24/9/14

Aquí están ya : cartel de la Feria de octubre e imagen del Coliseum-Plaza de Toros de A Coruña

A CORUÑA .- Aquí está ya, en el cartel de A Coruña. Fin de semana del 4 y 5 de octubre con dos corridas de toros plagadas de figuras del actual momento taurino. Y unos precios en los abonos a las dos corridas que hacen que por solo 10 euros se pueda presenciar cada una de ellas en las localidades altas del Coliseum, que habilitará 9.500 plazas una vez transformado en plaza de toros cubierta, como vemos en la foto.
































23/9/14

Conselleira Quintana destaca o interese de Galicia na recuperación dos caladoiros da área de xestión da NAFO

VIGO .- A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, destacou esta mañá en Vigo o interese de Galicia na recuperación dos caladoiros da área de xestión da Organización de Pesquerías do Atlántico Noroeste (NAFO) como o do bacallao (pesquería que se reabriu no 2010), o fletán, a gallineta, a raia ou o camarón. Fíxoo durante a apertura da asemblea anual desta organización, onde tamén salientou que este interese vén dado pola trintena de barcos españois, a maioría galegos, que faenan na zona NAFO.

Neste sentido, a titular de Medio Rural e Mar apuntou que Galicia defende que é preciso protexer os ecosistemas vulnerables, pero tamén é imprescindible salvagardar a fonte de riqueza e emprego que nos ofrecen os recursos mariños. Esta premisa, explicou, concorda coa liña que marca Europa, onde unha nova Política Común de Pesca define medidas para a sustentabilidade dos nosos mares e océanos nunha tripla dimensión: a ambiental, a económica e a social. 

Segundo destacou a conselleira, as conclusións dos estudos, análises e recomendacións realizados polo Comité Científico desta asemblea permitirán tomar unhas decisións políticas acertadas e acordes con estas demandas de sustentabilidade. Nesta liña destacou a importancia dos estudos e informes do Comité Científico sobre o stock de poboacións pesqueiras que “afortunadamente vemos como melloran nos últimos anos, como ocorre cos niveis de biomasa do bacallao da División 3M, onde se aprecian recrutamentos relativamente altos”. 

Para acadar estes obxectivos tamén son importantes as funcións de control e vixilancia. Por iso, salientou a conselleira, “o rigor dos científicos, a responsabilidade dos armadores e pescadores e o control das distintas administracións deben camiñar ao unísono para que a riqueza que os nosos mares e océanos ofrecen quede garantida, non só a medio prazo, senón tamén para as xeracións vindeiras”.  Estas condicións, explicou Rosa Quintana, están acreditadas nesta asemblea anual da NAFO.


A asemblea anual da NAFO 
A deste ano é a edición número 36 da reunión anual da NAFO. Celébrase en Vigo entre hoxe e o venres e os acordos que se adopten nela en relación aos Totais Admisibles de Capturas e cotas para o 2015 son fundamentais para verificar e apuntalar a sustentabilidade da pesquería nas augas do Atlántico Noroeste e tamén a continuidade e competitividade da actividade de centos de pescadores e empresas.  

NAFO é unha organización científica internacional para a xestión pesqueira intergubernamental.  Foi fundada en 1979 como sucesora da ICNAF (Comisión Internacional de Pesquerías do Atlántico Noroeste) (1949-1978). O seu obxectivo xeral é contribuír, mediante a consulta e a cooperación para a utilización óptima, á xestión racional e á conservación dos recursos pesqueiros da zona do Convenio da NAFO.

POR SOLO 10€ / CORRIDA se podrá asistir a la feria de A Coruña, repleta de figuras del Toreo

Iván Fandiño, el primero que dio el paso
al frente para salvar A Coruña
A CORUÑA .- Coinciden casi al completo con lo que anunciamos en TOIROSPORTUGAL. Cerrados los carteles de la Feria de A Coruña. La nueva empresa gestora, Tauro Siglo XXI, encargada de la explotación de la plaza de toros de A Coruña adelantaba esta tarde los carteles que tendrán lugar los próximos días 4 y 5 de octubre. Dos corridas de toros se integran en el ciclo que este año se  celebra excepcionalmente en octubre y que el verano que viene tendrán lugar en agosto, dentro de las fiestas de María Pita.   
El sábado 4 se celebrará una corrida de toros mixta, con el rejoneador Diego Ventura y los diestros David Fandila "El Fandi" e Iván Fandiño quien tendrán delante los toros de las ganaderías de San Mateo y Julio de la Puerta. 
 Domingo 5 de octubre, segundo festejo de abono, corrida de toros de la ganadería de La Palmosilla para los matadores Manuel Díaz "El Cordobés", Juan José Padilla y Miguel Abellán. 
 Todos los aficionados interesados podrán asistir a los festejos a unos precios muy populares desde 20 € en localidades de tendido general, en el Coliseum de A Coruña. Para los menores de 30 años se ha creado un abono de "Tendido Joven" las dos corridas de toros con un coste de 25 €. El abono de tendido bajo para peñas tendrá un coste de solamente 50 €. 




