que achegarán a todas as comarcas da provincia, de maio a setembro, actividades culturais que moitos concellos medianos e pequenos teñen dificultades para levar ao seu contorno.
No circuíto intervirán os cantantes e grupos seguintes: Amancio Prada, Luis Emilio Batallán, Menú do Día nas Prazas -o espectáculo de humor, debuxo e música que desenvolven Budiño, Carlos Blanco e Luis Davila-, Roi Casal, Treixadura, María do Ceo, Oscar Ibáñez, Gustavo Almeida e As Cantareiras de Ardebullo, que acompañaron hoxe ao presidente da Deputación, Rafael Louzán, na presentación do evento e agradeceron e loaron a iniciativa da Deputación.
Louzán destacou que “esta actividade complementa as actuacións do Plan Cultural, co que garantimos preto de 2.000 actuacións nos 62 concellos da provincia”. Lembrou que no Plan Cultural da Deputación, que ten un orzamento dun millón de euros, participan este ano 1.244 grupos, formados por unhas 30.000 persoas. “Agora, sumamos outras 33 actuacións de grupos e cantantes profesionais galegos que levarán a nosa cultura a todos os recunchos da provincia”.
O presidente da Deputación dixo que a iniciativa era un xeito de apoiar aos grupos e cantantes galegos que pasan por momentos difíciles a causa da crise económica e, de paso, “un  apoio á promoción da nosa cultura a través dos músicos”.
As actuacións levaranse a cabo en prazas e auditorios de vilas da provincia, entre maio e setembro, e ten un orzamento de 150.000 euros.
Na comparecencia pública, Roi Casal, que agradeceu a implicación da Deputación na iniciativa, sinalou que “a algúns éncheselles a boca falando e defendo a cultura galega, cando accións como esta da Deputación de Pontevedra é un apoio real a ela”. Batallán afirmou que “a cultura á tan necesaria como comer” e congratulouse da iniciativa do Parlamento galego de incluír o  portugués nas escolas como xeito de ampliar a promoción da cultura galega.
Amancio Prada destacou “a grandeza de miras da Deputación” e anunciou que presentará nas súas actuacións o concerto escénico que, dirixido por José Luis Gómez, estreou no Teatro Español de Madrid sobre os Seis poemas galegos de García Lorca. María do Ceo dixo que cantará fados e poemas musicalizados de Díaz Castro, o poeta guitiricense ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Budiño anunciou que o espectáculo, que co grupo Menú do Día  nas Prazas levará a cabo, será moi novidoso e integrará o humor de Carlos Blanco, a súa música e os debuxos do debuxante Luis Dávila. O brasileiro Gustavo Almeida mostrará obras do seu disco Desde el coche e Treixadura, que no 2015 cumpre 25 anos, estreará, nunhas actuacións que implicarán a 15 músicos en escena e 7 técnicos, cancións do seu sexto disco, que será editado a finais de ano.
Pola súa banda, Oscar Ibáñez e As Cantareiras de Ardebullo mostrarán “o mellor do seu repertorio”.

19/3/14

“Galicia en Cuba. Lingua. Rosalía. Loitas”, presentado
el nuevo libro del prolífico escritor Xosé Neira Vilas

