30/10/14

O CPXG critica que o Defensor del Pueblo xustifique ataques a xornalistas por non levaren un chaleco de uso voluntario

COMPOSTELA .- A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) critica as palabras do Defensor del Pueblo nas que xustifica agresións a xornalistas por non levaren un chaleco de uso voluntario. Nunha resposta ao Movemento polos Dereitos Civís, a oficina desta institución rexeita a responsabilidade policial porque os profesionais "non portan prenda algunha alusiva á súa condición de informador".

O Movemento polos Dereitos Civís elevara unha queixa ao Defensor del Pueblo pola actuación policial realizada en Madrid o pasado 29 de marzo, na concentración convocada co lema Xaque á monarquía!. Na súa resposta, o Defensor del Pueblo indica que "nas imaxes pode observarse a determinadas persoas que no momento de producirse esa intervención policial, non portan prenda algunha alusiva á súa condición de informador [...], polo que non cabe entender que existira unha actuación policial incorrecta se non adoptan as medidas pertinentes acordadas".

O Defensor fai referencia así ao convenio suscrito entre o Ministerio de Interior y la Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE) o 17 de marzo de 2011, que acordaba a que os informadores poderían, voluntariamente, portar un chaleco distintivo con identificación. O CPXG recorda que "identificarse ou non con este chaleco é unha opción voluntaria que, en todo caso, só afecta aos afiliados das organizacións que asinaran ou asinarán convenios deste tipo"

Actualmente, existe un debate profesional sobre se o uso de tal identificación é positivo ou negativo para desenvolver o traballo xornalístico. A favor está que pode facilitar o labor dos xornalistas por parte das distintas instancias que concorren en calquera acto multitudinario. En contra, que esa mesma identificación actúe como elemento distorsionador da realidade, quitándolle aos xornalistas o certo grao de discreción que se precisa de cando en vez para estar preto dos acontecementos.

Se unha institución como a do Defensor del Pueblo asume que os profesionais da información deben ir identificados para estar situados au dessus de la mêlée e aforrar determinadas vicisitudes, haberá que convir con Willian Shakespeare en que onde os barcos están máis seguros é nos portos, pero non se fixeron para iso.

El servicio de hospitalización a domicilio –HADO- llega por fin a Cangas

CANGAS .- El Hospital Povisa presentará mañana, en el centro de salud de Cangas (c/ Antonio Soage, s/n), el nuevo servicio de hospitalización a domicilio –HADO- para los pacientes del municipio.
Participarán en la presentación el alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo; el director asistencial de Povisa, Luis Geremías; el director de Procesos sin Ingreso y Urgencias de la Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, Javier Caramés; el jefe de servicio de Atención Primaria del Centro de Salud de Cangas, Benigno Villoch; el director médico de Povisa, Álvaro Pedrosa; la directora de Enfermería de Povisa, María Antonia Muñoz; y el equipo de HADO que atenderá a los pacientes.

Feira dos Santos de Cerdal : A Grande Feira do Noroeste Peninsular

VALENÇA do MINHO.- "Feira dos Santos de Cerdal A Grande Feira do Noroeste Peninsular", sempre assim...   A freguesia valenciana de Cerdal recebe a Feira Anual dos Santos, no fim de semana de 1 e 2 de novembro; a grande feira/romaria do calendário anual galaico-minhoto e a maior do Noroeste Peninsular.
 Os visitantes, aos milhares, desfrutam de um amplo espaço e de uma vasta oferta de produtos proporcionada por mais de 400 expositores distribuídos pelos diversos setores.
A feira decorre no Terreiro de São Bento da Lagoa, num espaço devidamente infra-estruturado para o efeito, junto à estrada nacional São Pedro da Torre/Paredes de Coura, a 5 minutos do acesso à A3 e das pontes internacionais.

 Feira de Gado e Corridas de Cavalos 
 Os cavalos garranos, típicos da região, são um dos principais atrativos desta feira com as castiças e singulares licitações e mostra dos animais, por parte dos muitos criadores da região norte de Portugal e do sul da Galiza, a animarem as manhas do dia 1 de novembro. P
ara além do gado cavalar este setor contará, ainda, com gado bovino e caprino. As emblemáticas corridas de cavalos decorrerão no dia 1, a partir das 14h00, na Pista das Corridas.

 As Tasquinhas e as Desgarradas 
 Nas tasquinhas da feira fazem-se, por tradição, as provas dos vinhos novos da região e, também, se apreciam os mais diversos petiscos, com destaque para os rojões, o caldo verde e as castanhas assadas. Nas noites de 31 de outubro e 1 de novembro decorrem os cantares ao desafio e as desgarradas a cargo dos tocadores de concertina da região nas muitas tasquinhas típicas montadas na feira.

 A Feira dos Perícos dos Santos 
 Os espaços mais próximos à Capela de São Bento acolhem as lavradeiras da região que nesta época vendem, sobretudo, os perícos dos santos (peras pequenas típicas desta região), as castanhas cruas ou cozidas, as nozes, os dióspiros e muitos outros produtos do campo.

 Feira das Trocas
 A 2 de novembro este certame ganha o nome de Feira das Trocas. Uma tradição antiga de trocar os produtos adquiridos na véspera que por alguma razão não serviam.

 Feira Secular 
 A Feira dos Santos é uma feira / romaria secular e um verdadeiro ponto de encontro galaico-minhoto que cativa, ano após ano, milhares de visitantes. A feira já aparece documentada em 1758 e é um ponto de confluência de povos e onde, por excelência, se sente a alma galaico-minhota.

