18/3/15

Deputado Rodas insta -sin apoyos suficientes- a recuperar cuotas de bocarte para los barcos del cerco

RODAS RECLAMA RECUPERAR A COTA DE BOCARTE NA ZONA CIEN IX a PARA OS BARCOS DO CERCO

O deputado advertiu da “grave situación”  da flota galega co 1,14% da cota da especie fronte o 98,86%  concedida ao Golfo de Cádiz

O deputado do BNG, Daniel Rodas defendeu hoxe, a través dunha Proposición non de lei, instar á Xunta a que reclame ante o Goberno central “a recuperación da cota de bocarte na Zona Ciem.IX a para os barcos do cerco e impedir a perda  do dereito da flota galega do Noroeste  a pescar bocarte”.

O parlamentario asegurou que “ o bocarte é unha pesca ocasional que  salva a campaña anual” pero o PP non está disposto a defender a cota aínda que con esta postura condene ao nosa flota á desaparición. Os traballadores do cerco, dixo, maniféstanse en Monte Pío porque a cota asignada , 57 Tn, non garante o futuro da flota do cerco. “Estamos fartos” respondeu Rodas ao portavoz do PP, Gonzalo Trenor, de ser a flota máis prexudicada pola complicidade do Goberno galego que asume, “sen rechistar” as decisións de Madrid.

Para Rodas, o Goberno galego “non está a pé de obra” nin defende o sector polo que volveu reclamar unha postura “contundente” para non liquidar o dereito dos galegos a pescar. Por outra parte, denunciou "o acoso" ao que está sometido o sector polas reiteradas inspeccións e imposición de sancións. A realidade, reiterou, “está na rúa e todos os sábados fronte a casa do Presidente para reclamar medidas contra o despezamento dos barcos e a imposibilidade de pescar”.

O deputado lembrou que antes do ano 2013, un barco podía pescar 10.000 quilos de bocarte ao día, mentres que agora  esta pesquería permanece pechada dende o 28 de febreiro por esgotar as 57 Ton asignadas a Galiza dun total de 4.618 Tn. Finalmente, a iniciativa nacionalista contou co apoio dos grupos da oposición pero foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.