MORRAZO TRIBUNA | Compostela | .- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou na presentación do novo libro do escritor e académico da lingua galega Xosé Neira Vilas, “Galicia en Cuba. Lingua. Rosalía. Loitas”, coeditado polo Consello da Cultura Galega e pola Xunta de Galicia no marco do acordo de colaboración entre as dúas institucións.
“Se algún lugar de referencia hai á hora de enmarcar a importancia dos símbolos identitarios de Galicia no exterior, ese lugar é Cuba. Alí xermolaron a bandeira, o himno, a Real Academia Galega e as publicacións que marcaron e que auspiciaron os vieiros da cultura e da lingua propias”, sinalou Valentín García Gómez, que acompañou o autor cruceño no acto de presentación. O secretario xeral de Política Lingüística destacou o traballo de Xosé Neira Vilas, “Se hai alguén que teña profundado, investigado e documentado este labor desde a Galicia territorial para dar conta do esforzo e do traballo inxente levado a cabo en Cuba, ese é Xosé Neira Vilas”.
Na presentación participaron tamén o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz; e mais o cónsul de Cuba en Galicia, José Antonio Solana. 
‘Galicia en Cuba. Lingua. Rosalía. Loitas’
En “Galicia en Cuba. Lingua. Rosalía. Loitas”, Xosé Neira Vilas recupera nun mesmo volume tres obras que evocan a emigración galega a Cuba e que comparten como denominador común que xustifica este traballo de compilación: a narración de capítulos sobranceiros da historia da presenza de Galicia en Cuba, terra de promisión do pobo galego durante máis dun cuarto de século.
“A lingua galega en Cuba”, publicado polo Consello da Cultura Galega no ano 1995, constitúe o primeiro estudo arredor do idioma propio de Galicia alén das súas fronteiras xeográficas. Afonda arredor da fala viva nalgunhas rexións do país antillano, o galego na prensa galega de Cuba e na prensa cubana, libros galegos publicados na Habana, clases de galego, traducións de autores cubanos, a Cátedra de Cultura Galega e voces galegas na fala cotiá de Cuba.
“Rosalía de Castro e Cuba”, editada polo Patronato Rosalía de Castro no ano 1992, aborda o coñecemento e a difusión da poetisa galega na illa; “Follas Novas” e “Rosalía”, dúas publicacións periódicas; unha sociedade de declamación; versos nas voces de nenos cubanos; a axuda prestada a Rosalía, ás súas fillas Alexandra e Gala e a Murguía desde A Habana; poetas cubanos que lle cantaron e a loaron; a actual Sociedade Cultural Rosalía de Castro.
“Galegos que loitaron pola independencia de Cuba”, publicado en Ediciós do Castro no ano 1998, trata a historia dos emigrantes mambises que combateron nas dúas guerras pola independencia cubana, o xeneral Francisco Villamil e homes e mulleres incorporados a loitas reivindicativas do pobo cubano.
“Galicia en Cuba. Lingua. Rosalía. Loitas” dedícallo Xosé Neira Vilas á súa compañeira durante 52 anos, a xornalista e escritora cubana e galega Anisia Miranda, falecida en 2009.
Xosé Neira Vilas
Xosé Neira Vilas (Gres-Vila de Cruces, 1928) é membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas universidades da Coruña e da Habana e Fillo predilecto do Concello de Vila de Cruces. Entroutros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Premio Laxeiro, o Pedrón de Honra, o Premio Trasalba, o Premio da Crítica Española (novela en galego) e da Crítica Galega (ensaio). É, sen dúbida, un dos escritores clásicos da literatura galega na que destaca como autor inaugural da nosa literatura infantil e xuvenil coa obra “Memorias dun neno labrego” (a máis vendida e traducida do sistema literario galego).
Residiu 43 anos en América, primeiro en Bos Aires (de 1949 a 1961), onde estudou xornalismo e creou coa súa esposa, Anisia Miranda, a editorial e distribuídora continental do libro galego Follas Novas; e despois na Habana (de 1961 a 1992), onde fundou e dirixiu durante 22 anos a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, se especializou en xornalismo literario e exerceu de redactor xefe da revista infantil “Zunzún”. Regresou a Galicia no ano 1992 para vivir na  súa casa natal de Gres, onde se localiza a Fundación que leva o seu nome e desde a que desenvolve aínda na actualidade un importante labor de dinamización cultural e lingüística.
É autor duns 50 libros (narrativa, literatura infantil, poesía, ensaio, memorias, investigacións, testemuños, traducións), colaborador de prensa, impulsor de múltiples actividades culturais e escritor activo que segue a ter Galicia e a súa lingua e cultura propias como eixe motivador de todo o seu quefacer literario.

