45.000€ DA DEPUTACIÓN PARA APOIAR AO CLUB BALONMÁN CANGAS

Manolo Camiña (Balonmano Cangas) y
la diputada Begoña Estévez
A deputada Begoña Estévez recibiu aos responsables do Club para facerlles entrega da acta presidencial pola que se lles concede unha axuda de 45000€ para financiar os gastos que conleva a participación do equipo en competicións oficiais. 
A deputada  Begoña Estévez e os dirixentes do equipo  do Morrazo, tamén conversaron sobre a actual situación deportiva do equipo. 
O Club Balonmán Cangas regresou hai dúas temporadas á Liga Asobal sendo o único equipo calego na máxima categoría deste deporte. En el 2012 consiguiu o seu  terceiro ascenso á Liga ASOBAL, na que estivo 14 anos, despois dun desputado play off no  pavillón de O Gatañal.
Na actualidade, o conxunto do Morrazo ocupa a cuarta posición da liga Asobal, e con firmes opcións de competir en Europa a próxima temporada. Con esta axuda económica, o organismo provincial quere contribuír a que o Club Balonmán Cangas siga consolidándose como un verdadeiro referente do balonmán da provincia  e un dos mellores promotores deste deporte.
O obxectivo destas liña axudas da Deputación é manter a gran rede de clubs deportivos cos que conta Pontevedra e que tantos éxitos lle están dando a esta provincia.