 O antigo Presidente da Região de Turismo do Alto Minho, Dr. Francisco Sampaio, escreveu o seguinte a propósito desta feira: “É Feira à moda antiga e sendo a última grande Feira do ano no Alto Minho, arrasta no seu imaginário aquele ar de Festa e Arraial onde se diz missa, se cumprem ex-votos e promessas, e se acotovela o povo-léu das redondezas. De Viana e de Ponte, de Monção e de Melgaço, de Coura e dos Arcos, dos Ayuntamientos da Raia Galega, tudo se achega numa alegria difusa e constante entre barracas e esparabéus, do plástico e dos factos à medida, das marcas e cassetes piratas, quinquilharias e ferragens, chitas e fazendas, loiças de Barcelos, móveis de Paredes, ourives de Gondomar, garranos dos montados do Corno do Bico e piscas das lavradas de Ganfei.”.

Balonmano : con notable final se examinó España ante Austria : 27-16 en día histórico para Cangas

  • 27

  • 16

  • ESPAÑA
  • AUSTRIA



27 - España: Sterbik, Valero Rivera (3,1p), Raúl Entrerríos, Cañellas (4), Julen Aguinagalde (1), Maqueda (2) y Víctor Tomás (6,3p) -equipo titular- Pérez de Vargas (ps), Viran Morros (1), Gedeón Guardiola, Ruesga (3), Rocas (4,1p), Cristian Ugalde (1) y Andreu (2).
16 - Austria: Marinovic, Webber (3,1p), Maximilian Hermann (2), Wagesreiter, Posch (2), Alexander Hermann y Raúl Santos (2) - equipo titular- Bauer (ps), Ziura (2), Schlinger (2), Bozovic (1), Frimmel (1), Kierveliavicus (1) y Bilyk.
Marcador cada cinco minutos: 0-1, 2-2, 4-4, 8-6, 10-7, 12-8 (descanso); 14-10, 16-10, 18-13, 21-14, 23-15 y 27-16.
Arbitros: Stevann Pichon y Laurent Reveret (FRA). Excluyeron a Viran Morros (2), Maqueda y Gedeón Guardiola por parte de España, y a Wagesreiter, Alexander Hermann (2), Bozovic, Posch y Kierveliavicus por parte de Austria.
Incidencias: encuentro correspondiente a la primera jornada del grupo 7 de la fase de clasificación para el Europeo de Polonia 2016 disputado en el pabellón de O Gatañal, en Cangas do Morrazo, en medio de un gran ambiente y con el aforo prácticamente lleno. Una fecha histórica para Cangas, sin duda.




































¡Grande, muy grande, José María Manzanares!. Artista profundo, inconformista y rebelde, genio y figura.

Manzanares, camino de la Puerta Grande, una tarde en Sevilla
Sevilla. Aquella tarde, el silencio, otra vez, se había instalado en La Maestranza. Los que allí estábamos, oíamos como sucede en estos casos, el canto más o menos lejano de los pajarillos que por aquellos tejados de la plaza se prodigan. El resto era silencio en aquella tarde extraña...

El maestro Manzanares había tomado los trastos, tras enjuagar su boca con un buche de agua procedente de aquel vasito de plata en que se la sirvió su mozo de espadas. Decidido se fue a la mismísima boca de riego, en el corazón del albero sevillano. Abrió el cartucho de pescado; surgió la muleta, bien agarrado el estaquillador, bien plana la franela, en perfecto ángulo, por detrás, la espada... 
De lejos llamó al toro; este se arrancó en llamativa galopada, primero algo rebrincado, más tarde como frenándose al llegar cerca de la muleta del maestro. Este la adelantó unos centímetros, justo cuando el toro llegaba y al morlaco le entraba la duda de su frenarse o no en su embestida. 
José María Manzanares no solo se la había puesto, la había accionado, con aquel sutil toque-adelantamiento de la muleta, de tal forma que el toro aceptó el envite, olvidó sus males intenciones de lo que parecía un freno y marcha atrás... y el torero, tirando ya suavemente, muleta por delante, pasó a dibujar, desde la reunión y embroque logrados, aquel toreo grande, aquella plasticidad que por momentos solo la muleta y el arte de José María Manzanares podía ofrecer...
Uno, dos, tres pases... el de pecho y... el gentío con ese Oléeee...! profundo, de sevillano acento, que solo en La Maestranza se escucha. Y al instante, casi al unísono, como un aficionado más pronunciando su singular Oléee!, el maestro Tristán que se levanta de su asiento allá en lo alto, exclama en voz alta : ¡vamos allá, señores!, dirigiéndose a sus músicos; y la Banda del maestro Tejera que se arranca con el pasodoble solemne : Manolete. No podía ser otro.

Manzanares iba luego a poner la plaza boca abajo. Y teníamos la suerte de estar allí, de vivirlo in situ. Por momentos como esos, ¡claro que es una suerte enorme ser aficionado a los Toros!. ¡Por momentos como esos que pudimos vivir desde la grandeza del Toreo de Manzanares, hoy, cuando el maestro ha muerto, no podemos por menos que sentir una inmensa tristeza!.

¡Grande, muy grande, José María Manzanares!.
Artista profundo, inconformista y rebelde, genio y figura.
Descansa en paz.

EUGENIO EIROA

Video de MANOLO CORREAS

José María Dolls Abellán, conocido como José Mari Manzanares (Alicante14 de abril de 1953 - Campo Lugar, Cáceres28 de octubre de 2014), fue un torero español, hijo del banderillero Pepe Dolls (Pepe Manzanares) y padre del también torero 
José María Dolls Samper (José Mari Manzanares hijo).









"A Xunta presentou alegacións contra a posibilidade de prohibición do xeito como arte de pesca no eido da UE no momento oportuno" (Rosa Quintana)

COMPOSTELA .- A Xunta presentou alegacións contra a posibilidade de prohibición do xeito como arte de pesca no eido da UE no momento oportuno, conforme ao procedemento decisorio comunitario establecido, apuntando contra esta medida cando debía facelo, que é no momento da chamada codecisión, procedemento de decisión que involucra ao Consello e ao Parlamento europeos. Así o explicou  no Parlamento a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, en resposta a dúas preguntas sobre esta cuestión.