Ya no es novedad : emprendedores y jóvenes posicionan a la ciudad de Braga como polo tecnológico ibérico

BRAGA.-  Considerada la tercera ciudad portuguesa con más oportunidades de negocio, la norteña Braga busca posicionarse en un polo tecnológico en la Península Ibérica gracias a su cultura de emprendedora y población joven. 

441.000 euros a proxectos dinamizadores das áreas
rurais de Galicia promovidos por microempresas

MORRAZO TRIBUNA | Compostela |
A XUNTA DESTINA MÁIS DE 400.000 EUROS A PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS PROMOVIDOS POR MICROEMPRESAS PARA O USO DAS TIC
  • Estas subvencións enmárcanse no convenio subscrito entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para desenvolver actuacións do Plan de Banda Larga de Galicia

Adhesión de Cangas á rede EUSUMO
para fomentar cooperativismo e economía social

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .-
O equipo de goberno do Concello de Cangas deu conta na última Xunta de Goberno Local da sinatura do convenio de colaboración entre o Concello e a Consellería de Traballo e Benestar para a adhesión á Rede Eusumo. Con este acordo o organismo autonómico inclúe a Cangas entre os lugares onde desenvolver actividades de asesoramento, información e formación no fomento do cooperativismo, a economía social así como o apoio ao emprendemento e ao desenvolvemento local. 
Pola súa banda o consistorio comprometese a colaborar coa Dirección Xeral de Traballo e Economía Social e co Consello Galego de Cooperativas na realización de tarefas de coordinación das diferentes actividades que teñan lugar no municipio ademais de poñer a súa disposición da Rede Eusumo medios e servizos entre os que destacan o establecemento dun punto de información, un aula formativa e un viveiro de empresas para o desenvolvemento das distintas iniciativas. 
Dende a administración local sinálase que con este acordo, que é de carácter indefinido, dáse un paso máis na promoción e no apoio ao nacemento de novas iniciativas empresariais emprendedoras que permitan a creación e a consolidación de emprego. 
Nesta liña tamén expresouse a Concelleira de Emprego Berta Pérez que recalcou que “esta é unha acción máis das que estase a desenvolver pola Concellería dentro do Plan de Emprego 2014 e que nos permitirá abrir máis portas para poder ofrecer aos nosos veciños e veciñas todas as ferramentas para conseguir un emprego”, ademais de sinalar que Cangas é o primeiro concello da comarca do Morrazo en adherirse a este convenio grazas, entre outras cousas, a contar cun Viveiro de Empresas.

Conselleira Mato hace un canto a la ruptura
de las barreras en favor a las personas con discapacidad

MORRAZO TRIBUNA | Vigo |
MATO APOSTA POR POÑER EN VALOR AS APTITUDES DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE E POR ROMPER “DÍA A DÍA” AS SÚAS BARREIRAS
  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, interveu na xornada “Loita pola que soñas”, na que tamén participou a deportista Teresa Perales
  • A titular do departamento autonómico puxo en valor dous eixos da política da Xunta en materia de discapacidade: a integración laboral e a nova Lei de accesibilidade
  • O orzamento para fomentar o acceso ao emprego deste colectivo aumenta este ano nun 8 por cento
  • Pola súa banda, a nova Lei de accesibilidade amplía este concepto máis alá das tradicionais barreiras arquitectónicas 

Cangas contratará 5 auxiliares de policía para los 4 meses de verano

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- O goberno local de Cangas aprobou na xunta de goberno celebrada onte luns, día 17 de marzo, a aprobación das bases para a selección e posterior contratación de 5 auxiliares de policía local durante catro meses. 
Como xa ven sendo habitual nos últimos anos, como consecuencia do incremento de poboación derivado da actividade turística que se desenvolve no municipio durante os meses de verán, o Concello de Cangas contrata a 5 auxiliares  de policía por un período de catro meses para reforzar os servizos de tráfico e seguridade. 

