El tiempo : miércoles de "ni fu, ni fa" con mínimas que registran fríos

TARDE DE MIÉRCOLES SEGÚN METEOGALICIA
MÉRCORES : Galicia atoparase durante esta xornada nun área intermedia entre as altas presións de Azores e as baixas localizadas no Mediterráneo occidental con entrada de aire frío e húmido procedente do norte. Deste xeito en xeral veremos os ceos parcialmente anubrados, con chuvascos na metade norte durante a mañá, que serán de neve por riba dos 900 metros. As temperaturas mínimas descenderán, mentres que as máximas non terán cambios significativos, polo que continuará en xeral a sensación de frío. Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados no litoral e máis frouxos no interior, tendendo a rolar a oeste a medida que avance a tarde. (METEOGALICIA)