A Asemblea pola Unidade chama a mobilizarse en Cangas o 1 de maio

A Asemblea pola Unidade convidou ao pobo de Cangas a participar na convocatoria de manifestación que as Marchas da Dignidade teñen programada pra este venres, día 1 da Clase Traballadora, e que partirá ás 18:30 dende a Alameda Vella de Cangas.
"Ó igual que a plataforma que representa Diego Cañamero, reiteramos o noso carácter asembleario e unitario e retomamos decididamente este apoio ás actividades na rúa despois de que as Marchas tomasen Madrid o 22 de marzo. Despois de aprobar en asemblea ser parte integrante dese conglomerado de movementos sociais e de sindicalismo alternativo que reúne forzas de todo o Estado, queremos reincidir na necesidade da mobilización permanente como o único camiño viable de cara a consecución dunha solución eficaz que enfronte a difícil situación pola que están atravesar milleiros de fogares e de familias", explican desde Asemblea pola Unidade.