O presidente da Xunta participou no encontro empresarial España-Panamá. Oportunidades de investimento e internacionalización


MORRAZO TRIBUNA | Panamá | .- 
FEIJÓO AVOGA POR CREAR UN ‘LOBBY’ GALEGO-PANAMEÑO E PÍDELLES AOS EMPRESARIOS GALEGOS NO PAÍS CENTROAMERICANO QUE TEÑAN EN CONTA A COMPETITIVA OFERTA DE PRODUTOS DA COMUNIDADE EN MOITOS SECTORES
  • Lembra que no último ano as exportacións da nosa autonomía a Panamá medraron nun 13% e subiron un 14% as empresas que, por primeira vez, tiveron unha exportación concreta a esa nación
  • Aplaude a recente posta en marcha da Asociación de Empresarios Galegos en Panamá, e asegura que desde 2009 o Goberno galego fixo un gran esforzo por internacionalizar a economía galega cuxas exportacións, desde ese ano, creceron un 35%
  • Asegura que, en Panamá, Galicia ten posibilidades “que se abren xa e que xa están abertas”, vinculadas á ampliación do Canal; e, ao respecto, avoga por empregar a potencialidade dos cinco portos galegos de interese xeral, “porque a duplicación da capacidade do canal pódenos dar unha gran capacidade de ser receptores e un hub internacional entre os dous continentes”, sinala
  • O titular da Xunta mantivo este martes un encontro coa colectividade de Panamá, á á  que reclamou apoio para dar un novo impulso á galeguidade
  • Feijóo completará a axenda deste martes en Panamá cunha visita á mostra Alfabeto Delfín, do artista galego Antón Lamazares, que está exposta desde o mes de outubro no Centro Cultural de España-Casa do Soldado

Cangas : "Arte en papel", una exposición a tener en cuenta

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- Foi inaugurada na Casa da Xuventude de Cangas unha nova exposición, baixo o nome “Arte en papel”. O acto estivo presidido polo concelleiro de Cultura José Luís Gestido acompañado por Mucha Portas, esposa de Pablo Beascoechea, voluntario da Oficina Municipal de Voluntariado e autor das obras expostas así como doutros familiares e amigos. Gestido agradeceu a labor deste voluntario ademais de destacar o bo acabado dos diferentes traballos que conforman a exposición. 
Na exposición o visitante pode encontrar todo tipo de figuras decorativas que van dende lapiseiros, cestas, caixas, barcos ata bolsos realizados con materiais reciclados como o papel e o cartón recollidos dos periódicos e revistas dando como resultado verdadeiras obras de arte. Con esta exposición a Oficina Municipal de Voluntariado quer homenaxear a Beascoechea polo seu traballo como artista novel e como voluntario realizando unha importante labor na realización de obradoiros e de actividades nas ludotecas municipais onde transmite aos máis cativos o arte de moldear o papel sen límites.
A mostra poderase visitar na Casa da Xuventude en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas ata o próximo 1 de abril.      

Interesante libro "Pazos gallegos. Materiales para su estudio", presentado en el Museo de Pontevedra

MORRAZO TRIBUNA | Pontevedra |
O salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acolleu este martes, ás 20:00 horas, a presentación do libro Pazos gallegos. Materiales para su estudio. Trátase dunha obra coa que a Deputación de Pontevedra saca á luz diversos materiais froito dun longo traballo que comezou en 1840 Miguel Durán-Loriga y Salgado.
O obxectivo de Durán-Loriga, animado polo seu vello amigo o doutor López Suárez, "Xan de Forcados", era editar unha publicación sobre os pazos e as casas señoriais de Galicia. Para colaborar con el e abordar a vertente histórica e xenealóxica da obra contaban con Antonio Taboada Roca. O proxecto consistía en publicar unha primeira parte con estudos monográficos duns 300 pazos galegos; de cada un deles habería unha descrición arquitectónica da casa e o seu contorno, completada con planos, debuxos e fotografías realizados por Durán-Loriga. Taboada Roca engadiría o referente á historia do pazo e dos seus señores. Completaríase a obra con documentos históricos, árbores xenealóxicas e outra documentación que existise e que figuraría nos apéndices.
 Estudo inconcluso 
 A morte de Durán-Loriga en 1950 deixou inconcluso o traballo. Malia todo, os cinco veráns (de 1945 a 1949) nos que Miguel Durán-Loriga e Antonio Taboada Roca percorreron gran parte de Galicia para estudar directamente os pazos deron lugar a multitude de notas, debuxos, planos e fotografías realizados todos por Durán-Loriga, que hoxe en día forman parte dos fondos do Museo de Pontevedra, despois de que os seus fillos, Juan e Miguel, os entregasen a esta institución en 1981.
 A Deputación de Pontevedra quixo contribuír a que este arduo traballo non quedase no esquecemento e móstrao agora nunha obra de utilidade incuestionable para o estudo da arquitectura e a cultura dos pazos galegos.

