La Xunta insiste en mejorar la competitividad de los parques empresariales de Galicia

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, visita as melloras levadas a cabo grazas a este programa no polígono industrial da Madanela

ECONOMÍA E INDUSTRIA DESTINA 1 MILLÓN DE EUROS PARA MELLORAR A COMPETITIVIDADE DOS PARQUES EMPRESARIAIS GALEGOS
  • A nova convocatoria, que se publica mañá no DOG, promoverá iniciativas de aforro e eficiencia enerxética, novas plantas de depuración de augas, xestión de residuos ou melloras nos viais de acceso
  • A través deste programa, a Xunta colabora cos concellos galegos contribuíndo á xeración de postos de traballo e ao incremento da competitividade do tecido empresarial
  • Trala finalización dos traballos, teranse impulsado 240 proxectos nos parques empresariais galegos desde o 2009, contribuíndo á mellora das súas infraestruturas 
  • No parque empresarial de Melide mobilizáronse preto de 250.000 euros nos últimos 6 anos, contribuíndo a mellorar a súa seguridade contra incendios ou a rede de saneamento
A nova orde de axudas para a habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresarias galegos destinará este ano 1 millón de euros co obxectivo de impulsar a competitividade industrial dos concellos da Comunidade. Deste xeito, tal e como avanzou hoxe o director xeral de Enerxía e Minas, Angel Bernardo Tahoces, durante unha visita ao polígono industrial da Madanela, en Melide, o Goberno galego reitera a súa aposta polos concellos como administración máis próxima aos cidadáns, impulsando unha liña que permitirá mellorar a súa actividade industrial, xerando postos de traballo e mellorando a competividade do tecido empresarial galego.

A nova convocatoria, explicou Bernardo Tahoces, publicarase mañá no DOG abríndose o xoves o prazo de presentación de solicitudes. O programa permitirá, un ano máis, impulsar actuacións en eidos diversos como o aforro e a eficiencia no gasto enerxético, a creación de novas plantas de depuración de augas, a xestión de residuos, as vías de acceso ou a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia. 

Deste xeito, resaltou o director xeral, dase continuidade ao traballo feito ata o de agora, que ten permitido apoiar actuacións como as levadas a cabo no propio parque empresarial melidense, no que se teñen mobilizado preto de 250.000 euros nos últimos 5 anos, mellorando a súa seguridade contra incendios ou a rede de saneamento. 

O programa prevé apoios de ata o 80% do custo subvencionable, cun máximo de 120.000 euros por solicitude. Unha cantidade que se incrementará ata o 95% e os 180.000 euros no caso de agrupacións de concellos. Desta forma, como sinalou Bernardo Tahoces, colabórase coas administracións locais, primando unha xestión compartida que posibilita unha redución de gastos nas arcas municipais, facilitando a xeración de postos de traballo e o incremento da competitividade do tecido empresarial 

Así mesmo, e para facilitar aos municipios a modernización dos seus parques empresariais, permitirase o pago de anticipos de ata o 25% da axuda concedida. Faise así accesible a posta en marcha de actividades que incrementan a calidade destas infraestruturas.
  
Trala finalización dos traballos, sinalou Bernardo Tahoces, teranse impulsado 240 proxectos nos parques empresariais galegos desde o 2009, contribuíndo á mellora das infraestruturas de apoio ao tecido empresarial da Comunidade co obxectivo de atraer investimentos para os concellos galegos.