Extinguido el incendio de anoche en la ladera del Xaxán (Moaña)

EXTINGUIDO O INCENDIO FORESTAL REXISTRADO NO CONCELLO DE MOAÑA, PARROQUIA DE MEIRA
  • Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 42 hectáreas de monte arborado
A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da  extinción do incendio forestal rexistrado onte no municipio pontevedrés de Moaña, na parroquia de Meira.

O lume iniciouse ás 20:30 horas de onte e quedou extinguido ás 13:53 horas de hoxe. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 42 hectáreas de monte arborado. Nos traballos de extinción deste incendio participaron 1 técnico, 8 axentes forestais, 14 brigadas e 12 motobombas.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.