18/3/14

La Xunta firma convenios de apoyo a las federaciones con mayores posibilidades de llevar atletas a Río 2016

MORRAZO TRIBUNA | Pontevedra | .- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presidiu esta tarde a sinatura dos convenios de colaboración entre a Xunta de Galicia e as federacións deportivas con maiores posibilidades de participar na vindeira cita olímpica e paralímpica, que terá lugar en Río de Xaneiro no 2016. Por primeira vez o goberno galego establece estes acordos con carácter plurianual, comprometendo financiamento estable en apoio dos nosos mellores deportistas durante os anos 2014, 2015 e 2016.
Durante o acto, celebrado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), o secretario xeral lembrou as 11 medallas acadadas por oito galegos en Londres 2013. Desexou que na cita olímpica e paralímpica de Río 2016, Galicia estea de novo amplamente representada, e animou ás federacións a traballar con ilusión e intensidade, para “que os nosos embaixadores deportivos volvan sorprendernos, aos galegos e ao mundo enteiro, co seu talento e as súas fazañas. Que Galicia, unha vez máis, brille coas  novas conquistas olímpicas e paralímpicas dos nosos deportistas”.
As catorce federacións que se engloban dentro do Programa Río 2016 son as que se  corresponden coas modalidades deportivas de Piragüismo, que recibirá 719.352 euros, Taekwondo (290.100 euros), Remo (255.483 euros), Vela (624.111 euros), Atletismo (511.986 euros), Loita (242.388 euros), Judo (314.535 euros), Natación (430.803 euros), Tríatlon (422.502 euros), Ciclismo (437.064 euros), Tiro con arco (120.975 euros), Rugby (96.318 euros), Tiro olímpico (101.070 euros), e Tenis (289.176 euros). 
A Federación Galega de Piragüismo recibe ademais unha subvención de 110.000 euros  para a xestión en 2014 do complexo náutico e campo de regatas de Verducido, en Pontevedra.
Lete Lasa agradeceu aos responsables destas entidades deportivas que sexan quen de compatibilizar “o voso traballo na alta competición co voso non menos importante labor na promoción do deporte base, o berce do deporte de elite, e na extensión da práctica deportiva entre toda a cidadanía como ferramenta de inclusión e igualdade, de formación en valores e de fonte de vida saudable”.
O carácter trianual destes convenios busca precisamente favorecer a estabilidade e o traballo das federacións deportivas que á súa actividade ordinaria deben engadir as altas esixencias derivadas da preparación dos seus deportistas para lograr a súa participación na cita internacional de maior nivel e competencia. No momento da sinatura dos convenios  tramitarase o primeiro pago da contía anual de 2014, e nos anos seguintes farase outro tanto no primeiro trimestre da anualidade correspondente. 
A Secretaría Xeral para o Deporte facilita así o financiamento destas entidades e garante a súa dotación orzamentaria durante o período de preparación olímpica -anos 2014, 2015 e 2016-, reservando unha partida total de 4.855.863 euros, que se destinará, entre outros aspectos, á execución dos programas de promoción, tecnificación e alto rendemento das modalidades deportivas correspondentes.

