21/4/15

Auxilio económico al Bueu Atlético, de balonmano

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA MANTÉN O SEU APOIO Ó CLUB BUEU ATLÉTICO BALONMÁN

A deputada Begoña Estévez entregoulle unha axuda de 10.000 euros ao presidente do club para facilitar a súa  participación en competicións oficiais.
O Club Bueu Atlético Balonmán nace en 1977 e na actualidade conta con máis de 170 xogadores de todas as categoría, ademais de equipos técnicos e directivos.  Salvador De La Torre agradeceu a axuda económica da Deputación de Pontevedra, pois sen axudas, asegurou  “o club non podería seguir funcionando nin competindo”.
O conxunto do Morrazo dispón de dous equipos masculinos na Primeira Categoría da Liga Nacional e na Terceira Autonónica, respectivamente, e cun equipo feminino que compite na Primeira Autonómica.  

Se ben, o Club Bueu Atlético Balonmán conta ademais, con oito equipos de base nos que participan preto dun cento de xogadores/as: Xuvenil Masculino, Xuvenil Feminino, Cadete Masculino, Cadete Feminino, Infantil Masculino, Alevín Mixto, Benxamín mixto e Prebenxamín