Fin de semana con preponderancia de sol y buen tiempo en Galicia

VENRES : A xornada de hoxe venres virá caracterizada polos ventos do nordés que soprarán con intensidade durante toda a xornada e que aportará máis nubes canto máis ao norte, con chuvias febles e persistentes no norte da provincia de Lugo, que se estenderán a todo o litoral norte de xeito illado pola noite, e ceos máis despexados canto máis ao sur. As temperaturas non terán cambios significativos, con lixeiros descensos das máximas na metade norte. O vento soprará moderado do nordés, con intervalos fortes no litoral e zonas altas.


SÁBADO : As altas presións centradas entre Azores e Irlanda e os ventos do nordés marcarán a meteoroloxía desta xornada. Así veremos nubes baixas na metade norte que tenderán a desaparecer a medida que avance a xornada, aínda que no norte de Lugo serán máis persistentes e deixarán algunhas precipitacións febles, máis probables nas primeiras e derradeiras horas da xornada. As temperaturas mínimas descenderán, mentres que as máximas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán moderados do nordés, con intervalos fortes no litoral da Coruña.


DOMINGO : Para o domingo non se agardan cambios significativos na configuración atmosférica, co anticiclón centrado nas Illas Británicas, e polo tanto en Galicia circulación do nordés. Con esta situación agárdanse ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, con máis nubes na costa de Lugo; xa pola noite aumentarán as nubes no terzo norte onde haberá posibilidade de algunhas precipitacións febles. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un descenso entre lixeiro e moderado. Os ventos soprarán do nordés, fortes no litoral e zonas altas e moderados no resto, diminuíndo pola noite.