Xestur amplia capital, creciendo
la titularidad del IGVS hasta el 83,11%

MORRAZO TRIBUNA | Compostela | .- O Consello de Administración da empresa pública Xestur aprobou unha ampliación de capital que será subscrita integramente polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, por importe de 32.184.893,31 euros. Asemade, o Consello aprobou a venda de parcelas en varios parques empresariais, o aumento do prazo que se ofrece aos empresarios para o pago das parcelas que adquiran e a oferta de solo á Deputación de Lugo como pago polas accións de dita Deputación, que asumiría a propia Xestur unha vez que a administración provincial decidiu abandonar a empresa pública.
Ampliación de capital
A ampliación de capital de Xestur, que ascenderá a 32.184.893,31 euros, será subscrita integramente polo IGVS, que desa maneira pasará a ostentar o 83,11 por cento do total do capital da sociedade pública, correspondendo o resto ás Deputacións Provinciais da Coruña (2,7 por cento), Lugo (2,2 por cento), Ourense (a través do Inorde, 1,02 por cento) e Pontevedra (0,35 por cento), así como á Consellería de Facenda da Xunta de Galicia (11,81 por cento). Unha vez ampliado, o capital de Xestur será de 85.058.223,30 euros.
O desembolso do capital correspondente á ampliación deberá realizarse en dous pagos, un antes do 30 de maio e outro antes do 30 de novembro de 2014.

Feijóo deja México, visita Panamá y muestra
optimismo por los contactos establecidos

MORRAZO TRIBUNA | México | .- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que a viaxe que realizou estes días a México ten servido para afondar no compromiso de construción naval entre Pemex e os estaleiros galegos, que abre a posibilidade de novas contratacións e máis traballo conxunto coa petroleira mexicana. “Teño que dicir que xa neste momento podemos confirmar que ampliamos o compromiso de construción naval entre Pemex e os estaleiros galegos e temos xa, por que non, que pensar en ampliar, sobre o xa conseguido, posibilidades de novas contratacións e de traballo conxunto”, subliñou.
Ao rematar a súa estadía en terras mexicanas para poñer rumbo a Panamá, o mandatario galego expresou a súa satisfacción polos avances acadados na viaxe, onde tivo a oportunidade de visitar as instalacións da multinacional petroleira. “Ímonos certamente optimistas e confiados en que isto vai poder facerse e que ao longo dos vindeiros meses iremos conformando esta posibilidade de novos contratos”, manifestou.
En México, concretou, “aproveitamos para ter unha reunión a maior nivel coa dirección xeral de Pemex, tanto co director xeral -Emilio Lozoya Austin- como cos seus principais directivos; en primeiro lugar, para agradecer o xa conseguido e, en segundo lugar, para afondar en máis posibilidades de negocio, máis posibilidades de construción naval. Máis posibilidades, en definitiva, de dar emprego aos estaleiros galegos”, remarcou.
Segundo afirmou, a viaxe serviu para constatar tamén “que o mundo do petróleo é todo un sector económico dunha enorme importancia no mundo”. O número de plataformas, e de barcos complementarios e de apoio a cada unha delas, dixo, “é todo un sector económico e industrial, e Galicia ten que estar aí, temos que incorporarnos e temos que buscar o noso oco no sector do petróleo tomando neste caso como referencia a Pemex como o noso aliado estratéxico”, aseverou.
O presidente da Xunta precisou, ademais, que a súa presenza en México permitiu afondar nas relacións co Goberno do país, en concreto co departamento de Desenvolvemento Agrario, Territorial e Urbano Desenvolvemento Agrario, Territorial e Urbano, que dirixe Jorge Carlos Ramírez Marín. 
Neste sentido, Feijóo puxo de relevo as necesidades de México de seguir construíndo máis edificacións e vivendas, e de rehabilitar espazos urbanos. E, neste punto, expresou a súa confianza en que tamén as empresas galegas poidan tomar parte deses proxectos. “A relación co ministro do ramo é unha relación cordial e eu espero que empresas consultoras, e empresas de enxeñaría e de dirección e seguimento de obra poidan ter oportunidades, igual que empresas construtoras galegas”.