Rosa Quintana aclarou que nun primeiro momento a Comisión fixo unha consulta pública para elaborar unha proposta concreta, pero que non era ese o intre de presentar alegacións por parte de Galicia como rexión, por dous motivos. En primeiro lugar, porque non había unha proposta concreta fronte á que alegar e, en segundo termo, porque das especies non obxectivo da pesca –é dicir, de pesca accidental, tanto mamíferos mariños como aves– a nosa arte do xeito non capturaba ningunha. Por tanto, a Xunta entendía que esta arte de pesca non estaba afectada ou non debía ser obxecto desta prohibición. 

A conselleira explicou que proba de que a Xunta actuou correctamente é o feito de que neste primeiro trámite, das 40 respostas presentadas, ningunha correspondía a unha rexión nin a un Estado como tal, senón que pertencen á sociedade e a aquelas entidades non gubernamentais que non teñen cabida despois no proceso. Rosa Quintana engadiu tamén que lles foi comunicada a postura oficial de Galicia, de xeito concreto, aos deputados galegos da Eurocámara, “co gallo de reforzar a nosa tese”.

Cronoloxía
Rosa Quintana repasou cronoloxicamente os pasos dados pola Xunta en defensa desta arte de pesca. Así, explicou que a Xunta era coñecedora deste proceso e soubo deste proxecto da Comisión “desde o minuto un”, comezando a facer xestións no momento no que se consolida o documento de proposta de regulamento, aló pola segunda semana de maio.

É neste instante, cando comeza o proceso de codecisión de forma oficial, no que Galicia inicia os seus pasos de xeito directo, remitindo a documentación o segundo día de xullo. A maiores, e unha vez que os Grupos de Traballo de Pesca previos aos Consellos de Ministros de Pesca da Unión Europea comezan a súa función de análise da proposta, a principios de setembro, remítense datos adicionais ao MAGRAMA. Ademais, e unha vez que España e outros Estados membros poñen derriba da mesa a súa negativa á prohibición de certas artes de enmalle á deriva, a Comisión require nova información a finais de setembro, que está a ser recompilada para a súa remisión, engadiu a conselleira.

Loita contra o furtivismo
Por outra banda, a conselleira destacou –en resposta a outra pregunta sobre o tema– o esforzo levado a cabo pola Xunta na loita contra o furtivismo, que se puxo de manifesto cos datos dos oito primeiros meses deste ano, nos que o servizo de Gardacostas realizou 10.500 inspeccións, que deron lugar a 2.800 actas de infracción. En materia de comisos, os gardacostas requisaron máis de 77.500 quilos de diferentes especies. No tocante ás incautacións, os axentes fixéronse con máis de 13.200 artes e aparellos ilegais.

Rosa Quintana lembrou tamén os datos da presente lexislatura, e dixo que o servizo de Gardacostas, co apoio das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, aumentou os comisos de peixes e mariscos nun 227 % entre 2012 e 2013. Trasladou ademais que no que vai de lexislatura o servizo de Gardacostas incautou 57.000 aparellos por infrinxir a normativa marítimo-pesqueira.

O BNG reclama campañas de Mexillón galego con etiqueta, con DOP, especialmente no transformado

MOAÑA .- O portavoz de pesca do BNG, o moañés Daniel Rodas, presentou  unha emenda de substitución a unha proposición non de lei do PP co fin de iniciar  unha campaña xenérica de promoción de mexillón.

A única mención legal á orixe galega de mexillón, incluso en conserva, é a DOP Mexillón de Galicia, tal e como se desprende da normativa europea sobre a protección das DOPs, afirmou o deputado.

A ninguén se lle ocorre levar a cabo unha campaña de promoción dos viños, ou dos queixos de Galiza, xenericamente, senón daquela ou desta denominación para que se consuma produto de calidade, ben etiquetado, e identificado para que o consumidor non se sinta enganado. “Un verdadeiro apoio aos produtos galegos é a súa diferenciación”, na práctica, simplemente apoiar  a DOP Mexillón de Galicia.

A proposta do PP pretenden enganar novamente ao sector, criticou o nacionalista que lembrou que por dúas  veces rexeitou   en Comisión a solicitude do Consello Regulador para presentar informes en Bruxelas antes do 21 de decembro para  mellorar a etiquetaxe e evitar o fraude ao consumidor  co mexillón de importación. O consumidor é  inducido á confusión ante a  proliferación de mencións alusivas á orixe de Galicia, fabricado en Galicia, das Rías Galegas, etc sen ningún tipo de límite nin control.

Todas estas alusións á orixe galega, afirmou,  “infrinxen a normativa europea”, e si a Xunta de Galiza pretende facer unha promoción con alusión a mexillón galego, sen que vaia identificada coa DOP Mexillón de Galicia será irregular e contribuiría a crear máis confusión ao consumidor favorecendo intereses que nada teñen que ver co noso modelo produtivo.

O BNG insta ao PP a unha campaña clara, apoiada na DOP, esixindo etiqueta. Promoción necesaria  despois de períodos de peches tan longos para incentivar o consumo,  promocionar calidade, vender País e non enganos aos produtores e ao consumidor. O BNG reclama campañas de Mexillón galego con etiqueta, con DOP,  especialmente no transformado.

