26/4/15

Gestido presenta la candidatura de Cangas Decide y promete cambiar las cosas si toca poder municipal

A CANDIDATURA DE "CANGAS DECIDE"
PRESÉNTASE ANTE OS CANGUESES E
COMPROMÉTESE A DEVOLVERLLES A SÚA
VOZ NO CONCELLO
-A candidatura, formada por 22 persoas, combina
xuventude e experiencia.
-"Temos ilusión e ganas de cambiar as cousas.
Rodeeime dun equipo traballador e moi vinculado a
este municipio", resalta Gestido.
-O obxetivo da formación é instaurar un novo modelo
de organización e funcionamento da administración
local e tamén ofrecer o veciño unha atención e
servizos de calidade.

Cangas Decide”
presentou hoxe na Casa da Cultura de Cangas ás 22 persoas que
formarán parte da candidatura para as eleccións municipais
do 24 de maio.
Gestido, que encabeza a lista, explicou porqué xurdiu esta
formación política e a ideoloxía desta. Tamén foi o
encargado de presentar un por un aos seus compañeiros.
Todos eles tiveron uns segundos para presentar e resaltar
aquilo polo que crían pagaba a pena participar en política, e
en concreto no proxecto de Cangas Decide.
Tal e como xa se anunciou hai días no dous e tres figuran
unha bióloga, Yolanda Cuadrado e un asesor financeiro,
Sergio Iglesias, ambos os dous residen en Cangas.
Nos números 4, 5 ,6 figuran persoas moi vinculadas á
actividade do municip¡o. No 4, Mª del Carmen Pereiro,
que foi concelleira e formado parte de numerosas
asociacións e que actualmente preside Cangas Vella
(Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Cangas). No
5, Jesús Santos Villar, veciño da parroquia de Darbo e
líder da plataforma do Morrazo na loita polas preferentes.
No 6, Ana Pérez, de 45 anos, e membro da Escola
Municipal de teatro.
No 7, Francisco Cortés, funcionario do Estado en situación
de 2ª actividade. No 8, Rocío Blanco, de 23 anos, a máis
xoven do equipo e formada en Turismo. No 9, José
Alberto González, de Cangas e participante de varias
confrarías do municipio. Cristina García ocupa ou número
10, é visitadora médico-farmaceútica. No 11, José Luis
García, veciño de Hío e foi membro da Mancomunidade de
Montes. No 12, Mª Gloria Pereira, de Darbo e profesión
administrativa. No 13, Miguel A. Costa, de 45 anos e de
profesión carpinteiro. No 14, Lucía Otero Soliño, de 32
anos, veciña de Aldán e de profesión comercial. No 15,
Andrés Blanco, Capitán de Pesca e veciño de Aldán. No
16, Mª Paz García, enxeñeira de telecomunicacións e
presidenta da Asociación de Baile Deportivo. No 17, Miguel
A. Vilarinho, de Cangas e vinculado a actividades de
voluntariado e de profesión ao sector da construción. Tania
Coya ocupa o posto 18, veciña de Cangas e cunha
experiencia de 11 anos en hostalaría. No 19, Manuel
Otero, veciño de Cangas (San Roque) e traballa como
técnico de instalacións. No 20, Fructuoso Martínez, o
máis veterano da lista, con 67 anos, xubilado vinculado ao
sector, do metal e as eléctricas e por último pecha a lista
dunha forma moi simbólica no número 21, Mª Colomba
López, actual edil de Cultura de Moaña co PP, veciña de
Cangas e grande activo de Cangas Decide.
O suplente é Julián Martínez, de 51 anos, veciño de Viño
(Cangas) e é de profesión comercial e administrativo.
O acto finalizou cunha gran foto de familia na que
candidatos e amigos posaron acompañados das palabras
que os moveron a crear esta formación política: Cangas,
democracia, equipo, colaboración, independente, dereitos,
emprego...