20/9/14

Música del fin de semana :
"RECUERDOS DE MONDARIZ"

Mondariz
Interpretado por la Banda de Alcochete en la noche-madrugada del viernes-sábado en la corrida de toros habida en la localidad de Moita do Ribajeto y que cerraba su Feria. "Recuerdos de Mondariz" evoca, sin duda, esa bellísima zona de la provincia de Pontevedra, en donde se ubica el Balneario mundialmente famoso, de tan gratos paisajes y tan excelente para el descanso.
Este es uno de los pasodobles más interpretados en las plazas de toros de Portugal. Se usa mucho en las vueltas al ruedo, algunas veces en el desfile inicial o cortesías.
El video nos muestra a la Sociedade Filarmónica 1º de Dezembro da Encarnação, al son de "Recuerdos de Mondariz". ¡Va por ustedes!


Tribuna Libre : los socialistas moañeses apremian al alcalde Fervenza por algo tan elemental como los pasos de cebra

BASTA XA DE EXCUSARSE NO TEMPO 

Algúns veciños xa empezamos a estar cansos de que cada vez que sucede algo no noso Concello ter que escoitar como o señor Alcalde e o seu equipo de "desgoberno" se escudan en circunstancias alleas a súa xestión como pode ser a choiva ou o mal tempo. A única obsesión do PP é non asumir responsabilidades e buscar culpables fora do seu partido. Dende que se comezou o arranxo da rúa Concepción Arenal, o Grupo Socialista denunciou, tanto na prensa como nas distintas comisións informativas, que a obra non estaba ben plantexada, que se estaba ignorando que a finalidade principal da subvención era mellorar a seguridade nesa estrada, e que ao PP so lles preocupaba lucir a rúa durante o paso da volta polo noso Concello e para nada lle preocupaba o que ía pasar despois. 

O tempo pon a cada un no seu sitio, e nesta ocasión confirmou o que advertiu este Grupo. A presa en executar a obra so a tiñan para o paso da volta, e ágora non teñen esa mesma urxencia para pintar os pasos de peóns e rematar o que está previsto no proxecto. Para o paso da volta se podia traballar fixera chuva, vento ou sol, pero para facer os pasos de peóns para que os veciños/as poidamos cruzar con seguridade sen por en risco a nosa vida todo son excusas. 

Dende o grupo socialista reclamamos que naquelas zonas nas que antes había pasos de peons e que carecen de señal vertical indicativa, se acometa a señalización de maneira urxente xa que os veciños cruzan como de costume e están expostos a un perigo innecesario. Ao mesmo tempo exisimos celeridade na execución da obra, que a presa que tiñan para o paso da volta e que propiciu un asfaltado express a volvan a ter para que poidamos circular e andar tranquilos por unhas das calle de màis trànsito no noso Concello e sobre todo solicitamos que se prime a seguridade dos veciños por riba de calquera cousa. 
 Marta Freire (Líder del PSOE en Moaña)

19/9/14

El mal tiempo se cargó el SONRÍAS BAIXAS pero no puede con AMODIÑA 2014 que se celebra este sábado en Moaña

MOAÑA.- Habrá Amodiña 2014. El pronóstico del Tiempo asegura buena climatología -incluso soleado con nubes- en la tarde, sin riesgo de lluvia cuando a las 21 horas de comienzo el desfile en la zona del paseo marítimo de Moaña, detrás del Mercado. Tan seguros están los pronósticos de los meteorólogos que los organizadores ya mandaron este viernes ir colocando todo lo necesario para el magno desfile de la moda otoño-invierno de los comercios de O Morrazo. Así lo prueba el escenario, del que se ha tomado esta foto, con originales decorados de fondos, ya situados allí al caer la tarde de este viernes...
Por tanto, contra viento y marea : Amodiña 2014 ya está aquí. Este sábado, desde las 21 horas es la cita. Vayan con tiempo para coger sitio y asiento...

III PASARELA DE MODA DO COMERCIO DO MORRAZO – “AMODIÑA” 
Este sábado 20 de setembro ás 21:00h 
Palco da Música - Paseo Marítimo de Moaña 
Onde 28 empresas asociadas do Morrazo presentarán as tendencias da nova tempada Outono/Inverno. Presenta Teté Delgado. 
Actuacións en directo de “Boombox Escuela Urbana” e “V-GO! Negro Son Coro”

El gozo en un pozo : la climatología obliga a los organizadores del SonRías Baixas a cargarse la XIII edición

El gozo en un pozo... Adiós a Goran Bregovic
BUEU. - Despois de loitar contra o temporal durante días, a organización do SonRías Baixas viuse obrigada esta tarde a cancelar a XIII edición do Festival, que estaba prevista para as noites do venres 19 e do sábado 20 de setembro en Bueu. A intensa choiva e vento, que non deron tregua nos últimos días, fixeron imposible a montaxe do escenario e dos equipos de son e luz. O equipo do Festival traballou intensamente ata o último momento, día e noite, pero o risco para o persoal e o equipamento técnico, así como para o público, fixo que a organización se vise obrigada finalmente a tomar a decisión de suspender o evento. Tal e como recolle a acta asinada conxuntamente pola Garda Civil, a Policia Local, o Concello de Bueu, representantes dos grupos participantes e da empresa de son, luz e escenario, a climatoloxía foi a culpable cancelación do Festival, “facéndolo definitivamente inviable polo risco físico que suporía para os artistas, montadores, intervintes e asistentes”.


