15 años de "Libros para Soñar"

A libraría infantil LIBROS PARA SOÑAR, do Casco Vello vigués, cumprirá 15 anos coincidindo co Día do Libro, este xoves. Como é tradición, na propia data do 23 de abril, as compras de libros terán un 10% de desconto. A celebración do 15º aniversario realizarase o venres, no marco da sesión de contacontos habitual, a partir das 18:30 horas. Nesta festa de cumpreanos participarán autores de contos, narradores, e non faltarán nin a música nin os petiscos para agasallar a todos os nenos e nenas, nais e pais, que participen no encontro