Emotivo concierto solidario, en la tarde-noche de San José, en Moaña

David Santiago, máximo responsable del evento, decía esta mañana a MORRAZO TRIBUNA : "altamente ilusionados, temos o pracer de presentar o "Concerto Benéfico Pro- Cáritas  2015" a celebrar o vindeiro Xoves 19 de Marzo as 19:00h no  IES AS BARXAS".

Actúan no local, na tarde-noite do día de San Xosé, a Banda Infantil, o Coro da EMMM e a Banda Xuveníl da Escola Municipal de Música en beneficio dos necesitados que acuden á confederación benéfica Cáritas de Moaña.

O prezo da Entrada é 1 Kg de comida, preferiblemente non perecedera, como  leite,  arroz, pasta, azucre, aceite, legumes, galletas ou similar para todo aquel que asista, independentemente da idade.   Ademáis será especial por ser o concerto no que os propios músicos tamén paguen entrada.

As agrupacións  están no momento álxido do curso con bo ritmo de traballo, preparándose para o peche do 2º trimestre escolar. A sede moañesa do  Carmen da fundación benéfica, tamén coñecida como "Moaña Solidaria" xestionará este ano os víveres adquidridos para poñelos a disposición, segundo as súas directrices, dos máis necesitados do municipio.

É a segunda vez que os alumnos da escola participan nun evento de similares características , despois da fantástica  acollida  que tivo a pasada edición na que se rercadaron 337 Kg de alimento, e a idea é continuar con esta iniciativa, iso si,  rotando cada ano polas diferentes sedes das asociacións benéficas  para facer un reparto equitativo entre os veciños das distintas parroquias.

As agrupacións teñen preparado un repertorio variado de temas tradicionais, populares, Bandas sonoras e pezas máis modernas para animar ao público presente e convidan a todos a colaborar con esta causa.