A organización devolverá o 100% do importe das entradas. O importe das entradas mercadas por internet execútase automaticamente na tarxeta dende a que se realizou a compra nun prazo de 3 a 15 días hábiles. As persoas que mercaran a súa entrada nun punto de venda físico poden canxeala polo importe na billeteira do Festival esta tarde e mañá ou no mesmo punto de venda a partir do próximo mércores día 24 e ata o día 24 de outubro. As persoas que teñan dúbidas ao respecto poden contactar coa organización a través do correo-e incidencias.sonrias@gmail.com ou das redes sociais (@sonriasbaixas tanto en Facebook como en Twitter).

18/9/14

Ultímanse os detalles para a pasarela de moda do Comercio do Morrazo prevista para este sábado, en Moaña

MOAÑA / CANGAS .- Esta semana ultímanse os detalles para a pasarela de moda do Comercio do Morrazo – Amodiña. Comezaron asi os ensaios dos modelos seleccionados para esta edición. Onte pola tarde foi o turno dos máis pequenos. Os 26 modelos infantís estaban convocados a asistir á praza de abastos de Moaña para ensaiar a coreografía dos seus pases. Este venres pola tarde poderán ensaiar por segunda vez xa sobre a pasarela. 
Os 31 modelos adultos, masculinos e femininos, realizarán o venres pola tarde a proba de vestiario dos estilismos escollidos polas tendas participantes, que realizarán os axustes pertinentes e as últimas combinacións de roupa, calzado e complementos. Estes modelos terán o seu ensaio durante a mañá do sábado a partir das 10:00h. 
Este venres levarase a cabo a montaxe de toda a infraestructura da pasarela e carpas para vestiario, así como a instalación de luz e son. Ademáis nesta edición coidarase moito a decoración do escenario para que a ambientción pensada pola diracción artística de Amodiña sexa perfecta. 
Contase tamén cunha pantalla xigante que proxectará os nomes dos comercios, identificando cada pase. Estará todo listo para que este sábado ás 21:00h, Amodiña presente no marco dun nun gran espectáculo as tendencias da nova tempada Outono-Inverno, da man de 28 empresas do Morrazo. 
Un evento no que tamén haberá tempo para as actuacións en directo de V-Go! Negro Son Coro e Boombox Escuela Urbana. Todo conducido por Teté Delgado, coñecida atriz e presentadora de televisión e radio tanto a nivel autonómico como nacional. 

Llega a Bueu el genial Goran Bregovic en un formidable fin de semana musical con el SonRías Baixas 2014

BUEU .- O Festival SonRías Baixas 2014 encherá esta fin de semana Bueu de música e de festivaleiros
  • Goran Bregovic e SKA-P, que ofrecerán concertos de máis de dúas horas, encabezan un completo cartel musical no que tamén brilan Reincidentes, La Raíz, Txarango, Alamedadosoulna, The Soul Jacket e Aphonnic 
  • A ‘Casa SonRías’ abrirá de novo as súas portas o sábado con tres RockChef de excepción: Txikitin de Ska-P, Juankar de Boikot e Tonhito de Poi cociñarán en directo os manxares que o público poderá degustar despois en formato tapa. O acceso é libre e gratuíto
El genial Goran Bregovic
  • A pasada edición do Festival conquistou a 12.000 personas, o que supuxo para Bueu unha inxección económica de 830.000 euros. Os bonos para os dous días están á venda ata o xoves por 24,50 máis gastos. Na billeteira custarán 29 euros
O Festival SonRías Baixas presentou esta semana en Bueu a súa XIII edición, que esta fin de semana encherá de música e de festivaleiros a vila mariñeira. Jordi Lauren, Diego Fernández e Berta Domínguez, representantes de Troula na Banda, organizadora do Festival, presentaron hoxe o programa do SonRías Baixas 2014 xunto con Félix Juncal Novas, alcalde de Bueu, e Salvador Vázquez, de Rei Zentolo. Fixérono nun dos locais de ensaio da Casa da Música Manuel Omil de Bueu, porque “montar un festival é como tocar nunha banda, cada músico ten o seu papel e entre todos fan que a música funcione”, segundo explicou Diego Fernández.

