Portavoz Tellado : "los errores de la Justicia generan daños irreparables para las personas y los partidos

Oito persoas tiveron que dimitir e deixar os seus cargos por decisións xudiciais inxustas: “e agora qué?”, di o voceiro

Tellado: “Os erros da Xustiza xeran danos irreparables para persoas e partidos” 
  • A oposición estivo meses reclamando dimisións de persoas inocentes ás que agora ninguén é quen de reparar ese dano sufrido por eles e polas súas familias
O voceiro do PPdeG, Miguel Tellado, recordou hoxe que non hai erro máis inxusto que aquel cometido por aqueles chamados a facer xustiza. “E os erros da Xustiza teñen xerado danos irreparables para persoas e partidos políticos, polo que habería que ser coidadosos antes de tomar algunhas decisións”, apuntou.

Tellado recordou que ata dez persoas foron encausadas, imputadas e mesmo condenadas en xulgados de primeira instancia sen xustificación legal. Oito deles tiveron que deixar os seus cargos institucionais ou orgánicos por eses erros xudiciais: “e agora qué?”, pregúntase o dirixente popular.

O procedemento contra os sete edís de Santiago, aberto unha semana antes da campaña das europeas e resolto unha semana despois,  resolveuse en tempo récord; o procedemento de Paula Prado dirimiuse antes nos medios que no TSXG por mor das filtracións que da instrución chegaban ás redaccións sen que a propia Prado puidese dar a súa versión dos feitos por ser testemuña no proceso e non imputada; o procedemento contra o alcalde de Ferrol estivo baseado nunha gravación incorrectamente atribuída, as probas fonográficas son necesarias e preceptivas para desimputar pero non para imputar; e ao voceiro no Senado atacáronlle con conxeturas pero sen probas. “Non o di o PPdeG, o di o Tribunal Supremo”, apuntou.

O voceiro popular lembrou que neste país “hai que perseguir delitos, non siglas”, e lembrou que os dirixentes da oposición estiveron meses reclamando dimisións de persoas inocentes ás que agora ninguén é quen de reparar ese dano sufrido por eles e polas súas familias. “Pedirán desculpas?”, preguntouse. 


“Partidos, xuíces e medios de comunicación deberíamos aprender destes casos”, apunta, ao tempo que reivindicou a honorabilidade daquelas persoas ás que a Xustiza sinalou inxustamente.