BUEU : COMEZAN AS OBRAS DE ASFALTADO NA ESTRADA DE CASTIÑÁS – A TORRE

Félix Juncal, alcalde de Bueu,
en su vita a la zona
Este xoves iniciáronse as obras de asfaltado no vial que vai de A Torre a Castiñáns e no cal se construirá un paso elevado á altura do CEIP A Torre para que os vehículos que pasen pola estrada reduzan a velocidade nese tramo de proximidade ao centro educativo. Segundo o tratado coa empresa adxudicataria de Fontefría, as obras incluirá a regularización do pavimento da calzada que irá ao longo dos 5 metros de anchura. Ademais, co obxectivo de aproveitar as obras, o Concello ten pensado limpar as contornas e os taludes da estrada, para o que trasladará persoal nos seguintes días.

As obras continuarán segundo o previsto sempre que o tempo acompañe, para proseguir co camiño de Beluso, unha zona na que se van tapar os moitos furados que fan que estea en mal estado. Esta área conta ademais coa problemática da auga que baixa dende o campo de fútbol de As Laxes, deficiencia á que se tentará poñer solución mediante a inclusión dunha canalización de dous cordóns en diagonal. Estas obras, cun orzamento estimado de 149.453 euros, culminarán coa pavimentación do Campo Municipal de Laxes, tamén en Beluso.