As actividades arrincarán este xoves día 18 ás 23h00 no Aturuxo coa Troula Benvida, na que participarán os Calavera Collective, cunhas tres horas de espectáculo. O escenario principal, no Recinto da Estacada, abrirá as súas portas o venres día 19 ás 21h30, cos vigueses Aphonnic, que defenderán a enorme calidade do seu rock atemporal e potente. Despois, será o momento dos madrileños Ska-P, unha das bandas máis agardadas desta edición, que traerán toda a enerxía combativa dos barrios obreiros nun dos poucos concertos que ofrecerán na península antes de retirarse por unha tempada. Seguiranos os cataláns Txarango, que volven ao SonRías pola porta grande, despois de percorrer os escenarios de media Europa, de actuar no ViñaRock ante 50.000 persoas e de protagonizar un dos concertos máis aplaudidos da última edición do Arenal Sound. E pecharán a noite os Alamedadosoulna, facendo bailar e rir ao público co seu peculiar espectáculo de Ska e Sketch.

O sábado a actividade comezará ás 13h, no recinto de concertos, coa reapertura do Casa SonRías, un restaurante singular no que os músicos cociñan ao vivo para o público, que pode degustar despois o resultado en formato tapa por un prezo axustado. O Casa SonRías 2014 contarán con tres RockChef de excepción: Txikitin de Ska-P -que actuará a noite anterior no Festival e contará coa axuda de Pinky Rat-Zinger- cociñará piperrada de txistorra; Tonhito de Poi –axudado por Enrique Otero, que na pasada edición obtivo un rotundo éxito co seu arroz con ameixas e berberechos- cociñará unha tradicional caldeirada de peixe; e Juankar de Boikot -que non só repite experiencia gastronómico-musical, senón que dá un paso máis e se convirte en coordinador desta particular casa de comidas- atreverase cunha orixinal ensaladilla de polbo.

Xa pola noite, o Escenario Troula na Banda abrirá de novo ás 21h30 cos vigueses The Soul Jacket, que están a piques de estrear o seu segundo disco. De seguido chegará un dos platos fortes do festival, o concerto de Goran Bregovic, que leva 8 anos sen visitar Galicia e que ofrecerá xunto coa súa Orquestra de Vodas e Funerais a festa xitana máis explosiva, asombrosa e emocionante do continente, un espectáculo musical que leva anos facendo bailar ata a extenuación aos públicos de todo o mundo. Os valencianos La Raíz conquistarán despois ao público coa forza, rabia, desenfreno, festa e protesta dun directo que está arransando nos festivais máis importantes do Estado. E pecharán a noite, e o festival, os sevillanos Reincidentes, que ofrecerán en Bueu o seu único concerto do verán en Galicia, dentro da xira de celebración dos seus 30 anos sobre os escenarios. 

Jordi Lauren salientou do completo cartel musical don SonRías Baixas o “éxito sen precedentes e dobre” que supón que “tanto Ska-p como Goran Bregovic farán un espectáculo de dúas horas de duración, algo moi pouco habitual nos repertorios de festival e que sen dúbida o público agradecerá”. “Por se fora pouco que dous artistas desta talla, que fan moi poucos concertos na península e ningún outro na zona norte, aceptasen a nosa proposta”, engadiu, “conseguimos que ofrezan todo o repertorio que o público demande”. 

Lauren amosouse tamén moi agradecido coa resposta do público. “Nós fixemos, como todos os anos, o esforzo de manter o prezo máis axustado posible para un cartel con estrelas deste nivel”, asegurou, “pero tamén agradecemos o esforzo que fan os festivaleiros e festivaleiras por facer ese desembolso e acompañarnos, unha vez máis, nesta experiencia”. “As entradas vanse vendendo a bo ritmo e confiamos en repetir éxitos das edicións pasadas”, rematou. A entrada é única para todas as actividades (excepto para o Casa SonRías, que é de acceso libre) e custa 24,50 euros máis gastos anticipada, ata o xoves, e 29 euros na billeteira.

O alcalde de Bueu, Félix Juncal, salientou pola súa banda “o esforzo que foi para a organización conseguir que este ano se celebrase de novo o Festival”. Recordou que “para un concello como o de Bueu e para un sector tan importante como a hostalería e o comercio é moi importante que unha actividade desta dimensión siga celebrándose”. E apuntalou o apoio do Concello de Bueu, “que seguirá axudando á organización na medida das súas posibilidades para poder facer posible o SonRías Baixas”. 

Finalmente, Diego Fernández recordou o XIII Festival SonRías Baixas é posible non só grazas ao tesón da Asociación Troula na Banda e ao apoio do Concello de Bueu, senón tamén grazas á implicación no proxecto de moitas institucións, empresas e persoas “que achegan o seu grao de area para que o SonRías Baixas sexa un éxito”. Especialmente importante é a alianza establecida entre o SonRías e a promotora musical Sonde3. Tamén colaboran co SonRías ReiZentolo e Emerxe Morrazo - Fecimo, Fundación Novas, Agadic, Coca Cola, Gadis, a Confraría de pescadores San Martiño de Bueu, Merc e Autobuses Cerqueiro. A Radio Galega é medio oficial do SonRías, a través do seu programa Estudio3. E os hoteis Bienestar Moaña e Incamar o aloxamento oficial. 

