El Tiempo : fin de semana con tendencia al tiempo soleado aunque con alguna inestabilidad

SÁBADO : Non se agardan cambios significativos para o sábado, xa que Galicia continuará con altas presións e ventos de compoñente oeste. Así, nas primeiras horas predominarán as nubes baixas e as néboas e co avance do día os ceos quedarán pouco anubrados ou despexados no centro e leste da Comunidade mentres que na franxa atlántica haberá intervalos anubrados. Á noite volverán a entrar as nubes a toda Galicia, con orballos no litoral. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente mentres que as máximas quedarán sen cambios. O vento soprará frouxo de compoñente oeste, con intervalos de moderado no litoral norte.

Domingo : Durante as primeiras horas do domingo unha fronte pouco activa cruzará Galicia deixando unha mañá de ceos cubertos con posibilidade dalgún orballo. A partir do mediodía abriranse grandes claros, quedando unha tarde de sol no centro e leste da Comunidade e persistindo aínda as nubes na franxa atlántica. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas quedarán sen cambios ou con lixeiros descensos. O vento soprará de compoñente oeste, frouxo en xeral, moderados na costa, con intervalos fortes no litoral norte.

LUNES : A situación atmosférica prevista para o luns é moi semellante á dos días anteriores: o anticiclón centrado ó oeste de Galicia, enviando ventos do oeste e sudoeste húmidos, que deixan máis nubes no litoral atlántico e ceos máis despexados no resto. Bancos de néboa matinais en comarcas de interior. As temperaturas mínimas non terán cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán de compoñente oeste, frouxos en xeral, con intervalos de moderado no litoral.

METEOGALICIA