Salvavidas de Deputación al Concello de Cangas, para diversas obras, en el día de la Virgen de los Dolores

A DEPUTACIÓN CONCEDELLE MÁIS DE 341.863,53€ Ó CONCELLO DE CANGAS PARA OBRAS DO PPOS
A xunta de goberno provincial aprobou a pavimentación de vías en camiños en varias parroquias do municipio, a urbanización da rúa David Cal e a rehabilitación  da Casa do Médico.

Os tres proxectos aprobados para seren  financiados con fondos do Plan Provincial de Obras e Servicios ascenden a 341.863,53 euros de orzamento: 201.157,74 euros para a pavimentación de camiños e vías de varias parroquias do municipio; 72.217,16 euros para a adaptación da “Casa do médico” do Hío como consultorio, e, 72.217,16 euros para o acondicionamento da rúa David Cal en Vilariño.
Mellora nos camiños
Segundo o proxecto aprobado pola Deputación vanse reparar e pavimentar o camiño Tartoucido (Aldán), Armeles (Hío), Longan I e Longan II (Coiro) e os da Rocha, San Pedro I, San Pedro II e Regueiro  na parroquia de Darbo. 
Estas  obras inclúen  ademais, a limpeza das marxes das estradas e camiños nos que se vai traballar, o acondicionamento do firme  existente e unha nova pavimentación  das vías. Traballos cos que se  mellora a circulación nas zonas sinaladas e se garante unha mellor seguridade viaria.
Un consultorio na “Casa do médico”
Asimesmo, a Deputación tamén lle deu luz verde á demanda dos vecinos do Hío para habilitar a  “Casa do Médico” da parroquia como un consultorio. Construida nos anos corenta para facilitar a atención sanitaria no lugar, e despois de varias ampliacións ó longo do tempo,  na actualidade, o edificio atópase nun estado case ruinoso, con gretas e desplomes na súa estructura. 
Con este proxecto o que se quere é adaptar a funcionalidade orixinaria da edificación ás exixencias de accesibilidade e seguridade actuais. Contémplase a mellora dos accesos ó edificio e a ampliación dos corredores e aseos na planta baixa. Así como a rehabilitación e acondicionamento  de todos os  cuartos para dispoñer dunha sala de consulta médica,  unha enfermería,  unha zona de vestiario e almacenaxe e unha recepción.  
O proxecto, aprobado na xunta de goberno deste venres, tamén recolle a preparación do piso superior da casa como unha sala de usos múltiples para o goce veciñal. 
O orzamento destas obras ascende a 68.487,63 euros
Urbanización da rúa David Cal
Xa en Vilariño, a Deputación tamén atenderá  á necesidade de acondicionamento da rúa David Cal.

Na actualidade o esazo conta con instlacións acordesá súa densidade poboacional require dunha mellora nos seus servizos. Así, vanse a mellorar e acondicionar  as actuais instalacións de saneamento de augas pluviais e de alumeado público e construiranse beirrúas. Con estes traballos non só se promove unha completa urbanización da rúa senón que se atende a unha mellor seguridade viaria dos peóns.