A particular mistura de música, praia e gastronomía nun contorno privilexiado é unha das principais marcas de identidade do SonRías Baixas, que xa é toda unha referencia do verán en Galicia e no resto do Estado. Co slogan “de Festivaleiros para Festivaleiros” por bandeira, a organización artella cada ano unha completa programación musical que combina nomes consagrados e novas propostas e ofrécellela aos seus seguidores a uns prezos moi asequibles. A pasada edición do Festival conquistou o en agosto de 2013 a 12.000 personas con tres días de música, praia e gastronomía, o que supuxo para Bueu unha inxección económica de 830.000 euros, chegándose ao pleno de ocupación hostaleira en toda a comarca. A maioría dos proveedores do Festival son da comarca e máis de 300 persoas traballan cada día no evento, a maior parte, xente da vila.

O PROGRAMA

Xoves 1 – Troula Benvida – No Aturuxo
23h00 Calavera collective: Info

Venres 2 - Festival SonRías Baixas 2013 – No Escenario Troula na Banda (Só con entrada)
21h30 Aphonnic: Info + Foto
23h15 Skap-P: Info + Foto
01h30 Txarango: Info + Foto
03h15 Alamedadosoulna: Info + Foto

Sábado 3
Experiencia SonRías - Durante o día - (Acceso libre e gratuíto)
13h00 No recinto de concertos Casa SonRías

Festival SonRías Baixas 2013 – De noite - No Escenario Troula na Banda (Só con entrada)
21h30 The Soul Jackets: Info + Foto
23h15 Goran Bregovic & Wedding And Funeral Orchestra: Info + Foto
01h30 La Raíz: Info + Foto
03h15 Reincidentes: Info + Foto

OS ARTISTAS

A banda con máis progresión de Galicia nos últimos anos chega ao SonRías Baixas para presentar o seu cuarto traballo, Héroes, co que conquistaron a crítica de todo o Estado. Aphonnic defende o seu rock atemporal cun dos directos máis potentes e mellor executados que se viron por estas terras en anos. Riffs cortantes que non deixan lugar á improvisación, unha batería contundente, un baixo imprescindible e unha voz que enche de forza e de rabia temas chamados a converterse en clásicos. Dos ritmos melódicos á tralla, dos temas pegadizos ao metal, combinando as voces limpas coa agresividade instrumental e no acompañamento electrónico, os vigueses destinal agresividade e melodía ao servizo dun sentimento capaz de deixar pegada no público

Catro anos despois do seu último concerto en Galicia, SKA-P elixe o SonRías Baixas para despedirse do público do Noroeste peninsular. A banda de Vallecas necesita descansar despois de dous anos nos que deron a volta ao mundo co seu último traballo, 99%, que lles valeu unha nominación aos Grammy Latinos. Nominación que rexeitaron, porque "é mellor que lla dean a Barak Obama e a arquive ao lado do Nobel da Paz". Agora os SKA-P anuncian que darán un par de concertos e se retirarán por unha boa temporada e un deses selectos concertos será en Bueu, no SonRías Baixas. Unha oportunidade única para despedirse dunha banda mítica, que leva vinte anos arrasando nos escenarios de Europa e Latinoamérica cunha enerxía radical sobre o escenario e unhas letras rotundas de denuncia do capitalismo, o fascismo, o racismo e o imperialismo.

Txarango foi unha das grandes aparicións da música catalá da última década. Os seus concertos son pura festa e a súa mensaxe, clara: enerxía, alegría e celebración. Os seus contundentes espectáculos conseguen que a xente se divirta, á vez que as súas letras convidan á reflexión. En directo, reforzan aínda máis o carácter festivo da súa música co fin de conectar inmediatamente co público e de convertelo en parte activa do show. A banda contaxia a súa vitalidade cos ritmos máis poderosos e quentes, como o ska, a cumbia e a salsa. Volven ao SonRías Baixas pola porta grande, despois de actuar no ViñaRock ante 50.000 persoas e de protagonizar un dos concertos máis aplaudidos da última edición do Arenal Sound. E con máis de 125 concertos ás súas costas e paradas en salas e festivais de Europa: Francia, Italia, Bélxica, Holanda, Dinamarca, Alemaña e Inglaterra. 

A banda madrileña Alamedadosoulna fai ese tipo de música que che levanta o ánimo e che amosa esa fiestriña pola que tirar todos os problemas. Ska, jazz, reggae e músicas do Leste que che farán bailar e elementos visuais, imaxinación, humor, elegancia, compenetración e factor sorpresa que che farán sorrir, logrando que esquezas todas as túas preocupacións cotiás. Ska e sketch: espectáculo con corazón. Os Alameda son todo un mal exemplo para os homes de gris e o seu último disco, Jaleo, que presentarán no Sorrías Baixas, é un fervente inimigo da cultura da tristeza. Así que, xa sabes: prepárate para a festa, estás condenado a bailar. O escuadrón azul vén a por tí! Jaleo!