29/10/14

LLEGA LA HORA DE LOS VINOS ESPUMOSOS DE LAS RIAS BAIXAS, EN LAS MESAS DE NAVIDAD

PONTEVEDRA .- Os viños espumosos das Rías Baixas poderán ter unha proposta firme de nome propio e imaxe de marca para a vindeira campaña de Nadal. Así o indicou o presidente da Deputación, Rafael Louzán, que esta mañá presidiu a primeira reunión do xurado do concurso de ideas convocado pola Administración provincial e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas para este fin.
Na xornada de hoxe, os membros do xurado –integrado por profesores da Universidade de  Vigo e técnicos do Consello Regulador e da propia Deputación- procederán a abrir as 126 propostas recibidas (outras 2 foron rexeitadas por terse presentado fóra de prazo) e a facer unha primeira valoración e selección, para nos próximos días elixir ao gañador do concurso.
Louzán subliñou que a resolución do concurso “vai chegar nun momento moi oportuno, porque entramos na tempada de Nadal e aí probablemente xa imos ter unha proposta gañadora do concurso que despois terá que ser validada pola asemblea do Consello Regulador”, que será a que teña a última palabra á hora de decidir a marca e imaxe coa que se comercializa este produto.
Desta forma, a partir deste mesmo ano ou de 2015 “a Denominación de Orixe terá xa un nome para estes espumosos”.
Impresionados
O titular da Deputación destacou o elevado número de propostas recibidas que, segundo indicou, deixou “impresionados” aos membros do xurado que agora se encargarán de dilucidar cal é a máis axeitada para a comercialización dos viños espumosos galegos.
Louzán destacou que hai propostas chegadas de diferentes puntos de España e amosouse confiado en que “agora acertemos cun nome que identifique claramente este produto e que sexa moi comercial”, dado que se trata dun produto que, pero ao seu curto percorrido, “está tendo xa unha extraordinaria aceptación no mercado” tanto en España como no estranxeiro.
“Poñerlle un nome propio identificarao como un produto de Calidade” e permite abrir unha nova porta para “colocar unha parte importante da colleita de cada ano”.

La Xunta mejorará la avenida Clara Campoamor, en Vigo, para un mejor acceso al nuevo hospital

VIGO .- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), publica hoxe a licitación no Diario Oficial de Galicia (DOG), por case dous millóns de euros, das obras de mellora da Avenida Clara Campoamor en Vigo, que permitirán o acceso ao novo Hospital público da cidade olívica. O prazo de execución destes traballos que se establece no prego de licitación é de catro meses.

O obxectivo da actuación é canalizar os fluxos de tráfico con destino e orixe no centro sanitario, e a mellora da avenida Clara Campoamor, co fin de que a incorporación á mesma sexa axeitada. Para conseguilo, actuarase nun treito dunha lonxitude de 590 metros, no que se proxecta a ampliación da plataforma da avenida para incrementar a súa capacidade, a execución dunha nova glorieta para facilitar o acceso á entrada principal do hospital, e un semienlace para a zona das urxencias deste centro hospitalario. O carril de uso exclusivo para urxencias cruza o río Barxa mediante un pequeno viaduto e desemboca na glorieta do hospital.

A actuación comeza na glorieta do enlace co segundo cinto de circunvalación de Vigo (VG-20), prevíndose a construción dunha nova saída exclusiva para acceso ao hospital. Esta vía bifúrcase en dous carrís, un para acceso exclusivo de urxencias e o outro que continúa como ramal de servizo ata á entrada principal do Hospital. Así, a avenida neste treito engadirá aos actuais dous carrís por sentido, outros dous carrís de acceso ao centro.

Beneficios para os cidadáns
Nesta zona permítese a saída dos vehículos do hospital á avenida. Así, a poboación dos concellos que pertencen á área sanitaria de Vigo veranse beneficiados.

Para complementar a obra, permitindo un cambio de sentido, executarase unha nova glorieta con dous carrís de 4 metros de ancho, unha beiravía interior de 1,5 metros e exterior de 0,5 metros. Finalmente, executarase unha senda peonil para conectar esta glorieta norte coa que dará acceso ás urxencias do hospital. 

Cómpre lembrar que no mes de setembro anunciouse que se sometía ao trámite de información pública, en materia de expropiacións, a relación de bens e dereitos necesarios para a execución deste proxecto de mellora.

La Xunta cargará con la recuperación de las degradadas pistas de Atletismo de Balaídos

VIGO.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo hoxe unha reunión co Alcalde de Vigo, Abel Caballero, na que lle trasladou a intención da Secretaría Xeral para o Deporte de acometer a reforma das pistas de atletismo de Balaídos. “Balaídos debe entenderse como unha actuación global que, necesariamente, contemple a reforma das pistas municipais de atletismo. Son obras necesarias para Vigo, para a súa área metropolitana e para toda Galicia”, asegurou Lete Lasa.

O titular de Deportes da Xunta quixo remarcar a necesidade da reforma. “Por coherencia coa nosa liña de actuación, porque así o ten requirido o Pleno do Concello mediante a moción trasladada á Secretaría Xeral, e pola xusta demanda do atletismo vigués e galego, presentamos este proxecto realista e acorde coas necesidades do deporte de Vigo e de Galicia. Estamos en disposición de comprometer a dotación suficiente para arranxar esta instalación municipal, na actualidade seriamente deficitaria. A nosa idea é, en distintas fases, abordar as obras dos vestiarios, do almacén e do ximnasio, do módulo e da propia pista, todo iso con máis de 2.000.000 de euros, integramente asuminos por este departamento”, apuntou Lete Lasa.

De realizarse finalmente, as obras de remodelación das pistas de atletismo de Balaídos serían as máis importantes das acometidas integramente pola Secretaría Xeral para o Deporte nos últimos anos, pero deberá esperarse ao final consentimento do Concello, titular das instalacións.

