20/3/15

CONTINÚA A INVESTIGACIÓN DA APARICIÓN DUN CADÁVER NAS PROXIMIDADES DUN INCENDIO FORESTAL REXISTRADO EN SANTIAGO

  • O lume, rexistrado na parroquia de San Xoán de Fecha, está extinguido dende as 20h42 de onte e segundo novas estimacións afectou a unha superficie de 3 hectáreas arboradas
A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción do incendio forestal rexistrado no municipio de Santiago, parroquia de San Xoán de Fecha. Nestes momentos continúa a investigación sobre a aparición dun cadáver nas proximidades deste lume. Foi o persoal de extinción da Consellería quen deu aviso inmediato ao 061 e á Policía Autonómica. 

O incendio comezou ás 17h49 do xoves e quedou finalmente extinguido ás 20h42. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é de 3 hectáreas de arborado. No lugar estiveron traballando 2 axentes forestais, 3 brigadas, 2 motobombas e 2 helicópteros. 


A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.