MARÍN REFORMARÁ A RÚA COSTA CON CARGO ÓPLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVICIOS DA DEPUTACIÓ

O organismo que preside Rafael Louzán aprobou esta maña en xunta de goberno unha partida de 209.857 euros para renovar o saneamento e pavimentar a zona
Segundo o proxecto presentado, renovarase a rede de saneamento dunha das rúas do casco urbano do municipio que na actualidade presenta importantes carencias en materia de sumnistro.  O antigo colector que abastece á rúa  presenta numerosas roturas e provoca frecuentes  vertidos na zona que abastece.
Os traballos financiados inclúen a construcción dunha rede de saneamento separativa coa que se dará cumplimento ó plan xeral do municipio. Tamén se vai a substituír o colector actual de augas residuais e crearase un sistema de drenaxe e conducción das augas pluviais. Sistema que se enlazará directamente co xa existente na rúa Ponte Zapal. 

Esta actuación para a mellora da rede de saneamento implica ademais a renovación do pavimento actual da rúa que presenta un estado ruinoso.  Con estas obras quérsese contribuír ademais á mellora da seguridade viaria da rúam unha zona de tránsito habitual para a comunidade educativa de dous centros, o IES Chan do Monte e o Centro Privado de Ensinanza San Narciso.