Lexítimos herdeiros dese son tipicamente americano -profundo pero cálido- e apoiados pola carismática voz e a abraiante presenza escénica do seu cantante, Toni, The Soul Jacket destilan un rock&roll clásico pero cun pé nos convulsos tempos modernos, con letras cargadas dunha mensaxe positiva pero urxente e cunha pátina de soul sureño e unha autenticidade capaz de pór ao público en pé e de pecharlle a boca ao máis escéptico. A banda The Soul Jacket naceu entre Vigo e Nigrán -Pontevedra- no ano 2004 e desde entón traballaron duro até establecerse como o referente do rock&roll na cidade de Vigo. A gravación do seu sorprendente primeiro álbum Wood Mama nos estudos do cántabro Hendrik Röver (Os Deltonos) situounos nun posto privilexiado dentro da escena underground nacional. Actualmente están inmersos no proceso de post-produción do seu segundo álbum de estudo -gravado en maio de 2014 e de novo nos GuitarTown Recording Studios con Hendrik Röver como produtor- dando os últimos retoques á mestura e preparando unha mini xira de quecemento previa á estrea dese novo traballo, que se espera estea na rúa cara a finais de verán.

Do matrimonio entre as bandas de metais xitanas e as polifonías tradicionais búlgaras oficiado por Goran Bregovic xorde unha música que o noso instinto recoñece e o noso corpo recibe cunha querencia irresistible polo baile. Bregovic aínda inclúe dous elementos máis da súa receita maxistral: a guitarra eléctrica e a percusión tradicional, cun acento rockeiro marca da casa co que consegue as máis fermosas sinfonías da vella Europa. Non o dicimos nós, dío a prensa internaciona. Bregovic e a súa Orquestra de Vodas e Funerais ofrecen a mellor festa musical do noso tempo, o concerto máis explosivo, asombroso e emocionante do continente. A experiencia cultural máis intensa, enxerxética, luminosa, apaixoada, exótica e fascinante que vivirás en moito tempo. Un espectáculo musical como ningún outro, que leva anos facendo bailar ata a extenuación aos públicos de todo o mundo.

Nacido en Sarajevo dunha nai serbia e dun pai croata, Bregovic leva toda unha vida consagrado á recuperación da tradición musical xitana. Xitanos descoñecidos que sofren unha presión extrema ao longo de toda Europa e xitanos tan reverenciados como Django Reinhardt, Elvis Presley ou Charlie Chaplin. Artistas, uns e outros, que deixaron a súa marca na cultura popular global. Dende que debutou coa banda sonora da película "El tiempo de los gitanos", de Emir Kusturika, o compositor serbio converteuse nun icono da cultura xitana paneuropea. A súa música sintentiza e amalgama as diferentes formas folclóricas do este de Europa. Na súa orquestra hai voces búlgaras, fanfarrias de metais e o indispensable bombo, todos unidos para reflectir o mellor dos sons tradicionais baixo o electrizante prisma que impón o director coa súa guitarra e cos seus arranxos. Os seus concertos son recibidos nos mellores escenarios do mundo como a maior festa xitana xamais vivida.

Cun directo único, vibrante e arrollador, que transcende estilos e etiquetas, La Raíz é un dos grupos revelación da escena musical estatal. Destacada por crítica e público nas dúas últimas edicións do ViñaRock, esta big band valenciana composta por catro cantantes, dúas guitarras e dous ventos, un baixo, unha batería e un dj arrasa sobre o escenario coa súa particular mestura de reagge, ska, hip hop e rock. Virán ao SonRías Baixas co seu último traballo, Así en el cielo como en la selva, cheo de ritmos bailables e de letras comprometidas.

Traballadores do punk rock fieis aos seus principios, os Reincidentes levan 30 anos gravando discos e ofrecendo concertos nos que o compromiso político ten un gran protagonismo. Toda unha vida compoñendo cancións moi críticas coa sociedade actual: o dereito ao aborto, os malos tratos, o comunismo, o anticapitalismo, o conflito árabe-israelí... as súas letras destapan un sistema cheo de fisuras, de desequilibrios, de contrastes. Ao longo dos anos foron construíndo unha carreira musical constante e coherente como poucas que os consolidou como unha das bandas alternativas máis importantes de España e América Latina. Ao SonRías Baixas traerán, precisamente, a súa xira de Aniversario, unha celebración diferente, intensa e contundente que só poderás ver no Festival de Bueu.

