24/3/15

O SECTOR VITIVINÍCOLA GALEGO EXPORTOU MÁIS DE 6 MILLÓNS DE LITROS O ANO PASADO

A conselleira do Medio Rural e do Mar asistiu ao seminario WINEtech Plus: Novos camiños para a viticultura e a enoloxía
  • Rosa Quintana destacou o labor das 5 Denominacións de Orixe dos viños galegos, que se converteron nun dos principais motores económicos do rural
Altos de Torona, considerado el mejor blanco del Mundo,
en un concurso internacional celebrado en Londres
 O sector vitivinícola galego exportou máis de 6 millóns de litros o ano pasado. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, no seminario WINEtech Plus: Novos camiños para a viticultura e a enoloxía, organizado polo Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) e a Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA).

Rosa Quintana destacou o labor das 5 Denominacións de Orixe dos viños galegos, “que se converteron nun dos principais motores económicos do medio rural”, dixo. Neste sentido tamén reiterou que o ano pasado o sector vitícola galego produciu 35 millóns de litros de viño cualificado e facturou preto de 150 millóns de euros. Tamén fixo fincapé nas 17.500 persoas que teñen o sector vitícola como medio de vida. “Non hai dúbida de que imos polo bo camiño e tampouco hai dúbida de que este é un sector en auxe”, sinalou.

A titular de Medio Rural e Mar agradeceu o traballo do sector vitícola e sinalou que proxectos coma este traen resultados positivos e achégannos ao rumbo da Unión Europea porque “Galicia non pode ser allea ás suxestións e demandas da UE se queremos seguir contando cun sector forte e competitivo, capaz de exportar a todo o mundo”.

Proxecto WINETech PLUS
No encontro, que se celebra hoxe e mañá na sede da Fundación FEUGA, daranse a coñecer os resultados obtidos co proxecto WINETech PLUS e farase unha reflexión sobre a situación actual do sector e sobre as alternativas de futuro. Este seminario realízase co obxecto de informar sobre experiencias desenvolvidas noutras rexións vitivinícolas, presentar liñas de traballo con potencial para a súa aplicación en Galicia, facilitar o contacto con entidades de apoio ao sector e xerar unha reflexión sobre a situación do sector a nivel rexional e europeo. 


Este encontro realízase ao abeiro do proxecto WINETech PLUS, un Proxecto Europeo de Cooperación Transnacional no Espacio Sudoeste (SUDOE) cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER). A rexión SUDOE representa preto do 25% da superficie de viñedo europeo e está formada por Galicia, La Rioja, Castela e León e Castela A Mancha, en España; Alentejo e Región Norte, en Portugal; e Languedoc-Roussillón, Midi-Pyrénées e Aquitaine, en Francia.