Bueu : este miércoles debe quedar
arreglado el socavón de Pescadoira

MORRAZO TRIBUNA | Bueu | .- El Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente ha iniciado este lunes nuevas obras para reparar los daños causados por los temporales de febrero y marzo en municipios de Galicia, Asturias, Cantabria y País Vasco. Así, han comenzado obras en Bueu (Pontevedra), Villaviciosa, Muros de Nalón, Llanes, Gijón y Navia (Asturias) y en Barrika, Lemoniz y San Sebastián (País Vasco). Las obras se enmarcan en el Real Decreto Ley aprobado el 21 de febrero por el Consejo de Ministros y que dispone de un presupuesto cercano a 44 millones de euros. Este departamento sigue evaluando, en constante colaboración con las administraciones locales, la situación actual del litoral después del último temporal acaecido los primeros días de marzo para valorar nuevas actuaciones. La ejecución de las obras en marcha se ha encomendado a la empresa pública Tragsa. Este lunes ha comenzado obras en Bueu (Pontevedra), donde se repara el socavón en Pescadoira con un plazo de ejecución de dos días.

21 de marzo en MeteoGalicia : xornada de portas abertas
nas súas instalacións de Santiago de Compostela

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- A Xunta de Galicia unirase ás celebracións do Día Meteorolóxico Mundial, o vindeiro venres, 21 de marzo, cunha xornada de portas abertas nas súas instalacións de Santiago de Compostela dirixida á toda a cidadanía. 
Durante ese día poderanse visitar as instalacións de MeteoGalicia, onde se explicará o funcionamento dos distintos departamentos, como se elabora a predición meteorolóxica, ferramentas que se empregan, rede de estacións meteorolóxicas, etc. Nesta visita poderase acceder á sala onde se elaboran os prognósticos meteorolóxicos diariamente. Deste xeito, os asistentes terán a posibilidade de observar cómo usan os meteorólogos,  encargados dos prognósticos, a información dispoñible, que se engade a súa experiencia e coñecementos das peculiaridades climáticas galegas.
Por unha banda, os asistentes verán como chega a información das estacións meteorolóxicas distribuídas polo territorio galego, de forma que se poden coñecer os valores das distintas variables meteorolóxicas en toda Galicia, e por outra banda como esta información se complementa coas imaxes do satélite Meteosat, cos datos que se reciben do radar meteorolóxico, os datos que achega a rede de detección de raios ou o sistema de radiosondaxe. Con toda esta información, o meteorólogo ten unha idea clara do estado real da atmosfera. Isto será o punto de partida para poder prognosticar adecuadamente e a continuación para levar un seguimento en tempo real da situación. 

La Xunta despide a un empleado
que desde junio de 2013 no acudía al trabajo

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- O Goberno galego acordou o despedimento dun empregado laboral da Administración autonómica debido a unha falta total e continuada de asistencia ao traballo e sen xustificar esa ausencia prolongada. A Xunta acordou incoar expediente disciplinario o 16 de setembro de 2013, logo de que o traballador non se incorporase ao traballo dende o 12 de xuño de 2013 nin xustificase a súa ausencia.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a sanción deste persoal laboral que prestaba os seus servizos como Oficial de defensa contra incendios forestais no Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais.
Esta sanción baséase en que incorreu nunha falta de ‘abandono de servizo’ tipificada como moi grave no artigo 47.3.c.3 do V Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia e que comportará a inhabilitación para ser titular dun novo contrato de traballo con funcións similares ás que desempeñaba. 
A Administración autonómica tivo en conta a intencionalidade do empregado público na comisión da falta, xa que é unha falta total e continuada de asistencia ao traballo ao que está obrigado pola súa condición de empregado público.
Así mesmo, valorouse a inexistencia de forza maior que xustifique esta ausencia prolongada, xa que en ningún momento durante a tramitación do expediente se presentan alegacións nin documentos que poidan indicar a existencia de forza maior para non acudir ao seu posto.
O Goberno galego tamén tomou en consideración o dano realizado ao servizo público, xa que este persoal laboral ocupaba un posto de Oficial de defensa contra incendios forestais dependente do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais e, tendo lugar esta prolongada ausencia, en parte nos meses de alto risco, afectou de maneira grave á a organización do servizo.


