19/2/15

Importante aviso para los vecinos de Moaña y Meira

A DEPUTACIÓN CORTARÁ AO TRÁFICO UN TRAMO DA ESTRADA MEIRA-FRAGA, EN MOAÑA, OS DÍAS 20 E 23, E OUTRO OS DÍAS 24 E 25

A Deputación de Pontevedra cortará ao tráfico a estrada Meira-Fraga, no Concello de Moaña, os vindeiros días 20 e 23 de febreiro no seu primeiro tramo, dende o punto kilométrico 2 ata a glorieta do kilómetro 2,6; e os días 24 e 25 de febreiro, dende a citada glorieta das proximidades do Corredor do Morrazo ata o kilómetro 5,2 en A Fraga.

Os cortes de tráfico na citada estrada veñen provocados polas obras de limpeza e desbroce das marxes da estrada e dos traballos de rehabilitación da capa de firme de rodadura e de sinalización vertical e horizontal da mesma.


As obras, que contan cun presuposto de 241.384 euros, ademais dos citados traballos, implicarán perfilados de taludes, excavacións de zanxas, colocación de tuberías de formigón, transporte de terras e outros necesarios para unha completa e integral rehabilitación e mellora da estrada Meira-Fraga,en Moaña.