Este compromiso continúa na liña de actuación do departamento de Deportes da Xunta de Galicia no ámbito das infraestruturas en Vigo, principalmente orientado coas instalacións do deporte de base, como supuxeron os campos de herba artificial da Madroa e o Monte da Mina, actuacións que supuxeron máis de 1.000.000 euros.

148 años del nacimiento de don Ramón María del Valle-Inclán merecen un reconocimiento

Autoridades presentes en los actos en recuerdo de don Ramón María del Valle-Inclán
Vilanova de Arousa . - A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou nos actos en recordo de Ramón María del Valle-Inclán que tiveron lugar na vila natal do escritor, coincidindo co 148º aniversario do seu nacemento. 

A xornada de homenaxe estivo centrada nunha ofrenda na praza do Castro, diante da escultura do escritor, acto que se pechou coa actuación do grupo O Con Grande. A formación  interpretou a peza ‘O son de muiñeira’, musicada por Rogelio Villar e á que Valle-Inclán lle puxo letra en 1917. Anxo Lorenzo puxo en valor as iniciativas que ao longo do mes de outubro, e coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Pontevedra, se veñen desenvolvendo en Vilanova de Arousa para recordar a figura do escritor e difundir a súa vida e obra, no marco das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán. 

Entre elas inclúese a mostra “i” de Inclán, que foi inaugurada tamén esta mañá, previamente á ofrenda floral.  Nesta mostra, que se pode visitar desde hoxe e ata o 28 de novembro na Casa Museo Valle-Inclán, os xornalistas Laura Sanisidro e Rubén Luengo exploran a faceta do escritor a través do xénero da entrevista. 

Recreación da travesía 
Os actos de homenaxe a Valle-Inclán rematarán o vindeiro venres 31 de outubro, cunha xornada na que se recreará a viaxe en barco desde A Pobra do Caramiñal ata Vilanova de Arousa que narra o escritor en ‘Romance de lobos’ e que está previsto que se desenvolva entre as 17 e as 18 horas. 


A programación destas xornadas de homenaxe, que deron comezo o pasado 1 de outubro, realízanse ao abeiro do protocolo de colaboración asinado en 2013 pola Consellería de Cultura e Educación e os concellos da Pobra do Caramiñal e de Vilanova de Arousa, co fin de cooperar na divulgación da obra de Valle-Inclán e de poñer en valor a súa figura. 

A Xunta ten previsto convocar unha oferta de emprego público cun número superior ás 400 prazas no corpo de mestres

COMPOSTELA .- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, anunciou no Parlamento de Galicia que o seu departamento ten previsto convocar unha oferta de emprego público cun número superior ás 400 prazas no corpo de mestres, o que suporía chegar ao máximo permitido neste momento. Durante a súa comparecencia na Cámara galega para facer balance do inicio do curso, Vázquez Abad salientou que as oposicións son posibles grazas ao incremento por parte do Goberno central da taxa de reposición tras a petición formulada pola  Xunta de Galicia de elevala ata o 50%. Así mesmo lembrou que Galicia segue a se a Comunidade con menor taxa de interinidade, un 10,1% fronte á media do Estado do 16,2; e que a ratio de alumnos por profesor é 10,3, a máis baixa de toda España.

Respecto do número de efectivos cos que conta a Consellería para atender ao alumnado, o conselleiro sinalou que o número de docentes que traballan no sistema educativo galego é semellante ao do curso pasado, “distribuídos pola xeografía galega para atender as necesidades educativas que poden xurdir en cada momento e que sempre varían dun curso a outro”. “O feito de que un profesor desapareza dun centro concreto non implica que xa non estea traballando no ensino galego”, engadiu. En calquera caso sinalou que o seu departamento respecta o Catálogo de postos fixado en 2007 polo Goberno bipartito, ademais de habilitar un total de 60.000 horas de docencia e atención ao alumnado de infantil e primaria froito da reorganización do horario lectivo e outras 30.000 derivadas da ampliación da carga lectiva en secundaria.

Cobertura de necesidades
Vázquez Abad salientou ademais a cobertura de necesidades puntuais con persoal contratado a maiores, tendo en conta que “o catálogo é unha ferramenta dinámica e flexible”. “Como exemplo, entre o 10 de setembro e o 20 de outubro, só na provincia de Pontevedra foron nomeados para cubrir vacantes de docentes de primaria 52 interinos, dos que 34 están por riba do fixado no catálogo”, sinalou, entre outros casos nos que o persoal supera o establecido. Neste mesmo sentido Vázquez Abad indicou que entre o curso 2008-2009 e o actual 2014-15 o número de coidadores creceu en 140 postos máis, “de xeito que os rapaces e as rapazas que presentan necesidades educativas especiais están mellor atendidos”.

O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia fixo fincapé na necesidade de adecuar o número de efectivos á matrícula, sendo conscientes de que o sistema educativo está intimamente ligado á demografía, e de que o proceso de revisión dos datos de matrícula para axustar o persoal ao mesmo foi desenvolvido por todos os gobernos. “De feito, este curso hai un 3,2 % menos de alumnado en infantil ca no curso 2013/14”, dixo. A este respecto Vázquez Abad lembrou tamén que este curso só deixaron de prestar servizo educativo por contar con cinco alumnos ou menos 5 escolas unitarias, “a menor redución desde que se teñen datos”, “mentres que o Bipartito chegou a pechar unitarias no rural con 9 alumnos”.

Implantación da LOMCE
No que atinxe á implantación da Lei para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) o conselleiro confiou en que este novo marco legal vai axudar a corrixir o feito de que “malia que en España se destinara un 15 % máis de investimento en educación que a media dos países da OCDE nas últimas décadas, os datos de abandono escolar, de paro xuvenil e de resultados educativos estean moi por debaixo”. 