Galicia produciu en 2013 preto de 294.000 toneladas de conservas e semiconservas de produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura

VIGO.- A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, animou onte ao sector pesqueiro e conserveiro galego a “buscar un valor engadido aos produtos do mar” tendo en conta que “as limitacións impostas á sobrepesca e a prohibición paulatina dos descartes marcarán o rumbo da actividade extractiva”. 
Rosa Quintana fixo estas consideracións na clausura en Vigo do II Simposio Científico Internacional para a Innovación na Industria Marina e Alimentaria, organizado pola Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescado e Mariscos (Anfaco-Cecopesca).

A conselleira dixo que a tarefa de incrementar o valor engadido dos produtos do mar debe servir tanto para as especies que hoxe teñen valor comercial como para outras que poidan derivarse desa prohibición dos descartes, onde tamén terán cabida novos subprodutos que irán a parar á industria alimentaria, cosmética ou farmacéutica.
Rosa Quintana advertiu que a industria transformadora dos produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura ten importantes retos ante si, “pero é indubidable que o labor investigador e os resultados tecnolóxicos desa investigación e a súa aplicación á esta industria farán que afrontemos o futuro cun maior optimismo e coa máxima de permanecer sempre alertas nas tarefas investigadoras”.

Neste sentido, a conselleira destacou a importante actividade investigadora de aplicación á industria mariña e alimentaria que desenvolve Anfaco-Cecopesca, “para a xeración de coñecemento que posteriormente poida ser transferido ao sector de cara a unha mellora da súa competitividade”. 
Rosa Quintana lembrou que Galicia produciu en 2013 preto de 294.000 toneladas de conservas e semiconservas de produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura, cun valor económico próximo aos 1.290 millóns de euros, o que representa –destacou– máis do 85% da produción total de España.  

La mayor parte de las ayudas a la Acuicultura se las llevaron los productores mejilloneros

Barcos mejilloneros, en Bueu. Cuadro de Jesús Otero Fernández
COMPOSTELA .- O sector bateeiro galego foi o principal beneficiario das axudas á acuicultura con cargo ao Fondo Europeo da Pesca (FEP) no período 2009-2013 xestionadas pola Xunta. Así, dos 25,8 millóns de euros de axudas totais concedidas para o investimento produtivo na acuicultura, un total de 18,7 millóns tiveron como beneficiarios finais a titulares de establecementos dedicados ao cultivo de mexillón. Isto supón o 72,5 % do total das axudas neses catro anos.
Así o afirmou o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, en resposta a unha pregunta sobre esta cuestión na Comisión 8ª do Parlamento. Ademais, explicou que se os cálculos se fan en función do número de expedientes aprobados, nos catro anos considerados o 92,5 % dos expedientes correspondían a este sector.

Por anos, os bateeiros recibiron en 2009 o 51,21 % das axudas; en 2010 o 90,75 %; en 2011 o 73,03 %; en 2012 o 96,32 % e no 2013 o 94,71%.
Atendendo ao número de expedientes aprobados, no 2009 corresponderon ao sector mexilloeiro o 88,83% do total; no 2010 foron o 92,67 %; no 2011, o 93,33%; no 2012, o 95,05 % e no 2013, o 95,45 %.

O secretario xeral do Mar afirmou tamén que de cara a o futuro –para o período de aplicación do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020– a Unión Europea fai unha clara aposta por desenvolver unha acuicultura sustentable dende o punto de vista medioambiental, social e económico, respectuosa co medio ambiente e eficiente no uso dos recursos, innovadora e competitiva e baseada no coñecemento. 

Axudas á paralización
Por outra banda, Juan Maneiro defendeu que todas as embarcacións con porto base en Galicia e inscritas no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autonónoma e no Censo de flota pesqueira operativa tiveron a oportunidade de presentarse á convocatoria de axudas de paralización definitiva do ano 2014. Neste sentido lembrou que a convocatoria faise mediante unha Orde da Consellería debidamente publicada no Diario Oficial de Galicia e cuns criterios obxectivos, transparentes e coñecidos. Ademais, explicou que todas as demandas de información por parte do sector foron contestadas exactamente igual por parte dos servizos da Secretaría Xeral do Mar no sentido de que os buques incluídos no plan de xestión do palangre de superficie podían presentarse á convocatoria.

Proxecto Videoguard
Pola súa banda, o subdirector xeral de Gardacostas, Lino Sexto, lembrou que o proxecto Videoguard, un sistema de videovixilancia intelixente para a prevención e persecución da pesca e do marisqueo furtivos, é unha iniciativa de I+D+i e que estará en período de probas ata finais de ano. Este tempo servirá á Xunta  para valorar a viabilidade de implantar este sistema na costa galega.

O proxecto –explicou o subdirector– atópase pois en período de probas, polo que non se está a realizar vixilancia ningunha no litoral galego. Tan só se fan capturas puntuais de imaxes, con características que non permiten a identificación de persoas. Xa que logo –concluiu Lino Sexto– estase desenvolvendo o proxecto cun escrupuloso respecto á lei e en particular á normativa sobre protección de datos e da intimidade das persoas.

