A DEPUTACIÓN PREMIA A 188 EMPRESAS POLA SÚA CALIDADE TURÍSTICA

Algunos de los premiados posan con el presidente de la Deputación
O presidente Rafael Louzán presidiu o acto de entrega dos diplomas e distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística (Sicted) co destino Rías Baixas.
188 empresas e establecementos da provincia de Pontevedra recibiron esta mañá das mans do presidente da Deputación,  o distintivo que  que “ premia o traballo, a dedicación realizado último ano nesa aposta pola calidade  que xa se ven realizando no sector turístico co fin de ir un eslabón máis na procura da excelencia turística”, segundo manifestou na súa felicitación aos galardoados, Rafael Louzán.

188 DISTINTIVOS DE CALIDADE
 Turismo Rías Baixas foi pioneira en España na implantación deste Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED). En 2014 realizouse a 9ª fase deste Plan de Calidade destinado a empresas que desarrollan a súa actividade nas Rías Baixas.   E esta mañá distinguiuse a 48 novas empresas e renovouse a marca a outros 140 establementos que xa participaran en anteriores fases, logrando un total de 188 empresas distinguidas na provincia de Pontevedra.
Agrupados en 17 categorías (13, Axencias de viaxes, 1 Albergues, 32 Aloxamentos Rurais, 2 Bares e Cafeterías, 10Adegas, 6 Campings, 8 Comercios. 11 Empresas de Transporte Turístico, 8 Empresas de Turismo Activo, 1 Escola de español para estranxeiros, 1 Guías turísticos, 31 Hoteis e Apartamentos Turísticos, 16 
Museos e centros de Interpretación Turística, 10 Oficinas de Información Turística, 5 Outros Servizos, 6 Praias, 1 Porto Deportivo, 11 Restaurantes, 2 Servicios Turísticos de Saúde, 12 Taxis e 1 empresa de Turismo Industrial), estes 188 establecementos e empresas “ atesouran que se están a facer ben as cousas ano a ano.  Galicia e as Rías baixas son un destino único e só falta poñerlle o cariño para ue o visitante reciba  ese complmento de calidade. O resto xa o temos:  unha paisaxe única, unha gastronomía única e destinos inmellorables”, segundo asegurou Rafael Louzán 
Este diploma  de Calidade Turística en Destino acredita o compromiso coa calidade e a mellora continua, distingue ó establecemento frente á competencia e ten validez bianual. “A   Deputación  está a facer un seguemento para que non se perda unha gran oportunidade de consolidar o sector nese obxectivo de conseguir a excelencia turística”. 
O cociñeiro Yayo Daporta que conta cunha estrela Michelín e o recoñecemento dun sol da Guía Repsol  no seu restaurante de Cambados, compartiu a súa experiencia profesional cos resto de galardoados asegurando que “o éxito só é o resumo de buscar no traballo diario a máxima calidade co fin de oofercerlle o máximo ós clientes”.  

SEXTO DESTINO TURÍSTICO 
Os Sistemas de Calidade nas empresas turísticas, implantados nas Rías Baixas dende o 2005, resultan fundamentais para conseguir que o cliente se sinta satisfeito co consumo dos productos e servicios turísticos da provincia de Pontevedra, á vez que se consolida o destino  Rías Baixas como un  destino competitivo e diferenciado grazas ao traballo de todos os axentes turísticos que apostan pola calidade no seu Servizo. “Temos que seguir consolidando o sector para lograr a excelencia turística”.  As Rías Baixas son na actualidade o sexto destino turístico de España e con esta aposta “podemos  escalar un ou dous postos e, eso, para a nosa economía e a xeración de oportunidades de traballo é o mellor que se pode facer neste momento”, asegurou o presidente da Deputación
 En 2014, en Galicia recibiu  a visita de 3,6 millóns de turistas, un 7,1% máis que o ano anterior. 1.041.960 destes visitantes, escolleron a  provincia de Pontevedra como destino, o que a coloca como  o segundo lugar da Comunidade máis visitado despois de Santiago. 

NICHO DE EMPREGO EN 2015
 O presidente da Deputación asegurou que coa impliación  de todos os axentes do sector turístico da provincia   este será un ano “ de boas expectativas”. O Turismo liderou a xeneración de emprego, con 53.213 afiliados máis á Seguridade Social, un 4,3% que no 2013.  “Este debe ser o ano da recuperación e da consolidación  dun dos sectores que a pesar da crise, resistiu. Só vos pedimos a vosa implicación para que fagamos unha aposta clara polo emprego. Nos seus parabéns Rafael Louzán  tamén lles pediu aós galardoados que aproveiten esa aposta pola calidade para facer deste sector “nicho de emprego”, xa que  “hoxe en día hai moitas persoas formadas e preparadas que ogallá poida atopar con vós un nicho de oportunidades. Se é asó ano a ano irémonos superando a nós mesmos”. 

SMART DESTINOS
Asimesmo o presidente da deputación tamén anunciou quen en mes e medio as Rías Baixas serán un novo “ Smart destino” grazás ao traballo conxunto da Administración provincial e o sector privado para  que o “ sector turístico  da provincia teña un valor engadido que aporte riqueza e creación de emprego na comarca e en definitiva en toda Galicia.”  Louzán puxo de manifesto que a nosa comunidade “é un reclamo no territorio nacional e noutros países que apostan por Galicia como destino de calidade e de excelencia turística”