Neste sentido negou calquera tipo de improvisación na publicación e posta en marcha dos novos decretos de Primaria e FP Básica e salientou que a Consellería está a desenvolver nestes meses de outubro, novembro e decembro un plan específico de formación, cun total de 17 xornadas formativas arredor das competencias clave, coas que se formarán 2.550 docentes. Este plan específico de formación do profesorado sobre a LOMCE complétase con outras 13 accións formativas para preto de 1.000 docentes xa programadas dentro do Plan anual de formación; que se suman ás 10 xornadas formativas desenvolvidas no pasado mes de xuño para explicar os novos decretos.

Reforzo da FP
Xesús Vázquez considerou durante a súa comparecencia que a FP básica supón un significativo avance respecto dos PCPI, “ao permitir que o alumnado que remate estes ciclos teña un título oficial, que ten xa os mesmos efectos que o de graduado en ESO á hora de obter un emprego público ou privado. Asemade, estas ensinanzas permiten acceder tamén a unha proba final de ESO e obter este título por calquera das modalidades”.

Así mesmo reiterou a potenciación da FP como unha aposta prioritaria. “De feito, hoxe en Galicia hai máis prazas de FP: case un 55 % de incremento desde 2009, ata un cento de ciclos de nova creación e introduciuse a modalidade de FP Dual. Estamos a ofertar máis prazas da demanda real que demostran as matriculacións”, dixo.

Servizos complementarios
No referido aos servizos complementarios, o conselleiro explicou que o número de usuarios do transporte escolar en Galicia no 2014/2015 increméntase nun 2%, ata os 93.190, tendo en conta que este ano a Consellería está a transportar tamén ao alumnado da FP Básica que se ten que desprazar para cursar estudos fóra do seu concello. A maiores, o departamento educativo da Xunta facilita o transporte escolar de 186 alumnas e alumnos con discapacidades a través de convenios con diferentes entidades.

Outro dos servizos que medrou este curso foi o de comedor escolar, que conta en Galicia cun dos sistemas máis xusto e accesible de todo o Estado español, no que un 78,1% dos usuarios non pagan nada e un 5,3% paga 1 euro ao día. “Convén salientar o feito de que houbo un incremento do 22% de beneficiarios desde 2009 en comedores escolares baixo xestión directa da Administración educativa galega”, dixo o conselleiro.

Asemade, Vázquez Abad estimou que o programa de axudas á adquisición de libros de texto beneficiará este curso a preto de 7 de cada 10 alumnos, que se unen aos 2.300 escolares que contan este ano con libros gratuítos ao abeiro da implantación do proxecto Educación dixital (E-Dixgal).

Un camiño cara a mellora
Malia á situación de crise, o conselleiro non renunciou á mellora progresiva do sistema educativo a través da implantación de diferentes programas tales como o Abalar, que chega xa a 51.150 estudantes; a devandita implantación do E-Dixgal; os contratos-programa en 330 centros; ou o Plan LÍA, no marco do que no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) participan 550 centros escolares.

Neste sentido Xesús Vázquez anunciou que o Plan Proxecta, que coordina e propicia a colaboración en materia educativa entre distintos departamentos da Xunta, ten previsto chegar este curso a máis de 87.000 estudantes. Así mesmo está previsto que o Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras, que beneficia xa a 85.500 alumnas e alumnos -4 de cada 10 dos matriculados no ensino obrigatorio-, se estenda a etapas do ensino postobrigatorio, nomeadamente no Bacharelato e a FP

“Os tempos que nos toca vivir son estes e non outros. Aquí o que vale é saber que temos un camiño percorrido xa nestes cinco últimos anos, pero que aínda quedan cousas por facer”, dixo o conselleiro, valorando de xeito moi especial o esforzo do profesorado, que “dá o mellor de si para contribuír á mellor formación do noso alumnado”. Neste sentido convidou á oposición a abandonar as críticas sen rigor “porque do que se trata é de sumar esforzos nesta importante tarefa conxunta que é a educación das futuras xeracións de galegas e galegos”.

Una cita para el fin de semana en Cangas para amantes de la cerveza alemana

II Halloween Alondras Oktoberfest


CUÁNDO:
30 de octubre de 2014 a las 13:00 
DÓNDE:
Naves de Ojea, Cangas
Rua Arenal
2, 36947 Cangas de Morrazo, Pontevedra
España
PRECIO:
Entrada libre o gratuita

27/10/14

REMITEN AO CONCELLO DE CANGAS O PROXECTO DE ACTUACIÓN NA PRAZA DAS PONTES, PARA EVITAR AS INUNDACIÓNS NESTA ZONA


  • Os traballos teñen por obxectivo levar a cabo unha nova definición urbanística da área, recuperando todos os bens patrimoniais que axuden a mellorar o comportamento do río ante os episodios de crecidas
  • Esta obra é unha prioridade para a Consellería de Medio Ambiente, xa que suporá un importante beneficio para o habitantes de Cangas 
  • Procederase a recuperación parcial da ponte histórica, cuberta pola avenida de Ourense; e da ponte da Forte, tamén cuberta pola canalización
  • Ademais realizarase a apertura do vano para facilitar o desaugamento do río, e levarase a cabo a reurbanización da praza en ambas as dúas marxes creadas
CANGAS .- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do organismo autonómico Augas de Galicia, remitiu hoxe o proxecto de recuperación e actuación na praza das Pontes no concello de Cangas, co fin de continuar coa tramitación da obra, para o que é necesario que o Concello proceda a súa aprobación. O departamento que dirixe Ethel Vázquez, que investirá nestes traballos máis dun millón de euros, considera esta actuación unha prioridade, xa que significará un importante beneficio para o habitantes de Cangas, ao eliminarse as posibilidades de inundacións.