A pilotaxe deste proxecto, que empezou a finais de xullo nun municipio costeiro do litoral galego, céntrase no desenvolvemento dunha plataforma de análise de vídeo intelixente, especialmente adaptada para contornos marítimos e, en particular, para a súa aplicación na vixilancia costeira para a prevención e persecución da pesca e do marisqueo furtivos.

O responsable de Gardacostas lembrou que este proxecto está desenvolvido por un consorcio de empresas e coa participación de centros tecnolóxicos. O investimento total é de 1,8 millóns de euros, financiados con fondos do programa Innterconecta a través da Consellería de Economía e Industria e o CDTI, cunha subvención de 830.585,7 euros, sendo o resto dos fondos achegados polas compañías participantes. 

Vicepresidente Rueda entiende que no hace favor alguno a la Democracia el clima barriobajero que se vive en el Parlamento

COMPOSTELA .- O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, entende que non fai ningún favor á democracia a actitude e os insultos de certos partidos no Parlamento.
Así o expresaba o dirixente popular nunha entrevista na COPE, onde respondía que o PPdeG vive con mágoa pero con serenidade esa crispación constante no Parlamento, que alimentan algúns partidos mediante o insulto e o berro. Como indicou Rueda, os populares evitan caer nas provocacións. 
Baixo a opinión do dirixente popular, o que se está a vivir nesta lexislatura na Cámara non sucedeu nas anteriores, polo que cabería cuestionarse se agora pasa porque entraron certas persoas que agora actúan desta maneira. Para Rueda, esa actitude non se pode tolerar e lamenta que se meta a todos os políticos no mesmo “saco”.  

A ACTITUDE DO PSOE
Preguntado se o PPdeG bota en falta un PSOE máis sólido co que poder chegar a acordos importantes, Rueda afirmou que non só os populares senón que tamén o bota en falta o conxunto da cidadanía. Para o dirixente popular, ao igual que é preciso contar cun Goberno forte e sólido, tamén é preciso contar cunha oposición así, que cumpra coa súa labor e sexa responsable nos asuntos importantes.
Neste senso, lamentou que no seo do PSOE impere o desnorte e non haxa unha dirección.  Con respecto a isto, Rueda asegurou que o PSOE xa non é o partido serio, fundamental na estrutura política de España, como o foi noutras épocas. 
Por iso, o secretario xeral do PPdeG agarda que a situación cambie posto que finalmente esa situación de desnorte e de falta de autoridade non fai máis que xerar inquedanza. 

SOBRE A REDUCIÓN DE DEPUTADOS
Por outra banda, o dirixente popular lembrou que a proposta de reducir o número de deputados xa estaba plantexada na anterior lexislatura e o PPdeG foi acusado de querer levala adiante para mudar o resultado electoral a última hora. Como recordou Rueda, naquel momento os populares decidiron aparcar o tema e presentáronse ás eleccións gañando aínda máis apoios e cun programa electoral que incluía esa proposta. 
Polo tanto, o dirixente popular apuntou que o partido quere ser consecuente e, ao igual que xa se fixeron axustes na Xunta, reducindo o número de delegados, conselleiros e altos cargos, agora tamén ve preciso acometer unha redución no Parlamento, que non por contar con menos deputados será menos eficaz.

SOBRE AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS
Preguntado polo panorama que se presenta para as vindeiras eleccións municipais, Rueda apuntou que será un contexto aínda máis difícil que o das de 2011 pero a aspiración do partido é seguir recabando a confianza maioritaria dos veciños no máximo número de concellos. Polo tanto, non só queren manter o apoio senón que aspiran a aumentalo sexa co sistema electoral que sexa.
No relativo aos candidatos, o dirixente popular indicou que desde a actualidade ata que remate o ano irase presentando gradualmente a moitos dos cabezas de lista.

SOBRE O NOVO VOCEIRO DO PPdeG
No relativo ao novo voceiro do partido, Rueda sinalou que Miguel Tellado reúne as condicións necesarias para desempeñar ben ese cargo. Como destacou, o voceiro coñece a política autonómica e local, e ten experiencia parlamentaria, o que lle confire unha visión de conxunto moi necesaria para desenvolver un posto que non é doado.

9/9/14

AVISO y AGRADECIMIENTO

SITE EN REMODELACION
Disculpen las molestias
A FINALES DE SEPTIEMBRE, EN ESTE MISMO LUGAR
HABRÁ NOVEDADES IMPORTANTES

MIENTRAS TANTO, NOS  LIMITAREMOS A OFRECER
ALGUNAS INFORMACIONES DE INTERÉS Y TODOS LOS DÍAS 
ACTUALIZADO Y CONSTANTE NUESTRO CANAL DE NOTICIAS
BREVES EN TWITTER @morrazotribuna

Muy agradecidos por su fidelidad, reiteramos nuestras disculpas y les
aguardamos a diario aquí, a partir de fines de octubre.