28/3/15

La Xunta no se echa atrás y anuncia ya la redacción del proyecto de la nueva terminal de autobuses de Urzáiz (Vigo)

LA DELEGADA DE LA XUNTA, LA CONSELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE Y LA EX CONSELLEIRA DE FACENDA
A conselleira de Medio Ambiente visitou o posto do Consorcio Casco Vello na Festa da Reconquista, onde puxo en valor o gran esforzo que o Goberno galego realiza por recuperar esta zona da Cidade de Vigo

ETHEL VÁZQUEZ AVANZA QUE O VINDEIRO LUNS SE LICITA A REDACCIÓN DO PROXECTO DA NOVA TERMINAL DE AUTOBUSES DE URZAIZ, EN VIGO, POR 350.000 EUROS
  • Vázquez Mourelle destaca que este contrato permitirá seguir avanzando nunha actuación que xa ten os fondos europeos garantidos
  • A responsable de Infraestruturas subliña que tamén se trata dunha proba máis do compromiso da Xunta coa intermodalidade dos veciños de Vigo
  • Salienta que o interese do Goberno galego por dotar de máis e mellores servizos á Cidade olívica 
 A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, avanzou esta mañá que o departamento que dirixe licitará este luns, 30 de marzo, o contrato para a redacción do proxecto da nova terminal de autobuses do Concello de Vigo que se situará en Urzaiz. A conselleira adiantou este anuncio durante a súa visita ao posto do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) na Festa da Reconquista, onde sinalou que este contrato, de preto de 350.000 euros, permitirá seguir avanzando nunha actuación, que xa ten os fondos europeos garantidos.

Vázquez Mourelle destacou que este novo contrato é unha proba máis do compromiso da Xunta de Galicia coa intermodalidade dos veciños de Vigo e manifestou que nesta aposta, o Goberno galego conta co apoio e colaboración do Ministerio de Fomento que porá en marcha de xeito inmediato o Eixo Atlántico de Alta Velocidade e da nova estación de Urzaiz.

Tal e como explicou a conselleira de Medio Ambiente, o compromiso da Xunta coa Cidade olívica tamén queda demostrado en moitos outros ámbitos, como coa depuradora da cidade, que supón o maior investimento na historia da Xunta de Galicia nunha infraestrutura hidráulica; no transporte metropolitano de Vigo, no que se ultiman os pasos para que medio millón de habitantes desta área metropolitana se beneficien dos seus descontos nos mes de abril, sempre que as probas técnicas avancen como se espera. 

Tamén destacou o novo Hospital Público de Vigo, a maior infraestrutura sanitaria en construción de toda España e na que a Consellería de Medio Ambiente está executando os accesos en plena coordinación coa Consellería de Sanidade. En definitiva, a Xunta aposta por esta cidade e polo vigueses e sinalou que na medida en que todas as administracións implicadas cumpran o seu cometido, Vigo contará con máis e mellores servizos.

Reconquista do Casco Vello
A conselleira de Medio Ambiente —xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch— visitou esta mañá o posto do Consorcio Casco Vello na Festa da Reconquista, onde puxo en valor o gran esforzo que o Goberno galego realiza por recuperar o Casco Vello de Vigo. Lembrou que se teñen rehabilitado un total de 91 vivendas, das que 18 se adxudicaron no que vai ano, e un total de 23 baixos comerciais. 
Recordou que tamén se ten colaborado na instalación de diversas institucións noutros 10 inmobles, sendo a Universidade de Vigo a institución á que se lle cederon os dous últimos para a instalación da súa nova sede.