Actuacións
As tarefas a levar a cabo na Praza das Pontes teñen como obxecto principal unha nova definición urbanística da zona, recuperando todos os bens patrimoniais que axude a mellorar o comportamento do río fronte os episodios de avenidas. Para elo, farase unha apertura do tramo final do río Bouzós, actualmente canalizado; e instalarase unha pasarela peonil de madeira. 

Así mesmo, procederase a recuperación parcial da ponte histórica, cuberta pola avenida de Ourense, e da ponte da Forte, tamén cuberta pola canalización. Ademais, procederase á apertura do vano, para facilitar o desaugamento do río. Por último, levarase a cabo a reurbanización da praza en ambas as dúas marxes creadas





Feijóo reitera la necesidad de respetar las particularidades de Galicia en la nueva planta judicial

Feijóo y el nuevo ministro de Justicia
COMPOSTELA.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avogou hoxe, durante a inauguración das Xornadas de Presidentes de Tribunais Superiores de Xustiza, ‘A nova organización xudicial’, por seguir mellorando a Xustiza como se ten feito a través do Plan de infraestruturas ou defendendo as particularidades de Galicia na nova planta xudicial.

Durante a súa intervención, Feijóo subliñou que grazas á colaboración plasmada nas comisións mixtas, desenvolveuse o Plan de infraestruturas xudiciais que permite a construción de novos edificios, ou profundas reformas en dependencias de cidades ou vilas medianas. E lévase a cabo un proxecto piloto de expurgo de arquivos xudiciais, que supuxo o rexistro informático de máis de cento cincuenta mil expedientes, e a recuperación de importantes documentos históricos .

Así mesmo, referiuse á achega de 20 millóns de euros para o denominado Plan Senda de modernización da Administración de xustiza, para a renovación de equipos informáticos –implantando a rede LexNet en todas as sedes xudiciais-, o que permitirá que o vindeiro ano avogados e procuradores poidan presentar de forma telemática escritos e demandas en toda Galicia.

Por outra banda, destacou que tamén se actuou con presteza para afrontar os desafíos loxísticos do macroxuízo da catástrofe do Prestige, e atender como o merecen os afectados polas preferentes. Neste caso, habilitáronse dous xulgados de reforzo cos que se logrou resolver máis das tres cuartas partes dos asuntos ingresados.

O presidente da Xunta resaltou ademais a defensa das peculiaridades da planta xudicial da Comunidade. “Xuntos podemos celebrar que o Ministerio entendese a necesidade de manter tribunais de xustiza a un nivel inferior ao provincial, para cidades tan importantes como Vigo, Santiago ou Ferrol”, afirmou.

Nesta liña, o responsable do Executivo autonómico lembrou que a descentralización xudicial foi un éxito equiparable á descentralización política. “Pero tanto unha coma a outra teñen requisitos para seguir prestando un bo servizo á sociedade”, incidiu, ao que asegurou que a outra cara da descentralización é sempre a coordinación, “a posta en común de ideas, o intercambio de iniciativas, o diálogo, en suma”.

Feijóo resaltou tamén que os galegos “sentímonos moi satisfeitos da nosa maneira de entender, interpretar e aplicar o autogoberno”. “Mentres outros aseguran que a súa singularidade obtívose grazas a unha actitude sempre receosa cara ao exterior, a nosa é froito da apertura. As ideas irmandadas de individualidade e colectividade forman parte da nosa personalidade”, afirmou.

Se presentan menos caninos : el gasto de los turistas extranjeros en Galicia aumentó casi un 20%

COMPOSTELA .- O gasto dos turistas internacionais alcanzou en Galicia os 695.220.788 euros nos nove primeiros meses do ano, o que supón un aumento do 19,6% con respecto ao mesmo período de 2013, segundo as cifras proporcionadas hoxe pola enquisa de gasto turístico Egatur elaborada polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. Segundo estes datos, o gasto total do turismo internacional en Galicia experimentou un crecemento continuado dende o mes de maio, mantense, por tanto, unha tendencia positiva neste 2014.

No mes de setembro, os turistas internacionais gastaron en Galicia 105.627.220 euros, o que supón un 26,5% máis que no mesmo mes do ano anterior.

En canto ao gasto medio por turista,  nos nove primeiros meses do ano, foi de 855,01 euros. Mentres que no mes de setembro a cifra ascende a 912,24 euros.

Francia, Portugal e Reino Unidos son, por esta orde, os países que xeraron un maior gasto total en Galicia nestes primeiros nove meses de 2014 –co 19%, 13% e 12% do total, respectivamente-. Son, ademais, os países que presentan un crecemento máis intensivo do gasto total en relación ao mesmo período do pasado ano, con crecementos do 16% no caso de Francia e do 11% no caso de Portugal e Reino Unido. 

A nivel nacional, o gasto dos turistas internacionais alcanzou os 50.641 millóns de euros nos nove primeiros meses do ano, o que supón un aumento do 7,3 por cento con respecto ao mesmo período de 2013. O gasto medio diario aumentou un 0,2 por cento, ata 108 euros, nestes primeiros nove meses do ano.

No mes de setembro, os turistas internacionais gastaron 7.057 millóns de euros, o que supón un 6,8 por cento máis que no mesmo mes do ano anterior, cun gasto medio por turista de 1.005 euros e un gasto diario de 114 euros.

O gasto total realizado en Galicia supuxo en Setembro  o 1,5% do total realizado no conxunto de España, e o 1,4% no acumulado do ano.

Máximos históricos de turismo internacional para Galicia
O turismo internacional rexistrou en Galicia unha mellora importante no mes de setembro, con incrementos de notable intensidade –do 23% a cifra de viaxeiros aloxados e do 17% as pernoitas- acadando así máximos históricos tanto en volume –con algo máis de 150.000 viaxeiros e 230.000 pernoitas- como en peso no conxunto da demanda –supón o 35% do total de viaxeiros aloxados e o 28% das pernoitas-.