Cangas : pavimentarán caminos en Nerga

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- Xunta de Goberno Local deu paso á aprobación do expediente de contratación para a obra de pavimentación de varios camiños na zona de Nerga, na parroquia de O Hío. A iniciativa, que esta financiada cunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, recolle actuacións nas rúas Bouza Vella, Lapiña, Xoán Piñeiro e Garita. A obra suporá unha inversión de 61.965,33 euros, sendo a maior parte  financiada a cargo do organismo autonómico asumindo o Concello de Cangas a parte correspondente ao IVE.
Máis actuacións
O goberno local esta a realizar diferentes iniciativas na zona de Nerga entre as que destacan os traballos de reparación dunha escaleira de pedra, a reparación da cuberta do lavadoiro situado na rúa Xoán Piñeiro ou os traballos de mellora da fonte municipal do Cañizo.

16/3/14

El lobo marino "Raciño" viaja este lunes desde Marín al Gran Sol donde será devuelto a las aguas del sur de Irlanda

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas realizará maña 17 de marzo, o inicio da liberación ao seu hábitat do lobo mariño "Raciño", tras a súa recuperación dende o mes de xaneiro no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) da illa de Arousa.
Estes traballos son desenvolvidos pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, a través do servizo asistencia á fauna mariña ameazada do CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) que permite xestionar a Rede de Varamentos de mamíferos e réptiles mariños de Galicia 
O mamífero mariño será embarcado pola mañá no Porto de Marín e trasladado ata a zona de Grand Sol grazas a participación do barco “Ferreira Martinez”. A liberación terá lugar 48 horas despois nas augas internacionais da zona sur de Irlanda.
A facilidade de embarque dos lobos mariños nos portos galegos, debido á existencia de arrastreiros que pescan no Grand Sol, permite o apoio ás redes de varamentos asturiana e portuguesa. Por elo, dende o Goberno autonómico agradécese a colaboración das entidades e persoas que participan na recuperación e liberación deste animal mariño pertencente a unha das especies máis castigadas este ano polos varamentos producidos a causa dos numerosos temporais.

A historia do lobo “Raciño”
O pasado 8 de xaneiro foi localizado na praia de Razo en Carballo o lobo mariño cincento. O animal atopábase varado e negábase a voltar ao mar. Tras esta negativa o persoal da CEMMA decidiu trasladar ao animal á unidade de coidados intensivos de Nigrán.
“Raciño” tivo que ser ingresado para a recuperación en medio artificial controlado, pois presentaba unhas lesións incisas por todo o corpo motivo dun ataque doutro lobo mariño ou dun can.
A previsión inicial era o mantemento da primeira fase da recuperación en Nigrán e a segunda fase da recuperación nas instalacións do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA), na Illa de Arousa, ata alí foi trasladado na terceira semana de recuperación o 27 de xaneiro. 
Un retroceso na recuperación, a causa dunha infección ocular, motivou a retirada da piscina, o 5 de febreiro, e a volta á Nigrán, ata que remitiu a infección e puido voltar á pisicina IGAFA. Isto causou certo retraso no tempo de recuperación mais garantiu o bo estado do exemplar.
No IGAFA, púxose en marcha un programa de voluntariado, integrado nas propias actividades do alumnado, que asistiu diariamente ao lobo mariño, estando dirixido en todo momento polo equipo veterinario da CEMMA.
Resultado dos varamentos da especie
A  tempada de lobos mariños deste ano foi especialmente dura xa que se rexistraron máis de 30 entre exemplares recollidos varados ou capturados mortos e observados vivos, mentres que en anos anteriores foron rexistrados dous ou tres animais cun máximo de 13 no ano 2006.
Lamentablemente tres exemplares recollidos para recuperación non sobreviviron, en dous casos puideron recuperarse e ser liberados, ademais de “Raciño”, foi liberado outro exemplar: “Morouzos”, recollido en Ortigueira e liberado o pasado xoves día 13 dende o porto de celeiro coa colaboración do barco “Anxuela”.