En canto ao acumulado do ano, o turismo internacional acadou tamén un dato histórico de viaxeiros aloxados –superando por vez primeira o nivel dos 800.000 neste período de nove meses-, de pernoitas –con preto de 1,3 millóns- e de peso no conxunto da demanda –co 28% dos viaxeiros e o 23% das pernoitas acumuladas-.


Nueva campaña del programa diurno de balnearios "Coidarte" que promueve Deputación

PONTEVEDRA.- A Deputación de Pontevedra pon en marcha unha nova campaña do programa diúrno de balnearios Coidarte, co obxectivo de que poidan participar nel o maior número de persoas posible.
Na fase agora en marcha do programa están a participar preto de 1.800 persoas, que disfrutan de cinco tardes en establecementos termais da provincia a prezos reducidos.
En concreto, os balnearios ofertados no programa e aos que tamén poderán acudir os que se inscriban nesta segunda fase do programa, son o Spa Torre do Deza de Lalín, Spa Norat do Grove, Talaso Spa de Moaña, Talaso Atántico de Oia, Balneario de Mondariz, Hesperia Illa da Toxa e Termas de Cuntis.
Trala aprobación pola Xunta de Goberno desta segunda campaña de Coidarte, o Boletín Oficial da Provincia publicará a convocatoria e as persoas interesadas poderán inscribirse desde esa data ata o 30 de novembro.
O programa, que vai dirixido a persoas maiores de 50 anos, xubilados, pensionistas ou persoas que precisen dun respiro familiar, ten un triplo obxectivo: fomentar o envellecemento activo e mellorar da calidade de vida das persoas maiores;  permitir que persoas que dedican boa parte da súa vida ao coidado de enfermos ou dependentes poidan ter un descanso e dinamizar o sector turístico.

A Deputación subvenciona con 35 euros o prezo de cada praza e os concellos que se adhiran ao programa achegarán outros 10 euros.

VIGO : el Bloque insiste en señalar como colapsados los servicios sociales del Concello de Vigo

Iolanda Veloso
VIGO .- O pleno aprobou por unanimidade a proposta do Bloque na que insta ao goberno municipal a adoptar medidas urxentes para solucionar o colapso dos servizos sociais do concello de Vigo. Na defensa do texto, a portavoz municipal do BNG defendeu que ademais de orzamentos cómpre contar con persoal xa que os recursos humanos e técnicos son “claramente insuficientes”.

Iolanda Veloso destacou que os recortes que padecen as persoas son responsabilidade das administracións da Xunta e do Estado, e o grupo nacionalista aceptou unha emenda de engádega proposta polos socialistas neste sentido. Porén, considerou que o PSOE “debería poñer en marcha medidas urxentes para atender a demanda da cidadanía”. Neste sentido criticou que malia o pacto orzamentario entre PP e PSOE, “seguen sen resolverse os principais problemas”.

A voceira municipal do BNG destacou que esta grave situación dos servizos sociais en Vigo  xa foi denunciada en repetidas ocasións tanto por usuarios e usuarias, como por distintos colectivos sociais e incluso polo propio persoal da concellería. 

Escritos da concellería 
Así, Iolanda Veloso lembrou que nun escrito de xuño de 2013 se denunciaba que o retraso medio na tramitación de expedientes era de algo máis de dous meses e en cita previa tres semanas ou un mes, mentres que en decembro os retrasos xa chegaban a tres meses no primeiro caso e de entre 33 e 57 días no segundo. Para poder solucionar esta situación reclamábase a contratación urxente de 17 traballadoras sociais e 7 auxiliares administrativas.

Tamén recordou que noutro escrito de decembro de 2013, o xefe de área de política de benestar trasladou os problemas dos servizos sociais á concelleira, indicando que mentres que a ratio estabelecida por lei é unha traballadora social cada 8000 habitantes en Vigo é dunha traballadora social por cada 17500 habitantes. 

Iolanda Veloso salientou que xa en maio de este ano, outro escrito do persoal de benestar social insiste na gravidade da situación que fai imposible atender a demanda cidadá por falta de recursos humanos e técnicos. Comentou que ademais da mala atención no día a día, a situación actual do departamento reflíctese nas axudas convocadas polo concello, como as bolsas de comedor ou as axudas sociais que se resolven con grandes retrasos, tal e como indican os informes de intervención en ambos expedientes provocando graves prexuízos á cidadanía. 

“Cómpre que o goberno local solucione esta situación e se preocupe por dar resposta ás demandas da cidadanía”, salientou a portavoz nacionalista, quen ao inicio do pleno trasladou o apoio do BNG ás reclamacións da asociación San Francisco, cuxo representante interveu na sesión. “É unha cuestión de xustiza, de dereitos e de respecto á vivir dignamente”, subliñou.

Emendas
O BNG presentou emendas a dúas das mocións presentadas polo grupo socialista. Unha delas para que o documento recollese a necesidade de que o sistema de sanidade estea sobre a base dunha xestión pública, que foi aceptada polos socialistas. Ademais o Bloque tamén presentou unha emenda para desvincular a busca de terreos para o campo de fútbol do Casablanca da construción da estación do AVE, que foi rexeitada.

O grupo nacionalista apoiou a proposta do PSOE para que o museo Marco recupere os investimentos das distintas administracións  así como para que Vigo conte cunha nova praza de maxistrado na Audiencia Provincial. Por outro lado, respaldou as mocións populares que demandaban o aumento do horario da Pinacoteca e que instaban ao goberno local a estudar a posibilidade de instalar o barco Bernardo Alfageme no Museo do Mar.